Outras novas

A Cig-Saúde xunto coas  federacións da Administración Pública e  Ensino ven de presentar diante da Defensosa do Pobo unha solicitude de interposición de recurso de inconstitucionalidade polo tema dos recortes nas retribucións das/os empregadas/os públicos. Aquí tedes o texto do escrito.

Tamén comezamos unha campaña de recollida de sinaturas de adesión á petición que fai a CIG.  Si estades interesados en asinar solo tedes que poñervos en contacto con calquera dos delegados da Cig-Saúde no 061 ou nas vosas Comarcas.

 
Comité de empresa

O 7 de Xullo de 2010 celebrouse nas Oficinas de Conxo xuntanza entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. Tódolos temas tratados foron propostos polo comité de empresa, este é o resumo que vos ofrecemos da reunión:

Ler máis...

 
OPE e contratacións

Convocadas listas de contratación automáticas do mes de xullo, entre as categorias convocada está  DUE no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polo que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS-DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas, e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nO 104 de 1 de xuño de 2004, a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006  (DOG n° 90 de 11 de maio), e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 na Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos (DOG n° 77 de 26 de abril). O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 15 de xullo do 2010, ámbolos dous inclusive.


Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

 
OPE e contratacións

O DOG de hoxe publica Resolución do 8 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se procede a dar publicidade ás listaxes provisionais de aspirantes admitidos e excluídos a vinculacións temporais na área especial de urxencias do 061 na categoría de persoal de enfermaría (DUE)


 
Outras novas

Este fin de semana (13 e 14 de Marzo) celebrouse en Ourense o V Congreso Federal da CIG-Saúde. A sección sindical do 061 estivo presente con dous delegados: Charo Rúa (delegada pola Executiva) e Mario Otero (delegado pola Comarca de Compostela).

No Congreso definiuse a acción e organización sindical para os próximos anos, que se podería definir a grandes rasgos no titulo do congreso "Avanzando na defensa da sanidade pública e dos nosos dereitos".

Tamén se elixiu a nova Executiva Federal e á Secretaria Xeral, cargo para o que foi reelixida María Xosé Abuín.

A executiva quedou formada pola propia María Xosé Abuín e mais Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio, Manuel González Morerira,  Vitor Vila e Carme Aira.

 
Comité de empresa

O plano funcional debe ser entendido como unha ferramenta de xestión que poña en equilibrio os intereses da empresa e os dereitos laborais das traballadoras/es, nunca pode ser entendido como unha ferramenta onde a Dirección da empresa manteña arbitrariedades, facendo interpretacións da norma que non sabemos a quen benefician, pero que a longo prazo será prexudicial para todas/os.

Ler máis...

 
Persoal

A  LEI 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público. «BOE» 89, do 13-4-2007 (EBEP) recolle no seu artigo 48.2 que: "Ademais dos días de libre disposición establecidos por cada Administración pública, os funcionarios terán dereito ao desfrute de dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo."

O que nos da a seguinte táboa:

Trienio L.D.
9
11
11
12
13
10º 14
11º 15

O dereito ao aproveitamento desdes días adicionais de libre disposición nace ao día seguinte do cumprimento trienio.

Tendo en conta que o persoal do Servizo Galego de Saude ten establecido un rexime de xornada anual, e consonte ao establecido para os días adicionais de vacacións na circular 14/2004 de 7 de Maio  da División de Recursos Humanos sobre a ampliación de días de vacacións por antigüedade, os incrementos por riba dos 9 días de libre disposición suporá a correlativa disminución da xornada efectiva dos trablladores afectados. Esta reducción computarase a razón de 7 horas anuais por cada día adicional.

En canto aos día hábiles adicionais de vacacións, danse por antigüidade a razón de:

Antigüidade Días Adicionais Vacacións
15 anos 1
20 anos 2
25 anos 3
30 anos 4