|
ACORDO
RETRIBUTIVO,
EXCLUSIVA E
REDEFINICIÓN DO
C. ESPECÍFICO |
|
 |

Alén dos
aspectos de
melloras
económicas xa
comentados en
correos previos,
na decisión de
CIG-Saúde de
asinar o Acordo
Retributivo,
xogou un papel
relevante o
feito de que, co
Acordo, tamén se
garantían outros
aspectos que
consideramos moi
importante para
a defensa tanto
do Sistema
Sanitario
Público Galego
como dos
intereses da
grande maioría
dos seus
facultativos.
Entre estes
aspectos
destacan os
compromisos
adquiridos pola
administración
de manter as
retribucións
específicas
ligadas á
exclusividade,
así como a
decisión de
redefinir o
actual
Complemento
Específico (CE),
creando dous
novos
complementos
voluntarios para
os facultativos
(de prolongación
de xornada e de
deslizamento). |
|
A
grande maioría
do poboación,
e unha grade
proporción de
facultativos,
incluídos os que
compoñemos a
Agrupación
Médica de
CIG-Saúde (AgM-CIG),
defendemos a
dedicación
exclusiva dos
médicos da
sanidade pública.
Coa sinatura
do Acordo
Retributivo
péchase a
posibilidade de
que trunfe no
SERGAS a
proposta
neoliberal de
que se eliminen
as retribucións
ligadas á
exclusividade
dos facultativos
(que é o que
realmente se
agocha debaixo
da reclamación
de
“xeneralización
do complemento
específico”).
Este feito
supón unha clara
derrota de
aqueles
sindicatos que,
no último ano,
fixeron da
desaparición da
exclusividade o
elemento central
da súa
actividade
sindical, e
constitúe a
principal
explicación da
frontal
oposición ao
Acordo que
manteñen estes
sindicatos.
Por outra banda,
a grande maioría
da poboación, e
unha grande
proporción de
facultativos,
incluídos os que
compoñemos a
Agrupación
Médica de
CIG-Saúde (AgM-CIG),
defendemos que
os centros
sanitarios, e
nomeadamente os
hospitais,
deben ter un
traballo regular
de tarde,
superando as
moitas eivas das
actuais peonadas.
|
|
No Acordo
Retributivo,
ratificouse o
establecido
neste sentido no
documento “Redefinición
do Complemento
Específico do
persoal
licenciado
sanitario”,
aprobado polo
Comité Executivo
do SERGAS o
24/09/2008. Este
documento
recolle o
compromiso de
crear dous
novos
complementos, de
adscrición
voluntaria e
dirixidos a
posibilitar a
existencia dunha
actividade
regular polas
tardes nos
centros
sanitarios.
Estes novos
complementos
serán os
seguintes:
1) de
prolongación de
xornada,
para aqueles
profesionais que
acepten
traballar a
maiores algunhas
tardes,
2) de
deslizamento,
para os
profesionais que
acepten
desprazara súa
xornada
ordinaria da
mañá a tarde ou
viceversa,
algúns días.
Estes novos
complementos
permitirán,
a aqueles
facultativos que
voluntariamente
se adscriban a
eles,
incrementar os
seus ingresos
traballando
algunhas tardes
ou deslizando a
súa xornada
algúns días.
Debe salientarse
que, no momento
actual, o
contido do
documento antes
mencionado de
“Redefinición
...” está
totalmente
pendente de
concreción.
Deste xeito,
aínda non están
acordadas (aínda
non comezou a
negociación),
nin as
condicións
concretas nas
que se prestará
a actividade
ligada a eses
novos
complementos nin
as contías
económicas
ligadas a eles,
e moito menos
está acordada
nin negociada a
súa relación
coas actuais “peonadas”.
As informacións
distribuídas por
algún sindicato
afirmado “Se
acaban las
peonadas”
son totalmente
falsas. |
|
OUTRAS LUCES E
ALGUNHA SOMBRA
DO ACORDO
RETRIBUTIVO
|
|
 |
Alén das
substancias
melloras nas
súas
retribucións
variábeis que
recibirán máis
de 70% dos
facultativos do
SERGAS,
descritas
aquí, o
Acordo
Retributivo
asinado por
CIG-Saúde tamén
inclúe outras
melloras. Entre
elas figuran as
seguintes:
|
|
-
Os Pediatras e
Odontólogos de
Atención
Primaria, no ano
2009, igualarán
as súas
retribucións
coas
correspondentes
aos médicos de
familia.
Estes
profesionais
pasarán, durante
este ano, a
cobrar por TIS
(Tarxetas
Individuais
Sanitarias) e,
no Acordo,
existe o
compromiso e a
reserva
económica que
garante que en
calquera caso as
súas
retribucións se
igualarán ás dos
médicos de
familia con
efectos
retroactivos
desde o
01/01/2009.
-
Os Odontólogos e
Farmacéuticos de
AP, así como os
Técnicos de
Saúde e Médicos
de Desprazados,
no 2009,
iniciarán o
proceso de
homologación do
seu CPV co dos
médicos de
familia.
No 2009 terán un
incremento
inicial de 500 €
no CPV. Nos anos
seguintes terán
incrementos
similares até
completar a
homologación.
-
Os facultativos
que, sendo
propietarios,
viñeran
exercendo cargos
de xefaturas
(servizo,
sección,
unidade,
coordinación)
durante máis de
2 anos
continuados ou 3
descontinuos,
con efecto do
01/01/2009,
consolidarán o
nivel de
complemento de
destino
correspondente
(28 ou 26),
homologando así
a súa situación
coa existente
noutros ámbitos
da
administración
pública.
-
No
ano 2010 todos
os facultativos
terán un
incremento de
425 € e, nos
anos 2011 e
2012, o
incremento será
de 611 € cada
ano.
Deste xeito no
ano 2012 o
incremento será
de 1.647 €
anuais respecto
ao momento
actual.
|
INCREMENTO
RETRIBUTIVO
XERAL |
|
Incrementos
acumulados
a 1
de
xaneiro
de
cada
ano |
|
2010 |
2011 |
2012 |
|
Anual |
Mensual
14
pagas |
Anual |
Mensual
14
pagas |
Anual |
Mensual
14
pagas |
|
∆
+425
€ |
|
∆
+611
€ |
|
∆
+611
€ |
|
|
425
€ |
30,36
€ |
1.036
€ |
74 € |
1.647
€ |
117,64
€ |
|
|
O Acordo
Retributivo
asinado, como
sucede en todas
as negociacións,
inclúe aspectos
que non nos
gustan.
Evidentemente,
como estamos e
continuaremos
explicando, na
avaliación que
fixemos dos
aspectos
positivos e
negativos do
Acordo, os
primeiros
pesaban máis, e
por iso décimos
asinalo. Sen
embargo é
evidente que o
Acordo inclúe
aspectos que non
nos satisfán e
entre eles
destaca o feito
de que o
SERGAS se negou
a aplicarnos
tamén aos
facultativos a
suba de 1 nivel,
que xa desde
xaneiro deste
ano 2009 vai
aplicarlles aos
demais grupos
profesionais do
SERGAS co
obxectivo de
homologar os
seus niveis cos
existentes nos
servizos de
saúde de outras
CC.AA.
O incremento de
1 nivel, no caso
da grande
maioría de
facultativos que
pasaríamos do
nivel 24 ao 25,
supoñeríanos no
ano 2009 un
incremento de
32,40 €/mes (e
456,16 €/ano).
O argumento
utilizado pola
administración
para negarse a
recoñecernos un
incremento de
nivel, foi que,
en todas as CCAA,
os facultativos
que non teñen
xefaturas teñen
como nivel
máximo o 24,
pois ese é o
máximo nivel ao
que poden
acceder os
licenciados ao
servizo de
calquera
administración
do estado, que
non exerzan
xefaturas.
Por certo que
sobre as subas
de nivel no
Acordo convén
deixar claro
son falsas as
afirmacións que
algúns difunden
de que, como
consecuencia do
Acordo, “Los
diplomados
sanitarios soben
3 niveles de
golpe” ou “el
personal de
enfermería sube
tres niveles de
golpe”.
A realidade é
ben distinta.
Como se pode
comprobar
comparando a
Orde de Nóminas
do 2008 coa de
2009, o persoal
diplomado (de
enfermaría,
fisioterapeutas,
...) sube
exclusivamente 1
nivel (do 21 ao
22 a grande
maioría, e do 22
ao 23 as
enfermeiras
especialistas
(de saúde
mental,
matronas, ...),
que tiñan nivel
22 e pasan a
nivel 23. A
única excepción,
entre os miles
de diplomados
que traballan no
SERGAS, é a dun
pequeno grupo de
enfermeiras de
consulta dos
antigos
ambulatorios
(menos de 40 en
toda Galiza) que
por diversas
razóns mantiñan
un nivel 19 e
que, como
consecuencia do
acordo asindo,
soben ao nivel
22, homologando
así o seu nivel
co que
correspondente
ao seu grupo
profesional.
Afirmar por
tanto que “o
persoal de
enfermería sube
tres niveles de
golpe” é
claramente unha
falsidade.
|
|
RETRIBUCIÓNS
FIXAS DO PERSOAL
FACULTATIVO DO
SERGAS NO 2009
|
|
Malia
importante crise
económica que
atravesa o país,
as retribucións
fixas do persoal
facultativo do
SERGAS terán
incrementos
retributivos que
oscilarán entre
o 3,9% e o 6,5%.
Nesta
táboa
detállanse as
retribucións
fixas que
recibirán os
facultativos do
SERGAS durante o
2009.
26/01/2009 |
 |
|
Alén
deses
retribucións
fixas,
os e as
profesionais
dos
colectivos
que
teñen
unha
maior
penosidade
ao ter
que
realizar
traballos
suplementarios
a
maiores
da
“xornada
ordinaria
de mañá”
(e dicir
as
médicas
e
médicos
que fan
gardas,
tanto de
urxencias
hospitalarias
como dos
PACs),
verán
tamén
incrementadas
as súas
retribucións
variábeis,
como
consecuencia
do
Acordo
Retributivo
recentemente
asinado
pola
Administración
e algúns
sindicatos
da Mesa
Sectorial,
entre os
que está
CIG-Saúde.
|
|
RETRIBUCIÓNS
VARIÁBEIS DO PERSOAL
FACULTATIVO DO SERGAS NO 2009
|
|
 |
Miles de
Facultativos do
SERGAS,
os que traballan
en condicións
máis penosas
(pois teñen que
realizar gardas,
ou traballan a
quendas),
van ter
substanciais
incrementos das
súas
retribucións
variábeis
como
consecuencia do
Acordo
Retributivo
asinado por
CIG-Saúde.
06/02/2009 |
|
O SERGAS ten,
excluídos os MIR,
6.411
facultativos
(Sistema Público
de Saúde de
Galicia, Memoria
2007). Deles,
van beneficiarse
deste aspecto do
Acordo os
seguintes: os
facultativos que
fan gardas, que
son 3.800; os
que traballan
nos Servizos de
Urxencias
Hospitalarias,
que son
aproximadamente
250; e os que
traballan nos
PACs, que son
case 500.
|


|