|
17 de MAIO, DÍA
das LETRAS
GALEGAS |
|
 |
A CIG fai un
chamamento a
mobilizarse o 17
de maio
en defensa da
lingua.
A Executiva
Confederal da
CIG acordou
sumarse á
mobilización en
defensa da
lingua do
vindeiro 17 de
maio, Día das
Letras Galegas,
que sairá ás 12
horas da Alameda
da capital de
Galiza.
Paralelamente a
esta
convocatoria, a
CIG está a
realizar unha
campaña de
sensibilización
lingüística,
destinada aos
centros de
traballo, baixo
o lema “Pola
defensa
irrenunciábel do
galego, o idioma
que nos une”.
Con ela
preténdese
concienciar da
importancia de
manter viva a
reivindicación
da normalización
do idioma galego
nos diferentes
ámbitos da
sociedade galega
e, nomeadamente,
no mundo de
traballo.
07/05/2009 |
|
APERTURA
LISTAXES
CONTRATACIÓN
TEMPORAL |
|
No
DOG do
17 de abril
publicase a resolución
pola que se
formaliza a
apertura das
listaxes de
Contratacións,
para a
incorporación de
novos méritos
polas persoas
aspirantes xa
inscritas e a
selección de
novas persoas
aspirantes para
vinculacións
temporais no
Servizo Galego
de Saúde, nas
seguintes
categorías de
selección
temporal:
|
médico/a
de
familia |
Enfermeira
e
enfermeiro
(DUE) |
|
pediatra |
matrona
e
matrón |
|
médico/a
de
urxencias
hospitalarias |
auxiliar
de
enfermería |
|
odontóloga
e
odontólogo |
cociñeira
e
cociñeiro |
O prazo de
presentación de
solicitudes será
o comprendido
entre o 20 de
abril e o 9 de
maio (ambos
incluídos).
17/04/2009 |
 |
|
 |
A Agrupación
Médica de CIG (AgM-CIG)
alégrase do fin
da colexiación
obrigatoria e
considera que,
diante desta
nova situación,
urxe reflexionar
e posicionarse
sobre o futuro
dos colexios
profesionais.
11/03/2009.
A administración
trata de evitar
que os
profesionais lle
reclamen
xudicialmente
que abone as
cotas colexiais,
se decide manter
o requisito de
que sexa preciso
estar colexiado
para traballar
no SERGAS, cando
os tribunais xa
non consideran a
colexiación
obrigatoria.
Diario Médico,
11/03/2009 |
|
Segundo informa
o Sergas non é
obrigatoria a
colexiación para
traballar na
sanidade
pública:
“coa
normativa
vixente
na
actualidade
da
Comunidade
Autónoma
de
Galicia,
e coa
interpretación
que fixo
a
xurisprudencia,
non
existe
obrigación
de
colexiacións
para os
médicos
que
desenvolvan
as súas
funcións
nos
centros
de
saúde”,
e por
analoxía
e
extensión,
ao
restos
dos
centros
e
servizos
sanitarios
(hospitais,
061, CTG,
etc.),
dependentes
ou
adscritos
ao
Servizo
Galego
de
Saúde, e
a toda
actividade
realizada
na
Administración
Pública
con
carácter
de
exclusividade”.
09/03/2009
Nota do
Secretario Xeral
do Sergas
Informe da
Asesoría
Xurídica

|
|
Instrución 16/06
do SERGAS sobre
o uso do Código
Numérico Persoal
(CNP) como único
código de
identificación
persoal
obrigatorio nos
documentos
físicos e
electrónicos do
Sergas.
 |
|
NOVA SITUACIÓN
POLÍTICA |
|
 |
Diante da
nova situación
política
CIG-Saúde púxose
en contacto co
SERGAS para que
nos aclarase o
estado das
negociacións
pendentes, o que
nos comunican
é:
Na situación de
provisionalidade
decidiron non
facer ningunha
negociación,
polo que queda
anulada a
reunión do día 6
sobre Carreira
Profesional
Ordinaria. O
Decreto de
Carreira
Ordinaria queda
paralizado até
que tome
posesión o
novo/a
Conselleiro/a, e
decida o que
corresponda. O
goberno en
funcións non vai
a aprobar
ningunha norma
máis, e o
Consello
Consultivo tamén
está en
situación de
provisionalidade.
Non queda máis
remedio que
esperar.
O que demandamos
do SERGAS é que
non poden
paralizar o
traballo
técnico, é
dicir, que a
Administración
debe seguir
funcionando, e
polo tanto teñen
que convocar as
comisión de
seguimento dos
acordos
vixentes:
Primaria,
comisións de
traballo do
acordo
retributivo,
aplicativo MUH,
contratacións,
OPE....
05/03/2009 |
|
SOLIDARIEDADE
CON PALESTINA |
|
 |
En
apoio ao pobo
palestino e
contra o masacre
de Gaza.
Manifestación o
vindeiro domingo
18 de xaneiro,
ás 12:00 horas,
na Alameda de
Santiago de
Compostela.
14/01/2009 |
 |
|
"A morte de
calquera persoa
diminúeme,
porque eu formo
parte da
humanidade; polo
tanto nunca
mandes a ninguén
a preguntar por
quén dobran as
campás: dobran
por ti." |
|
ACORDOS DE AT.
PRIMARIA |
|
 |
PUBLICADOS NO
DOG OS ACORDOS
DE PRIMARIA
O DOG do 16 de
xuño publica os
acordos sobre
ordenación e
provisión de
postos de
traballo e
condicións de
traballo e
retributivas no
ámbito da
atención
primaria do
Servizo Galego
de Saúde.
Ver DOG
Ver e Imprimir
 |
 |
|
RECOÑECEMENTO
CUALIFICACIÓNS
PROFESIONAIS
|
|
Publicado no BOE
do 20 de
novembro 2008, o
RD 1837/2008,
polo que se fai
a transposición
da Directiva
Europea
2005/36/CE,
relativa ao
recoñecemento
das
cualificacións
profesionais de
diversos
colectivos,
entre eles os
médicos,
odontólogos, e
farmacéuticos
(artigos 36 a
61).
26/11/2009 |
 |
|
CONTRA A
POLÍTICA
PRIVATIZADORA DA
CONSELLERÍA
|
|
CIG-Saúde lanza unha
campaña de
denuncia da
política de
privatizacións
que está
seguindo a
Consellería de
Sanidade.
28/10/2008
•
Central de
chamadas =
Privatización e
precarización
laboral
•
Colexiación
obrigatoria =
Máis “chiringos”
corporativos
•
Creación de
Galaria =
Capital e
xestión privada
na sanidade
pública
Díptico
da Campaña
contra as
privatizacións:
ver,
imprimir.
Cartel
|
 |
|
 |
CONTRA O USO DO
MODELO DE PFI
(Iniciativa de
Financiamento
Privado)
PARA A
CONSTRUCIÓN E
XESTIÓN DOS
NOVOS HOSPITAIS
DE VIGO E
PONTEVEDRA.
28/10/2008
Diante dos
múltiples
rumores de que,
para a
construción e
xestión de novos
hospitais o
SERGAS ten
decidido que vai
a recorrer a
formulas de PFI,
mais ou menos
dulcificadas,
CIG-Saúde
reclámalle ao
SERGAS que
renuncie ao uso
dese modelo de
financiación e
xestión privada
da sanidade
pública co
que Margaret
Tacher estragou
o Servizo
Nacional de
Saúde inglés (NHS),
e co que
Esperanza
Aguirre está
destruíndo a
sanidade pública
madrileña. |
|
OPE 2006
MEDICINA DE
FAMILIA
|
|
 |
Recordade que
os aspirantes
definitivamente
seleccionados
deberán achegar
inescusablemente
a documentación
que figura no
DOG, no
prazo dun mes
contado a partir
do día seguinte
ao da
publicación
desta
resolución, pois
en caso
contrario
quedarían
excluídos do
proceso
selectivo.
Facilitase
escrito para
presentar a
documentación.
08/10/2008 |
 |
O DOG do día 6
de outubro de
2008 publica as
puntuacións
definitivas da
baremación da
OPE 2006 obtidas
polos aspirantes
da categoría de
Médico de
Familia.
06/10/2008 |
|
Publicadas
ás listaxes
definitivas da
OPE 2006 de
Medicina de
Familia
Listaxe
definitiva de
baremación -
Orde alfabética
Listaxe
definitiva de
baremación -
Orde puntuación
Listaxe de
seleccionados |
|
Segundo
informa o Sergas,
o
ACTO ELECCIÓN
DE DESTINO
será o día
18 OUTUBRO.
No DOG do 28
OUTUBRO
publicarase a
apertura do
PRAZO DE
INCORPORACIÓN,
a partires do
día seguinte.
02/10/2008 |
|
POSIBLE
MORATORIA NA
REGULACIÓN DAS
48 HORAS NO CHUS |
|
Posíbel
moratoria na
aplicación da
“nova
programación
funcional para o
servizo de
Medicina
Intensiva”
emitida polo
xerente do CHUS.
27/09/2008.
A resolución
non entrará en
vigor o 1º de
outubro, á
espera de que se
atope unha nova
solución pactada
cos
profesionais. O
incremento dos
tempo de
descanso
post-garda,
cando se
soborden as 48
horas, podería
ser o elemento
central do
acordo. |
 |
|
En
CIG Saúde:
Aledámonos de
que se impoña o
sentido común e
a negociación
como forma de
abordar os
problemas.
Seguimos
insistindo en
que o problema
afecta a todos
os hospitais do
SERGAS, e que
polo tanto esixe
unha solución
supralocal que
debe pactarse na
mesa sectorial.
Reclamámoslle ao
SERGAS que, sen
máis retrasos,
abra xa a
negociación da
problemática das
48 horas na mesa
sectorial, que
se tiña
comprometido a
facer antes do
1º semestre do
2007. |
|
A Comisión de
Centro do CHUS
convoca unha
concentración, o
xoves 18 de
setembro, contra
a regulación das
48 horas na UCI
e pide apoio ás
demais Comisións
de Centro dos
Hospitais de
Galicia.
19/09/2008 |
|
A xornada da UCI
do Clínico
divide a Sergas
e profesionais.
Os
sindicatos de
Santiago buscan
apoio nos
restantes
hospitais
galegos.
La voz de
Galicia,
19/09/2008
Traballadores do
Hospital
mobilizanse para
mellorar a súa
xornada Laboral.
Son persoal
da UCI.
Santiagosiete,
19/09/2208 |
 |
O Sergas ensaia
na UCI de
Santiago un
modelo
inaceptable para
regular as 48
Horas.
03/09/2008
Con data do 23
de xullo de 2008
o Xerente do
Complexo
Hospitalario
Universitario de
Santiago (CHUS )
emitiu unha
resolución
“pola que se
aproba unha nova
programación
funcional para o
servizo de
Medicina
Intensiva do
Hospital Clínico
Universitario”.
Nesa resolución,
que afecta só a
algúns
facultativos do
Servizo de
Medicina
Intensiva do
Hospital Clínico
do CHUS, se
pretende dar
resposta ao
problema do
limite das 48
horas máximas de
xornada semanal.
A regulación das
48 horas é un
tema de ámbito
claramente
supralocal,
e non ten ningún
sentido buscar
solucións
parciais que
afecten a parte
dun servizo dun
único hospital.
Esta resolución,
unilateral e
lesiva dos
intereses dos
traballadores
afectados, foi
claramente
rexeitada por
CIG-Saúde,
solicitando que
se abra o
proceso
negociador na
Mesa Sectorial.
Mais Información
03/09/2008 |
|
NEGOCIACIÓN
"ACORDO MARCO" |
 |
O día 12 de
setembro
reuniuse a Mesa
Sectorial para
tratar do
"Acordo Marco".
A administración
mantívose na
proposta
efectuada o 31
de xullo e
situou a
negociación
deste acordo no
marco da crise
económica
actual.
Mais información

A negociación é
dificultosa xa
que o SERGAS
pretende abordar
nun só acordo
tres tipos de
temas:
•
temas que xa
estaban
comprometidos en
negociacións
anteriores, e
que xa teñen
unha
cuantificación
económica,
•
temas de
equiparación
salarial, que
precisan de
financiamento
adicional,
•
temas
relacionados coa
xornada e
condicións de
traballo. |
|
Na Mesa Sectorial do día 31 de xullo de 2008 o
SERGAS entrega
aos sindicatos
un documento coa
Proposta de
Negociación do
Acordo de
condicións de
traballo e
retributivas.
CIG-Saúde non
acepta o modelo
de negociación
proposto polo
Sergas e
mantense na
proposta de
negociación xa
presentada.
01/08/2008 |
|
LIQUIDACIÓN DAS
FUNDACIÓNS |
|
O
DOG do 1 de
setembro publica
o Decreto
183/2008, do
31 de xullo,
sobre extinción
das fundacións
públicas
hospitalarias.
01/09/2008
O consello da
Xunta do 28 de
Agosto aprobou a
modificación dos
estatutos do
antigo Instituto
de Medicina
Técnica, Medtec,
que cambia de
denominación
para chamarse, a
partir de agora,
Galaria,
Empresa Pública
de Servizos
Sanitarios.
Ademais amplíase
o obxecto social
da sociedade,
que poderá
ofrecer apoio
loxístico na
dirección de
obras nas
infraestruturas
sanitarias.
Será unha de cal
e outra de area
? |
 |
|
RECUPERACIÓN DA
DIGNIDADE,
HIXIENE
DEMOCRÁTICA |
|
 |
CIG – Saúde
congratúlase do
cambio de nome
do Hospital Juan
Canalejo
CIG-Saúde
felicita o
Consello da
Xunta por
aprobar o cambio
na denominación
do “Complexo
Hospitalario
Universitario
Juan Canalejo”,
que pasará a
chamarse
“Complexo
Hospitalario
Universitario
A Coruña”.
Esta medida
representa un
exercicio de
hixiene
democrática, de
xustiza
histórica e de
desagravio ás
vítimas da
barbarie
franquista.
18/07/2008 |
|
CIG-Saúde
parabenízase do
cambio de
denominación do
Hospital Juan
Canalejo, pois
nunha sociedade
que se di
democrática é
inadmisíbel que
un centro médico
leve o nome dun
fascista.
CIG-Saúde quere
lembrar tamén as
múltiples
iniciativas que
emprendeu para
conseguir o
troco na
denominación do
hospital
coruñés,
demandas que
mesmo trasladara
á Xunta de
Persoal do
centro, sen que
estas contasen
co apoio do
resto de
sindicatos con
representación
nese órgano.
Mais información
en
 |
|
 |
TRIENIOS PERSOAL
TEMPORAL |
|
Para solicitar o
recoñecemento de
trienios ao
persoal temporal
hai que
presentar por
rexistro
a solicitude,
acompañada de
todos os
servizos
prestados para
calquera
administración
pública.
Modelo de
solicitude.
02/07/2008 |
|

INCLUSIÓN NAS
LISTAS DE
VINCULACIÓNS
TEMPORAIS DE
FEAS |
 |
|
Tralas tomas de
posesión da OPE
2006 e do
Concurso de
Traslados, os
interinos
cesados serán
recolocados en
función dos
criterios
acordados na
Comisión de
seguimento do
Plan de
provisión de
FEAS. Hai 7
días dende o
cese para
apuntarse nas
listas.
Este é o impreso |
|
A CIG REXEITA A
PRETENSIÓN DA
UNIÓN EUROPEA DE
INCREMENTAR, DE
48 ATÉ 65 HORAS,
O TOPE DE TEMPO
DE TRABALLO
SEMANAL
OBRIGATORIO
|
|

A CIG aposta
pola
mobilización
contra as
pretensións da
UE de ampliar o
tope da xornada
semanal até as
65 horas.
Avantar,
11/06/2008
A CIG considera
inaceptábel e
completamente
regresiva a
proposta
acordada polos
ministros de
Traballo da UE
que pretende
ampliar o tope
da xornada
semanal até as
65 horas. Esta
medida, que nos
retrotrae até
comezos do
século XX,
precarizará
aínda máis as
condicións
laborais dos
asalariados. O
sindicato
nacionalista
aposta pola
mobilización
para facer
fronte a este
ataque contra a
clase
traballadora.
Alerta sindical
pola beizón da
UE á semana
laboral de 65
horas.
Vieiros,
11/06/2008. |
A Agrupación
Médica de
CIG-Saúde (AgM-CIG)
oponse
rotundamente aos
intentos de
ampliar a
xornada laboral
obrigatoria dos
facultativos até
as 65 horas.
11/06/2008
Esta regresiva
proposta dos
ministros de
Traballo da
Unión Europea (UE)
de ampliar o
tope de xornada
laboral
obrigatoria até
as 65 horas
semanais, de
chegar a ir
adiante,
supoñerá un
importante
deterioro das
condicións
laborais e de
calidade de
vida, de moitos
traballadores,
entre eles dos
facultativos.
A ofensiva
contra os nosos
dereitos
laborais vai
máis alá do
intento de
incrementar o
tempo de xornada
laboral
obrigatoria e,
entre outros
aspectos, tamén
pretenden que os
tempos inactivos
durante as
gardas non
conten como
tempo
traballado.
As médicas
e médicos
da CIG, en
consonancia coa
posición
defendida por
CIG-Saúde e,
globalmente,
pola
Confederación
Intersindical
Galega (CIG),
chamamos a todos
os facultativos
e a todos os
traballadores a
mobilizarnos
para evitar que
ese ataque
frontal aos
nosos dereitos
laborais chegue
a trunfar.
 |
|
INXUSTIZA E
LEGALIDADE
|
 |
INXUSTIZAS, CHAPUZAS, LEGALIDADE E SINDICALISMO.
04/06/2008
CIG-Saúde
comparte
plenamente o
cabreo, que
existe entre
moitos
profesionais
polas prazas que
finalmente se
ofreceron na OPE
de FEAs. Non so
o comparte,
senón que
o
denunciou onde
se debía facer.
Sen embargo e
como sucede non
poucas veces, o
SERGAS non
aceptou a nosa
reclamación, e
entre os
argumentos que
utilizou era
que,
independentemente
do que se
opinara sobre
ela, a súa
decisión era
plenamente
legal.
Para comprobalo
e clarificar o
tema, pode ser
útil a sentenza
dun contencioso
presentado no
ano 97 por
CIG-Saúde no que
denunciabamos
unha situación
moi similar. Os
maxistrados
fallaron a favor
do SERGAS
argumentando que
non existía
vulneración dos
dereitos dos
traballadores e
que as prazas do
SERGAS non están
codificadas.
A
lectura da
sentenza
reafirma un
principio básico
na actuación
sindical de
CIG-Saúde: saber
diferenciar moi
claramente a
inxustiza de
moitas decisións
do SERGAS do
feito de que
esas decisións
sexan
necesariamente
ilegais. Non ter
clara esta
diferenza
básica, como
durante todo o
proceso da
OPE-2006 algúns
se empeñaron en
facer, so pode
levar á
frustración e a
un calexón sen
saída. |
|
VOLUNTARIEDADE
EN AT. PRIMARIA |
|
 |
Ponse en marcha
o proceso de
Voluntariedade
en atención
primaria que se
deriva dos
acordos da Mesa
Sectorial do 14
de marzo e 4 de
abril de 2008.
21/05/2008 |
|
CIG-Saúde xa
manifestou en
repetidas
ocasións á
administración a
súa preocupación
polo retraso no
proceso de
desenvolvemento
dos acordos de
primaria. Este
retraso non
contribúe ao
éxito dos
obxectivos dos
acordos, un bo
acordo aplicado
tarde deixa de
ser bo e
convertese en
inútil.
A oferta de
Voluntariedade
que se inicia
ten que permitir
que os
profesionais que
queiran estender
a súa xornada
dun xeito
ordenado poidan
facelo, e que a
administración
poda dar
resposta ao
déficit de
persoal
facultativo para
garantir a
atención
continuada.
A aposta pola
atención
continuada
baseada en
persoal
especifico de
PAC e persoal
voluntario (a
diferenza
doutras
comunidades onde
é obrigatoria)
necesita ordenar
os procesos de
voluntariedade
de xeito que
xeren confianza
entre os
profesionais;
esperemos que, a
pesares do
retraso, neste
proceso se
esclarezan todas
as dubidas e se
cubran as
necesidades do
sistema, co que
todos sairemos
gañando.
21/05/2008 |
|
OPE 2008 |
|
Ratificado na
Mesa Sectorial a
modificación do
Decreto 206/2005
para incrementar
o peso dos
méritos en
futuras OPEs.
26/04/2008
A Mesa Sectorial
do 24/04/2008
ratificou o
acordo previo da
Comisión de
Seguimento da
OPE de
Facultativos,
para modificar o
artigo 23.2 do
Decreto 206/2005,
de provisión de
prazas de
persoal
estatutario do
SERGAS.
O SERGAS asegura
que vai dar os
pasos precisos
para que as
Probas
selectivas da
OPE-2008, teñen
lugar durante o
1º semestre de
2009.
 |
 |
|
PRAZAS NA
FUNDACIÓN DE
MEDICINA
XENÓMICA
|
|
CIG-Saúde
reclama que,
para acceder ás
prazas
convocadas na
Fundación de
Medicina
Xenómica, se
esixa o título
de Facultativo
Especialista.
26/04/2008

A
Fundación
convoca 4 prazas
de “Adxuntos de
Laboratorio”,
unha
denominación
obsoleta, e o
único requisito
que se esixe é
ser licenciado
en medicina,
farmacia, bioloxía ou en biotecnoloxía.
CIG-Saúde
reclama que se
esixa a
titulación de
Facultativo
Especialista nas
especialidades
con competencias
legais nas áreas
obxecto da
convocatoria (análises
clínicas,
bioquímica
clínica,
inmunoloxía,
anatomía
patolóxica,
hematoloxía, e
microbioloxía).
|
 |
|
ASINADO O ACORDO DAS
CONDICIÓNS DE
TRABALLO EN
UNIDADES DE AP
 |
|
A MESA SECTORIAL
DO 4 DE ABRIL
PECHOU O ACORDO
SOBRE AS
UNIDADES E
SERVIZOS DE
ATENCIÓN
PRIMARIA.
04/04/2008
De xeito similar
ao que sucedeu
co acordo de
PACs, na
xuntanza da Mesa
Sectorial do
venres, 4 de
abril, a
redacción do
acordo sobre as
Unidades e
Servizos de AP
presentada polo
SERGAS, o
denominado “documento
consolidado”,
foi
substancialmente
enriquecido coa
incorporación de
practicamente
todas as
alegacións
propostas por
CIG-Saúde.
As melloras na
redacción, case
todas por
iniciativa de
CIG-Saúde,
eliminan dúbidas
de
interpretación e
clarifican os
acordos xa
acadados
previamente o 22
de febreiro.
O acordo foi
ratificado por
CIG, CCOO, UGT e
SATSE. Os dous
sindicatos que
hai un mes
rexeitaban o
acordo, CESM e
CSIF, é posible
que agora sí o
asinen, quedando
en dar unha
resposta
definitiva o
martes 8 de
abril.
|
|
ASINADO O ACORDO
DE PACs
 |
|
O venres 14 de
marzo, asinouse
o acordo
definitivo de
PACs, logo de
que o Sergas
introducira
certas
modificacións no
texto a proposta
de CIG-Saúde.
14/03/2008.
|
|
RESULTADOS
DAS ELECCIÓNS
SINDICAIS DO
2007
 |
|
A
CIG CONVÍRTESE
NA 2ª FORZA
SINDICAL EN
GALIZA,
SUPERANDO A
CC.OO.
17/01/2008. |
O
sindicalismo
nacionalista
avanza do 26,2%
en 2003 ao 28,6%
en 2007 e pasa a
ser a segunda
forza en Galiza
A CIG medra en
máis de 1.000
delegados a súa
representación
nas eleccións
sindicais
“Trátase dun
resultado
histórico que
reafirma o
modelo que
representa a CIG
e constata o
avance do
sindicalismo
nacionalista”.
Así avaliaba a
Executiva
Confederal da
CIG os
resultados do
proceso de
eleccións
sindicais
rematado o 31 de
decembro. Uns
resultados que a
sitúan como
segunda forza,
con 5.623
delegados/as por
diante de CCOO,
que obtivo
5.576, e a tan
só 556 de UGT. |
 |
|
Descarga,
imprime,
difunde...
Avaliación dos
resultados das
Eleccións
Sindicais
2004-2007 |
|
TRASLADOS
FORZOSOS
 |
 |
O Consello Económico e Social (CES), no seu “Ditame sobre o
Anteproxecto de
Lei de Saúde de
Galicia”,
aprobado o
27/12/2007,
incorporou
moitas das
alegacións de
CIG, incluídas
as relativas a
posibilidade de
traslado
forzoso.
14/01/2008
Mentres sucedía
isto, algúns
demagogos
ignorantes,
baseándose nese
“Ditame”, fan a
seguinte
“denuncia”:
“Intento del
SERGAS por
imponer el
traslado forzoso
para los
Facultativos y
los sindicatos
de la mesa
sectorial están
mudos. Eso es lo
que les
importamos a
ellos los
Facultativos”.
 |
|
PACs e OPE-2008 |
 |
CIG-Saúde
defende que as
prazas de PAC
deben convocarse
na OPE-2008 como
unhas prazas
máis de Atención
Primaria,
desbotando así a
posibilidade
dunha OPE
específica para
o persoal dos
PACs.
07/11/2007
Ver a análise
realizada por
CIG-Saúde |
|
POSICIÓNS DE
CIG-SAÚDE |
|
|
 |
|
 |
PERMISOS |
|
CADRO DE
PERMISOS: O
SERGAS entregou
na mesa
sectorial un
novo borrador
de Cadro de
Permisos,
que aínda non se
pode considerar
definitivo.
21/09/2007

Cadro
para establecer
os Graos de
Parentesco
 |
|
ABORTO LIBRE E
GRATUITO NA
SANIDADE PÚBLICA
XA !!! |
|
 |
Diante das
agresións e
vulneracións de
dereitos que
veñen
sucedéndose nas
últimas semanas,
e que están
afectando tanto
a mulleres que
interromperon o
embarazo, como
ao persoal que
traballa nas
clínicas onde se
realiza a IVE,
defendemos o
Aborto Libre e
Gratuíto na
Sanidade Pública
XA ! ! ! |


|