|
As Prazas do
Plan de Mellora
2007-2011:
A finais do ano
2009 estarán
consolidadas nos
orzamentos o 65%
das prazas que
estaba previsto
crear no período
2007-2001,
faltan por crear
o 35% restante
durante os anos
2010 e 2011.
|
|
65%
Prazas
Orzamentadas |
35%
Prazas
pendentes |
|
|
|
35%
Prazas |
30%
Prazas |
65%
Prazas |
20%
Prazas |
15%
Prazas |
35%
Prazas |
100%
Prazas |
|
|
2008 |
2009 |
2008-9 |
2010 |
2011 |
2010-11 |
|
|
Médicos |
108 |
94 |
202 |
62,15 |
46,62 |
108,77 |
310,77 |
|
Pediatras |
23 |
20 |
43 |
13,23 |
9,92 |
23,15 |
66,15 |
|
DUE |
222 |
198 |
420 |
129,23 |
96,92 |
226,15 |
646,15 |
|
PSX |
53 |
39 |
92 |
28,31 |
21,23 |
49,54 |
141,54 |
|
Matronas |
12 |
10 |
22 |
6,77 |
5,08 |
11,85 |
33,85 |
|
Fisioterapia |
42 |
38 |
80 |
24,62 |
18,46 |
43,08 |
123,08 |
|
Odontólogos |
12 |
11 |
23 |
7,08 |
5,31 |
12,38 |
35,38 |
|
Hixienista |
24 |
21 |
45 |
13,85 |
10,38 |
24,23 |
69,23 |
|
Tr.Social |
29 |
23 |
52 |
16,00 |
12,00 |
28,00 |
80,00 |
|
Aux.
enfermería |
37 |
31 |
68 |
20,92 |
15,69 |
36,62 |
104,62 |
|
Total |
562 |
485 |
1047 |
322,15 |
241,62 |
563,77 |
1610,77 |
CIG-Saúde esixe
da Consellería
de Sanidade que
se pronuncie
sobre a súa
intención de
cumprir ou non o
seu compromiso
de crear estas
prazas.
Que estas prazas
estean creadas
nos orzamentos é
un paso
fundamental,
pois poden saír
na seguinte OPE,
pero non
significa que
estean ocupadas
por profesionais
de forma
interina, tamén
nesto esiximos á
consellería que
nos informe do
grao de
cobertura destas
prazas xa
creadas e das
previsións de
ocupación ao
longo do ano
2009.
Ademais destas
prazas
comprometidas
como
consecuencia do
Plan de Mellora,
tamén existen no
sistema prazas
de Enfermaría de
PAC, que se
crearon como
consecuencia da
redución de
horas de xornada
que se
estableceu nos
Acordos de PAC,
estas prazas,
actualmente
cubertas con
contratos de
servizos
determinados,
deben aparecer
nos orzamentos
do ano 2010, e
pasar a ser
interinidades
até a súa
cobertura na
seguinte OPE.
Capacidade
resolutiva:
O 9 de xullo de
2007 o Sergas
publicou unha
instrución, a
17/07, que
comprometía que
as probas
complementarias
que necesitaran
para a súa
solicitude da
redacción dun
protocolo
(listaxe B da
instrución)
estarían
accesibles dende
xaneiro de 2008.
CIG-Saúde esixe
da Consellería
de Sanidade que
publique os
protocolos para
a totalidade
destas probas e
que simplifique
ao máximo a
burocracia
xerada por estes
protocolos,
integrando, en
todo caso, a súa
solicitude en
IANUS.
Equipamento dos
Centro:
O Plan de
Mellora
contempla o
equipamento
necesario nas
Unidades e
Servizos para
permitir o
incremento da
capacidade
resolutiva, para
cumprir co
incremento de
equipamento
pactado, está
previsto nos
orzamentos do
2009 a cantidade
de 1.500.000 €.
CIG-Saúde
solicita da
Consellería que
explique que
parte de ese
orzamento xa
está
comprometida, en
que partidas, e
que pensan facer
co restante.
Plan Director de
Infraestruturas
Sanitarias
2008-2013:
Tendo en conta,
por unha banda,
o novo modelo
que define o
Plan de Mellora
para a Atención
Primaria, que
xera maiores
necesidades de
espazo para
consultas e
outras
actividades, e
por outra banda,
o
desenvolvemento
dos núcleos de
poboación que
fixo
insuficiente a
dotación de
centros de saúde
en determinadas
áreas
sanitarias, o
Plan Director
contempla a
realización de
grandes reformas
e ampliacións en
22 centros de
saúde, e a
construción de
66 novos.
Dende CIG-Saúde
esiximos o
compromiso da
Consellería de
Sanidade do
mantemento
destas
previsións e de
que todas elas
se realicen con
orzamento e
xestión
pública.
Receita
Electrónica:
A implantación
da dispensación
electrónica da
receita a través
das farmacias é
un dos elementos
mais importantes
para reducir
burocracia e
liberar a boa
parte dos
profesionais dos
servizos e
unidades de
Atención
Primaria dunha
carga de
traballo inútil,
toda a
relacionada coas
citas por
receitas de
crónicos,
(buscas nos
arquivos de
historias,
reparto das
historias,
consultas
médicas e de
enfermaría,
recollida de
historias, etc,).
Ademais supón un
claro beneficio
para os doentes
crónicos e as
súas familias.
Existe un
cronograma de
despregue da
receita
electrónica,
polo que
solicitamos
información
sobre a
porcentaxe da
poboación
galega, e de
profesionais,
que se
benefician desta
medida. Tamén
solicitamos
información das
medidas que se
pensan adoptar
para incrementar
a súa velocidade
de implantación
nas áreas onde
se atopan mais
dificultades,
especialmente
nas cidades e
grandes vilas.
Tendo en conta,
tamén, os
incrementos de
poboación
estacional, e a
dificultades de
atopar
substitutos para
os facultativos,
consideramos
prioritario o
despregue nestas
áreas, polo que
solicitamos se
nos informe das
previsións ao
respecto.
Historia Clínica
Electrónica,
IANUS:
A
Historia Clínica
electrónica en
Atención
Primaria, xunto
co aumento de
datos e informes
de consultas que
se introducen no
ámbito
hospitalario, a
través de IANUS,
constitúe unha
das ferramentas
mais importantes
que permitirán
incrementar a
capacidade
resolutiva da
Primaria e
fortalecer o
papel das súas
médicas e
médicos tanto na
súa capacidade
docente e
investigadora,
como na súa
capacidade de
realizar
actividades
preventivas e de
educación
sanitaria.
Solicitamos da
Consellería de
Sanidade que nos
informe da
situación actual
do despregue da
Historia Clínica
na Atención
Primaria e do
seu cronograma
de
desenvolvemento.
Consideramos
fundamental que
se informe das
medidas a tomar
para incrementar
o ancho de banda
e garantir o
acceso ás imaxes
dos estudios
radiolóxicos nas
unidades e
servizos, así
como garantir o
acceso a
internet en
tódalas
consultas. Estas
ultimas medidas
son de especial
importancia nas
unidades
docentes de
Medicina de
Familia.
En
CIG-Saúde
pensamos que o
modulo clínico
ten que
estenderse ao
mesmo tempo a
tódolos
profesionais da
unidade ou
servizo que
necesiten
acceder a
Historia Clínica
do Paciente:
Medicina de
Familia,
Pediatría,
Enfermaría,
etc.
Central de
Chamadas:
Dende CIG-Saúde
reiterámonos na
posición xa
defendida en
anteriores
reunións da
Comisión de
Seguimento do
plan de Mellora
durante o ano
2008:
O Servizo Galego
de Saúde
pretende
privatizar o
sistema de cita
previa na
Atención
Primaria
O servizo de
citacións foi
concedido,
mediante
concurso, a unha
empresa privada
para que monte
unha Central de
Chamadas que dea
resposta ás
solicitudes de
cita telefónica
para o persoal
Médico e de
Enfermería de
Atención
Primaria. Para
dar estas citas
esta empresa
privada fará uso
dos datos dos
pacientes que
figuran na
tarxeta
sanitaria, que
están en poder
do Sergas.
CIG-Saúde
preguntou en
repetidas
ocasións ao
Sergas polo
desenvolvemento
das centrais de
chamadas que
recolle o Plan
de Mellora de
Atención
Primaria. A
falta de
resposta
levounos a
manifestar a
nosa protesta na
Acta da ultima
reunión da
Comisión de
Seguimento do
Plan de Mellora
en abril de
2008.
Diante da
publicación no
DOG nº 105 do 2
de xuño de 2008
no que o
Instituto Galego
de Medicina
Técnica S.A.
convocaba un
concurso publico
para cubrir o
servizo de cita
previa no eido
da atención
primaria da
Comunidade
Autónoma de
Galicia,
CIG-Saúde
remitiu un
escrito aos
responsábeis do
SERGAS, ao que
non deron
resposta
algunha. No
mesmo amosábamos
a nosa posición,
contraria á
privatización
deste servizo e
solicitábamos
que a central de
chamadas fora
xestionada
directamente
polo SERGAS con
persoal
seleccionado das
listas de
vinculación
temporais.
CIG-Saúde
quere poñer de
manifesto diante
das
traballadoras/es
do SERGAS e do
conxunto da
opinión pública
o desacordo co
modelo elixido,
que supón a
privatización
dun servizo
público e a
conseguinte
precarización de
postos de
traballo.
CIG-Saúde
quere deixar
claro que non se
pode utilizar o
Plan de Mellora
da Atención
Primaria como
pretexto para
privatizar
servizos, en
aparente
contradición coa
política da
Consellería de
Sanidade de
reverter ao
sistema publico
ás fundacións
postas en marcha
na
administración
anterior. A
utilización do
Plan de Mellora
para desenvolver
estas políticas
é unha clara
deslealdade coas
organizacións
que, como
CIG-Saúde,
asinamos un Plan
para a mellora
do Servizo
Publico, non
para a súa
liquidación.
Como xa
manifestamos en
repetidas
ocasións
CIG-Saúde
apoia a creación
de centrais de
chamadas que
permitan
descargar unha
parte das citas
telefónicas das
áreas
administrativas
dos servizos e
unidades de
atención
primaria, pero
sempre que se
fagan con
persoal
estatutario
integrado no
SERGAS.
Santiago de
Compostela, 18
de setembro de
2008
Asdo:
Mª Xosé Abuín
Álvarez.
Secretaria
Xeral.
CIG-SAÚDE.
Reiteramos a
nosa posición de
que a
privatización
non é a
solución, a
solución real ás
necesidades dos
usuarios e
usuarias do
Servizo Galego
de Saúde ten que
facerse dende o
propio Servizo,
con recursos e
persoal
públicos.
Compostela, 24
de xuño de 2009
Manuel González
Moreira
Representante de
CIG-Saúde na
Comisión de
Seguimento do
Plan de Mellora
de Atención
Primaria
|