|
IMPRESIONANTE MANIFESTACIÓN
CONTRA A PRIVATIZACIÓN
EN VIGO |
|

Máis de 50.000 persoas
enchen as rúas de Vigo
co berro unánime de "non
á privatización" e na
defensa da sanidade
pública.
25/03/2010 |
 |
|
A cidadanía de Vigo di
un NON rotundo á
privatización do novo
hospital de Vigo nunha
IMPRESIONANTE
manifestación. Mais de
50.000 persoas marcharon
dende o cruce de Vía
Norte ata o edificio da
Xunta.
A marea humana era tal
que cando a cabeceira da
manifestación chegou ao
seu destino aínda non
arrancara a cola da
mesma, cando se rematou
de ler o manifesto e a
xente se retiraba a cola
aínda estaba no cruce da
Gran Vía, era un cruce
entre os que ían e os
que volvían.
O goberno do PP ten que
tomar nota, e os
responsables da sanidade
galega teñen que
reflexionar sobre a súa
capacidade para
representar os intereses
sanitarios da cidadanía.
Vigo xa fixo historia
con esta mobilización e
converteuse na punta de
lanza da loita en Galiza
en defensa da sanidade
pública. |
|
FOLGA E MANIFESTACIÓN
CONTRA A PRIVATIZACIÓN
EN VIGO |
 |
As
Organizacións Sindicais
da Xunta de Persoal da
Área Sanitaria de Vigo
convocan folga de 24
horas na sanidade
pública da súa área
para o día 25 de marzo.
A esta folga están
chamadas todas e todos
os
profesionais de Atención
Primaria, do CHUVI e
máis de Galaria. |
|

A convocatoria realizase
en apoio á Manifestación
que convoca a Plataforma
pola Defensa da Sanidade
Pública da Área de Vigo,
na que se fai un
chamamento a toda a
cidadanía a saír a rúa a
defender á Sanidade
Pública. |
|
Todas e todos coñecemos
as consecuencias da
Privatización:
Abandono de valores
fundamentais da Sanidade
Pública:
Universalidade,
equidade, gratuidade,
carácter redistributivo,
planificado por
necesidades e
participativo.
Incremento da
irracionalidade e da
desigualdade sanitaria.
Limita a colaboración
entre niveis e centros
(competencia).
Impide a planificación
sanitaria.
Aumenta o gasto
sanitario sen mellorar
resultados.
Aumenta o gasto
burocrático
e administrativo.
Marxina á Atención
Primaria.
Potencia a medicina
especializada
que utiliza de xeito
intensivo (e moitas
veces innecesario)
recursos de alta
tecnoloxía e elevado
prezo.
Reduce e Precariza os
postos de traballo
para abaratar custos.
|
|
INTERESANTE ARTIGO DE
SALLY RUANE |
|
 |
A
INICIATIVA DE
FINANCIACIÓN PRIVADA E O
NHS. Sally Ruane
Sally Ruane.
Subdirectora do Centro
de Investigación
Política de Sanidade,
Universidade Montford
de Leicester (Reino
Unido) |
|
INTRODUCIÓN
A crise de confianza no
Estado de benestar que
seguiu á conmoción
económica producida polo
aumento do prezo do
petróleo durante os anos
70 así como o
desprestixio das teorías
keynesianas como método
de xestión
macroeconómica, provocou
a aparición de múltiples
defensores do mercado
libre como solución para
afrontar tanto os
problemas recorrentes
como os que ían
aparecendo en materia de
benestar (Pierson,
1998). Ao mesmo tempo, o
abandono do réxime de
cambio fixo e do control
do capital obrigou a
unha reorientación da
economía no Reino Unido.
A reacción política do
goberno conservador de
Margaret Thatcher para
ser máis competitivo foi
atraer capital pero non
para conseguir man de
obra altamente
cualificada ou mellores
infraestruturas senón
para conseguir unha
redución no gasto dos
servizos públicos.
Ler
Máis
 |
|
ENTREVISTA A SALLY RUANE
EN PÚBLICO.ES
"La calidad asistencial
baja con la
privatización" |
|
CONSTITUÍDA PLATAFORMA
CONTRA A PRIVATIZACIÓN
DA SANIDADE EN
PONTEVEDRA |
|
A CIG de Pontevedra xa
aprobara no seu V
Congreso unha resolución
neste sentido e CCOO
prefire quedar á marxe.
Constituída a Plataforma
contra a privatización
da Sanidade e polo
Hospital Único de
Pontevedra
O pasado luns día 1 de
febreiro constituíase a
Plataforma contra a
Privatización e polo
Hospital Único de
Pontevedra da que forman
parte asociacións de
veciños, organizacións
sindicais, políticas,
concellos e a Asociación
Galega en Defensa da
Sanidade Pública (AGDSP).
Só CCOO decidiu quedar á
marxe. A plataforma fará
a súa presentación
pública no café Moderno
o próximo día 11 de
febreiro.
04/02/2010 |
 |
|
INÍCIANSE AS
MOBILIZACIÓNS CONTRA A
PRIVATIZACIÓN EN VIGO |
 |
A Comisión de Centro do
CHUVI convoca asembleas
e mobilizacións contra a
privatización do Novo
Hospital. |
|
Outro éxito mais de
participación na
concentración que se
celebrou o xoves 4 de
febreiro no Hospital do
Meixoeiro para protestar
contra a privatización
do novo hospital de
Vigo. Unhas 800 persoas
participaron nesta
protesta que percorreu
os arredores do hospital
e que logo se dirixiu
cara as dependencias da
dirección do centro.
04/02/2010 |
|
Preto de 2000 persoas
participaron o martes 2
de febreiro na
concentración-manifestación
celebrada no hospital
xeral de Vigo. A gran
participación demostra a
sensibilización que o
persoal ten en contra da
privatización de
servizos na sanidade
publica.
02/02/2010 |
|
O COPAGO
SANITARIO
|
|
Un artigo de
VICENÇ NAVARRO.

Estase a
espallar a idea
de que se o
paciente tivera
que pagar por
ser atendido no
sistema
sanitario,
pensaríao dúas
veces antes de
ir ao médico,
reducindo as
visitas ás
estritamente
necesarias.
“O problema non
é o abuso dos
servizos
sanitarios por
parte de la
poboación, senón
o deseño da
atención
primaria
sanitaria, que
sobrecarga ao
médico con
responsabilidades
que noutros
países realizan
outro tipo de
profesionais,
como os de
enfermaría ou
persoal
administrativo.
...
En realidade, o
que está
ocorrendo é que
se pide ao
usuario que
cubra os grandes
déficits de
fondos do
Estado,
resultado da
escasa carga
impositiva das
rendas
superiores
(segundo a
Comisión
Nacional do
Mercado de
Valores, o
salario medio
dos directivos
das empresas que
cotizan en Bolsa
é de 56.250
euros ao mes) e
do enorme fraude
fiscal entre
esas rendas, que
teñen unha carga
fiscal
sensiblemente
inferior ao
promedio da
UE-15.”
Público,
07/01/2010. |
 |
|
MANIFESTACIÓN
EN VIGO, XOVES
29 DE 0UTUBRO |
|

|
Impresionante
manifestación da
cidadanía en
defensa da
Sanidade
Pública.
Máis de 15.000
persoas nas rúas
de Vigo para
reclamarlle ao
goberno do
Partido Popular
unha sanidade
pública de
calidade e un
Hospital público
para a cidade.
A Manifestación
supón o inicio
das
mobilizacións
contra ás
intencións do
Partido Popular
de privatizar a
Sanidade
Pública. |
|
A Agrupación
Médica de
CIG-Saúde apoia
a Manifestación
convocada en
Vigo para o
xoves, 29 de
outubro, e
invita a tódolos
profesionais e á
cidadanía a
participar nela.
28/10/2009
Folla
informativa
Díptico
Cartaz
|

|
|
Hospital de
Vigo, público ou
privado?

Artigo de
opinión de
Ramón Veras
Castro,
médico de
familia, no
Xornal de
Galicia do día
27 de outubro de
2009 |
|
Máis de 300
profesionais do
CHUVI asinaron
xa esta carta
dirixida á
sociedade
Viguesa.
“Quen esta carta subscribimos temos a responsabilidade da atención
especializada
dos habitantes
de Vigo e da súa
gran área
sanitaria e á
súa saúde
dedicamos os
nosos esforzos e
os nosos
coñecementos....”
 |
|
RECORTES NO
NOVO HOSPITAL DE
VIGO |
|
A Plataforma
pola defensa da
Sanidade Pública
de Vigo convoca
unha
manifestación
para o 29 de
outubro en Vigo.
"A privatización
prexudica a túa
saúde. Hospital
Público xa"
|
 |
O martes 30 de
setembro tivo
lugar unha rolda
de prensa no
local da
Federación de
Asociacións de
Veciños/as
Eduardo Chao
para presentar
a
mobilización que
o vindeiro 29 de
outubro
percorrerá as
rúas de Vigo .
Ademais nesta
comparecencia
diante dos
medios de
comunicación analizouse a
visita da
Conselleira de
Sanidade na
xornada
anterior, “que o
que pretendía
era confundir e
desmobilizar”.
O Plan funcional
da área de Vigo
aínda non foi
presentado nin
ás comisións de
Centro nin a
Xunta de
Persoal, so
coñecemos os
datos pouco
claros que
aportou a
Conselleira na
rolda de prensa,
onde non
concretou o
modelo de
financiación.
Do debuxo
realizado,
apreciase que o
Novo Hospital perde o seu
carácter de
Hospital
estratéxico para
Vigo ao
perder a unidade
de investigación
e ao recortar o
Meixoeiro como
centro de alta
especialización
en oncoloxía, ao
ver reducido o
número de camas
á metade.
Tamén se
mantén o
concerto
singular con
Povisa,
renunciando a
que o Novo
hospital sexa o
de referencia
para toda a
poboación.
Mais
información
 |
|
O luns 28 de
setembro a
Conselleira de
Sanidade Pilar
Farjas convocou
unha rolda de
prensa na
Dirección
Provincial do
Servizo Galego
de Saúde en Vigo
para presentar o
Plan Funcional
da Área de Vigo
Diante da
Dirección
Provincial
concentrámonos
membros da
Plataforma pola
defensa da
sanidade pública
de Vigo para
protestar polas
intencións
privatizadoras e
de recortes no
Novo Hospital.
A Conselleira
non contestou ás
preguntas sobre
o financiamento,
aínda que deu
por feito a
“colaboración”
de capital
privado. Na
rolda de prensa
estaban, de
invitados, os
máximos
responsables de
POVISA
Para o día
seguinte estaba
convocada unha
rolda de prensa
da Plataforma
pola defensa da
sanidade pública
de Vigo para
anunciar
mobilizacións
diante da
información
facilitada aos
xefes de servizo
do CHUVI de que
o Novo Hospital
contaría con 900
camas. |
 |
|
 |
A
Consellería de
Sanidade
descubre ás súas
cartas e
comunica aos
Xefes de Servizo
do CHUVI que
pensa recortar
de 1.400 a 900
as camas
previstas para o
novo Hospital.
23/09/09 |
|
O que viñamos
anunciando como
posibilidade
confirmase deste
xeito. O
Hospital xa
non será público,
xa non será o
Hospital
estratéxico
que dé resposta
ás necesidades
da área
sanitaria de
Vigo, e se
manterá o
concerto
singular con
POVISA,
continuando
cunha situación
de desigualdade
para a
cidadanía.
Diante disto, os
profesionais,
especialmente os
Xefes de Servizo
que participaron
no
desenvolvemento
do Plan
estratéxico do
Novo Hospital,
non podemos
permanecer
calados. Temos que
denunciar diante
de toda a
cidadanía que
isto supón unha
perda de
calidade do
proxecto que, ao
final,
sufriremos
todos,
profesionais e
cidadáns.
Unha vez máis
confirmase que a
única
beneficiada é a
Sanidade Privada
que pugna por
tirar máis
beneficios do
“negocio” da
enfermidade.
Ver nota de
prensa da
Asociación
Galega para a
Defensa dá
Sanidade Pública
23/09/09 |
|
A
Conselleira
de Sanidade
continua a
mandar mensaxes
a opinión
pública para xustificar a
privatización da
sanidade,
entre mentiras e
medias verdades
intenta crear un
estado de
opinión que
permita
minimizar a
resposta contra
ás
privatizacións.
11/06/2009 |
 |
|
Pero os
facultativos e
facultativas do
SERGAS non nos
deixamos
enganar, sabemos
que pretende, e
as gravísimas
consecuencias de
esa política,
tanto para os
profesionais
como para os
usuarios e
usuarias.
A
Conselleira de
Sanidade
ten que aclarar
dunha vez se
quere que os
novos hospitais
se manteñan,
tanto na xestión
como na
financiación, no
ámbito da
sanidade
pública.
Xa é hora de
rematar coas
ambigüidades e
medias verdades,
é hora de
apostar clara e
decididamente
pola sanidade
pública ou pola
contra, dicir
claramente que
se aposta pola
privatización da
sanidade,
convertendo o
dereito á saúde
nun negocio duns
poucos.
Queremos deixar
claro que, se o
Partido Popular
segue coa súa
“folla de ruta”
de privatizar a
sanidade,
CIG-Saúde e a
súa Agrupación
Médica
promoverán
accións de
concienciación
na sociedade
para que se
entenda a
gravidade destas
medidas e a
necesidade de
utilizar tódolos
recursos
democráticos
para impedilas.
A Sanidade
Pública é unha
conquista básica
do estado de
benestar e o
Partido Popular
debe saber que
non
renunciaremos a
ela.
Acordo
da
Plataforma
para a
Defensa
da
Sanidade
Pública
Galega
 |


|