|
Coa
chegada do novo
goberno a
Galiza, que
supón a volta ao
poder dun
partido que se
caracteriza polo
seu apoio ao
sector privado e
a xestión
empresarial en
detrimento do
sistema público,
sen recoñecer
que o sistema
privado debe
considerarse
subsidiario e
complementario
do Sistema de
Saúde de Galiza.
Diante desta
situación que
dificulta o
desenvolvemento
do sistema
sanitario
público., as
organizacións
que integramos
esta Plataforma
acordamos unha
serie de puntos
que queremos
trasladar á
opinión pública
e ao conxunto
das
organizacións
sociais e
políticas de
Galiza.
1.-
Financiamento
sanitario:
Consideramos
insuficiente o
actual
financiamento
sanitario de
Galiza. O
problema radica
na vinculación
da mesma á
recadación de
impostos
transferidos que
gravan a
actividade
comercial e o
comercio, algo
que afecta
negativamente a
unha Comunidade
Autónoma como a
nosa, con menor
nivel económico
respecto da
media. A esta
situación
habería que
engadir os
efectos da crise
económica que
vai reducir
aínda máis a
recadación polos
devanditos
impostos e a
incrementar as
necesidades de
asistencia
sanitaria (o
paro e pobreza
levan asociados
un incremento
das enfermidades
físicas e
psíquicas).
Consideramos
necesario que o
novo goberno:
- Negocie un
cambio no modelo
que garanta a
suficiencia
financeira da
Sanidade Pública
Galega.
- Incremente as
partidas
orzamentarias
destinadas á
sanidade dentro
do orzamento
Galego (e evite
destinar a
outros fins o
diñeiro da
sanidade, como
vén facendo o PP
noutras CCAA
onde goberna
como Madrid ou
Valencia).
- Introduza
medidas de
austeridade
económica
reducindo os
gastos
innecesarios
(optimizando o
gasto
Farmacéutico)
para destinalo a
persoal
sanitario e a
melloras nos
recursos.
2.- Plan de
Mellora da
Atención
Primaria
Os acordos con
todas as
organizacións
profesionais e
sindicais do
sector supuxeron
un cambio
importante nos
recursos, a
capacidade
resolutiva e a
mellora da
calidade dos
centros de saúde
- Consideramos
necesario que se
respecte o
acordado polo
anterior goberno
con todas as
organizacións
sindicais e
profesionais do
sector.
- Esiximos que
dentro do prazo
previsto se
reúna a Comisión
de Seguimento
para avaliar a
reforma e se
informe das
novas medidas a
adoptar para
cumprir o
acordado.
3.- Plan de
Novas
Infraestruturas
Sanitarias
Consideramos
urxente que:
- Se culmine o
Hospital de Lugo
- Se inicie de
xeito inmediato,
e mediante
financiamento
público, o Novo
Hospital de
Vigo, coas
dimensións de
camas e recursos
previstas, para
mellorar a
difícil
situación desa
área sanitaria e
para que POVISA
deixe de ser
centro de
referencia para
a área do
Morrazo, Coia e
Valmiñor.
- Se inicie de
xeito inmediato
a obra do
Hospital de
Pontevedra
mediante
financiamento
público. É
inaceptable que
se dilapide o
diñeiro
investido na
mellora do
Hospital
Montecelo
arrombándoo e
construíndo un
novo centro
nunha
localización
descoñecida,
especialmente no
marco da actual
crise económica
e coas
necesidades
sanitarias que
sofre Galicia. O
atraso de máis
de 13 anos deste
proxecto de
Hospital Único,
esixe o inicio
urxente dos
expedientes de
expropiación e
de licitación
pendentes.
- Todas as obras
do Plan deben
acometerse con
financiamento
público para
evitar a
hipoteca do
sistema durante
anos con
empresas
privadas que,
ademais,
aproveitan para
apoderarse da
xestión destes
centros durante
máis de 30 anos.
- Se cambien os
estatutos de
GALARIA por que
poden facilitar
a participación
privada na
construción e
xestión dos
novos hospitais.
4.- Dedicación
Exclusiva do
persoal
facultativo que
traballa no
sistema público
- Esiximos o
mantemento do
complemento de
dedicación
exclusiva para
evitar
corruptelas e
conflitos de
intereses que se
dan na
actualidade, e
que explican, en
certa medida, as
listas de espera
e as
desigualdades no
acceso aos
recursos polos
sectores
economicamente
máis débiles.
- De xeito
complementario
esiximos que se
cumpran os
acordos cos
sindicatos para
ampliación do
horario dos
centros e acabar
coas peonadas
que xeran
inxustizas e
desigualdade
entre os
profesionais dos
hospitais e un
gasto
inaceptable.
5.-
Participación
social no
sistema
sanitario
- Os órganos de
Participación
Social a nivel
de Comunidade
Autónoma e de
Área Sanitaria,
supoñen un
primeiro paso
para que os
cidadáns poidan
colaborar na
planificación e
control do
sistema
sanitario e
comprometerse co
bo funcionamento
do mesmo, polo
que consideramos
que deben
continuar
reuníndose
periodicamente e
ampliando o
ámbito das súas
competencias.
- As
experiencias de
capacitación dos
cidadáns
supuxeron unha
experiencia
positiva de
colaboración
entre
administración e
axentes sociais
que se deberá
manter para
mellorar a
capacidade de
participación
dos axentes
sociais
6.- Saúde Mental
Segue nunha
situación de
deterioro
inaceptable polo
que pedimos que
de maneira
urxente se
desenvolva o
Plan de Saude
Saúde Mental.
7.- Atención
sociosanitaria
Consideramos
necesario:
- Incrementar as
camas de longo
tratamento e
outros recursos
asistenciais
- Mellorar a
coordinación
entre sistema
sanitario e
socisanitario
Facemos un
chamamento a
todas as
organizacións
sindicais,
profesionais e
cidadás a
subscribir e
apoiar este
acordo para
evitar o
deterioro e a
privatización do
sistema
sanitario
público.
19/05/2009
Plataforma
para a Defensa
da Sanidade
Pública Galega |