|
Diante das
declaracións
realizadas polo
portavoz do
Grupo
Parlamentar do
Partido Popular
de Galicia en
materia de
Sanidade,
Rosendo
Fernández, no
Parlamento de
Galicia,
cualificando o
Plan de Mellora
de Atención
Primaria de
“pufo e
panfleto”,
CIG-Saúde quere
facer as
seguintes
puntualizacións: |

|
-
O Plan de
Mellora,
pese ás
dificultades
e retrasos
na
aplicación
dalgúns
aspectos,
supuxo un
paso moi
importante
para a
Atención
Primaria de
Galicia,
tanto polo
seu contido
como pola
súa
xestación,
xa que naceu
do acordo de
organizacións
Profesionais,
Sindicais e
da
Administración.
-
CIG-Saúde
considera
que neste
momento, no
ecuador do
Plan, é
especialmente
importante
reafirmarse
na
necesidade
da súa
completa
aplicación,
e non
aceptará
recortes nin
cambios que
desvaloricen
ó pactado.
-
As
declaracións
do portavoz
do Partido
Popular son
desmentidas
polo Diario
Oficial de
Galicia onde
son
publicados
os
orzamentos
do Sergas,
nel figuran
as prazas
creadas polo
Plan de
Mellora para
o ano 2009,
e o
orzamento de
cada praza:
|
ORZAMENTO 2009 - 30% do Total do Plan de Mellora |
|
|
CAT. PROFESIONAL |
PRAZAS 6 MESES* |
PRAZAS 4 MESES* |
PRAZAS 3 MESES* |
TOTAL PRAZAS |
CUSTO PRAZAS 6 MESES (€) |
CUSTO PRAZAS 4 MESES (€) |
CUSTO PRAZAS 3 MESES (€) |
CUSTO TOTAL (€) |
|
| |
|
Médicos |
5 |
3 |
86 |
94 |
141.938 |
56.775 |
1.220.664 |
1.419.376 |
|
|
Pediatras |
20 |
|
|
20 |
43.900 |
- |
- |
543.900 |
|
|
DUE |
8 |
3 |
187 |
198 |
131.599 |
32.900 |
1.538.062 |
1.702.560 |
|
|
PSX |
4 |
3 |
32 |
39 |
40.547 |
20.273 |
162.188 |
223.008 |
|
|
Matronas |
10 |
|
|
10 |
166.324 |
- |
- |
166.324 |
|
|
Fisioterapeuta |
4 |
4 |
30 |
38 |
59.927 |
39.952 |
224.728 |
324.607 |
|
|
Odontólogos |
11 |
|
|
11 |
262.143 |
- |
- |
262.143 |
|
|
Hixienistas |
21 |
|
|
21 |
241.459 |
- |
- |
241.459 |
|
|
Tr.Social |
2 |
3 |
18 |
23 |
30.445 |
30.445 |
137.002 |
197.892 |
|
|
Aux.enfermería |
31 |
|
|
31 |
306.059 |
- |
- |
306.059 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
485 |
|
|
|
5.387.328 |
|
|
* |
Prazas consolidadas a partir do 1 de xullo, 1 de setembro e 1 de outubro. |
|
|
Nota: |
Emprégase para os cálculos do custo, o correspondente á categoría orzamentaria máis común en cada categoría profesional. Suponse unha cota patronal da Seguridade Social do 21%. |
|
|
-
É
responsabilidade
da
Administración
a execución
orzamentaria
e polo tanto
é
responsabilidade
do Partido
Popular que
esas prazas,
creadas e
orzamentadas,
se convertan
en
incrementos
reais das
plantillas
dos centros
de Atención
Primaria.
-
De non
facelo así
será o
Partido
Popular o
responsable
de converter
o Plan de
Mellora nun
pufo e nun
panfleto.
-
Neste terreo
non son
validos
criterios
economicistas
a curto
prazo, todo
o que se
invista en
potenciar a
Atención
Primaria
supón un
aforro en
gasto
sanitário a
outros
niveis, e
sobretodo
supón un
“aforro” de
enfermedade,
e polo tanto
de
sufrimento.
-
O Plan de
Mellora da
Atención
Primaria
supón unha
aposta clara
por un tipo
de sanidade
pública,
centrada nas
necesidades
do usuario e
na resposta
mais próxima
a esas
necesidades,
polo que
contempla un
incremento
da
capacidade
de
resolución
de problemas
a este
nivel, e por
incrementar
os servizos
que se
prestan aos
usuarios:
actividades
preventivas,
control de
pacientes
crónicos,
atención a
domicilio,
cirurxía
menor,
control da
anticoagulación
oral (Sintrom),
teledermatoloxía,
realización
de
retinografías,
etc.
-
Para dar
resposta a
estas
necesidades
é para o que
se precisan
os
incrementos
de
plantillas,
polo que o
que está en
xogo é algo
mais que
unhas poucas
prazas mais
no sistema,
o que nos
xogamos e un
modelo de
Atención
Primaria, de
Sanidade
Pública, que
responda ás
necesidades
dos
usuarios.
Compostela, 15
de setembro de
2009 |


|