• INICIO
  • ATENCIÓN PRIMARIA
  • ATENCIÓN HOSPITALARIA
  • OUTRAS NOVAS

QUEN SOMOS?

  • CIG SAÚDE
  • QUEN SOMOS?
  • AFÍLIATE

LIGAZÓNS

  • XUNTA
  • SERGAS
  • CIG
  • CIG SAÚDE

CIG-Saúde:

  • FERROL
  • VIGO
  • A CORUÑA
  • O BARCO
  • MONFORTE
  • LUGO
  • PONTEVEDRA
  • SANTIAGO
  • OURENSE
  • 061
  • AGRUPACIÓN MÉDICA

Últimas noticias

  • Revista CIG Saúde
  • NOVAS SOBRE CONTRATACIÓNS
  • Entrega de sinaturas INCUAL
  • eleccións de destinos
  • LISTAS AUTOMATICAS

Popular

  • CIG SAÚDE
  • AFÍLIATE
  • NOVAS SOBRE CONTRATACIÓNS
  • QUEN SOMOS?
  • permisos e licencias melloras

Procurar

Pais de nenos con autismo denuncian recortes en sanidade.

Venres, 18 Maio 2012 12:58 | Imprimir | Correo-e

AUTISMO_RECORTES

CIG-SAÚDE reclama a retirada do decreto de recortes na sanidade pública.

Xoves, 17 Maio 2012 15:56 | Imprimir | Correo-e

CIG-Saúde reclama na Mesa Sectorial a retirada do decreto de recortes na sanidade pública

Delegados e delegadas concentráronse diante do Sergas para denunciar a pretensión do PP de rematar co modelo sanitario público, universal e gratuíto.

Delegados e delegadas de CIG-Saúde concentráronse este martes diante do edificio do Sergas, en Compostela, para reclamar a retirada do decreto aprobado polo PP en Madrid e trasladado por Feijóo “submisamente” a Galiza. Un decreto que, denuncian, pon en perigo o modelo sanitario público, gratuíto e universal e que terá consecuencias negativas tanto para o persoal como para as usuarias e usuarios. A convocatoria coincidía coa celebración da mesa sectorial na que se tratou precisamente este asunto, entre outros.
12-05-15 concentración CIG-Saúde

Na mesa abordáronse os recortes en sanidade e como afectarán estes ás condicións laborais do persoal; a OPE para 2012, só para facultativos e Especialistas; as instrucións para a aplicación da lei de Medidas en canto ao pagamento das Incapacidades Temporais e a plataforma loxística, que implica a privatización de postos de traballo en subministros, farmacia e demais.

Fronte a isto, a CIG-Saúde reclamou a retirada do Real decreto-Lei por considerar que usurpa competencias exclusivas do goberno galego. “Pretende rematar co modelo de Sanidade Pública universal e gratuíta” explicou a secretaria nacional da federación, María Xosé Abuín, quen denunciou que unha vez que se aplique tamén empeorará “gravemente” as condicións de traballo do persoal.

Para a secretaria nacional tamén é especialmente grave que se elimine a capacidade de negociación da Mesa Sectorial e que a convocatoria da OPE se cinga exclusivamente a facultativos e especialistas. “Teñen que presentar unha convocatoria para cubrir o 100% das prazas, porque do contrario, ao ser insuficiente o persoal verase resentida a calidade da atención”.

Xunto a iso, CIG-Saúde reclamou a recuperación do complemento retributivo até o 100% en Incapacidade Temporal e, aínda que manifestou o seu acordo coa centralización de compras para abaratar custos, rexeitou que esta se faga pola vía de privatizar os postos de traballo.

Abuín lembra ademais que o SERGAS se comprometera a negociar na mesa sectorial as instrucións e adaptalas á realidade do sistema sanitario galego, moi diferenciado do resto da función pública. Porén, lamenta que “non se saíron do guión que traían e foron rexeitando todas as alegacións presentadas”.

En concreto, CIG-Saúde presentou na Mesa Sectorial alegacións para que se regule o permiso do persoal para acudir a consulta médica ou para realizar probas diagnósticas consideradas non invasivas; para que a regularización das nóminas, en caso de I.T. se faga a mes vencido e non como están facendo agora, que preventivamente aplican un desconto das retribucións superior ao que corresponde; que se puidera negociar a posibilidade de descontar da xornada, como día non traballado, a ausencia dun día de traballo por causa de enfermidade, antes de proceder ao desconto da nómina ou a ampliación a e días de prazo a posibilidade de xustificar, con certificado médico, sen mediar parte de IT.

17 de Maio, QUEREMOS GALEGO.

Luns, 14 Maio 2012 19:49 | Imprimir | Correo-e
17 de Maio, Queremos Galego.

415163_10150773271026858_381685036857_11958297_20757851_o

O vindeiro 17 de Maio, Queremos Galego convoca unha vez máis á cidadanía a participar nunha grande mobilización en defensa do galego, ante os ataques que está a sufrir desde o goberno de Feijoo, quen tendo como Presidente da Xunta mandato de defender, por en valor e difundir a nosa lingua, promocionando a súa recuperación, incúmpreo reiteradamente, non só por desidia senón mesmo con accións dirixidas claramente á minimización e desprezo do galego. 

Non podemos ficar calados ante esta afrenta, e por iso é que a Plataforma Queremos Galego decidiu convocar unha manifestación para o xoves 17 de maio, con saída ás 12 hs desde a Alameda de Santiago.
 
Pretendemos que sexa esta unha acción combativa, reivindicativa, mais tamén festiva, a nosa lingua está viva pese a quen lle pese. Denunciemos e paremos os ataques contra o galego festexándoo cunha mobilización masiva.
 

Na Mariña haberá autobuses desde cada localidade, para anotarvos chamade ao 982 140 654 

Listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a puntuación provisional das categorías de Técnicos (1º proceso de inscrición).

Martes, 15 Maio 2012 10:05 | Imprimir | Correo-e

15M_LISTAXES_TCNICOS

CONSULTA O PDF

MODELO DE RECLAMACIÓN

SÚMATE.Concentración o 15 de Maio diante do SERGAS (seguiremos informando...)

Venres, 11 Maio 2012 14:42 | Imprimir | Correo-e

15_SUMATE

Máis artigos...
  • CURSO de Prevención de Riscos Laborais.
  • CIG e ELA levarán perante os tribunais o gobernador do Banco de España e os responsábeis do goberno.
  • O SERGAS incumpre o decreto das listas de agarda.
  • A sanidade privada é máis barata que o seguro dun coche.
  • NOVAS DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS.PREVISIÓNS LISTAXES DE CONTRATACIÓN.
  • A saúde coa educación.Centos de persoas participaron onte en Foz en apoio ao ensino público.

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>


Feed Entries
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org