A
CIG-Saúde e a Federación de Sanidade da CIG; e dicir
ocúpase de tódolos asuntos sindicais que se producen no
Sector da Sanidade.
Como
federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo
de clase e nacionalista, nos que os principios de
solidariedade e acción sindical global e o eixo da nosa
actividade como sindicato.
Ademais os
nosos obxectivos principais como federación de sanidade
establecidos nos
estatutos de
CIG-Saúde son os seguintes:
1) A
defensa do dereito á protección e promoción da saúde
integral das/os galegas/os.
2) A
defensa do carácter de servicio público da atención de
saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario
público, universal, gratuito e de calidade.
3) A loita
contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos
intereses particulares dos diferentes colectivos nunha
concepción sindical global, de clase, e unha acción
común.
4) A
organización, o asesoramento e a defensa das condicións
laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es
do sector sanitario alí onde estean.
Como
podedes observar no nosa web para dar cauce os
léxitimos intereses particulares dos diferentes
colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo,
que ocúpanse de forma especializada dos intereses
exclusivos que lles afectan, é un exemplo de todo isto é
a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais
dos traballadores médicos ante os órganos que
correspondan e poñen en coñecemento do sindicato as
reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun
sindicalismo global, de clase e solidario.
Noutros
colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma
función que as agrupacións e que posibilitan as
propostas sindicais do seu colectivo, nunha alternativa
real e solidaria ós sindicatos coorporativistas e nunha
forma de atende-lo problemas do día a día, que como ben
sabemos moitas veces son os que máis prexuizos e
molestias ocasionan ós traballadores.
No
referente a organización da nosa Federación podemos
resumila da seguinte forma:
1.-Son
órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:
a) O
Congreso
b) O
Consello Federal
c) A Executiva Federal
2.- Son órganos
comarcais de governo da CIG-Saúde:
a)
A Asemblea Comarcal
b)
O Consello Comarcal
3.- Son órganos locais
de governo da CIG-Saúde:
a)
A Asemblea Local
b)
O Consello Local
4.- É órgano
unipersoal da CIG-saúde:
a) A
Secretaría Nacional
b) A
Secretaría Comarcal
c) A
Secretaría Local
|