|
A
afiliación na CIG-Saúde e un acto de compromiso e
solidariedade.
Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas
inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran
parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade
porque a cota sindical que pagas non e a compra dun
servicío senón a contribución desinteresada para o
mantemento da organizacións sindical.
Tamén e un
acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións
e actos convocados polo sindicato sempre que poidas
asumilos.
¿E que
se financia coa túa cota sindical?
Pois a
adquisición de edificios e locais do sindicato, así como
o seu mantemento.
As
campañas de mobilización e concieciación social.
A
contribución a caixa de resistencia que utilízase só en
conflictos longos e duros, e de desgaste económico para
o afiliado de inmensa contía.
Os
servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e
normalización liguística.
Servicios
Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o
Emigrante retornano ou Inmigracion.
E tódolos
aqueles que xere o sindicato pola súa actividade
instituciónal.
Asesoría Xurídica:
A asesoría
xurídica esixe para a súa utilización por parte do
traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o
pago dos mesmos se queres utilizala, nunha médida que
ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e
compromiso colectivo, e non a de interese individual
exclusivo.
Ademais
nas demandas no que o traballador reclama diñeiro o
sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos
reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que
diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso
de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.
|