Principal

DECRETO 200/1993, DO 29 DE XULLO, DE ORDENACIÓN DA ATENCIÓN PRIMARIA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE

GALICIA (1)

(versión consolidada)

(D.O.G. núm.167, do 31 de agosto de 1993)

      

SUMARIO

A atención primaria da saúde na Comunidade autónoma de Galicia organízase funcionalmente en:

Das unidades de atención primaria.

Dos servicios de atención primaria

Da coordinación e dirección.

Do persoal (7).

Da xornada de traballo.

Retribucións.

Participación comunitaria

Da coordinación de niveis.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

 

 

O artigo 33 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de auto­nomía para Galicia, establece que corresponde á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materias de sanidade interior e segu­ridade social, salvo as normas que configuran o réxime económico dela, así coma a execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéu­ticos. Engade este precepto no seu apartado cuar­to que a Comunidade Autónoma poderá organi­zar e administrar, para tales fins e dentro do seu territorio, tódolos servicios relacionados coas materias antes expresadas.

A Lei 14/1986, do 25 de abril (2), xeral de sanidade, estableceu a regulación xeral de tóda­las accións que permiten facer efectivo o dereito á protección da saúde recoñecido no artigo 43 e concordantes da Constitución española. No seu artigo 2 establécese que a dita lei terá condición de norma básica no sentido previsto no artigo 149.1º16 da Constitución e será de aplicación a todo o territorio do Estado, excepto os artigos 31, apartado 1°, letras b) e c), e 57 a 69, que constituirán dereito supletorio naquelas comu­nidades autónomas que teñan dictado normas aplicables na materia que nos ditos preceptos se regula. Engade o apartado dous do artigo 2 que as comunidades autónomas poderán dictar nor­mas de desenvolvemento e complementarias da indicada lei no exercicio das competencias que lles atribúen os correspondentes estatutos de autonomía.

A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro (3), modificada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo, creou o Servi­cio Galego de Saúde, organismo autónomo ads­crito á Consellería de Sanidade, como servicio

de saúde da Comunidade Autónoma, co obxec­tivo de satisface-las necesidades de saúde da poboación e contribuír, mellorar e eleva-lo nivel de saúde dos cidadáns galegos.

Dentro do marco lexislativo antedito é com­petencia da Comunidade Autónoma a ordena­ción da atención primaria da saúde no seu terri­torio, tal e como se pretende levar a cabo no presente decreto.

Historicamente a atención primaria constitúe o primeiro nivel asistencial. Caracterízase por prestar unha asistencia próxima, persoal, conti­nuada no tempo, baseada na confianza mutua entre o médico e o paciente e no coñecemento por parte daquel das características persoais, fa­miliares, laborais e do medio que rodean a per­soa. É por isto que, tamén a este nivel, se trata de realizar e impulsar todas aquelas actividades de mellora, prevención, tratamento e rehabilita­ción que favorezan o pleno desenvolvemento das potencialidades que posúen os individuos.

A atención primaria que se deseña neste de­creto ten como funcións e actividades principais as seguintes:

-A asistencia sanitaria.

-A promoción da saúde, a prevención da enfermidade e a educación sanitaria dos individuos e grupos da comunidade.

-O traballo social no ámbito da saúde.

O traballo, baseado na interrelación e apoio mutuo, é levado a cabo por un grupo multidisci­plinar de profesionais (médicos, enfermeiros, traballadores sociais, etc.) que actúan coordina­damente, tendo como estructura física tanto o centro de saúde/consultorio periférico como o domicilio do enfermo. Para o seu desenvolvemen­to cóntase coa participación da comunidade e das institucións que no seu ámbito existan e coa debida coordinación cos outros niveis e servi­cios sanitarios.

O obxectivo deste decreto de modernización da atención primaria galega é lograr unha aten­ción primaria que reúna os seguintes criterios:

-Alta calidade e garantía de seguridade para os cidadáns.

-Fácil acceso, asegurando a constitución dun­ha unidade de atención primaria en cada muni­cipio e a infraestructura necesaria para o seu desenvolvemento e acercando os medios diag­nósticos e terapéuticos á poboación, así como os especialistas que se consideren necesarios en función de ratios poboacionais e de demanda asistencial.

-Respecto á autonomía e integridade persoal dos pacientes.

-Fomento da unión entre os distintos profe­sionais que actualmente conforman a atención primaria na Comunidade Autónoma, e entre eles e os cidadáns.

-Relación de confianza mutua entre médico e paciente.

-Equilibrada, isto é, que baseándose funda­mentalmente na asistencia ó individuo, sexa ta­mén capaz de actuar sobre a comunidade me­diante a realización de programas de efectivida­de acreditada.

-Definida nunha carteira de servicios como cómputo de actividades que cada unidade ou servicio de aténción primaria oferta ós seus usua­rios; carteira que será de obrigada divulgación entre eles e que constará de, polo menos, un conxunto mínimo de actividades comúns a toda a Comunidade Autónoma.

-Xornada laboral adecuada que abranga as necesidades asistenciais e o necesario descanso dos profesionais.

-Racionalidade na distribución dos recursos e cargas de traballo.

-Baseada na formación continuada dos profe­sionais, que lles permita unha actualización e posta ó día dos seus coñecementos e habilida­des.

Todo isto dentro dun sistema que, a nivel di­rectivo, se orienta á dirección participativa por obxectivos, e, a nivel avaliativo, dirixido funda­mentalmente cara á obtención de resultados.

Non é a única finalidade deste decreto saír do estado de constante provisionalidade no que se atopa sumida a atención primaria en Galicia, realizando só unha reforma laboral e/ou retribu­tiva, senón que se pretende impulsar un proxec­to, que partindo da liberdade de opción e do respecto escrupuloso á situación actual dos pro­fesionais, permita que tódolos implicados ato­pen motivos suficientes para acrecenta-la súa autoestima profesional, mediante a creación dun clima laboral no cal os profesionais teñan o am­biente e as condicións suficientes para o desen­volvemento do seu labor e os incentivos que per­mitan retribuir de xeito adecuado aqueles profe­sionais que traballan máis e mellor sendo capa­ces de asumir retos diferentes.

Para isto, é necesario:

-Un bo sistema de información, no que se in­clúa a tarxeta sanitaria individual, xa en fase de desenvolvemento; (4)

-A introducción de cambios no sistema retri­butivo, co fin de que o número de asegurados e as súas características (idade, dispersión, enfer­mos crónicos, etc.) teñan un efecto máis directo na remuneración.

-Poñer a disposición dos profesionais cantos elementos formativos, de recursos físicos e hu­manos fosen necesarios e posibles.

-En resumo, preténdese unha atención prima­ria humana, próxima, profesionalizada, partici­pativa e de calidade; na que se traballe por obxec­tivos e da que os profesionais se sintan orgullo­sos de desenvolvela e os cidadáns satisfeitos de recibila.

É evidente que unha única norma con rango de decreto non é instrumento legal axeitado nin bastante para recoller tódolos aspectos norma­tivos e demais medidas administrativas necesa­rias para acadar todos e cada un dos fins e obxec­tivos ós que se orienta a atención primaria dese­ñada neste decreto, mais si se pretende que este veña a significa-la definición clara dos pilares bá­sicos sobre os que se sustentará a nova ordena­ción da atención primaria en Galicia.

Unha reforma deste tipo non é doado acadala nun curto espacio temporal, máxime nunha conxuntura económica como a que se está a vi­vir nos momentos iniciais da entrada en vigor do decreto, mais isto non significa que non se fará o máximo esforzo posible para acurta-lo tem­po da súa implantación na totalidade do territo­rio dentro dos obrigados escenarios que anual­mente se conteñan nas respectivas leis de presu­postos da Comunidade Autónoma.

Por último, hai que destacar que este texto normativo froito dun longo período de estudio e avaliación de mais de un ano conseguíu un destacado grao de aceptación e consenso tanto nos interlocutores sindicais (CEMSATSE, CCOO, CSIF, UXT), colexios profesionais do sector e das dúas federacións de provincias e municipios de Galicia (FEGAMP e FCG) e vén supoñer un cambio substancial no xeito de en­tende-1a atención primaria, tanto a súa organi­zación como a utilización dos recursos e as fun­cións que se vaian realizar.

Na súa virtude, por proposta conxunta dos conselleiros de Sanidade e da Presidencia e Ad­ministración Pública, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xullo de mil novecentos noven­ta e tres,

 

DISPOÑO:

1. A atención primaria da saúde na Comunidade autónoma de Galicia organízase funcionalmente en:

 indice^

a) Unidade de Atención Primaria.

b) Servicio de Atención Primaria (5).

O sistema de atención primaria garante a li­bre elección de médico dentro dunha vinculación unipersoal na relación médico-paciente.

 

2. Das unidades de atención primaria.

indice^

l.-A unidade de atención primaria, que sem­pre formará parte dun servicio de atención pri­maria, é a estructura básica para a prestación da atención integral de saúde á poboación.

2.-En cada municipio de Galicia existirá, polo menos, unha unidade de atención primaria que atenderá como máximo a 20.000 persoas.

 3.-Estará composta, polo menos por:

 -Persoal médico.

-Persoal de enfermería.

-Persoal non sanitario e de servicios xerais

 

4.-Na unidade de atención primaria existirá un responsable do seu funcionamento e organiza­ción que actuará como interlocutor ante o xefe do servicio de atencion primaria.

O dito responsable será nomeado polo xeren­te de atención primaria correspondente entre os médicos da unidade, con praza en propiedade como norma xeral, consultados o director médi­co de atención primaria da área e o xefe do ser­vicio de atención primaria onde se atope inte­grada dita unidade.

5.- A unidade de atención primaria, que con­tará co adecuado soporte técnico, realizará as seguintes funcións:

-Promoción da saúde.

-Prevención da enfermidade.

-Asistencia sanitaria.

-Educación para a saúde.

-Traballo na comunidade.

-Xurídico-administrativas.

6.-A situación física da unidade de atención primaria será o centro de saúde e as súas fun­cións desenvolveranse no propio centro e os con­sultores periféricos del dependentes, así como no domicilio do paciente e na comunidade.

 

3. Dos servicios de atención primaria

indice^

l.-O servicio de atención primaria é o nivel organizativo superior de xestión, planificación e apio que integra a unha ou varias unidades de atención primaria.

2.-Os servicios estarán constituídos, como norma xeral, entre un mínimo de 15 profesio­nais e un máximo de 45, incluídos neste cómpu­to os profesionais das unidades integradas en cada servicio.

3.-Cada servicio contará co apoio dos seguin­tes recursos sanitarios:

-Saúde buco-dental.

-Psicoprofilaxe obstétrica. -Saúde mental.

-Pediatría se non a houbese nas unidades de atención primaria.

-Fisioterapia.

-Orientación familiar. -Técnico de saúde.

-Asistencia social.

-Veterinaria.

-Farmacia.

Ademais destes recursos poderán dispoñerse aqueles outros que aconsellen as necesidades sanitarias da poboación.

Os servicios de atención primaria contarán co persoal non sanitario e/ou de servicios xerais necesario para o desenvolvemento das súas fun­cións.

4.-O servicio de atención primaria, que con­tará co adecuado soporte técnico, realizará as seguintes funcións:

-Diagnóstico da saúde.

-Planificación e execución saúde.

-Autoavaliación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

-Programa de garantía de calidade asistencial. -Programas de formación continuada, docen­cia e investigación.

-Planificación e realización de sesións clínicas e organizativas.

-Fixación dos obxectivos anuais.

-Realización da memoria anual do servicio.

-Cubrir e enviar ós órganos do Servicio Gale­go de Saúde a documentación que se solicite para a avaliación das actividades do servicio e o seu rendemento.

-Todas aqueloutras, de análoga natureza, que se determinen co obxecto de conseguir unha mellor atención primaria da poboación.

5.-O servicio de atención primaria estará si­tuado no centro de saúde que pola súa localiza­ción e/ou estructura se considere máis idóneo.

 

4. Da coordinación e dirección.

indice^ 

l.-A coordinación das unidades de atención primaria integradas no servicio de atención pri­maria e a dirección del realízaas o xefe do servi­cio de atención primaria que, ademais das fun­cións asistenciais que lle sexan propias na súa unidade de atención primaria, realizará as se­guintes:

-Distribuír e reparti-las tarefas e responsabili­dades entre tódolos membros do servicio.

- Velar polo cumprimento dos obxectivos e plans de actuación programados polo servicio garantindo o seu cumprimento.

- Harmoniza-los criterios organizativos do conxunto de profesionais sanitarios e non sani­tarios que se recollerán nun regulamento de réxi­me interior, o cal se axustará ás normas básicas que sobre esta materia se dicten.

- Facilitar e posibilita-la consolidación do ser­vicio, así como o diálogo e a comunicación entre os profesionais del.

- Ostenta-la representación do servicio ante a comunidade, as institucións e os servicios sani­tarios e sociais da súa zona.

- Todas aqueloutras que se determinen para a mellor planificación, organización e funciona­mento do servicio.

2.- O xefe do servicio de atención primaria será nomeado polo xerente de atención primaria, consultado o director médico, entre os médicos con praza en propiedade como norma xeral, das unidades de atención primaria mediante o siste­ma de libre designación.

A xerencia de atención primaria, en función do grao de actividade dos distintos servicios de atención primaria dela dependentes, adoptará as medidas pertinentes para que os xefes deles poidan compaxina-las funcións asistenciais e as que se lles encomendan no parágrafo primeiro.

3.-Excepcionalmente, naqueles servicios que polo seu grao de actividade e complexidade or­ganizativa o requiran, a Consellería de Sanida­de poderá nomear ou contratar un xefe do servi­cio con dedicación exclusiva ás funcións de di­rección, organización e xestión.

4.-O servicio de atención primaria contará cun coordinador de enfermería, nomeado polo xe­rente de atención primaria, consultado o direc­tor de enfermería, entre os profesionais de en­fermería con praza en propiedade como norma xeral, das unidades de atención primaria polo sistema de libre designación e que, ademais das súas funcións asistenciais, terá as seguintes:

-Garanti-lo desenvolvemento adecuado das actividades de enfermería.

-Asegura-la elaboración, actualización e ade­cuación de normas, métodos e procedementos de enfermería de atención primaria.

-Promocionar e participar nos programas de formación continuada e reciclaxe do persoal de enfermería.

-Todas aqueloutras que se determinen para o mellor funcionamento das actividades de enfer­mería, dentro do contexto da planificación xeral das funcións e actividades desenvolvidas no co­rrespondente servicio.

 

5. Do persoal (7).

 indice^

1.-A asignación de recursos de persoal sanita­rio ás distintas unidades e servicios farase en función das características sociodemográficas sanitarias da poboación e da carteira de servi­cios.

2.-O acceso ós postos de traballo ós que fai mención este decreto, con excepción do dispos­to no réxime transitorio para os propietarios, efectuarase por concurso oposición. O persoal que acceda por este sistema terá a condición de persoal estatutario.

3.-O persoal que ocupe os postos de traballo das unidades e servicios de atención primaria terá a condición de persoal estatutario de aten­ción primaria do Sergas.

 

6. Da xornada de traballo.

indice^ 

1.-A xornada de traballo do persoal será de 40 horas semanais, sen prexuízo da dedicación que puidese corresponderlle pola participación nas quendas de atención continuada.

2.-O horario de traballo ordinario será de 7 horas continuadas en xornada de mañá, esta­blecéndose a xornada de tarde naqueles centros onde a necesidade asistencial así o demande. Neste último caso terán prioridade á hora de decidi-la súa participación os propietarios por orde de antigüidade. A diferencia entre o hora­rio de traballo ordinario e a xornada semanal dedicarase a funcións complementarias de saú­de pública e/ou atención continuada.

3.-Non obstante, e logo de acordo entre a xe­rencia de atención primaria e os profesionais sanitarios, poderán establecerse prolongacións de xornada e horario para o desenvolvemento e posta en marcha de programas e actividades es­peciais.

4.- A organización da atención continuada faraa o Servicio Galego de Saúde, contando cos profesionais das unidades, mentres non se ins­trumente o plan de urxencias da Comunidade Autónoma (8).

 

7. Retribucións.

 indice^

O sistema retributivo dos postos de traballo de atención primaria ós que fai referencia o pre­sente decreto estará en conformidade co esta­blecido no RDL 3/1987, e aprobarase mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia.

 

8. Participación comunitaria

 indice^

Nas unidades e servicios de atención primaria desenvolveranse e potenciaranse aquelas activi­dades que permitan unha real e efectiva partici­pación comunitaria na consecución dos obxec­tivos do nivel primario de saúde, aténdose ás estructuras de participación definidas na lexis­lación vixente.

 

9. Da coordinación de niveis.

 indice^

Os servicios de atención primaria desenvolve­ran as súas actividades en colaboración e coor­dinación funcional e técnica cos servicios sani­tarios especializados correspondentes.

 

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

 

Primeira.-(9) Con anterioridade á convocato­ria dos procesos de provisión e selección para a cobertura de postos de traballo vacantes, a tó­dolos propietarios de prazas das categorías que a continuación se relacionan ofreceráselle-la po­sibilidade de integrarse no novo sistema de aten­ción primaria:

-Corpo facultativo superior da Xunta de Gali­cia, escala de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médi­cos titulares.

-Médicos estatutarios de zona.

-Médicos xerais dos servicios normais e espe­ciais de urxencias.

-Pediatras estatutarios de zona.

-Odóntologos de cota.

-Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de atención primaria e especiali­zada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares.

-ATS de zona.

-ATS dos servicios normais e especiais de ur­xencias.

-ATS de institucións abertas.

-Fisioterapeutas de institucións abertas.

2.-A oferta de integración será aberta, conti­nua e voluntaria. A integración farase mediante solicitude individual dirixida ó Servicio Galego de Saúde que, en función das necesidades orga­nizativas, posibilidades presupostarias e da maior ou menor demanda dos profesionais dunha de­terminada zona, procederá á súa aprobación.

Resolta a integración, o posto de traballo in­tegrado correspondente quedará incorporado de maneira definitiva ó sistema de atención prima­ria regulado neste decreto, quedando as súas funcións e a cota de titulares do dereito á asis­tencia sanitaria correspondente, cando os hou­bese, integrado no novo sistema.

No que respecta ós funcionarios pertencentes ós corpos facultativos superior e de grao medio da Xunta de Galicia, e sen prexuízo do disposto no artigo 5.3º, manterán o seu actual «estatus» funcionarial inherente á súa pertenza ós referi­dos corpos (10).

3.-Os profesionais que como resultado da súa integración pasen a retribuirse polo sistema pre­visto no RDL 3/1987 e que de acordo co réxime retributivo anterior percibisen en cómputo glo­bal anual unha retribución superior á que lle correspondería pola aplicación do sistema esta­blecido no presente decreto, percibirán un com­plemento persoal de contía igual á diferencia existente entre as mencionadas retribucións, que

non será nin compensable nin absorbible, salvo o disposto nos apartados seguintes:

a.-Este complemento será absorvido polas re­tribucións que puidesen corresponder ó profe­sional cando acceda a postos de traballo de su­perior retribución ó que deu orixe ó antedito complemento.

b.-Así mesmo, este complemento será absor­bido cando se produza incremento das retribu­cións complementarias do persoal afectado, ex­cepto os incrementos retributivos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de presupostos xerais da Comunidade Autóno­ma.

Para efectos do cálculo da compensación a que se refire o parágrafo anterior, non serán compu­tables as cantidades percibidas polo desempeño de traballos de superior nivel ou grupo, ou cal­quera outra cantidade respecto da que a súa asig­nación tivese carácter variable, provisional, tem­poral ou revogable.

4.-Os profesionais que opten por non integrar­se no novo sistema conservarán os seus dereitos individuais e económicos adquiridos, así como as obrigas inherentes á praza que ocupan, de­pendendo funcionalmente do xefe de servicio correspondente. En todo caso poderán partici­par nos concursos anuais a que se refire a dispo­sición adicional, logo da aceptación da oferta de integración. De non opter praza no referido con­curso, manterán o réxime xurídico e retributivo anterior ata a constitución da correspondente unidade de atención primaria.

Cando a Administración procedese a calquera reordenación dos continxentes de titulares asig­nados ós profesionais que teñan optado pola non integración, non efectuará ningunha reasigna­ción deles que comporte para aqueles facultati­vos de medicina xeral, con nomeamento en pro­piedade, unha reducción inferior a 1.250 carti­llas sempre que á entrada en vigor do presente decreto acreditasen un número superior.

Como consecuencia do parágrafo anterior e en coherencia coa estructura das pirámides asis­tenciais subsistentes, garantiranse, nos mesmos termos, as seguintes situacións:

a.-Un número de 2.500 cartillas ós practican­tes-ATS de zona, con nomeamento en propie­dade, que visen reordenado o seu continxente, sempre que no momento da entrada en vigor deste decreto acreditasen un número superior.

b.-Un número de 3.750 cartillas ós pediatras­puericultores de zona, con nomeamento en pro­piedade, que visen reordenado o seu contixente, sempre que no momento da entrada en vigor do presente decreto acreditasen un número supe­rior.

c.-Un número de 19.000 cartillas ós facultati­vos especialistas de cota de tocoloxía e odonto­loxía, con nomeamento en propiedade, que vi­sen reordenado o seu continxente, sempre que no momento da entrada en vigor do presente decreto acreditasen un número superior.

d.-Ós colectivos que non acadasen respectiva­mente estas cifras, a Administración non lles rea­lizará reasignación de titulares que implique re­ducción.

O establecido na presente disposición transi­toria enténdese sen prexuízo do previsto na dis­posición transitoria segunda da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma. Para tal efecto e con independencia do grao de desenvolvemento en que se encontre o novo sis­tema de atención primaria deseñado polo pre­sente decreto, levaranse a cabo as previsións da dita lei, para garanti-la posibilidade de acceder á condición de funcionario, estrictamente, ó per­soal comprendido no ámbito de aplicación da súa disposición transitoria segunda.

Segunda.-As vacantes que deixen os propieta­rios que actualmente prestan servicio no ámbito da atención primaria como consecuencia do con­curso de traslados, así como as vacantes ocupa­das por persoal interino e calquera outra vacan­te que se produza no mesmo ámbito na Comu­nidade Autónoma, pasarán a ser postos de tra­ballo do novo sistema, sen prexuízo de que, con carácter temporal, se manteña o réxime xurídi­co e retributivo anterior ata a constitución da correspondente unidade de atención primaria.

O persoal que no momento da constitución dunha unidade de atención primaria desenvol­va as súas funcións con nomeamento interino integrarase automaticamente naquela, e seran­lle de aplicación as previsións contidas neste

decreto, sen prexuízo de mante-la súa condición de interino.

Terceira.-Mentres non se produza a transfe­rencia das compencias sanitarias do Instituto Social da Mariña, facultarase a integración fun­cional do seu persoal mediante convenios entre os responsables do Servicio Galego de Saúde e do Instituto Social da Mariña.

Cuarta.- 1. O Consello da Xunta de Galicia regulará o réxime xuridico das prazas de enfer­mería obstétrico-xinecolóxicas (matronas) no ámbito da atención primaria da saúde, determi­nando os ámbitos funcional e territorial propios da súa prestación de servicios e incluíndo na dita regulación ós postos de traballo actualmente per­tencentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de matronas titulares.

2. Con posterioridade á citada reestructura­ción e ofertándose os postos de traballo resul­tantes dela, realizarase o concurso previsto na disposición transitoria quinta da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

 

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 indice^

Primeira.-Finalizados os procesos a que se re­firen as disposicións transitorias anteriores, pro­cederase a efectua-las convocatorias de provisión e selección das prazas vacantes do sistema de atención primaria regulado neste decreto.

O concurso de traslado convocarase con ca­rácter anual.

Segunda.-Os actuais equipos de atención pri­maria adaptaranse ás previsións do presente de­creto.

Terceira.-A ordenación da atención primaria prevista neste decreto levarase a cabo de acordo coas dotacións que anualmente se consignen nas respectivas leis de presupostos xerais da Comu­nidade Autónoma de Galicia.

 

DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS

indice^

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no pre­sente decreto, e, expresamente derrogados:

-O Decreto 40/1985, do 21 de marzo, polo que se aproba a regulación da atención primaria da saúde na Comunidade Autónoma de Galicia.

-A Orde do 3 de abril de 1989 pola que se pola que se regula a integración dos funcionarios dos corpos médicos e practicantes da sanidade local nos equipos de saúde.

 

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

indice^

 l.- Autorízase a Consellería de Sanidade para regula a integración dos funcionarios dos cor- dicta-las ordes e adopta-las medidas necesarias pos médicos e practicantes da sanidade local nos para o desenvolvemento e execución do presente decreto (11

2.- O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no D.O.G).

 

(1) Modificado polo Decreto 161/1996 , do 25 dedo 25 de abril

(2) A Lei 14/1986 pódese consultar na súa versión consolidada no § 3.

.(3) Véxase o artigo 1 da Lei 1/1989 no § 34. abril.

(4) Véxase o Decreto 177/1995, do 16 de xuño, polo que se regula a tarxeta sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia no § 172, e a Orde do 12 de xullo de 1995 que o desenvolve no § 173.

(5) O réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria atópase regulado no Decreto 226/1996, do 25 de abril, recollido no § 136.

(6) Véxase o Decreto 160/1996, do 25 de abril, de configuración e introducción no Estatuto de persoal non sanitario de institucións sanitarias da Seguridade Social da categoría de persoal de servicios xerais no § 93, así como a Orde do 8 de novembro de 1996, que desenvolve determinadas materias da súa regulamen­tación no § 140.

 (7) Véxase o Decreto 186/1997, do 3 de xullo, polo que se regulan os procesos de provisión de prazas e selección de persoal estatutario no ámbito da aten­ción primaria do Servicio Galego de Saúde como con­secuencia da posta en funcionamento da ordenación da atención primaria deseñada polo Decreto 200/ 1993, do 29 de xullo, modificado polo Decreto 161/ 1996, do 25 de abril, no § 114

(8) Véxase o Decreto 172/1995, do 18 de maio, polo que se aproba o Plan de Urxencias Extrahospitalarias da Comunidade Autónoma de Galicia no § 188.

(9) Véxase o artigo 1º do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria no § 136

(10) Véxase a Orde do 30 de maio de 1996, pola que se sistematiza o réxime xurídico do persoal pertencente ás clases de médicos e practicantes titulares como consecuencia da posta en funcionamento do novo modelo de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia no § 101.

(11) Véxase a Orde do 30 de setembro de 1994, pola Véxase así mesmo a Orde do 26 de agosto de 1996, que se sistematiza o réxime xurídico aplicable ós pola que se precisa a efectividade económica do novo nomeamentos do persoal interino e substituto das cla- modelo retributivo das unidades e servicios de aten­ses de médicos, practicantes e matronas titulares no § ción primaria establecido no Decreto 226/1996, do 122.       25 de abril, no § 136.

indice^

Comarcas CIG

Agrupacións con web

 

Reservados tódolos dereitos a Cig-saúde

Avda/ gregorio espino Nº 47 (Vigo)