Principal

DECRETO 226/1996, DO 25 DE ABRIL, POLO QUE SE REGULA O RÉXIME RE­TRIBUTIVO DO PERSOAL DAS UNIDA­DES E SERVICIOS DE ATENCIÓN PRIMARIA

(D.O.G. núm. 114, do 11 de xuño de 1996)

     

SUMARIO

1.    Ámbito de aplicación.

2.    Réxime retributivo.

3.    Retribucións básicas.

4.    Complemento de destino.

5.    Complemento específico.

6.    Complemento de PRD.

7.    Complemento de productividade.

8. Complemento de atención continuada.

9. Complemento persoal.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

DISPOSICIÓN ADICIONAL

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

  

• artigo 7 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria de Galicia, dispón que o sistema retributivo dos postos de traballo da atención primaria estará en conformidade co establecido no Real decre­to-lei 3/1987 e se aprobará mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia.

precepto explicita, pois, a necesaria adecua­ción do sistema retributivo que se determine para o persoal afectado, á norma básica de carácter retributivo aplicable a todo o sistema nacional de saúde.

Por adecuación ó sistema básico do Decreto­Lei 3/1987, debe entenderse a súa harmoniza­ción coa estructura retributiva que este estable­ce e as limitacións que dispón para determina­dos conceptos retributivos. Pero tal harmoniza­ción non impide que se poida caracterizar de xeito idóneo concretos conceptos retributivos, a través da súa precisa pormenorización ou de­senvolvemento.

nesta procura resulta razoable, dentro do marco aludido, establecer un sistema retributi­vo que mesture características diversas, desde as puramente salariais en conceptos como o soldo, complemento de destino e complemento espe­cifico, as por capitación en función do número e características da poboación asistida e o medio onde o profesional exerza o seu labor, con outras, finalmente, vinculadas á calidade do acto sani­tario obxectivamente mensurable ou a outros parámetros que estableza o Servicio Galego de Saúde.

Igualmente, como resultado da integración no novo sistema, que contempla a citada norma de ordenación na súa disposición transitoria primei­ra, apartado dous, como aberta, continua e vo­luntaria, a mesma disposición transitoria, no seu apartado tres, prevé, para os profesionais fixos que se integren, a asignación dun complemento

persoal que compense as diferencias existentes entre as retribucións que acrediten na súa praza e as correspondentes ó novo sistema.

Con respecto ás regras xerais sobre absorción do mencionado complemento persoal que refire o decreto, resulta necesario proceder á configu­ración de tal complemento co desenvolvemento das súas características, en atención ós seus ali­cerces. E deles resulta primordial o relativo a que a integración da praza, en tódolos casos, deriva dun acto voluntario do profesional, libremente consentido por el e nunca dun cambio normati­vo imposto pola Administración.

E deste esencial predicado do acto de integra­ción colíxense as notas definidoras do comple­mento persoal: a súa inherencia á praza integra­da e á necesaria atención no seu cálculo ás retri­bucións, en cómputo anual, que correspondan ó profesional integrado e ás relativas ó novo sis­tema, como imprescindible corolario dun posi­cionamento de equidade, consistente na com­paración de absolutos retributivos, entre un sis­tema que voluntariamente se abandona e outro ó que se accede pola determinación desa mesma vontade.

No que concirne ós profesionais actualmente adscritos ós equipos de atención primaria, que non teñen a posibilidade de canaliza-lo acto de integración coas características indicadas, ó per­tencer xa en puridade ó novo sistema, resulta razoable e equitativo o establecemento tamén para eles do aludido complemento persoal, de experimentar diferencias retributivas por aplica­ción das especificacións do presente sistema.

Na súa virtude e tralo proceso negociador coas organizacións sindicais presentes na mesa sec­torial de persoal sanitario, por proposta da Con­sellería de Sanidade e Servicios Sociais e logo de informe das consellerías da Presidencia e Admi­nistración Pública e de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Gali­cia, na súa reunión do día vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis,

 

DISPOÑO:

 

1.    Ámbito de aplicación.

 indice^

As disposicións contidas no presente decreto serán de aplicación ó persoal estatutario adscri­to ás unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/ 1993, do 29 de xullo, de ordenación da aten­ción primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó persoal da clase de funciona­rios sanitarios locais e profesionais de cota e zona que se integre neles de conformidade co previs­to nas disposicións transitorias primeira e segun­da do devandito decreto (1).

 

2.    Réxime retributivo.

indice^ 

O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente norma será remunerado de confor­midade co réxime retributivo contido no Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro, e perci­birá os conceptos retributivos correspondentes coas especificacións e condicións que se reco­llen no presente decreto.

 

3.   Retribucións básicas.

indice^ 

As retribucións básicas do persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición son as previstas no apartado dous do artigo 2 do Real decreto-lei 3/1987 (2), e percibiranse nas con­tías vixentes nesta Comunidade Autónoma segundo o correspondente grupo de clasificación.

 

4. Complemento de destino.

indice^ 

O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición percibirá o complemen­to de destino ó que fai referencia o apartado tres a) do artigo 2 do Real decreto-lei 3/1987, de conformidade coa asignación de nivel e contía que corresponda á súa categoría ou posto de tra­ballo consonte a normativa vixente de xeral apli­cación ó persoal estatutario dependente das ins­titucións sanitarias de atención primaria do Ser­vicio Galego de Saúde.

5. Complemento específico.

 indice^

 

1. O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición percibirá o complemen­to específico asignado ó posto de traballo que desempeñe, de conformidade co disposto no apartado tres b) do artigo 2 do Real decreto-lei 3/1987.

2. O antedito concepto retributivo percibira­se nas contías actualmente vixentes para os pos­tos de traballo do persoal estatutario de aten­ción primaria do Sergas, e con suxeición á nor­mativa de pertinente aplicación nesta materia no ámbito da Comunidade Autónoma de Gali­cia, sinaladamente o Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro (3).

 

6.     Complemento de PRD.

indice^ 

 

O citado complemento retributivo percibirase contías actualmente vixentes, polas categorías de persoal non sanitario, técnicos especialistas e a de auxiliares de enfermería, destinado nas uni­dades ou servicios de atención primaria. Así mesmo será percibido, na actual contía, pola categoría de técnicos de saúde con destino neste nivel de atención.

Excepciónase de aplicación da medida ante­rior a categoría profesional de asistentes sociais, as retribucións dos cales aparecen afectadas po­las especificacións contempladas no presente decreto.

 

7.     Complemento de productividade.

indice^ 

 

1. O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición poderá percibi-lo comple­mento de productividade previsto no apartado tres c) do Real decreto-lei 3/1987 (4).

2. A asignación de remuneracións por este con­cepto retributivo realizarase conforme os facto­res e criterios que se indican a seguir:

a) Factor fixo: dentro deste apartado, o con­cepto retributivo percibirao o persoal integrado nas unidades de atención primaria que se indica nos anexos, en función das modalidades que, a continuación, se sinalan:

Modalidade A.- En función do número de ti­tulares á asistencia sanitaria adscritos ó profe­sional ou á unidade, segundo o caso.

Modalidade B.- En función do número de ti­tulares á asistencia sanitaria adscritos ó profe­sional ou á unidade, segundo o caso, que teñan a condición de pensionistas.

Modalidade C.- Pola prestación de asistencia pediátrica a cargo do facultativo xeneralista.

Modalidade D.- Polo desempeño de postos de traballo nos que, pola súas características demográficas, se considere que concorra un grao de despoboación que impida ós profesionais a adscrición dun número mínimo predetermina­do de titulares do dereito á asistencia sanitaria.

De concorrer tal circunstancia, aseguraráselle ó médico xeral afectado os emolumentos por capitación correspondentes a un número de 1.050 cartillas.

Modalidade E.- En función do grao de disper­sión xeográfica da poboación asistida, de acor­do cos criterios, porcentaxes e/ou factores de cálculo que se especifican nos anexos respecto das categorías afectadas.

Modalidade F.- Polo desempeño de postos de traballo situados en localidades consideradas como especialmente illadas, tendo en conta a súa distancia respecto das grandes cidades ou núcleos de poboación importantes e dos centros hospitalarios correspondentes, sempre que o tra­ballador acredite residir na devandita localida­de.

Considéranse, para estes efectos, como localida­des incursas na devandita condición as que se determinen nas disposicións que desenvolvan o presente decreto.

Modalidade G.- Polo desempeño de postos de traballo en condicións de soidade, que se enten­derá como aquela circunstancia en que se dea a inexistencia doutro médico xeral ou profesional ATS/DUE que preste servicios no mesmo con­cello.

Modalidade H.- Por ostenta-las xefaturas de unidade ou servicio ou outros cargos de respon­sabilidade no ámbito da atención primaria.

Modalidade I.- Polo desempeño de prazas da especialidade de pediatría ou da categoría de odontoloxía.

Nos citados anexos recóllense, respecto ó per­soal afectado, os importes e as especificacións pertinentes, que concirnen ás devanditas moda­lidades.

c) Factor variable:

1. A asignación individual de contías que, por este concepto, poidan corresponder a cada traba­llador realizarase en función do cumprimento dos obxectivos prefixados polo Servicio Galego de Saúde.

2. O persoal ó que se fai referencia nos anexos do decreto (5), que desempeña postos de traba­llo nas unidades de atención primaria, será re­munerado por este concepto tendo en conta, tanto os niveis de calidade acadados e a ampli­tude da oferta de servicios, segundo as necesi­dades de cada unidade de atención primaria, como calquera outro parámetro que fixe anual­mente o Servicio Galego de Saúde.

A fixación dos criterios, pautas ou ambos para a determinación dos obxectivos dos que se deri­ve a percepción do citado complemento, será efectuada polo Servicio Galego de Saúde, logo de negociación coas centrais sindicais e coa ga­rantía, en todo caso, do preciso e pormenoriza­do coñecemento de tales obxectivos polo persoal afectado.

Establécese, así mesmo, que as cantidades que per­ciba cada persoa por este concepto serán de coñece­mento público do persoal da Institución Sanitaria onde preste servicios, así como dos representantes sindicais.

Para os efectos sinalados neste apartado 2, o Servicio Galego de Saúde adoptará as medidas oportunas para garanti-la asignación de recur­sos correspondentes a este concepto retributivo, de xeito que poida manterse polo menos a con­tía acadada no primeiro exercicio de vixencia da presente disposición.

3. As contías percibidas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún dereito individual respec­to a períodos sucesivos.

Terceiro.- Anualmente as respectivas xerencias de atención primaria poderanse establecer, logo de acordo cos profesionais, prolongacións de xornada fóra do horario normativamente esta­blecido, nas condicións e contías que, dentro das dispoñibilidades orzamentarias, acorde o Servi­cio Galego de Saúde.

 

8. Complemento de atención continuada.

indice^ 

A cobertura da atención urxente extrahospi­talaria prevista no Decreto 172/1995, do 18 de maio, polo que se aproba o Plan de Urxencias Extrahospitalarias da Comunidade Autónoma de Galicia, remunerarase mediante o complemen­to de atención continuada, de conformidade co establecido no apartado tres d) do Real decreto­lei 3/1987 (6).

Os perceptores, módulos e contías corres­pondentes a este concepto retributivo serán os establecidos no artigo 10º do citado Decreto 172/ 1995, do 18 de agosto, e disposicións que o com­plementen (7).

 

9. Complemento persoal.

 indice^

1. Os profesionais fixos, con destino definiti­vo, que pasen a ser retribuídos polo sistema pre­visto no presente decreto e que, de acordo co réxime retributivo anterior, percibisen, en cóm­puto global anual, unha retribución superior á que lle correspondería pola aplicación do pre­sente sistema, terán asignado un complemento persoal consistente na diferencia entre as devan­ditas retribucións.

2. Para efectos do cálculo do complemento persoal consideraranse os seguintes conceptos retributivos do anterior e actual sistema, respec­tivamente:

a) Computaranse, como remuneracións do anterior sistema dos funcionarios sanitarios lo­cais, as retribucións básicas que lles correspon­dan pola súa condición de funcionarios, así como os conceptos retributivos derivados da cota de asegurados que teñan adscrita. Excluiranse do cómputo os conceptos retributivos que teñan a súa orixe na permanencia dos profesionais, como trienios e premios de antigüidade, así como as contías que se viñesen percibindo polo desem­peño de prazas acumuladas e, finalmente, o com­plemento por urxencias e pediatría.

b) Computaranse, como remuneracións do anterior sistema dos profesionais estatutarios de cota e zona, os conceptos retributivos que ve­ñan percibindo polo desempeño da praza para a que ostentan nomeamento. Excluirase do cóm­puto os conceptos retributivos que teñan a súa orixe na permanencia dos profesionais, como trienios e premios de antigüidade, así como as contías que se viñesen percibindo polo desem­peño de prazas acumuladas e, finalmente, o com­plemento por urxencias e pediatría.

c) Computaranse, como remuneracións do anterior sistema dos profesionais xa remunera­dos anteriormente polo Real decreto-lei 3/1987, os conceptos retributivos que viñan percibindo con exclusión dos premios de antigüidade e trie­nios e o complemento de atención continuada, modalidade B).

Ademais, quedarán excluídos dos cómputos mencionados nos apartados a), b) e c) anterio­res aquelas retribucións que teñan o carácter de excepcionais, transitorias ou revogables.

d) Computaranse, como emolumentos do novo sistema, a totalidade das retribucións bási­cas e complementarias que lle corresponda per­cibir ó traballador polo desempeño da praza in­tegrada ás que se fai referencia nos precedentes artigos 3, 4, 5, 6 e 7.

3. O complemento persoal experimentará as revalorizacións anuais na porcentaxe estableci­do incluso fóra da xornada establecida. nas leis de presupostos xerais da Comunida­de Autónoma.

4. O citado complemento persoal será absor­bido cando se produza incremento nas retribu­cións complementarias do persoal afectado, sem­pre que o aumento nas devanditas retribucións non derive dos incrementos retributivos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspon­dentes leis de presupostos xerais da Comunida­de Autónoma.

5. O dereito ó percibo do complemento per­soal extinguirase no suposto de que o traballa­dor pase a desempeñar voluntariamente unha praza distinta daquela na que se integrou.

Manterase a percepción do citado complemen­to no caso de desempeño de postos de traballo de xefe de unidade de atención primaria, xefe de servicio de atención primaria e de coordina­dor de enfermería, ou cargos similares de res­ponsabilidade, con funcións asistenciais, no ámbito da atención primaria.

No caso de que se desempeñen postos directi­vos nas entidades dependentes do Servicio Ga­lego de Saúde ou do resto do sistema nacional de saúde, non se extinguirá o referido comple­mento. Neste suposto o aboamento do comple­mento persoal suspenderase entrementres con­tinúe o traballador no desempeño do posto di­rectivo e reemprenderase no momento en que o traballador retorne ó posto de traballo ó que accedeu como consecuencia da integración, sen que poida mediar desempeño de posto de traba­llo ningún de distinto carácter ós sinalados nes­te parágrafo.

 

10. A categoría estatutaria de persoal de “ser­vicios xerais”, integrante das categorías de per­soal non sanitario que presta servicios nas uni­dades de atención primaria (8), percibirá os con­ceptos retributivos que se especifican nos anexos (9).

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

indice^ 

 

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no pre­sente decreto.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

indice^ 

Primeira.- Os emolumentos que, polo concep­to retributivo de productividade fixa, se estable­cen nesta norma, para as categorías de médico pediatra e odontólogo, teñen a consideración de provisionais, mentres non se poña en funciona­mento no ámbito da Comunidade Autónoma a tarxeta individual sanitaria (TIS). Nese intre, adaptarase á consideración e incidencia da TIS as modalidades afectadas do aludido concepto que correspondan a esas categorías.

A adopción e posta en marcha da TIS poderá afectar igualmente a determinados emolumen­tos, por este concepto retributivo, doutras cate­gorías de persoal. Neste caso procederase ás adaptacións pertinentes das modalidades que correspondan, a que dea lugar a consideración e incidencia da indicada TIS.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

indice^ 

As previsións contidas neste decreto levaran­se a cabo de acordo coas dotacións que anual­mente se consignen nas respectivas leis de pre­supostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

 indice^

Primeira.- Autorízase a Consellería de Sani­dade e Servicios Sociais para dicta-las disposi­cións e adopta-las medidas necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decre­to. O sistema retributivo previsto nel só se fará efectivo coa adopción das medidas de execución e desenvolvemento que dicte a consellería (10). 

Segunda.- Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa Publicación no Diario Oficial de Galicia

 

(1) O Decreto 200/1993 pódese consultar no § 186.

(2) O apartado 2 do Real decreto-lei 3/1987, esta­blece que son retribucións básicas:

a) O soldo, que será igual para todo o persoal de cada un dos grupos de clasificación a que se refire o artigo 3º.

b) Os trienios, consistentes nunha cantidade igual para cada un dos grupos de clasificación, por cada tres anos de servicios.

c) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano por un importe mínimo cada unha delas, dunha men­sualidade de soldo e trienios, devengaranse nos meses de xuño e decembro.

(3) Véxase o decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do comple­mento específico para o persoal estatutario do Servi­cio Galego de Saúde e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.

(4) O Real decreto-lei 3/1987 inclúe entre as retri­bucións complementarias o complemento de produc­tividade, destinado á remuneración de especial rendi­mento, o interés ou a iniciativa do titular do posto, así como a súa participación en programas ou actua­cións concretas. A determinación individual da súa cuantía efectuarase dentro das dotacións presuposta­rias previamente acordadas e de conformidade coa normativa vixente.

 

(5) Os anexos do presente decreto pódense consultar na páxina 5.655 e seguintes do D.O.G. nº 114, do 11 de xuño de 1996.

(6) O apartado tres d) do Real decreto-lei 3/1987, establece que o complemento de atención continuada é o destinado á remuneración do persoal para atender ós usuarios dos servicios de saúde de xeito continua­

(7) O Decreto 172/1995, do 18 de maio, polo que se aproba o Plan de Urxencias Extrahospitalarias da Comunidade Autónoma de Galicia   delo retributivo das unidades e servicios de atención

que se precisa a efectividade económica do novo mo-                              primaria establecido no presente decreto no § 139.

.

 (8) Téñanse en conta o Decreto 160/1996, do 25 de abril, de configuración e introducción no Estatuto de persoal non sanitario de institucións sanitarias da Se­guridade Social da categoría de persoal de servicios xerais no § 93, e a orde do 8 de novembro de 1996, pola que se desenvolven determinadas materias da re­gulamentación da dita categoría no § 140.

(9) Os anexos do presente decreto pódense consultar na páxina 5.655 e seguintes do D.O.G. nº 114, do 11 de xuño de 1996.

 

 

(10) Véxase a Orde do 26 de agosto de 1996, pola que se precisa a efectividade económica do novo modelo retributivo das unidades e servicios de atención primaria establecido no presente decreto

indice^

Comarcas CIG

Agrupacións con web

 

Reservados tódolos dereitos a Cig-saúde

Avda/ gregorio espino Nº 47 (Vigo)