LEI ORGÁNICA DE LIBERDADE SINDICAL
(Lei 11/1985, do 2 de agosto, BOE 08.08.1985)

ÍNDICE
TÍTULO
PRIMEIRO
Da liberdade sindical
TÍTULO
SEGUNDO
Do réxime xurídico sindical
TÍTULO
TERCEIRO
Da representatividade sindical
TÍTULO
CUARTO
Da acción sindical
TÍTULO QUINTO
Da tutela da liberdade sindical e represión das conductas antisindicais
DISPOSICIÓNS
ADICIONAIS
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
DISPOSICIÓNS
FINAIS
TÍTULO PRIMEIRO
Da liberdade sindical
indice^
1.
1. Todos os traballadores teñen dereito a
sindicárense libremente para a promoción e
defensa dos seus intereses económicos e sociais.
2. Para os efectos desta
Lei, considéranse traballadores tanto aqueles que sexan suxeitos dunha relación laboral como aqueles que o
sexan dunha relación de carácter administrativo ou estatutario ao servicio das
Administracións Públicas.
3. Quedan exceptuados do
exercicio deste dereito os membros das Forzas Armadas e dos Institutos Armados
de carácter militar.
4.
De acordo co establecido no artigo 127.1 da Constitución, os Xuíces, Maxistrados
e Fiscais non poderán pertencer a sindicato ningún mentres estean en activo.
5. O exercicio do
dereito de sindicación dos membros de Corpos e Forzas de Seguridade que non teñan carácter
militar rexerase pola súa normativa específica, dado o carácter armado e a organización
xerarquizada destes Institutos.
2.1. A liberdade sindical
comprende:
a) O dereito a fundar
sindicatos sen autorización previa, así como o dereito a suspendelos ou extinguilos, por
procedementos democráticos.
b) O dereito do traballador
a afiliarse ao sindicato da súa elección, coa única condición de observar os estatutos deste, ou a separarse do que estivese afiliado, non
podendo ninguén ser obrigado a
afiliarse a un sindicato.
c) O dereito dos
afiliados a elixiren libremente os seus representantes dentro de cada sindicato.
d) O dereito á actividade
sindical.
2. As organizacións
sindicais no exercicio da liberdade sindical teñen dereito a:
a) Redactar os seus
estatutos e regulamentos, organizar a súa administración interna e as súas actividades e
formular o seu programa de acción.
b) Constituír federacións,
confederacións e organizacións internacionais, así como afiliarse a elas e retirarse destas.
c) Non ser suspendidas
nin disoltas senón mediante resolución firme da Autoridade Xudicial, fundada en incumprimento grave das leis.
d) O exercicio da actividade
sindical na empresa ou fóra dela, que comprenderá, en todo caso, o dereito á
negociación colectiva, o exercicio do dereito de folga, a presentación de
conflictos individuais e colectivos e a presentación de candidaturas para a
elección dos Comités de Empresa e Delegados de
Persoal, e dos correspondentes órganos das Administracións Públicas, nos termos previstos nas normas correspondentes.
3.1. Malia o establecido no artigo 1º.2, os traballadores por conta propia que
non teñan traballadores ao
seu servicio, os traballadores en paro e os que cesasen na súa actividade laboral, como
consecuencia da súa incapacidade ou xubilación, poderán afiliarse ás
organizacións sindicais constituídas consonte ao exposto nesta Lei, pero non
fundar sindicatos
que teñan precisamente por obxecto a tutela dos seus intereses singulares, sen
prexuízo da súa capacidade para constituír asociacións ao abeiro da lexislación
específica. 2. Quen posúa cargos directivos ou de representación no sindicato ao
que estea afiliado non poderá desempeñar, ao mesmo tempo, nas
Administracións Públicas cargos de libre designación de categoría de Director Xeral ou
asimilados, así como calquera outro de rango superior.
TÍTULO II
Do réxime xurídico
sindical
indice^
4.1. Os sindicatos constituídos ao abeiro desta Lei, para adquiriren a
personalidade xurídica e plena capacidade
de obrar, deberán depositar, por medio dos seus promotores ou dirixentes, os
seus estatutos na oficina pública establecida para o efecto. 2. As normas
estatutarias conterán, cando menos:
a) A denominación da
organización, que non poderá coincidir nin inducir a confusión con outra legalmente
rexistrada.
b)
O domicilio e ámbito territorial e funcional de actuación do sindicato.
c) Os órganos de
representación, goberno e administración e o seu funcionamento, así como o réxime de provisión electiva dos seus
cargos, que terán que axustarse a principios
democráticos.
d) Os requisitos e
procedementos para a adquisición e perda da condición de afiliados, así como o réxime de modificación de estatutos, de fusión e disolución do
sindicato.
e) O réxime económico da
organización que estableza o carácter, procedencia e destino dos seus recursos, así
como os medios que lles permitan aos afiliados coñeceren a situación económica.
3. A oficina pública
disporá, no prazo de dez días, a publicidade do depósito e o requirimento aos seus
promotores, por unha soa vez, para que no prazo máximo doutros dez días emenden os defectos observados.
Transcorrido este prazo, a oficina pública disporá a publicidade ou rexeitará o
depósito mediante resolución exclusivamente fundada na carencia dalgún dos
requisitos mínimos a que se refire o número anterior.
4. A oficina pública
dará publicidade ao depósito no seu taboleiro de anuncios, no Boletín Oficial
correspondente indicando, cando menos, a denominación, o ámbito territorial e
funcional, a identificación dos promotores e asinantes da acta de constitución
do sindicato. A inserción nos respectivos boletíns será disposta pola oficina
pública no prazo de dez días e terá carácter gratuíto.
5. Calquera persoa
estará facultada para examinar os estatutos depositados, debendo ademais a oficina
facilitar a quen así o solicite copia autentificada destes. 6. Tanto a Autoridade Pública, como quen
acredite un interese directo, persoal e lexítimo, poderá promover perante a
Autoridade Xudicial a declaración de non conformidade a dereito de calquera
estatutos que fosen obxecto de depósito e publicación. 7. O sindicato adquirirá
personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, transcorridos vinte días
hábiles desde o depósito dos estatutos.
8.
A modificación dos estatutos das organizacións sindicais xa constituídas
axustarase ao mesmo procedemento de depósito e publicidade regulado neste
artigo.
5. 1. Os sindicatos
constituídos ao abeiro desta Lei responderán polos actos ou acordos
adoptados polos seus órganos estatutarios na esfera das súas respectivas
competencias. 2. O sindicato non
responderá por actos individuais dos seus afiliados, agás aqueles que se
produzan no exercicio regular das funcións representativas e se probe que os
ditos afiliados actuaban por conta do sindicato.
3.
As cotas sindicais non poderán ser obxecto de embargo.
4. Os sindicatos
constituídos ao abeiro desta Lei poderán beneficiarse das exencións e bonificacións fiscais que legalmente se
establezan.
TÍTULO III
Da representatividade
sindical
indice^
6.1. A maior
representatividade sindical recoñecida a determinados sindicatos confírelles
unha singular posición xurídica para efectos tanto de participación
institucional como de acción sindical.
2.
Terán a consideración de sindicatos máis representativos a nivel estatal:
a) Os que acrediten unha
especial audiencia, expresada na obtención, no dito ámbito, do 10
por 100 ou máis do total de delegados de persoal, dos membros dos comités de
empresa e dos correspondentes órganos das Administracións Públicas.
b) Os sindicatos ou
entes sindicais, afiliados, federados ou confederados a unha organización sindical de ámbito
estatal que teña a consideración de máis representativa de acordo co previsto na letra
a).
3. As organizacións que
teñan a consideración de sindicato máis representativo segundo o
número anterior gozarán de capacidade representativa a todos os niveis
territoriais e funcionais para:
a) Posuír representación
institucional ante as Administracións públicas ou outras entidades e organismos de carácter estatal ou de Comunidade Autónoma que a teñan
prevista. b) A negociación colectiva,
nos termos previstos no Estatuto dos Traballadores.
c) Participar como
interlocutores na determinación das condicións de traballo nas
Administracións públicas a través dos oportunos procedementos de consulta ou
negociación. d) Participar nos
sistemas non xurisdiccionais de solución de conflictos de traballo.
e) Promover eleccións
para delegados de persoal e comités de empresa e órganos correspondentes das Administracións
públicas.
f) Obter cesións
temporais do uso de inmobles patrimoniais públicos nos termos que se establezan
legalmente.
g)
Calquera outra función representativa que se estableza.
7.Terán a consideración de
sindicatos máis representativos no ámbito da Comunidade
Autónoma: a) Os sindicatos do dito ámbito que nel acrediten unha especial
audiencia expresada na obtención de, cando menos, o 15 por 100 dos
delegados de persoal e dos representantes dos
traballadores nos comités de empresa, e nos órganos correspondentes das
Administracións públicas, sempre que conten cun mínimo de 1.500 representantes e
non estean federados ou confederados con
organizacións sindicais de ámbito estatal; b) Os
sindicatos ou entes sindicais
afiliados, federados ou confederados a unha organización sindical de
ámbito de Comunidade Autónoma que teña a consideración de máis representativa de
acordo co previsto na letra a).
Estas organizacións
gozarán de capacidade representativa para exercer no ámbito específico da Comunidade Autónoma as funcións e
facultades enumeradas no número 3 do artigo
anterior, así como a capacidade para posuír representación institucional ante as
Administracións públicas ou outras entidades e organismos de carácter estatal.
2. As organizacións sindicais que aínda non tendo a consideración de máis
representativas obtivesen, nun ámbito
territorial e funcional específico, o 10 por 100 ou máis de delegados de
persoal e membros de comités de empresa e dos correspondentes órganos das
Administracións públicas, estarán lexitimadas para exercer, no dito ámbito
funcional e territorial, as funcións e
facultades a que se refiren os apartados b), c), d), e) e g) do número
3 do artigo 6º, de acordo coa
normativa aplicable a cada caso.
TÍTULO IV
Da acción sindical
indice^
8.1.Os traballadores
afiliados a un sindicato poderán, no ámbito da empresa ou centro de
traballo:
a) Constituír seccións
sindicais de conformidade co establecido nos estatutos do sindicato.
b) Realizar xuntanzas,
tras notificación ao empresario, recadar cotas e distribuír información sindical, fóra das
horas de traballo e sen perturbar a actividade normal na empresa. c) Recibir a
información que lle remita o seu sindicato.
2. Sen prexuízo do que se
estableza mediante convenio colectivo, as seccións sindicais dos
sindicatos máis representativos e dos que teñan representación nos comités de
empresa e nos órganos de representación que se establezan nas
Administracións públicas ou conten con
delegados de persoal terán os seguintes dereitos:
a) Coa finalidade de
facilitar a difusión daqueles avisos que poidan interesar aos afiliados ao sindicato e aos
traballadores en xeral, a empresa porá á súa disposición un taboleiro de anuncios que se
deberá situar no centro de traballo e en lugar onde se garanta un axeitado acceso a este dos
traballadores.
b)
A negociación colectiva, nos termos establecidos na súa lexislación específica.
c) A utilización dun
local axeitado no que poidan desenvolver as súas actividades naquelas empresas ou
centros de traballo con máis de 250 traballadores.
9.1. Quen posúa cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal, nas
organizacións sindicais máis
representativas terá dereito:
a) Ao disfrute dos
permisos non retribuídos necesarios para o desenvolvemento das funcións sindicais propias
do seu cargo, podéndose establecer, por acordo, limitacións ao disfrute destes en función
das necesidades do proceso productivo.
b) Á excedencia forzosa,
ou á situación equivalente no ámbito da Función Pública con dereito a reserva do posto
de traballo e ao cómputo da antigüidade mentres dure o exercicio do seu cargo
representativo, debendo reincorporarse ao seu posto de traballo dentro do mes
seguinte á data do cesamento.
c) Á asistencia e ao
acceso aos centros de traballo para participar en actividades propias do seu sindicato ou
do conxunto dos traballadores, logo de comunicación previa ao empresario, e sen que o exercicio
dese dereito poida interromper o desenvolvemento normal do proceso productivo.
2. Os representantes
sindicais que participen nas Comisións negociadoras de convenios
colectivos, mantendo o seu vencellamento como traballador en activo nalgunha
empresa, terán dereito á concesión dos
permisos retribuídos que sexan necesarios para o axeitado
exercicio do seu labor como negociadores, sempre que a empresa estea afectada
pola negociación.
10.
1.
Nas empresas ou, se é o caso, nos centros de traballo que ocupen a máis de 250
traballadores,
calquera que sexa a clase do seu contrato, as seccións sindicais que poidan constituírse polos
traballadores afiliados aos sindicatos con presencia nos comités de empresa
ou nos órganos de representación que se establezan nas Administracións públicas
estarán representados,
para todos os efectos, por delegados sindicais elixidos por e entre os seus
afiliados na empresa ou no centro de traballo.
2. Ben por acordo, ben a
través da negociación colectiva, poderase ampliar o número de
delegados establecidos na escala á que se fai referencia neste apartado, que
atendendo ao
cadro de persoal da empresa ou, se é o
caso, dos centros de traballo corresponden a cada un
destes.
A falta de acordos
específicos ao respecto, o número de delegados sindicais por cada sección sindical dos
sindicatos que obtivesen o 10 por 100 dos votos na elección ao Comité de Empresa ou ao órgano de representación nas
Administracións públicas determinarase
segundo a seguinte escala:
De 250 a 750
traballadores
1
De 751 a 2.000
traballadores
2
De 2.001 a 5.000
traballadores
3
De 5.001 en diante
4
As seccións sindicais
daqueles sindicatos que non obtivesen o 10 por 100 dos votos estarán
representadas por un só delegado sindical.
3. Os delegados
sindicais, no suposto de que non formen parte do comité de empresa, terán as mesmas garantías
que as establecidas legalmente para os membros dos comités de empresa e dos órganos de
representación que se establezan nas Administracións públicas, así como os seguintes
dereitos a salvo do que se puidese establecer por convenio colectivo: 1º Ter acceso á mesma información e
documentación que a empresa poña a disposición do comité de empresa, estando obrigados os delegados sindicais a gardar
segredo profesional naquelas materias
en que legalmente proceda.
2º Asistir ás xuntanzas
dos comités de empresa e dos órganos internos da empresa en materia de seguridade e
hixiene ou dos órganos de representación que se establezan nas Administracións
públicas, con voz, pero sen voto.
3º Ser escoitados pola
empresa previamente á adopción de medidas de carácter colectivo que afecten aos
traballadores en xeral e aos afiliados ao seu sindicato en particular, e especialmente nos despedimentos e sancións
destes últimos.
11.
1. Nos convenios
colectivos poderanse establecer cláusulas polas que os traballadores
incluídos no seu ámbito de aplicación atendan economicamente a xestión dos
sindicatos representados na comisión negociadora, fixando un canon
económico e regulamentando as modalidades do
seu aboamento. En todo caso, respectarase a vontade individual do
traballador, que se deberá expresar por escrito na forma e prazos que se
determinen na negociación colectiva.
2. O empresario
procederá ao desconto da cota sindical sobre os salarios e á correspondente transferencia a
solicitude do sindicato do traballador afiliado e logo de conformidade, sempre,
deste.
TÍTULO
V
Da
tutela da liberdade sindical e represión das conductas antisindicais
indice^
12.
Serán nulos e sen
efecto os preceptos regulamentarios, as cláusulas dos convenios colectivos, os
pactos individuais e as decisións unilaterais do empresario que conteñan ou supoñan calquera
tipo de discriminación no emprego ou nas condicións de traballo, sexan favorables ou
adversas, por razón da adhesión ou non a un sindicato, aos seus acordos ou ao exercicio, en xeral, de actividades
sindicais.
13. Calquera traballador ou sindicato que considere lesionados os dereitos de
liberdade sindical, por actuación do empregador, asociación patronal, Administracións
públicas, ou calquera outra persoa, entidade ou corporación pública ou
privada, poderá reclamar a tutela do dereito ante a xurisdicción competente a
través do proceso de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da
persoa.
Expresamente,
consideraranse lesións á liberdade sindical os actos de inxerencia consistentes en
fomentar a constitución de sindicatos dominados ou controlados por un empregador
ou
asociación empresarial, ou en soster economicamente ou, noutra forma, sindicato
co mesmo propósito de
control.
14.
O
sindicato a que pertenza o traballador presuntamente lesionado, así como
calquera sindicato que
posúa a condición de máis representativo, poderá presentarse como coadxuvante no
proceso incoado por aquel.
15. Se o órgano xudicial
entendese probada a violación do dereito de liberdade sindical, decretará o
cesamento inmediato do comportamento antisindical, así como a reparación
conseguinte das súas consecuencias ilícitas, remitíndolle as actuacións ao
Ministerio Fiscal para os efectos de
depuración de eventuais conductas delictivas.
indice^
Primeira
(redactada conforme á Lei 11/1994).- 1. Consonte ao previsto nos artigos 6 e 7
desta Lei e 75.7 do Estatuto dos Traballadores,
a condición de máis representativo ou
representativo dun sindicato comunicarase no momento de exercer as funcións ou
facultades correspondentes, achegando o
sindicato interesado a oportuna certificación expedida ao seu
requirimento pola Oficina Pública establecida para o efecto. En materia
de participación institucional entenderase por momento de exercicio o de
constitución do órgano e, se é o caso, o de renovación dos seus membros. No
suposto de que
o órgano correspondente non teña prevista unha renovación periódica dos
representantes sindicais, o sindicato
interesado poderá solicitar no mes de xaneiro, e cada tres anos a partir
desa data, a súa participación no órgano correspondente, achegando certificación
acreditativa da súa capacidade
representativa.
2. O Goberno dictará as
disposicións que sexan precisas para o desenvolvemento do apartado a) do artigo 6.3 e
do artigo 7.1 desta Lei e do previsto na disposición adicional sexta do Estatuto dos
Traballadores, sendo de aplicación á súa capacidade representativa o previsto no
segundo parágrafo do número anterior.
Segunda.-1.
A
duración do mandato dos delegados de persoal, dos membros dos comités de empresa e de quen
forme parte dos órganos de representación que se establezan nas Administracións
públicas será de catro anos, podendo ser reelixidos en sucesivos períodos electorais.
2. No prazo dun ano e en
desenvolvemento do previsto no artigo 103.3º da Constitución, o Goberno remitirá ás Cortes un proxecto de
Lei no que se regulen os órganos de
representación dos funcionarios das Administracións Públicas.
Terceira.-
O
dereito recoñecido no apartado d) do número 1, artigo 2º, non se poderá exercer no
interior dos establecementos militares.
Para tal efecto,
determinarase regulamentariamente o que teña que se entender por establecementos militares.
Cuarta
(engadida pola L.O. 14/1994).- Os delegados de persoal e os membros do Comité de Empresa co mandato
prorrogado non se computarán para efectos de determinar a capacidade
representativa dos artigos 6 e 7 da presente Lei.
indice^
Quedan derrogados a Lei 19/1977, do 1 de abril, e o Real Decreto 837/1977, do 22
de abril, en todo canto se opoña
a esta Lei, permanecendo vixente a regulación que conteñen as ditas normas referidas
ás asociacións profesionais e, en particular, ás asociacións empresariais das
que a súa liberdade de sindicación se recoñece para efectos do establecido no
artigo 28.1º da Constitución española e nos convenios internacionais subscritos por
España.
indice^
Primeira.-
1.
As organizacións sindicais constituídas en aplicación da Lei 19/1977, do 1 de
abril,
e que gocen de personalidade xurídica na data de entrada en vigor desta Lei
conservarán o dereito á denominación sen que, en ningún caso, se produza solución de
continuidade na súa
personalidade, quedando automaticamente validadas.
2.
A oficina pública á que se refire o artigo 4º desta Lei queda establecida
organicamente no Instituto de Mediación, Arbitraxe e
Conciliación e nos órganos correspondentes das Comunidades Autónomas no seu respectivo ámbito territorial, cando teñan
atribuída esta competencia. En todo caso, estas deberán remitirlle, no
prazo previsto no artigo 4º.4, un exemplar da
documentación depositada ao IMAC.
Segunda.-
Os
preceptos contidos nas disposicións adicionais primeira e segunda, na
disposición
transitoria e na
disposición final primeira non teñen carácter de Lei Orgánica.
Terceira.-
Esta Lei entrará en
vigor ao dia seguinte da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
|