|
REAL DECRETO 1316/1989, do 27 de outubro, sobre protección
dos traballadores fronte aos riscos derivados da exposición ao ruído

Sumario
Artigo 1
Artigo 2
Artigo 3
Artigo 4
Artigo 5
Artigo 6
Artigo 7
Artigo 8
Artigo 9
Artigo 10
Disposicións adicionais
Disposición derrogatoria
Disposición transitoria
ANEXO I
ANEXO II
ANEXO III
ANEXO
IV
Control da función auditiva dos traballadores
Artigo 1.
Esta norma ten por obxecto a protección
dos traballadores fronte aos riscos derivados da súa exposición ao ruído durante
o traballo, e particularmente para a audición.
O disposto nesta norma será de aplicación aos traballadores por conta allea,
calquera que sexa a modalidade ou duración do seu contrato, coa única excepción
das tripulacións dos medios de transporte aéreo e marítimo. De acordo co
previsto no artigo 118.5 da Lei 3/1987, do 2 de abril, Xeral de Cooperativas,
esta norma será, así mesmo, aplicable aos socios traballadores das Cooperativas
de traballo asociado.
No anexo I inclúense a descrición e definición dos conceptos técnicos empregados
nesta norma para efectos da súa utilización na aplicación do mesmo.
índice^
Artigo 2.
Para dar efectividade ao obxecto de
protección dos traballadores establecido no artigo anterior o empresario está
obrigado a:
1º.- Con carácter
xeral, a reducir ao nivel máis baixo técnica e razoablemente posible os riscos
derivados da exposición ao ruído, tendo en conta o progreso técnico e a
dispoñibilidade de medidas de control do ruído, en particular, na súa orixe,
aplicadas ás instalacións ou operacións existentes.
O disposto no parágrafo anterior deberá terse especialmente en consideración na
concepción e construcción de novos centros de traballo e na modificación dos
existentes, incluída a adquisición de novos equipos de traballo. Das medidas
preventivas que nestes casos supostos se adopten informarase, con carácter
previo á súa posta en práctica, aos órganos internos competentes en seguridade e
hixiene e aos representantes dos traballadores.
2º.- A dar cumprimento ás obrigas específicas consignadas nesta
norma.
índice^
Artigo 3.
1.- O empresario deberá avaliar a
exposición dos traballadores ao ruído co obxecto de determinar se se superan os
límites ou niveis fixados na presente norma e de aplicar, nese caso, as medidas
preventivas procedentes. O proceso de avaliación comprenderá:
1º.- Unha
avaliación nos postos de traballo existentes na data de entrada en vigor desta
norma.
2º.- Avaliacións adicionais cada vez que se cree un novo posto de
traballo, ou algún dos xa existentes se vexa afectado por modificacións que
supoñan unha variación significativa da exposición dos traballadores ao ruído.
3º.- Avaliacións periódicas que se levarán a cabo, como mínimo,
anualmente, nos postos de traballo nos que o nivel diario equivalente ou o nivel
de Pico superen 85 dBA ou 140 dB, respectivamente, ou cada tres anos, se non se
exceden os devanditos límites, pero o nivel diario equivalente supera 80 dBA.
2.-
Os órganos internos competentes en
seguridade e hixiene e os representantes dos traballadores terán dereito
a:
1º.- Estar
presentes no desenvolvemento das avaliacións previstas nesta norma.
2º.- Ser informados sobre os resultados destas avaliacións, podendo
solicitar as aclaracións necesarias para a mellor comprensión do seu
significado.
3º.- Ser informados sobre as medidas preventivas que deberán
adoptarse, á vista dos resultados da avaliación, en aplicación do disposto nesta
norma.
índice^
Artigo 4.
1.- A avaliación da exposición
dos traballadores ao ruído realizarase conforme á medición deste.
As medicións do ruído deberán ser representativas das condicións de exposición a
este e deberán permitir a determinación do nivel diario equivalente e do nivel
de Pico. Con tal finalidade a medición do ruído efectuarase de acordo cos
criterios establecidos nos anexos 2 e 3 desta norma.
Cando as características dun posto de traballo impliquen unha variación
significativa da exposición ao ruído entre unha xornada de traballo e outra, o
empresario poderá utilizar para a avaliación da devandita exposición o nivel
semanal equivalente, en lugar do nivel diario equivalente, sempre que comunique
tal feito á autoridade laboral para efectos de que esta poida comprobar que se
dan as circunstancias motivadoras da utilización deste sistema.
2.-
Quedan exceptuados da avaliación de
medición aqueles supostos nos que se aprecie directamente que nun posto de
traballo o nivel diario equivalente ou o nivel de Pico son manifestamente
inferiores a 80 dBA e 140 dB.
índice^
Artigo 5.
Nos postos de traballo nos que o nivel
diario equivalente supere 80 dBA deberán adoptarse as seguintes medidas:
1º.- Proporcionar
a cada traballador unha información e, cando proceda, unha formación adecuadas
en relación a:
– A avaliación da súa exposición ao ruído e os riscos potenciais para a súa
audición.
– As medidas preventivas adoptadas, con especificación das que teñan que ser
levadas a cabo polos propios traballadores.
– A utilización dos protectores auditivos.
– Os resultados do control médico da súa audición.
2º.- Realizar un control médico inicial da función auditiva dos
traballadores, así como posteriores controis periódicos, como mínimo
quinquenais. Estes controis levaranse a cabo de conformidade coas regras
contidas no anexo 4 de esta norma.
3º.- Proporcionar protectores auditivos aos traballadores que o
soliciten.
índice^
Artigo 6.
Nos postos de traballo nos que o nivel
diario equivalente supere 85 dBA, adoptaranse as medidas preventivas indicadas
no artigo anterior, coas seguintes modificacións:
1º.- O control médico periódico da función auditiva dos
traballadores deberá realizarse, como mínimo, cada tres anos.
2º.- Deberán subministrarse protectores auditivos a todos os
traballadores expostos.
índice^
Artigo 7.
Nos postos de traballo nos que o nivel
diario equivalente ou o nivel de Pico superen 90 dBA e 140 dB, respectivamente,
analizaranse os motivos polos que se superan tales límites e desenvolverase un
programa de medidas técnicas destinado a diminuír a
xeración ou a propagación do ruído, ou organizativas encamiñadas a
reducir a exposición dos traballadores ao ruído. De todo isto se informará aos
traballadores afectados e aos seus representantes, así como aos órganos internos
competentes en seguridade e hixiene.
Nos postos de traballo nos que non resulte técnica e razoablemente posible
reducir o nivel diario equivalente ou o nivel de Pico por debaixo dos límites
mencionados no apartado anterior, e, en todo caso, mentres estea en fase de
desenvolvemento o programa de medidas concibido a tal fin, deberán adoptarse as
medidas preventivas indicadas no artigo 5º, coas seguintes modificacións:
1º.- Os controis
médicos periódicos da función auditiva dos traballadores deberán realizarse,
como mínimo, anualmente.
2º.- Todos os traballadores deberán utilizar protectores auditivos,
e o seu uso obrigatorio sinalizarase segundo o disposto no Real Decreto
1403/1986, do 9 de maio (derrogado e substituído polo Real Decreto 485/1997, do
14 de abril, BOE nº 97, do 23 de abril) sobre Sinalización de Seguridade e Saúde
no Traballo.
3º.- Sempre que o risco o xustifique e sexa razoable e tecnicamente
posible, os postos de traballo serán delimitados e obxecto dunha restricción de
acceso.
índice^
Artigo 8.
1.- Os protectores auditivos
serán proporcionados polo empresario en número suficiente e serán escollidos por
este en consulta cos órganos internos competentes en seguridade e hixiene e os
representantes dos traballadores.
Os protectores auditivos deberán:
1º.- Axustarse ao
disposto na normativa xeral sobre medios de protección persoal.
2º.- Adaptarse aos traballadores que os utilicen, tendo en conta as
súas circunstancias persoais e as características das súas condicións de
traballo.
3º.- Proporcionar a necesaria atenuación da exposición ao ruído.
Mediante o uso dos protectores deberá obterse unha atenuación ao ruído tal que o
traballador dotado daqueles teña unha exposición efectiva do seu oído ao ruído
equivalente á doutro traballador que, desprovisto de protectores estivera
exposto a niveis inferiores aos indicados no artigo 7, ou, cando resulte
razoable e tecnicamente posible, aos indicados nos artigos 6 e 7. Nos casos de
excepcional dificultade técnica a autoridade laboral poderá conceder excepcións
ao cumprimento do disposto no parágrafo anterior; neses casos, nembargantes,
deberán utilizarse os protectores auditivos que proporcionen a maior atenuación
posible.
2.-
Para traballadores que efectúen
operacións especiais, a autoridade laboral poderá conceder exencións á
obrigatoriedade de uso dos protectores auditivos, cando tal uso puidera conducir
a unha agravación do risco global para a saúde e/ou a seguridade dos
traballadores afectados e non fose razoablemente posible diminuír ese risco por
outros medios.
As
exencións contempladas neste apartado e no anterior concederanse en todo caso
por períodos limitados, revisaranse periodicamente e revogaranse en canto deixen
de concorrer as circunstancias que motivaron aquelas. O empresario deberá tomar
en cada caso, tendo en conta as circunstancias, medidas como a reducción do
tempo de exposición ao ruído, que sexan adecuadas para reducir ao mínimo os
riscos derivados de tales exencións.
3.-
Se a utilización dos protectores auditivos levase consigo un risco de
accidente, este deberá diminuírse mediante medidas apropiadas.
índice^
Artigo 9.
1.-
Os empresarios deberán rexistrar e arquivar os datos obtidos nas
avaliacións da exposición ao ruído e nos controis médicos da función auditiva
realizados en cumprimento do disposto, respectivamente, nos artigos 3, 4, 5, 6 e
7 desta norma.
2.-
En relación á avaliación das exposicións, o rexistro comprenderá,
como mínimo, a identificación de cada un dos postos de traballo obxecto de
avaliación e os resultados obtidos en cada un deles, con indicación do
instrumental empregado.
3.-
En relación ao control médico da función auditiva o rexistro
comprenderá, como mínimo:
– Nome do traballador
– Número de afiliación á Seguridade Social.
– Posto de traballo ocupado, resultado dos controis periódicos ou adicionais
efectuados en relación aos riscos relacionados coa exposición ao ruído, con
indicación de se o traballador emprega protección persoal, e en caso afirmativo,
tipo daquela e o tempo medio diario da súa utilización, cambios no posto de
traballo realizados por indicación médica, e incidencia patolóxica relacionada
coa audición.
Os datos resultantes das avaliacións do estado de saúde dos traballadores só se
poderán utilizar como base orientativa para mellorar o ambiente de traballo e
con fins médico – laborais, e sempre respectando o seu carácter confidencial.
4.-
O empresario está obrigado a manter os arquivos aos que fai
referencia este artigo durante trinta anos polo menos. Se un empresario cesase
na súa actividade, quen o suceda recibirá e conservará a documentación anterior.
Ao finalizar os períodos de conservación obrigada dos rexistros, ou no caso de
cesamento da actividade sen sucesión, a empresa notificarallo á autoridade
laboral competente cunha antelación de tres meses, dándolle traslado durante
este período de toda esta documentación.
O empresario deberá facilitar o acceso a estes arquivos á Inspección de Traballo
e Seguridade Social, ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo,
aos Organismos competentes das Comunidades Autónomas, aos órganos internos
competentes en seguridade e hixiene e aos representantes dos traballadores.
Malia o anterior, cando os datos relativos á vixilancia da saúde dos
traballadores conteñan información persoal de carácter médico confidencial, o
acceso a aqueles limitarase ao persoal médico que leve a cabo a vixilancia da
saúde dos traballadores, salvo que se presenten de forma innominada.
índice^
Artigo 10.
A partir da data de entrada en vigor desta norma os equipos de traballo
que se comercialicen deberán ir acompañados dunha información suficiente sobre o
ruído que producen cando se utilizan na forma e condicións previstas polo
fabricante. A devandita información deberá permitir que o empresario que desexe
adquirir un determinado equipo poida realizar unha estimación dos niveis de
ruído á que van estar expostos os traballadores que o utilicen, ou que se sitúen
nas súas proximidades.
De non existir un anexo de especificación técnica das previstas na disposición
adicional desta norma referida ao contido da información prevista no parágrafo
anterior, esta referirase ao posto de traballo do operador e deberá incluír,
como mínimo:
1º.- O Nivel de Presión Acústica Continuo Equivalente Ponderado A,
sempre que o devandito nivel sexa superior a 80 dBA.
2º.- O Nivel de Pico, sempre que supere 140 dB.
Os empresarios que adquiran un equipo de traballo deberán requirir do
fabricante, importador ou subministrador deste a información prevista neste
artigo.
índice^
Disposicións adicionais
índice^
1ª.-
As disposicións desta norma poderán ser completadas mediante anexos, que, sen
introducir modificacións no texto regulamentario, establezan as condicións ou
especificacións técnicas para a máis adecuada aplicación das prescricións
contidas nel, tendo en conta especialmente a evolución do progreso técnico e a
adaptación a este no cumprimento da norma.
Os devanditos anexos serán aprobados por
Orde a proposta conxunta dos Ministros de Traballo e Seguridade Social, e
Industria e Enerxía.
2ª.-
As accións ou omisións dos empresarios contrarias ao disposto neste Real Decreto
teñen a consideración de infraccións en materia de seguridade e hixiene e saúde
laborais segundo o disposto nos artigos 9, 10 e 11 da Lei 8/1988, do 7 de abril,
e son sancionables de acordo co disposto na devandita norma. (Actualmente:
Infraccións en materia de prevención de riscos laborais, segundo a Sección 2ª do
Capítulo II do Real Decreto 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o Texto
Refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións no Orde Social, BOE 1988/2000, do
8 de agosto, e BOE 228/2000, do 22 de setembro, que derroga a Lei 8/1988.)
Disposición derrogatoria
índice^
Quedan
derrogadas cantas disposicións se opoñan ao previsto nesta norma e
especificamente o artigo 31.9 da Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no
Traballo, aprobada por Orde do 9 de marzo de 1971.
Disposición transitoria
índice^
A avaliación inicial dos postos de traballo aos que se refire o artigo
3.1.1º desta norma deberá levarse a cabo con anterioridade ao 31 de marzo de
1990. A pesar disto, non será necesario efectuar medicións naqueles postos de
traballo nos que o Nivel Diario Equivalente ou o Nivel de Pico sexan
manifestamente inferiores a 80 dBA e dB, respectivamente.
Disposición final
índice^
Esta norma entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1990.
ANEXO I
índice^
Definicións e conceptos xerais
1.-
Nivel de presión acústica, Lp
: É o nivel, en decibelios, dado pola seguinte ecuación:
Lp = 10 lg
Onde
é a presión de referencia (2.10 pascais) e p é a presión acústica, en pascais, á que
está exposto un traballador (sen ter en conta a protección persoal que
eventualmente utilice) que poida ou non desprazarse dun lugar a outro do centro
de traballo.
2.- Nivel de presión acústica ponderado A, L
: Valor do nivel de presión acústica, en decibelios, determinado co
filtro de ponderación frecuencial A segundo a norma CEI 651, dado pola seguinte
ecuación:
L
= 10 lg
Onde
é a presión acústica ponderada A, en
pascais.
3.- Nivel de presión acústica continuo equivalente ponderado A L : O nivel, en decibelios A, dado pola ecuación:
L = 10 lg
Onde T = t - t
é o tempo de exposición do
traballador ao ruído.
4.- Nivel diario equivalente, L : É o nivel, en decibelios, dado pola ecuación:
L = L + 10 lg
Onde T é o tempo de exposición ao ruído, en horas/día.
Se un traballador está exposto a «m» distintos tipos de ruído e, para
efectos da avaliación hixiénica, se analizaron cada un deles separadamente; o
nivel diario equivalente calcularase segundo as seguintes ecuacións:
L
= 10 lg
10
i
= 10 lg
Ti
10 L Ti
Onde L
Ti é o nivel de presión
acústica continuo equivalente ponderado A correspondente ao tipo de ruído «i» ao
que o traballador está exposto, T horas por día e
é o nivel diario equivalente que
resultaría se só existise o devandito tipo de ruído.
5.- Nivel semanal equivalente, L : É o nivel, en decibelio A, dado pola ecuación:
L
= 10 lg
10 L
Onde «m» é
o número de días á semana nos que o traballador está exposto ao ruído e
L é o nivel diario equivalente correspondente ao día «i».
6.- Nivel de pico, L : É o nivel, en decibelios dado pola ecuación:
L = 10 lg
Onde P
é o valor máximo da presión
acústica instantánea a que está exposto o traballador (en pascais) e P é a presión de referencia (2.10 pascais).
7.- Ruído estable: Aquel no que o nivel de presión acústica
ponderado A permanece esencialmente constante. Considerarase que cumpre tal
condición cando a diferencia entre os valores máximo e mínimo de L A medido
utilizando as características «SLOW» de acordo á norma CEI 651, é inferior a 5
dB.
ANEXO II
Medición do ruído
índice^
1.-
Para a medición do Nivel Diario
Equivalente, para efectos da súa comparación cos límites ou niveis considerados
neste Regulamento, así como para determinar se o Nivel de Pico supera os 140 dB,
utilizaranse os instrumentos indicados no anexo 3 (coas súas respectivas
condicións de aplicación) ou outros que dean resultados equivalentes.
2.-
Os instrumentos de medida deberán ser
verificados, mediante un calibrador acústico ou sistema equivalente, antes e
despois de cada medición ou serie de medicións.
3.-
As medicións deberán realizarse, sempre
que sexa posible, en ausencia do traballador afectado, colocando o micrófono á
altura en que encontraría o seu oído. Se a presencia do traballador é necesaria,
o micrófono colocarase, preferentemente, fronte ao seu oído, a uns 10
centímetros de distancia; cando o micrófono teña que situarse moi cerca do corpo
deberán efectuarse os axustes adecuados, para que o resultado da medición sexa
equivalente ao que se conseguiría se se realizase nun campo sonoro non
perturbado.
4.-
Número e duración das medicións: O
número, a duración e o momento de realización das medicións terán que elixirse
tendo en conta que o obxectivo básico destas é o de posibilitar a toma de
decisións sobre o tipo de actuación preventiva que deberá emprenderse en virtude
do disposto nesta norma. Por isto, cando un dos límites ou niveis establecidos
na norma se sitúe dentro da marxe de erro das medicións, poderá optarse: a) por
supoñer que se supera o devandito límite ou nivel, ou b) por incrementar
(segundo o instrumental utilizado) o número das medicións (tratando
estatisticamente os correspondentes resultados) e/ou a súa duración (chegando,
no límite, a que o tempo de medición coincida co de exposición) ata conseguir a
necesaria reducción da marxe de erro correspondente.
ANEXO III
Instrumentos de medición e
condicións de aplicación
índice^
I.
Medición do Nivel Diario Equivalente
Sonómetros:
Os sonómetros poderán empregarse unicamente
para a medición do Nivel de Presión Acústica Ponderado A (L ) do ruído estable. A lectura media considerarase igual ao
Nivel de Presión Acústica Continuo Equivalente Ponderado A (L ) do devandito ruído. O Nivel Diario Equivalente (L ) calcularase mediante as ecuacións dadas no punto 4 do anexo
I.
Os sonómetros deberán axustarse, como
mínimo, ás prescricións establecidas pola norma CEI 651 para os instrumentos do
«tipo 2» (dispoñendo, polo menos, da característica «SLOW» e da ponderación
frecuencial A), sendo preferible os do «tipo 1» para aquelas medicións que
esixan unha especial precisión.
Sonómetros integradores-promediadores:
Os sonómetros integradores-promediadores
poderán empregarse para a medición do Nivel de Presión Acústica Continuo
Equivalente Ponderado A (L ) de calquera tipo de ruído sempre que se axusten, como
mínimo, ás prescricións establecidas pola norma CEI 804 para os instrumentos do
«tipo 2», sendo preferibles os do «tipo 1» para aquelas medicións que esixan
unha especial precisión. O Nivel Diario Equivalente (L ) calcularase mediante as ecuacións dadas no punto 4 do anexo
I.
Dosímetros:
Os dosímetros poderán ser utilizados para a
medición do Nivel Diario Equivalente (L ) de calquera tipo de ruído sempre que cumpran as seguintes
condicións:
a) A relación existente entre o tanto por un da Exposición Máxima
Permisible (0/1 EMP) ()
e o Nivel Diario Equivalente (L ) debe seguir a seguinte ecuación:
L
= 90 + 10 lg (0/1 EMP)
Se se dese o caso ao que se fai referencia no segundo parágrafo do punto
4 do anexo I, poderá aplicarse a ecuación indicada no devandito punto ou
calcularse directamente o Nivel Diario Equivalente mediante a seguinte ecuación:
L
= 90 + 10 lg
(0/1 EMP)
b) As características do dosímetro relativas á directividade, ponderación
frecuencial A e amplificación deben cumprir, como mínimo, as prescricións
establecidas pola norma CEI 651 (artigos 5, 6.1 e 6.2) para os instrumentos do
«tipo 2».
II.
Medición do Nivel de Pico
Os instrumentos empregados para medir o Nivel de Pico, ou para determinar
directamente se este superou os 140 dB, deben ter un constante de tempo (no
ascenso) non superior a 100 microsegundos. Se se dispón dun sonómetro con
ponderación frecuencial A e características «IMPULSE» (de acordo á norma CEI
651) poderá considerarse que o Nivel de Pico non excedeu os 140 dB cando o Nivel
de Presión Acústica Ponderado A sexa inferior a 130 dBA.
ANEXO IV
Control da función auditiva dos traballadores
índice^
O control da función auditiva dos traballadores, ao que se fai
referencia nos artigos 5, 6, 7 e 9 deste Regulamento, realizarase segundo o
disposto neste anexo:
1.-
O control da función auditiva terá como
obxectivo a prevención das perdas de capacidade auditiva que puidesen sufrir os
traballadores expostos, debido ao ruído existente no ambiente de traballo. Para
iso, o devandito control deberá dirixirse fundamentalmente, á detección da
posible diminución da capacidade auditiva de tales traballadores, a fin de poder
tomar oportunamente, se é o caso, as medidas preventivas necesarias para a
consecución do mencionado obxectivo.
2.-
O control da función auditiva dos traballadores expostos efectuarase sempre
baixo a responsabilidade dun médico, que poderá ser asistido por persoas
competentes na materia, na realización de probas e exames.
3.-
O control da función auditiva dos traballadores expostos comprenderá os
seguintes tipos de recoñecementos:
a)
Un recoñecemento inicial, antes da exposición ao ruído ou ao comezo
desta.
b)
Recoñecementos periódicos a intervalos cunha amplitude que dependerá do
nivel de exposición ao ruído de cada traballador e que, como mínimo, será a
establecida nos artigos 5, 6, 7 e 9. Estes recoñecementos poderán realizarse con
maior frecuencia, a criterio do médico responsable, especialmente naqueles casos
nos que exista unha hipersusceptibilidade fronte ao ruído, ou nos que se advirta
unha deterioración da función auditiva que o aconselle de acordo co exposto no
punto 1.
c)
Recoñecementos adicionais a aqueles traballadores que accidentalmente e
sen a protección debida estivesen expostos a un Nivel de Pico superior a 140 dB,
ou aos que presenten determinados síntomas que, a xuízo do médico responsable,
faga necesarios os devanditos recoñecementos co obxecto de determinar unha
posible deterioración da capacidade auditiva.
4.-
O recoñecemento inicial deberá incluír,
como mínimo, unha anamnese e unha otoscopia combinada cun control audiométrico;
a otoscopia e o control audiométrico deberán repetirse despois de dous meses.
5.-
Os recoñecementos periódicos e os recoñecementos adicionais para os
traballadores que estivesen accidentalmente expostos, sen protección, a un Nivel
de Pico superior a 140 dB, deberán incluír, como mínimo, unha otoscopia
combinada cun control audiométrico.
6.-
O control audiométrico mencionado nos puntos anteriores incluirá, como mínimo,
unha audiometría de tons puros para a determinación de niveis limiar de audición
por conducción aérea, de acordo coa norma ISO 6189-1983. En todo caso, a
audiometría cubrirá a frecuencia de 8.000 Hz e o nivel sonoro ambiental
permitirá a medición dun nivel limiar de audición igual a 0 dB, segundo a norma
ISO 389-1975.
7.-
As audiometrías indicadas no punto anterior efectuaranse mediante audiómetros
manuais ou automáticos e a súa calibración e mantemento realizarase de acordo
coas normas ISO-6189-1983, ISO
389-1975 e CEI 645.
(Publicado no BOE núm. 263, do 2 de
novembro de 1989)
(Correccións de erros BOE do 9
de decembro de 1989 e do 26 de maio de 1990).
(O Ministerio de Sanidade e Consumo ten editado, no ano 2001, un Protocolo de
Vixilancia Sanitaria Específica para os traballadores e traballadoras expostos
ao ruído)
|