|
REAL DECRETO 1488/1998, DE 10 DE XULLO, DE ADAPTACIÓN DA
LEXISLACIÓN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Á ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO
(BOE núm. 170, de 17 de xullo de 1998)

SUMARIO
Artigo 1º.
Obxecto.
Art. 2º. Ámbito de aplicación.
Art. 3º. Participación e representación.
Art. 4º. Delegados de prevención.
Art. 5º. Comité de Seguridade e Saúde.
Art. 6º. Servicios de prevención.
Art. 7º. Funcións e niveis de cualificación.
Art. 8º. Instrumentos de control.
Art. 9º. Funcións da Dirección Xeral da Función Pública en materia de prevención
de riscos laborais.
A lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, e as
súas disposicións de desenvolvemento teñen unha vocación de universalidade e
integración, o que no ámbito das Administracións Públicas supón considera-la
prevención fronte os riscos laborais como unha actuación única, indiferenciada e
coordinada que debe chegar a tódolos empregados públicos sen distinción de
réxime xurídico que rexa a súa relación de servicio, e tradúcese nunha
planificación da actividade preventiva integral e integrada no conxunto de
actividades e decisións da Administración Xeral do Estado que se realizará coa
participación dos representantes legais dos empregados públicos, entendéndose,
por outra parte, que as medidas que desta forma se derivan recaen en beneficio
dos cidadáns usuarios das dependencias públicas nas súas relacións coa
Administración Xeral do Estado.
Non obstante, existen diversas peculiaridades nas Administracións
públicas polo que respecta á Lei 31/1995, fundamentalmente nos seus artigos
31.1, 34.3 e 35.4, e a disposición adicional cuarta do Real Decreto 39/1997, de
17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento, prevén a regulación nunha
normativa específica para as Administracións públicas dos dereitos de
participación e representación, a organización dos recursos necesarios para o
desenvolvemento das actividades preventivas, a definición das funcións e niveis
de cualificación do persoal que as leve a cabo e o establecemento da adecuados
instrumentos de control que substitúan ás obrigas en materia de de auditorías
contidas no capítulo V do Regulamento dos Servicios de prevención que non son de
aplicación ás Administracións públicas.
Ó cumprimento deste mandato na Administración Xeral do Estado,partindo da
potenciación dos seus recursos propios e salvagardando o dereito dos empregados
públicos á participación na determinación das súas condicións de traballo,
responde o presente Real Decreto.
Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais máis
representativas, proposta dos Ministros de Administracións Públicas e de
Traballo e Asuntos Sociais, consultada a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde
no Traballo, de acordo co Consello de Estado e trala deliberación do Consello de
Ministros na súa reunión do día 10 de xullo de 1998, dispoño:
Artigo 1º. Obxecto.
índice^
O obxecto
do presente Real Decreto é a adaptación á Administración Xeral do Estado da Lei
31/1995,de 8 de novembro, de Prevención da Riscos Laborais, e do Real Decreto
39/1997, de 17 de xaneiro,polo que se aproba o regulamento dos Servicios de
prevención, partindo da integración da prevención no conxunto das súas
actividades e decisións e a potenciación dos seus recursos propios, e adecuando
o seu contido ás súas peculiaridades organizativas e de participación do persoal
ó seu servicio.
Art. 2º. Ámbito de aplicación.
índice^
1. A presente disposición será de aplicación na Administración Xeral do
Estado e nos Organismos públicos vinculados ou dependentes dela que teñan
persoal funcionario ou estatutario ó seu servicio.
2. Nos establecementos penitenciarios, as actividades cunhas
características que xustifiquen unha regulación especial serán obxecto de
adaptación de conformidade co artigo 3º.3 da Lei 31/1995.
3. Nos centros e establecementos militares será de aplicación o disposto
no artigo 3º.3 da Lei 31/1995 e na normativa prevista na disposición adicional
novena da citada Lei.
4. Será de aplicación o disposto no artigo 3º.2 da Lei 31/1995 para
aquelas actividades que teñan unhas particularidades que así o determinen no
ámbito das funcións públicas de :
a)
Policía, seguridade e resgardo aduaneiro.
b)
Servicios operativos de protección civil e peritaxe forense nos casos de
grave risco, catástrofe e calamidade pública
Art. 3º. Participación e representación.
índice^
1. Ás Xuntas de persoal, Comités de Empresa, delegados de persoal representantes
sindicais, lles corresponden as funcións ás que se refire o artigo 34.2 da Lei
31/1995, de Prevención de Riscos Laborais.
2. Corresponden ós delegados de prevención as competencias e facultades
establecidas no artigo 36 da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais.
3. Os Comités de Seguridade e Saúde teñen as competencias e facultades
establecidos no artigo 39 da Lei 39 da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos
Laborais.
4. Nos termos previstos na Lei 9/1987, de 12 de xuño,de órganos de
representación,determinación das condicións do traballo e participación do
persoal ó servicio das Administracións públicas, poderase acorda-la creación dun
órgano específico de participación das organizacións sindicais representativas
no ámbito de aplicación deste Real Decreto en todo o relacionado coa aplicación
da lexislación en materia de prevención de riscos laborais no ámbito dito, coas
competencias, funcións e composición que no acordo se determinen.
Art. 4º. Delegados de prevención.
índice^
-1. Os delegados de prevención serán designados
polos representantes do persoal con presencia nos ámbitos dos órganos de
representación do persoal e entre, por unha parte, aqueles funcionarios que
sexan membros da Xunta de Persoal correspondente e, por outra, os representantes
do persoal laboral membros do Comité de Empresa ou delegados de persoal,podendo
acordarse outro sistema da designación consonte co previsto no artigo 35.4 da
Lei 31/1995,de Prevención de Riscos Laborais.
2. O número dos delegados de prevención que poderán ser designados para cada un
de ambos colectivos de persoal axustarase ó nivel establecido no artigo 35.2 da
Lei 31/1995,de Prevención de Riscos Laborais.
3. Os delegados de prevención que sexan representantes do persoal contarán no
exercicio das súas funcións coas garantías inherentes á súa condición
representativa.
O tempo utilizado polos delegados de prevención
para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de Prevención
de Riscos Laborais será considerado como exercicio de funcións de
representación, para efectos de utilización do crédito de horas mensuais
retribuídas previsto no parágrafo e) do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores,
e no parágrafo d) do artigo 11 da Lei 9/1987, de Órganos de representación,
determinación das condicións de traballos e participación do persoal ó servicio
das Administracións públicas, e artigo 10.3 da lei Orgánica de Liberdade
Sindical.
Será considerado.en todo caso,como tempo de traballo efectivo, sen imputación ó
crédito horario, o correspondente ás reunións do Comité de Seguridade e Saúde a
calquera outra convocada pola Administración en materia de prevención de riscos
laborais, así como o destinado ás visitas previstas nos parágrafos a) e c) do
artigo 36.2 da lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.
4. Os órganos competentes proporcionarán ós delegados de prevención os medios e
formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das
súas funcións,unha vez consultados os representantes do persoal.
5. A formación deberase facilitar pola Administración polos seus propios ou
mediante concertos con organismos, entidades especializadas na materia ou
organizacións sindicais acreditadas.
6. O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo para
tódolos efectos.
Art. 5º. Comité de Seguridade e Saúde.
índice^
1. O Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de
participación, destinado á consulta regular e periódica das actuacións da
Administración Xeral do Estado e dos Organismos públicos vinculados ou
dependentes dela que teñan persoal funcionario ou estatutario ó seu servicio
sinalados no artigo 2º.1, en materia de prevención de riscos laborais.
2. Con carácter xeral,en cada provincia constituirase un Comité de Seguridade e
Saúde, que dependerá da Subdelegación do Goberno, debendo os titulares dos
servicios non integrados prestar toda a colaboración que precisen os
Subdelegados do Goberno para facilita-la súa constitución. O citado Comité
estará formado polos delegados de prevención designados consonte co artigo 4º do
presente Real Decreto e por representantes da Administración en número non
superior ó de delegados
Nembargantes, naqueles casos en que a complexidade e dispersión da estructura
organizativa, e o tipo de actividades así o aconsellen, poderase constituír un
Comité de Seguridade e Saúde nun Departamento ministerial ou Organismo público,
cando conte con cincuenta ou máis empregados públicos na provincia, de
conformidade cos artigos 34.3 e 38.2 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de
Prevención de Riscos Laborais.
3. Naquelas provincias en que existan edificios de servicios múltiples poderá constituírse un único Comité de Seguridade e
saúde por edificio.
4. Os representantes dos
empregados públicos no Comité de Seguridade e Saúde serán a totalidade de
delegados de prevención do persoal funcionario e laboral existentes no ámbito
correspondente.
5. Nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde participarán, con voz,pero sen
voto, os delegados sindicais, os asesores sindicais, de se-lo caso, e os
responsables técnicos de prevención no ámbito correspondente. Nas mesmas
condicións poderán participa-lo persoal que conte cunha especial cualificación
ou información respecto de concretas cuestións que se debatan neste órgano e
técnicos en prevención alleos á Administración Xeral do Estado, sempre que así o
solicite algunha das representacións do Comité.
6. O Comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o
solicite algunha das representacións no mesmo. O Comité de Seguridade e Saúde
adoptará as súas propias normas de funcionamento.
7. Os Departamentos ministeriais e Organismos públicos que conten con varios
centros de traballo dotados dun Comité de Seguridade e Saúde poderán acordar co
seu persoal a creación dun Comité Intercentros, coas funcións que o acordo lle
atribúa.
Art. 6º. Servicios de prevención.
índice^
1 En cumprimento do deber de prevención de riscos profesionais, os órganos
competentes determinarán, trala consulta cos representantes do persoal e en
función da estructura organizativa e territorial dos seus organismos, así como
do tipo de riscos presentes no sector e a incidencia dos mesmos nos empregados
públicos, a modalidade de organización dos recursos necesarios para o
desenvolvemento das actividades preventivas máis axustado ás súas
características, potenciando a utilización dos recursos propios existentes na
Administración Xeral do Estado e nos Organismos públicos vinculados ou
dependentes dela, que teñan persoal funcionario ou estatutario ó seu servicio,
sinalados no artigo 2º.1 da presente disposición.
2. A organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actividades
preventivas realizarase polos órganos competentes consonte con algunha das
modalidades seguintes:
a)
Constituíndo un servicio de prevención propio.
b)
Designando a un ou varios empregados públicos para levala a cabo.
c)
Recorrendo a un servicio de prevención alleo.
3. Deberase crear un servicio de prevención propio, con posibilidade de asunción
parcial da actividade preventiva por un servicio de prevención alleo, cando
concorra algún dos seguintes supostos:
a) Nos Departamentos ministeriais e Organismos públicos que conten nunha
provincia con centros de traballo de cincocentos empregados públicos, e naqueles
que teñan entre douscentos cincuenta e cincocentos empregados públicos e
desenvolvan algunha das actividades incluídas no anexo I do Real Decreto
39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de
prevención.
Non obstante, tamén se poderá constituír un servicio de prevención propio para
máis dunha provincia nos Departamentos ministeriais e Organismos públicos, cando
conten, no conxunto delas, con máis de cincocentos empregados públicos, ou teñan
entre douscentos cincuenta e cincocentos empregados públicos e desenvolvan
algunha das actividades incluídas no anexo I do Regulamento dos Servicios de
Prevención, tralo informe das organizacións sindicais representativas no ámbito
de aplicación do presente Real Decreto e de acordo co establecido no artigo 3º.4
do mesmo.
b) E cando así se considere necesario nos Departamentos ministeriais, Organismos
públicos e centros de traballo, en función da perigosidade da actividade
desenvolvida ou da frecuencia e gravidade da sinistralidade ou do volume de
efectivos dos centros de traballo.
Dito servicio de prevención terá que contar, como mínimo con dúas especialidades
ou disciplinas preventivas previstas no artigo 34 do regulamento dos Servicios
de Prevención, desenvolvidas por expertos coa capacitación requirida para as
funcións a desempeñaren, segundo o establecido no capítulo VI do citado
Regulamento.
4. Nos demais casos, deberase designar a un ou varios empregados públicos para
ocuparse da actividade preventiva, que poderían completar ó Servicio de
Prevención nun ámbito determinado.
Cando se opte pola designación de empregados públicos para a realización de
actividades de prevención, esta deberá ser consultada cos órganos de
representación do persoal.
5. Naqueles casos en que as peculiaridades da organización o requiran, de acordo
cos representantes de persoal, poderase recorrer a un ou varios servicios de
prevención alleos, que colaborarán entre si cando sexa necesario, debendo
cumprir co establecido nos artigos 17 a 19 do Regulamento dos Servicios de
Prevención e realizarse o concerto segundo o seu artigo 20, tralo informe das
organizacións sindicais representativas no ámbito de aplicación do presente Real
Decreto e de acordo co establecido no artigo 3º.4 do mesmo.
6. Poderá acordarse a constitución de servicios de prevención mancomunados entre
aqueles Departamentos ministeriais e Organismos públicos que desenvolvan
simultaneamente actividades nun mesmo edificio ou nunha área xeográfica
limitada, de conformidade co establecido no artigo 21 do regulamento dos
Servicios de Prevención.
Así mesmo, cando nun mesmo edificio desenvolvan actividades traballadores doutra
ou doutras Administracións públicas ou doutra ou doutras empresas ou autónomos,
deberanse adopta-los instrumentos necesarios para que tales Administracións ou
empresarios reciban a información e as instruccións adecuados en relación cos
riscos existentes nese centro de traballo, as medidas de protección e prevención
correspondentes, e de emerxencia a
utilizaren, para o seu traslado ós
seus respectivos traballadores, e establece-los medios de coordinación que sexan
necesarios en canto a todo isto.
Art. 7º. Funcións e niveis de cualificación.
índice^
1- As funcións e niveis de cualificación do persoal que leve a cabo as tarefas
de prevención de riscos laborais axustaranse ó disposto no capítulo VI do
Regulamento dos Servicios de Prevención, clasificándose para estes efectos as
funcións nos seguintes grupos:
a)
Funcións de nivel básico.
b)
Funcións de nivel intermedio.
c)
Funcións de nivel superior, correspondentes ás especialidades e
disciplinas preventivas de medicina do traballo, seguridade no traballo, hixiene
industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
2. Os proxectos e programas formativos deberán axustarse ós criterios xerais e
contidos mínimos que se establecen para cada nivel nos anexos III a VI do
Regulamento dos Servicios de Prevención.
3. As organizacións sindicais participarán na elaboración e execución dos
proxectos e programas formativos.
4. Nos Departamentos ministeriais e Organismos públicos realizaranse as
actuacións que se consideren necesarias para adapta-las estructuras e o persoal
dispoñible ás funcións e niveis de cualificación do persoal que leve a cabo as
tarefas de prevención de riscos laborais.
Art. 8º. Instrumentos de control.
índice^
1. No ámbito da Administración Xeral do Estado cada sistema de prevención deberá
someterse ó control periódico mediante auditorías ou avaliacións, e en calquera
caso, unha vez rematado o proceso de avaliación de riscos. A súa realización
corresponderá ó Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, como
Organismo científico técnico especializado da Administración Xeral do Estado que
ten como misión a análise e estudio das condicións de seguridade e saúde no
traballo, así como a promoción e apoio á mellora das mesmas. Esta competencia
entenderase sen prexuízo das que correspondan ó Consello de Seguridade Nuclear
de acordo coa súa lexislación específica.
2. A auditoría, como instrumento de xestión que ten que incluír unha avaliación
sistemática,documentada e obxectiva da eficacia do sistema de prevención, deberá
ser realizada de acordo coas normas técnicas establecidas ou que poidan
establecerse e tendo en conta a información recibida dos empregados públicos, e
terá como obxectivos:
a) Comprobar como se realizou a avaliación inicial e periódica dos riscos,
analiza-los seus resultados e verificalos,en caso de dúbida.
b) Comprobar que o tipo de planificación das actividades preventivas se axusta ó
disposto na normativa xeral,así como á normativa sobre riscos específicos que
sexa de aplicación.
c) Analiza-la adecuación entre os procedementos e medios requiridos para
realizaren as actividades preventivas e os recursos de que dispón o Organismo
público, propios ou concertados, tendo en conta, ademais, o modo en que están
organizados ou coordinados, de se-lo caso.
3. Os resultados da auditoría reflectiranse nun informe no que se incluirán
propostas tendentes á mellora dos servicios de prevención.
Dito informe manterase a disposición da autoridade laboral competente e unha
copia do mesmo entregarase ós representantes dos traballadores.
4. Para o desenvolvemento desta función de control, o Instituto Nacional de
Seguridade e Hixiene no Traballo contará coa colaboración da Inspección Xeral
de Servicios da Administración Pública e das Inspeccións de Servicios de
cada Departamento ministerial ou Organismo público. Nas institucións sanitarias
públicas, dita colaboración poderá ser realizada pola Inspección Sanitaria.
Art. 9º. Funcións da Dirección Xeral da Función Pública en materia de prevención
de riscos laborais.
índice^
A Dirección Xeral da Función Pública realizará funcións de coordinación en
materia de prevención de riscos laborais na Administración Xeral do Estado e
asumirá a interlocución coas organizacións sindicais representativas no ámbito
de aplicación do presente Real Decreto para os efectos do previsto no artigo
3º.4 do mesmo.
Para o desenvolvemento desta función,os órganos competentes da prevención de
riscos en cada Departamento ou Organismo público informarán periodicamente á
Dirección Xeral da Función Pública do estado de situación en canto á prevención
de riscos laborais e, en particular, dos plans e programas de prevención que se
elaboren, o sistema de organización dos recursos e, de se-lo caso, das medidas
correctoras que se vaian introducindo trala revisión de ditos plans e programas.
índice^
Primeira.
Servicios médicos de Departamentos e Organismos públicos.
Os servicios médicos dos Departamentos ministeriais e Organismos públicos
colaborarán nos servicios de
prevención dos correspondentes Departamentos ministeriais e Organismos públicos,
cando estes se constitúan, sen prexuízo de que continúen efectuando aquelas
funcións que tiveran atribuídas, distintas das propias do servicio de
prevención.
Para estes efectos levaranse a cabo accións de formación e perfeccionamento
necesarias
Segunda.
Representación de España no exterior.
Para os efectos da aplicación do presente Real Decreto nas representacións de
España no exterior teranse en conta as peculiaridades derivadas da súa
organización, dispersión xeográfica e simultaneidade de persoal sometido ó
Dereito español e local estranxeiro.
Terceira. Adaptacións orzamentarias e de relación depostos de traballo e
catálogos de persoa laboral.
Os gastos que se deriven da execución das medidas previstas no presente Real
Decreto deberán ser realizados por cada Departamento ministerial e Organismo
público con cargo ó seu orzamento.
No suposto en que para a aplicación do presente Real Decreto fora necesario
adapta-las relacións de postos de traballo ou, de se-lo caso, os catálogos de
persoal laboral dos Departamentos
ministeriais e Organismos públicos afectados, tales adaptacións non poderán
xerar en ningún caso incrementos dos gastos de persoal de ditos Departamentos ou
Organismos.
índice^
Primeira.
Servicios de prevención dos hospitais e centros sanitarios.
Os servicios de prevención dos hospitais e centros sanitarios que se creen
poderán incorporar ós profesionais sanitarios que na actualidade prestan os seus
servicios nas unidades de medicina preventiva e saúde pública ou de ATS/DUE, que
acrediten na actualidade ou poidan acreditar no prazo de cinco anos dende a súa
incorporación a formación que habilite para o desempeño das funcións de nivel
superior a que se refiren os artigos 34 e 37 do Real Decreto 39/1997, de 17 de
xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de Prevención.
As novas incorporacións que sexa necesario realizar en virtude da aplicación dos
criterios oficialmente aprobados pola autoridade competente para determina-lo
número mínimo de profesionais sanitarios de que debe constar cada un dos
servicios de prevención, efectuaranse con facultativos especialistas en Medicina
do Traballo, diplomados en Medicina de Empresa ou ATS de empresa. O mesmo
criterio aplicarase ás incorporacións que se produzan no futuro, con motivo da
cobertura de vacantes de persoal sanitario nos servicios de prevención.
Segunda. Servicios de prevención de determinados Departamentos e Organismos
públicos.
Sen prexuízo da realización das actividades preventivas establecidas na
lexislación vixente, deberán estar constituídos no prazo máximo de un ano, a partir da entrada en vigor do presente Real Decreto, os
servicios de prevención propios daquelas provincias nas que un Departamento
ministerial ou Organismo público con estructura periférica conte con máis
de cincuenta centros de traballo.
índice^
Única. Alcance da
derrogación normativa.
Quedan
derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó
disposto no presente Real Decreto.
índice^
Única. Entrada en vigor.
O presente Real Decreto entrará en vigor ós dous meses da súa publicación no
“Boletín Oficial do Estado”.
índice^
|