|
REAL DECRETO 783/2001, do 6 de xullo, polo que se aproba o
Regulamento sobre protección sanitaria contra RADIACIÓNS IONIZANTES.

Sumario
Artigo único. Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións
ionizantes.
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.
Disposición final primeira. Habilitación competencial.
Disposición final segunda. Desenvolvemento dos preceptos.
Disposición final terceira. Entrada en vigor.
REGULAMENTO
SOBRE PROTECCIÓN SANITARIA CONTRA AS RADIACIÓNS IONIZANTES
TÍTULO I. Disposicións xerais
CAPÍTULO I. Obxecto e ámbito de aplicación
CAPÍTULO I. Principios xerais
CAPÍTULO ÚNICO. Estimación de dose efectivas e equivalentes
TÍTULO IV. Principios fundamentais de protección operacional dos traballadores
expostos, persoas en formación e estudiantes para a execución das prácticas
CAPÍTULO I. Protección operacional dos traballadores expostos
SECCIÓN 1. CLASIFICACIÓN E DELIMITACIÓN DE ZONAS
SECCIÓN IV. AVALIACIÓN E APLICACIÓN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN RADIOACTIVA.
CAPÍTULO III. Avaliación da exposición
SECCIÓN I. VIXILANCIA DO AMBIENTE DE TRABALLO
SECCIÓN II. VIXILANCIA INDIVIDUAL
SECCIÓN III. REXISTRO E NOTIFICACIÓN DE RESULTADOS
CAPÍTULO IV. Vixilancia sanitaria dos traballadores expostos
SECCIÓN
I. VIXILANCIA SANITARIA DOS TRABALLADORES EXPOSTOS
SECCIÓN II. VIXILANCIA ESPECIAL DOS TRABALLADORES EXPOSTOS
SECCIÓN III. RECURSOS
CAPÍTULO V. Normas de protección para persoas en formación e estudiantes
TÍTULO V. Protección radiolóxica da poboación en circunstancias normais.
CAPÍTULO ÚNICO. Medidas fundamentais de vixilancia
TÍTULO VI. Intervencións
CAPÍTULO I.
Principios xerais
CAPÍTULO II. Intervención en caso de emerxencia radiolóxica
CAPÍTULO III. Intervención en caso
de exposición perdurable
TÍTULO VII.
Fontes naturais de radiación
CAPÍTULO ÚNICO. Incremento significativo da exposición debida a fontes naturais
de radiación
TÍTULO VIII. Inspección
CAPÍTULO
ÚNICO. Réxime de inspección e obrigas do titular.
TÍTULO IX. Réxime sancionador
CAPÍTULO ÚNICO. Réxime sancionador
Disposicións
adicionais
Disposicións
transitorias
(BOE do 26 de xullo de 2001)
O artigo 2.b) do Tratado
constitutivo da Comunidade Europea
da Enerxía Atómica (EURATOM) dispón que a Comunidade deberá establecer normas
uniformes de protección sanitaria dos traballadores e da poboación contra os
riscos que resulten das radiacións ionizantes, dirixidas a sinalas as dose
máximas admisibles que sexan compatibles cunha seguridade adecuada, os niveis de
contaminación máximos admisibles e os principios fundamentais da vixilancia
sanitaria dos traballadores.
En consecuencia, emanaron do
Consello sucesivas disposicións de obrigado cumprimento para os Estados membros,
entre as que se poden citar a Directiva 80/836/EURATOM e a Directiva
84/467/EURATOM, que establecen normas básicas de protección sanitaria da
poboación e os traballadores contra os riscos derivados das radiacións
ionizantes, completadas por outras medidas de acompañamento contidas na
Directiva 84/466/EURATOM, sobre medidas fundamentais de protección radiolóxica
das persoas sometidas a exames e tratamentos médicos, ou na Directiva
90/641/EURATOM, relativa á protección operacional dos traballadores exteriores
con risco de exposición a radiacións ionizantes por intervención en zona
controlada.
Neste sentido, o actual Real Decreto 53/1992, do 24 de xaneiro, polo que se
aproba o Regulamento de protección sanitaria contra radiacións ionizantes,
operou en España a transposición das
citadas directivas 80/836 e 84/467, de EURATOM, ao tempo que permitía aclarar,
desenvolver e completar o disposto no capitulo VI da Lei 25/1964, do 29 de
abril, sobre Enerxía Nuclear, constituíndo a norma básica en materia sanitaria
no sentido do artigo 149.1.16. da Constitución Española, en aplicación da
competencia exclusiva do Estado para dictar lexislación laboral segundo o artigo
149.1.7 da Carta Magna.
Posteriormente, debido ao considerable desenvolvemento nos coñecementos
científicos en relación coa protección radiolóxica, e baseándose nos novos
criterios recomendados na publicación número 60 da Comisión Internacional de
Protección Radiolóxica, aprobase, o 13 de maio de 1996, a Directiva
96/29/EURATOM, do Consello, pola que se establecen as normas básicas relativas á
protección sanitaria dos traballadores e da poboación contra os riscos que
resultan das radiacións ionizantes, que opera unha ampla revisión das Directivas
80/836/EURATOM e 84/467/EURATOM precedentes, adoptando criterios de estimación
de dose considerados razoables para protexer ás persoas, tanto nunha actividade
laboral como noutras situacións de exposición a radiación, incluíndo as que
supoñan exposición a fontes artificiais de radiación ou a fontes naturais de
radiación que supoñan incrementos significativos de dose, e contemplando
especificamente as intervencións debidas a unha emerxencia radiolóxica. Así
mesmo, a Directiva 84/466/EURATOM foi revisada pola Directiva 97/43/EURATOM,
relativa á protección da saúde fronte aos riscos derivados das radiacións
ionizantes en exposicións médicas.
O compromiso de cumprir o disposto no artigo 55 da citada Directiva
96/29/EURATOM, que impón a todos os Estados membros de EURATOM a obriga de
adoptar as medidas lexislativas, regulamentarias ou administrativas necesarias
para operar a súa transposición antes do 13 de maio de 2000, e por outra parte,
a necesidade de revisar o Regulamento de Protección Sanitaria de 1992, que
quedara incompleto, desfasado ou sen aplicación práctica polo transcurso do
tempo, fixeron necesario proceder a aprobar un novo texto regulamentario que,
xunto a outras disposicións que poidan incidir neste ámbito, contemple as normas
básicas de protección radiolóxica aplicables, dunha forma sistemática e baixo os
principios de xustificación, optimización e limitación de dose aos que alude
tamén a propia Directiva 96/29/EURATOM, e que derrogando o anterior Real Decreto
53/1992, do 24 de xaneiro, sobre protección sanitaria contra radiacións
ionizantes, constitúa, una vez máis, texto básico en materia sanitaria e
regulamentación estatal propia do ordenamento laboral, ao amparo dos artigos
149.1.16 e 149.1.7, respectivamente, da Constitución Española.
Mediante este novo Real Decreto realizase unha transposición da Directiva
96/29/EURATOM, aínda que non íntegra, xa que parte da mesma foi obxecto de
transposición no Real Decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o
Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas.
Por último, cabe indicar que o proxecto da presente disposición foi comunicado á
Comisión da Unión Europea, de acordo co establecido no artigo 33 do Tratado
constitutivo da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM).
Na súa virtude, a proposta dos Ministros de Economía, do Interior, de Sanidade e
Consumo, de Traballo e Asuntos Sociais, e de Defensa, conforme á Regulamentación
proposta polo Consello de Seguridade Nuclear, oída a Comisión Nacional de
Seguridade e Saúde no traballo, de acordo co Consello de Estado e previa
deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 6 de xullo de 2001.
DISPOÑO
Artigo único. Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións
ionizantes.
índice^
Apróbase o adxunto regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións
ionizantes.
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.
índice^
Queda derrogado o Real Decreto 53/1992, do 24 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.
Disposición final primeira. Habilitación competencial.
índice^
O presente Regulamento díctase ao amparo do disposto no artigo 149.1.7 e 16. da Constitución.
Disposición final segunda. Desenvolvemento dos preceptos.
índice^
Os Ministros de Economía, do Interior, de Sanidade e Consumo, de Traballo e
Asuntos Sociais, e de Defensa, no ámbito das súas competencias, poderán dictar
as disposicións oportunas para o desenvolvemento e aplicación do presente
Regulamento.
O Consello de Seguridade Nuclear poderá dictar instruccións, circulares e guías
ou normas técnicas para facilitar a aplicación deste Regulamento.
Disposición final terceira. Entrada en vigor.
índice^
Este Real Decreto entrará en vigor o dia seguinte ao da súa publicación no
“Boletín Oficial do Estado”.
Dado en Madrid a 6 de xuño de 2001.
O Ministro da Presidencia
Juan José Lucas Giménez
Juan Carlos R.
REGULAMENTO SOBRE PROTECCIÓN SANITARIA
CONTRA AS RADIACIÓNS IONIZANTES
TÍTULO I. Disposicións xerais
CAPÍTULO I. Obxecto e ámbito de aplicación
índice^
Artigo 1. Obxecto.
1.
Este regulamento ten por obxecto establecer as normas relativas á
protección dos traballadores e dos membros do público contra os riscos que
resultan das radiacións ionizantes, de acordo coa Lei 25/1964, do 29 de abril,
sobre Enerxía Nuclear.
2.
Aos efectos deste Regulamento, utilizaranse as definicións contidas no
anexo 1.
Artigo 2. Ámbito de aplicación.
1.
O presente Regulamento aplicarase a todas as prácticas que impliquen un
risco derivado das radiacións ionizantes que procedan dunha fonte artificial, ou
ben, dunha fonte natural de radiación cando os radionucleidos naturais son ou
foran procesados polas súas propiedades radioactivas, fisionables ou fértiles, a
saber:
a)
A explotación de minerais radioactivos, a producción, tratamento,
manipulación, utilización, posesión, almacenamento, transporte, importación,
exportación, movemento intracomunitario e eliminación de sustancias
radioactivas.
b)
A operación de todo equipo eléctrico que emita radiacións ionizantes e
que conteña compoñentes que funcionen a unha diferencia de potencial superior a
5 KV.
c)
A comercialización de fontes radioactivas e a asistencia técnica de
equipos que incorporen fontes radioactivas ou sexan productores de radiacións
ionizantes.
d)
Calquera outra práctica que a Autoridade competente, por razón da
materia, previo informe do Consello de Seguridade Nuclear, considere oportuno
definir.
Así mesmo, será de aplicación
ás actividades que desenvolvan as empresas externas ás que se refire o Real
Decreto 413/1997, do 21 de marzo, sobre protección operacional dos traballadores
externos con risco de exposición ás radiacións ionizantes por intervención en
zona controlada.
2.
O presente Regulamento aplicarase nos termos do Título VI a toda
intervención no caso de emerxencia radiolóxica ou en caso de exposición
perdurable.
3.
O presente Regulamento aplicarase nos termos do Título VII a toda
actividade laboral non contemplada no apartado 1, pero que supoña a presencia de
fontes naturais de radiación e dea lugar a un aumento significativo da
exposición dos traballadores ou de membros do público que non poida considerarse
desprezable dende o punto de vista da protección radiolóxica.
4.
O presente Regulamento non se aplicará á exposición ao radón nas vivendas
ou aos niveis naturais de radiación, é dicir, aos radionucleidos contidos no
corpo humano, aos raios cósmicos a nivel do chan ou á exposición por encima do
nivel do chan debida aos radionucleidos presentas na cortiza terrestre non
alterada.
índice^
Artigo 3. Autoridades e organismos administrativos.
Corresponde á autoridade
competente, en cada caso, por razón da materia, e ao Consello de Seguridade
Nuclear, no ámbito das súas funcións, asegurar o cumprimento do disposto neste
Regulamento.
CAPÍTULO I. Principios xerais
Artigo 4. Principios xerais.
1.
Toda nova clase ou tipo de
práctica incluída no ámbito de aplicación do presente Regulamento deberá ser
xustificada polo promotor da mesma ante a autoridade competente, quen, previo
informe do Consello de Seguridade Nuclear, decidirá se procede a súa adopción
considerando as vantaxes que represente en relación co detrimento da saúde que
puidera ocasionar.
O Consello de Seguridade Nuclear poderá propoñer a revisión das clases ou tipos
de prácticas existentes dende o punto de vista da súa xustificación, sempre que
xurdan novas e importantes evidencias sobre a súa eficiencia ou consecuencias.
2.
As dose individuais, o número de persoas expostas e a probabilidade de
que se produzan exposicións potenciais, deberán manterse no valor máis baixo que
sexa razoablemente posible, tendo en conta factores económicos e sociais.
3.
A suma das dose recibidas procedentes de todas as prácticas pertinentes
non excederá os límites de dose establecidos no presente título para os
traballadores expostos, as persoas en formación, os estudiantes e os membros do
público, ser prexuízo do disposto no artigo 12 deste Regulamento.
4.
Os principios definidos nos apartados 1 e 2 aplicaranse a todas as
exposicións ás radiación ionizantes que resulten das prácticas a que se refire o
apartado 1 do artigo 2, incluídas as exposicións médicas. O principio definido
no apartado 3 non se aplicará a ningunha das exposicións seguintes:
a)
A exposición de persoas no marco do seu propio diagnóstico ou tratamento
médico.
b)
A exposición deliberada e voluntaria de persoas, cando iso non constitúa
parte da súa ocupación, para axudar ou aliviar a pacientes en diagnóstico ou
tratamento médico.
c)
A exposición de voluntarios que participen en programas de investigación
médica e biomédica.
Artigo 5. Prohibicións e
requisitos especiais.
1.
Queda prohibida a adición de sustancias radioactivas na producción de
alimentos, xoguetes, adornos persoais e cosméticos, e a importación, exportación
ou movemento intracomunitario dos devanditos bens cando leven incorporadas
sustancias radioactivas.
2.
A administración deliberada de sustancias radioactivas a persoas e, na
medida en que afecte á protección de seres humanos fronte á radiación, ou
animais, con fins de diagnóstico, tratamento ou investigación de carácter médico
ou veterinario, só poderá facerse en instalacións radioactivas autorizadas con
tal fin.
3.
En canto aos medicamentos que conteñan sustancias radioactivas, estarase
ao disposto na Lei 25/1990, de 20 de decembro, do Medicamento.
Artigo 6. Restriccións de dose.
1.
No contexto da optimización da protección radiolóxica, cando sexa
adecuado, o titular da práctica utilizará restriccións de dose que, no seu caso,
poderán basearse nas orientacións que estableza o Consello de Seguridade
Nuclear. As devanditas restriccións de dose serán avaliadas e, se procede,
aprobadas polo Consello de Seguridade Nuclear.
2.
Deberán incluírse restriccións de dose nos procedementos que deban
aplicarse ás persoas expostas conforme se definen nos parágrafos b) e e) do apartado 4 do artigo 4, baseándose nas orientacións que
estableza o Ministerio de Sanidade e Consumo.
Artigo 7. Responsabilidade.
O titular da práctica será
responsable de que os principios que aquí se establecen sexan aplicados no
ámbito da súa actividade e competencia.
índice^
Artigo 8. Aplicación.
Os límites de dose aplicaranse á
suma das dose procedentes das exposicións externas no período especificado e as
dose comprometidas a cincuenta anos (ata setenta anos no caso de nenos) a causa
das incorporacións producidas no mesmo período. No seu cómputo non se incluirá a
dose debida ao fondo radioactivo natural nin á exposición sufrida como
consecuencia de exames e tratamentos médicos.
Artigo 9. Límites de dose para
os traballadores expostos.
1.
O límite de dose efectiva para traballadores expostos será de rnSv
durante todo período de cinco anos oficiais consecutivos, suxeito a unha dose
efectiva máxima de 50 rnSv en calquera ano oficial.
2.
Sen prexuízo do disposto no apartado 1:
a)
O límite de dose equivalente para o cristalino será de 150 rnSv por ano
oficial.
b)
O límite de dose equivalente para a pel será de 500 rnSv por ano oficial.
O devandito limite aplicarase á dose promediada sobre calquera superficie de 1
crn´, con independencia da zona exposta.
c)
O límite de dose equivalente para as mans, antebrazos, pes e tobillos
será de 500 rnSv por ano oficial.
Artigo 10. Protección especial
durante o embarazo e a lactación.
1.
Tan pronto como unha muller embarazada comunique o seu estado ao titular
da práctica, a protección do feto deberá ser comparable á dos membros do
público. Por iso, as condicións de traballo da muller embarazada serán tales que
a dose equivalente ao feto sexan tan baixa como sexa razoablemente posible, de
forma que sexa improbable que a devandita dose exceda de 1 rnSv, polo menos
dende a comunicación do seu estado ata o final do embarazo.
2.
Dende o momento en que unha muller, que se encontre en período de
lactación, informe do seu estado ao titular da práctica, non se lle asignarán
traballos que supoñan un riscos significativo de contaminación radioactiva. En
tales supostos deberá asegurarse unha vixilancia adecuada da posible
contaminación radioactiva do seu organismos.
Artigo 11. Límite de dose para
persoas en formación e estudiantes.
1.
Os límites de dose para as persoas en formación e os estudiantes maiores
de dezaoito anos que, durante os seus estudios, teñan que utilizar fontes, serán
os mesmos que os dos traballadores expostos que se establecen no artigo 9.
2.
O límite de dose efectiva para persoas en formación e estudiantes con
idades comprendidas entre dezaseis e dezaoito anos que, durante os seus estudios
teñan que utilizar fontes, será de 6 rnSv por ano oficial.
Sen prexuízo deste límite de dose:
a)
O límite de dose equivalente para o cristalino será de 50 rnSv por ano
oficial.
b)
O límite de dose equivalente para a pel será de 150 rnSv por ano oficial.
O devandito límite aplicarase á dose promediada sobre calquera superficie de 1
crn´, con independencia da zona exposta.
c)
O límite de dose equivalente para as mans, antebrazos, pes e tobillos
será de 150 rnSv por ano oficial.
4.
Os límites de dose para as persoas en formación e os estudiantes que non
estean sometidos ás disposicións previstas nos apartados 1 e 2 serán os mesmos
que os establecidos no artigo 13 para os membros do público.
Artigo 12. Exposición
especialmente autorizada.
1.
En situacións excepcionais, excluídas as emerxencias radiolóxicas, o
Consello de Seguridade nuclear poderá autorizar, para cada caso concreto,
exposicións ocupacionais individuais superiores aos límites de dose establecidos
no artigo 9. A situación que implique este risco terá a consideración de
exposición especialmente autorizada.
2.
A autorización á que se refire o apartado anterior só se concederá cando
as exposicións estean limitadas no tempo, se circunscriban a determinadas zonas
de traballo e estean comprendidas dentro dos niveis máximos de dose por
exposición que defina para ese caso concreto o Consello de Seguridade Nuclear.
Teranse en conta as seguintes condicións:
a)
Só serán admitidos en exposicións especialmente autorizadas os
traballadores expostos pertencentes á categoría A, definida no artigo 20.
b)
Non se autorizará a participación en exposicións especialmente
autorizadas a:
1.
As mulleres embarazadas e aquelas que en período de lactación poidan
sufrir unha contaminación corporal.
2.
As persoas en formación ou estudiantes.
c)
O titular da práctica deberá xustificar con antelación as devanditas
exposicións e informar razoadamente aos traballadores involucrados, aos seus
representantes, ao Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia
e control da saúde dos traballadores, ao Servicio de Protección Radiolóxica ou a
Unidade Técnica de Protección Radiolóxica ou, no seu defecto, ao Supervisor ou
persoa á que se lle encomenden as funcións de protección radiolóxica.
d)
Antes de participar nunha exposición especialmente autorizada, os
traballadores deberán recibir a información adecuada sobre os riscos que
implique a operación e as precaucións que deberán adoptarse durante a mesma. A
participación dos devanditos traballadores terá o carácter de voluntaria.
3.
A superación dos límites de dose como resultado de exposicións
especialmente autorizadas non constituirá motivo para excluír ao traballador das
súas ocupacións habituais ou cambialo de posto sen o seu consentimento. As
condicións de exposición posteriores deberán someterse ao criterio do Servicio
de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos
traballadores.
Artigo 13. Límites de dose para os membros do
público.
1.
O límite de dose efectiva para os membros do público será de 1 rnSv por
ano oficial. Non obstante, en circunstancias especiais, o Consello de Seguridade
Nuclear poderá autorizar un valor de dose efectiva máis elevado nun único ano
oficial, sempre que o termo medio durante cinco anos oficiais consecutivos non
exceda 1 rnSv por ano oficial.
2.
Sen prexuízo do disposto no apartado 1:
a)
O límite de dose equivalente para o cristalino será de 15 rnSv por ano
oficial.
b)
O límite de dose equivalente para a pel será de 50 rnSv por ano oficial.
O devandito límite aplicarase á dose promediada sobre calquera superficie
cutánea de 1 cm, con independencia da superficie exposta.
CAPÍTULO ÚNICO. Estimación de dose efectivas e equivalentes
índice^
Artigo 14. Criterios de
estimación de dose.
Para a estimación das dose
efectivas e equivalentes utilizaranse os valores e relacións a que se refire o
presente título, a saber:
a)
Para a radiación externa, deberán usarse os valores e relacións do anexo
11 para estimas as dose efectivas e equivalentes pertinentes.
b)
Para a exposición interna procedente dun radionucleido ou dunha mestura
de radionucleidos deberanse utilizar os valores e relacións dos anexos 11 e 111
co obxecto de estimar as dose efectivas.
O Consello de Seguridade Nuclear poderá autorizar o uso de métodos equivalentes.
TÍTULO IV. Principios fundamentais de protección operacional dos traballadores
expostos, persoas en formación e estudiantes para a execución das prácticas
CAPÍTULO I. Protección operacional dos traballadores expostos
índice^
Artigo 15. Principios de protección dos traballadores expostos.
A protección operacional dos traballadores expostos basearase nos seguintes
principios:
a)
Avaliación previa das condicións laborais para determinar a natureza e
magnitude do risco radiolóxico e asegurar a aplicación do principio de
optimización.
b)
Clasificación dos lugares de traballo en diferentes zonas, tendo en conta
a avaliación das dose anuais previstas, o risco de dispersión da contaminación e
a probabilidade e magnitude de exposicións potenciais.
c)
Clasificación dos traballadores expostos en diferentes categorías segundo
as súas condicións de traballo.
d)
Aplicación das normas e medidas de vixilancia e control relativas ás
diferentes zonas e ás distintas categorías de traballadores expostos, incluída,
no seu caso, a vixilancia individual.
e)
Vixilancia sanitaria.
SECCIÓN 1. CLASIFICACIÓN E DELIMITACIÓN DE ZONAS
índice^
Artigo 16. Establecemento de
zonas.
A efectos de protección
radiolóxica, o titular da práctica identificará e delimitará todos os lugares de
traballo nos que exista a posibilidade de recibir dose efectivas superiores a 1
rnSv por ano oficial ou unha dose equivalente superior a 1/10 dos límites para o
cristalino, a pel e as extremidades establecidos no apartado 2 do artigo 9, e
establecerá as medidas de protección radiolóxica aplicables. As devanditas
medidas deberán adaptarse á natureza das instalacións e das fontes, así como á
magnitude e natureza dos riscos. O alcance dos medios de prevención e de
vixilancia, así como a súa natureza e calidade, deberán estar en función dos
riscos vinculados aos traballos que impliquen unha exposición ás radiacións
ionizantes.
Artigo 17. Clasificación de
zonas.
1.
O titular da práctica clasificará os lugares de traballo en función do
risco de exposición e tendo en conta a probabilidade e a magnitude das
exposicións potenciais, nas seguintes zonas:
a)
Zona controlada: É aquela zona na que:
1.
Exista a posibilidade de recibir dose efectivas superiores a 6 rnSv por
ano oficial ou unha dose equivalente superior a 3/10 dos límites de dose
equivalentes para o cristalino, a pel e as extremidades, segundo se establece no
apartado 2 do artigo 9, ou
2.
Sexa necesario seguir procedementos de traballo co obxecto de restrinxir
a exposición á radiación ionízante, evitar a dispersión de contaminación
radioactiva ou previr ou limiar a probabilidade e magnitude de accidentes
radiolóxicos ou as súas consecuencias.
b)
Zona vixiada: É aquela zona na que, non sendo zona controlada, exista a posibilidade
de recibir dose efectivas superiores a 1 rnSv por ano oficial ou unha dose
equivalente superior a 1/10 dos límites de dose equivalentes para o cristalino,
a pel e as extremidades, segundo se establece no apartado 2 do artigo 9.
2.
Ademais, as zonas controladas poderanse subdividir nas seguintes:
a)
Zonas de permanencia limitada: Son aquelas nas que existe o risco de recibir unha
dose superior aos límites de dose fixados no artigo 9.
b)
Zonas de permanencia regulamentada:
Son aquelas nas que existe o risco de recibir en curtos períodos de tempo unha
dose superior aos límites de dose fixados no artigo 9 e que requiren
prescricións especiais dende o punto de vista da optimización.
c)
Zonas de acceso prohibido: Son aquelas nas que existe o risco de recibir,
nunha exposición única, dose superiores aos límites de dose fixados no artigo 9.
3.
A clasificación dos lugares de traballo nas zonas establecidas deberá
estar sempre actualizada de acordo coas condicións reais existentes, polo que o
titular da práctica someterá a revisión a clasificación de zonas baseándose nas
variacións das condicións de traballo.
Artigo 18. Requisitos das
zonas.
1.
Tendo en conta a natureza e a importancia dos riscos radiolóxicos, nas
zonas controladas e vixiadas deberase realizar unha vixilancia radiolóxica do
ambiente de traballo, segundo o
disposto no artigo 26. Ademais estas zonas:
a)
Estarán delimitadas adecuadamente e sinalizadas de maneira que quede de
manifesto o risco de exposición existente nas mesmas. Esta sinalización
efectuarase de acordo co especificado no anexo M.
b)
O acceso estará limitado ás persoas autorizadas ao efecto e que recibiran
as instruccións adecuadas ao risco existente no interior das devanditas zonas.
Nas zonas controladas, estas instruccións serán acordes cos procedementos de
traballo establecidos por escrito polo titular da práctica.
2.
Nas zonas controladas nas que exista:
a)
Risco de exposición externa será obrigatorio o uso de dosímetros
individuais.
b)
Risco de contaminación, será obrigatoria a utilización de equipos
persoais de protección adecuados ao riscos existente. Á saída destas zonas
existirán detectores adecuados para comprobar a posible contaminación de persoas
e equipos e, no seu caso, poder adoptar as medidas oportunas.
3.
Nas zonas vixiadas debe efectuarse, polo menos, mediante dosimetría de
área, unha estimación das dose que poden recibirse.
4.
O titular da práctica é o responsable de que se cumpra o establecido nos
apartados 1, 2 e 3 anteriores e de que isto se realice coa supervisión do
Servicio de Protección Radiolóxica ou a Unidade Técnica de Protección
Radiolóxica ou, no seu defecto, do Supervisor ou persoa á que se lle encomenden
as funcións de protección radiolóxica.
índice^
Artigo 19. Límite de idade para
traballadores expostos.
Sen prexuízo do disposto no
apartado 2 do artigo 11, non poderán asignarse aos menores de dezaoito anos
tarefas que puideran convertelos en traballadores expostos.
Artigo 20. Clasificación de
traballadores expostos.
Por razóns de vixilancia e control
radiolóxico, o titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa será
responsable de clasificar aos traballadores expostos en dúas categorías.
Categoría A. Pertencen a esta categoría aquelas persoas que,
polas condicións nas que se realiza o seu traballo, poidan recibir unha dose
efectiva superior a 6 irnSv por ano oficial ou unha dose equivalente superior a
3/10 dos límites de dose equivalente para o cristalino, a pel e as extremidades,
segundo se establece no apartado 2 do artigo 9.
Categoría B. Pertencen a esta categoría aquelas persoas que,
polas condicións nas que se realiza o seu traballo, é moi improbable que reciban
dose superiores a 6 irnSv por ano oficial ou a 3/10 dos límites de dose
equivalente para o cristalino, a pel e as extremidades, segundo se establece no
apartado 2 do artigo 9.
índice^
Artigo 21. Información e
formación.
1.
O titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa deberá informar,
antes de iniciar a súa actividade, aos seus traballadores expostos, persoas en
formación e estudiantes que, durante os seu estudios, teñan que utilizar fontes,
sobre:
a)
Os riscos radiolóxicos asociados e a importancia que reviste o
cumprimento dos requisitos técnicos, médicos e administrativos.
b)
As normas e procedementos de protección radiolóxica e precaucións que
deben adoptar, polo que respecta á práctica en xeral e a cada tipo de destino ou
posto de traballo que se lles poida asignar.
c)
No caso de mulleres, a necesidade de efectuar rapidamente a declaración
de embarazo e notificación de lactación, habida conta dos riscos de exposición
para o feto, así como o risco de contaminación do lactante no caso de
contaminación radioactiva corporal.
2.
O titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa deberá
proporcionar aos traballadores expostos persoas en formación e estudiantes,
antes de iniciar a súa actividade e periodicamente, formación en materia de
protección radiolóxica a un nivel adecuado á súa responsabilidade e ao risco de
exposición ás radiacións ionizantes no seu posto de traballo.
SECCIÓN IV. AVALIACIÓN E APLICACIÓN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN RADIOACTIVA.
índice^
Artigo 22. Aplicación das medidas de protección radiolóxica dos traballadores
expostos.
O titular da práctica será
responsable de que o exame e control dos dispositivos e técnicas de protección e
dos instrumentos de medición se efectúen de acordo cos procedementos
establecidos, e coa supervisión do Servicio de Protección Radiolóxica ou a
Unidade Técnica de Protección Radiolóxica ou , no seu defecto, do Supervisor ou
persoa á que se lle encomenden as funcións de protección radiolóxica, e
comprenderá en particular:
a)
O exame crítico previo dos proxectos da instalación dende o punto de
vista da protección radiolóxica.
b)
A autorización de posta en servicio de fontes novas ou modificadas dende
o punto de vista da protección radiolóxica.
c)
A comprobación periódica da eficacia dos dispositivos e técnicas de
protección.
d)
A calibración, verificación e comprobación periódica do bo estado e
funcionamento dos instrumentos de medición.
Artigo 23. Servicios e
Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica.
O Consello de Seguridade
Nuclear, considerando o risco radiolóxico, poderá esixir aos titulares das
prácticas recollidas no artigo 2 que se doten dun Servicio de Protección
Radiolóxica (SPR) ou que contraten cunha Unidade Técnica de Protección
Radiolóxica (UTPR), para que lles proporcionen asesoramento específico en
protección radiolóxica e encomendarlles as funcións nesta materia que en eles
recaen segundo este regulamento.
Artigo 24. Autorización e
organización dos Servicios e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica.
1.
Os Servicios e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica deberán ser
expresamente autorizados polo Consello de Seguridade Nuclear e estarán
constituídos polo Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica
e por técnicos expertos en protección radiolóxica.
2.
Os Servicios de Protección Radiolóxica organizaranse e actuarán
independentemente do resto de unidades funcionais e o Xefe deste Servicio
manterá unha dependencia funcional directa co titular ou, no seu caso, persoa en
que recaia a máxima responsabilidade dentro da instalación ou centro. Todo isto
sen prexuízo da coordinación necesaria cos Servicios de Prevención establecidos
na lexislación laboral.
3.
Os Servicios e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica poderán actuar
en máis dunha instalación cando estean autorizados ao efecto polo Consello de
Seguridade Nuclear.
Artigo 25. Acreditación e
obrigas do Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica.
1.
O Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de
Protección Radiolóxica deberá estar en posesión dun diploma, expedido polo
Consello de Seguridade Nuclear, que lle habilite ao efecto.
2.
O Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de
Protección Radiolóxica deberá velar polo cumprimento deste Regulamento. No
suposto de que este non se cumprira, estará obrigado a comunicarllo por escrito
ao titular da práctica, mantendo o correspondente rexistro a disposición da
Inspección. Da mesma maneira requirirá por escrito ao titular da práctica a
paralización dos traballos ou o desaloxo dunha área, cando ao seu xuízo estime
que non se cumpren os debidos requisitos de protección radiolóxica.
CAPÍTULO III. Avaliación da exposición
SECCIÓN I. VIXILANCIA DO AMBIENTE DE TRABALLO
índice^
Artigo 26. Vixilancia do ambiente de traballo.
1.
A vixilancia radiolóxica do ambiente de traballo á que fai referencia o
apartado 1 do artigo 18 comprenderá:
a)
A medición das taxas de dose externas, especificando a natureza e
calidade das radiacións das que se trate.
b)
A medición das concentracións de actividade no aire e a contaminación
superficial, especificando a natureza das sustancias radioactivas contaminantes
e os seus estados físico e químico.
2.
Os documentos correspondentes ao rexistro, avaliación e resultado da
devandita vixilancia deberán ser arquivados polo titular da práctica, quen os
terá a disposición da autoridade competente.
3.
Cando sexa adecuado, os resultados destas medidas usaranse para estimar
as dose individuais, de acordo co que se establece no artigo 30.
SECCIÓN II. VIXILANCIA INDIVIDUAL
índice^
Artigo 27. Vixilancia
individual.
1.
As dose recibidas polos traballadores expostos deberán determinarse de
acordo co establecido nos artigos 28 e 29 cando as condicións de traballo sexan
normais, cunha periodicidade non superior a un mes, para a dosimetría externa, e
coa periodicidade que, en cada caso, se estableza para a dosimetría interna, de
aqueles traballadores que están expostos a risco de incorporación de
radionucleidos.
2.
A dosimetría individual, tanto externa como interna, será efectuada polos
Servicios de Dosimetría Persoal expresamente autorizados polo Consello de
Seguridade Nuclear.
3.
O titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa transmitirá os
resultados dos controis dosimétricos ao Servicio de Prevención que desenvolva a
función de vixilancia e control da saúde dos traballadores, a quen corresponderá
interpretalos dende o punto de
vista sanitario. En caso de urxencia, a devandita transmisión deberá ser
inmediata.
Artigo 28. Estimación das
dose dos traballadores de categoría A.
En relación cos
traballadores expostos pertencentes á categoría A será obrigatorio:
a)
En caso de risco de exposición externa, a utilización de dosímetros
individuais que midan a dose externa, representativa da dose para a totalidade
do organismo durante toda a xornada laboral.
b)
No caso de risco de exposición parcial ou non homoxénea do organismo, a
utilización de dosímetros adecuados nas partes potencialmente máis afectadas.
c)
No caso de risco de contaminación interna, a realización das medidas ou
análise pertinentes para avaliar as dose correspondentes.
Artigo 29. Estimación das
dose dos traballadores de categoría B.
As dose individuais
recibidas polos traballadores expostos pertencentes á categoría B poderanse
estimar a partir dos resultados da vixilancia realizada no ambiente de traballo
que se establece no artigo 26, sempre e cando estes permitan demostrar que os
devanditos traballadores están clasificados correctamente na
categoría B.
Artigo 30. Estimacións
especiais de dose.
Nos casos nos que non sexa
posible ou resulten inapropiadas as medicións individuais, a vixilancia
individual basearase nunha estimación realizada a partir de medicións
individuais feitas a outros traballadores expostos ou a partir dos resultados da
vixilancia do ambiente de traballo prevista no artigo 26, facéndose constar
expresamente este feito no historial dosimétrico do traballador.
Artigo 31. Sistemática
aplicable á dosimetría de área.
A sistemática para o uso de
dosímetros ou instrumentos utilizados para a dosimetría de área e o procedemento
de asignación de dose asociado deberá incluírse nun protocolo escrito suxeito á
avaliación e inspección do Consello de Seguridade Nuclear.
Artigo 32. Estimación de
dose en exposicións accidentais e de emerxencia.
No caso de exposicións
accidentais avaliaranse as dose asociadas e a súa distribución no corpo. En caso
de exposicións de emerxencia realizarase unha vixilancia individual ou
avaliacións das dose individuais en función das circunstancias.
Artigo 33. Superación dos
límites de dose.
Cando a consecuencia dunha
exposición especialmente autorizada, exposición accidental ou exposición de
emerxencia se puideran ter superado os límites de dose fixados no artigo 9,
deberá realizarse un estudio para avaliar, coa maior rapidez e precisión
posible, as dose recibidas na totalidade do organismos ou nas rexións ou órganos
afectados.
Estes casos e os resultados
do estudio serán inmediatamente postos en coñecemento do Servicio de Prevención
que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores, do
Consello de Seguridade Nuclear e do traballador afectado.
SECCIÓN III. REXISTRO E NOTIFICACIÓN DE RESULTADOS
índice^
Artigo 34. Historial
dosimétrico e rexistros adicionais.
1.
Será obrigatorio rexistrar todas as dose recibidas durante a vida laboral
dos traballadores expostos nun historial dosimétrico individual, que se manterá
debidamente actualizado e estará, en todo momento, a disposición do propio
traballador.
A
estes efectos, será tamén obrigatorio rexistrar, conservar e manter a
disposición do traballador os seguintes documentos:
a)
No caso das exposicións ás que se refiren os artigos 32 e 33, os informes
relativos ás circunstancias e ás medidas adoptadas.
b)
Os resultados da vixilancia do ambiente de traballo que se utilizaran
para estimar as dose individuais.
2.
O historial dosimétrico de todo traballador exposto de categoría A deberá
figurar, ademais, no seu historial médico ao que se refire o artigo 44.
Artigo 35. Contido do historial dosimétrico.
No
historial dosimétrico correspondente a traballadores da categoría A
rexistraranse as dose mensuais, as dose acumuladas en cada ano oficial e as dose
acumuladas durante cada período de cinco anos oficiais consecutivos. No caso de
traballadores da categoría B, rexistraranse as dose anuais determinadas ou
estimadas.
Artigo 36. Rexistro das dose por exposición especialmente autorizada, accidente
ou emerxencia.
Toda
dose recibida como consecuencia dunha exposición especialmente autorizada deberá
quedar consignada como tal no historial dosimétrico, especificando, no seu caso,
as incorporacións de radionucleidos no organismo. Estas dose, así como as
recibidas por exposicións de accidente ou de emerxencia, figurarán no historial
dosimétrico, rexistradas por separado das recibidas durante o traballo en
condicións normais.
Artigo 37. Comunicación de dose.
1.
Os traballadores expostos que o sexan en máis dunha actividade ou
instalación estarán obrigados a dar conta expresa de tal circunstancia ao Xefe
de Servicio de Protección Radiolóxica ou Unidade Técnica de Protección
Radiolóxica ou, no seu defecto, ao Supervisor ou persoa que teña encomendadas as
funcións de protección radiolóxica de cada un dos centros nos que traballen, ao
obxecto de que en todos eles conste, actualizado e completo, o seu historial
dosimétrico individual. A tal fin, o traballador deberá comunicar en cada
actividade os resultados dosimétricos que se lle proporcionen nas demais.
2.
No caso de cambio de emprego, o traballador deberá proporcionar copia
certificada do seu historial dosimétrico ao titular do seu novo destino.
Artigo 38. Arquivo de documentación.
1.
O historial dosimétrico dos traballadores expostos, os documentos
correspondentes á avaliación de dose e ás medidas dos equipos de vixilancia, nos
supostos do artigo 34, e os informes referentes ás circunstancias e medidas
adoptadas nos casos de exposición accidental ou de emerxencia, segundo se
contempla no artigo 32 deste Regulamento, deberán ser arquivados polo titular da
práctica, ata que o traballador cumpra a idade de setenta e cinco anos, e nunca
por un período inferior a trinta anos, contados a partir da data de cese do
traballador naquelas actividades que supoñeren a súa clasificación como
traballador exposto.
2.
O titular da práctica facilitará esta documentación ao Consello de
Seguridade Nuclear e, en función das súas propias competencias, ás
Administracións Públicas, nos supostos previstos nas Leis, e a os Xulgados e
Tribunais que a soliciten.
3.
No caso de que o traballador exposto cese no seu emprego, o titular da
práctica deberá proporcionarlle unha copia certificada do seu historial
dosimétrico.
4.
Ao producirse o cese definitivo nas prácticas reguladas por este
Regulamento, os titulares das mesmas farán entrega ao Consello de Seguridade
Nuclear dos expedientes referidos no parágrafo primeiro deste artigo.
5.
No caso de traballadores externos, será a empresa externa da que dependa
o mesmo a responsable de cumprir o establecido no presente artigo.
CAPÍTULO IV. Vixilancia sanitaria dos traballadores expostos
SECCIÓN I. VIXILANCIA SANITARIA DOS TRABALLADORES EXPOSTOS
índice^
Artigo 39. Vixilancia
sanitaria dos traballadores expostos.
A vixilancia sanitaria dos
traballadores expostos basearase nos principios xerais de Medicina do Traballo e
na Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre Prevención de Riscos Laborais, e
Regulamentos que a desenvolven.
Artigo 40. Exames de
saúde.
1.
Toda persoa que vaia ser clasificada como traballador exposto de
categoría A deberá ser sometida a un exame de saúde previo, que permita
comprobar que non está incursa en ningunha das incompatibilidades que legalmente
estean determinadas e decidir a súa aptitude para o traballo.
2.
Os traballadores expostos de categoría A estarán sometidos, ademais, a
exames de saúde periódicos que permitan comprobar que seguen a ser aptos para
exercer as súas funcións. Estes exames realizaranse cada doce meses e máis
frecuentemente, se o fixera necesario, a criterio médico, o estado de saúde do
traballador, as súas condicións de traballo ou os incidentes que poidan
acontecer.
Artigo 41. Exame de saúde
previo.
O exame médico de saúde
previo de toda persoa que vaia ser destinada a un posto de traballo que implique
un risco de exposición que supoña a súa clasificación como traballador exposto
de categoría A terá por obxecto a obtención dunha historia clínica que inclúa o
coñecemento do tipo de traballo realizado anteriormente e dos riscos a que teña
estado exposto como consecuencia de el e, no se caso, do historial dosimétrico
que deber ser aportado polo traballador.
Artigo 42. Exames de
saúde periódicos.
1.
Os recoñecementos médicos periódicos dos traballadores expostos de
categoría A estarán adaptados ás características da exposición ás radiacións
ionizantes ou da posible contaminación interna ou externa e comprenderán un
exame clínico xeral e aqueles outros exames necesarios para determinar o estado
dos órganos expostos e as súas funcións.
2.
O Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control
da saúde dos traballadores poderá determinar a conveniencia de que se prolongue
durante o tempo que estime necesario, a vixilancia sanitaria dos traballadores
de categoría A que foran posteriormente declarados non aptos ou cesaran nesa
actividade profesional.
Artigo 43. Clasificación
médica.
1.
Dende o punto de vista médico e de acordo co resultado dos recoñecementos
oportunos os traballadores expostos de categoría A clasificaranse como:
a)
Aptos: Aqueles que poden realizar as actividades que implican risco de
exposición asociado ao posto de traballo.
b)
Aptos, en determinadas condicións: Aqueles que poden realizar as
actividades que implican risco de exposición asociado ao posto de traballo,
sempre que se cumpran as condicións que ao efecto se establezan, baseándose en
criterios médicos.
c)
Non aptos: Aqueles que deben manterse separados de postos que impliquen
risco de exposición.
2.
Non se poderá empregar ou clasificar a ningún traballador nun posto
específico como traballador da categoría A durante ningún período se as
conclusións médicas non o consideran apto para o devandito posto específico.
Artigo 44. Historial
médico.
1.
A cada traballador exposto de categoría A
lle será aberto un historial médico, que se manterá actualizado durante
todo o tempo que o interesado pertenza á devandita categoría, e que haberá de
conter, polo menos, as informacións referentes á natureza do emprego, os
resultados dos exames médicos previos á contratación ou clasificación como
traballador de categoría A, os recoñecementos médicos periódicos e eventuais, e
o historial dosimétrico de toda a súa vida profesional.
2.
Estes historiais médicos arquivaranse ata que o traballador alcance os
setenta e cinco anos de idade e, en ningún caso, durante un período inferior a
trinta anos despois do cese da actividade, nos Servicios de Prevención que
desenvolvan a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores
correspondentes aos centros nos que aquelas persoas presten o prestaran os seu
servicios, e estarán a disposición da autoridade competente e do propio
traballador.
SECCIÓN II. VIXILANCIA ESPECIAL DOS TRABALLADORES EXPOSTOS
índice^
Artigo 45. Vixilancia
sanitaria especial.
En caso de superación ou
sospeita fundada de superación de algún dos límites de dose establecidos no
artigo 9, deberase realizar unha vixilancia sanitaria especial. As condicións
posteriores de exposición someteranse ao establecido polo Servicio de Prevención
que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores.
Artigo 46. Medidas
adicionais.
1.
Ademais da vixilancia sanitaria descrita nos artigos anteriores,
aplicaranse outras medidas que o Servicio de Prevención que desenvolva a función
de vixilancia e control da saúde dos traballadores considere adecuadas, como
outros exames, medidas de descontaminación ou tratamento terapéutico de urxencia
e, no caso necesario, atención e tratamento médico nos Servicios de asistencia
aos lesionados e contaminados por isótopos radioactivos e radiacións ionizantes
que a tal efecto sexan autorizados pola autoridade sanitaria nas respectivas
Comunidades Autónomas. As autorizacións concedidas ao amparo deste parágrafo
comunicaranse ao Consello de Seguridade Nuclear e ao Ministerio de Sanidade e
Consumo.
2.
O Ministerio de Sanidade e Consumo manterá un catálogo e rexistro xeral
destes Centros aos efectos previstos nos artigos 15.2 e 40.9 da Lei 14/1986, de
25 de abril, Xeral de Sanidade.
SECCIÓN III. RECURSOS
índice^
Artigo 47. Recursos.
As
declaracións en materia de aptitude dos traballadores e os recursos que contra
as mesmas procedan rexeranse polo establecido na lexislación sanitaria e laboral
aplicable.
CAPÍTULO V. Normas de protección para persoas en formación e estudiantes
índice^
Artigo 48. Normas de protección para persoas en formación e estudiantes.
1.
As condicións de exposición e a protección operacional das persoas en
formación e os estudiantes maiores de dezaoito anos, mencionados no apartado 1
do artigo 11, serán, segundo o caso, equivalentes ás dos traballadores expostos
de categoría A ou B, definidas no artigo 20.
2.
As condicións de exposición e a protección operacional das persoas en
formación e os estudiantes con idades comprendidas entre dezaseis e dezaoito
anos, mencionados no apartado 2 do artigo 11, serán equivalentes ás dos
traballadores expostos da categoría B, definida no artigo 20.
TÍTULO V. Protección radiolóxica da poboación en circunstancias normais.
CAPÍTULO ÚNICO. Medidas fundamentais de vixilancia
Artigo 49. Principios básicos.
A
protección dos membros do público e da poboación no seu conxunto realizarase
mediante as medidas e controis necesarios para que as prácticas se leven a cabo
de acordo cos principios establecidos no artigo 4 e cos principios fundamentais
que rexen a protección da poboación establecidos no artigo 50.
Artigo 50. Principios xerais.
1.
A protección da poboación en condicións normais basearase nos principios
seguintes:
a)
A contribución das prácticas á exposición da poboación no seu conxunto
deberá manterse no valor máis baixo que sexa razoablemente posible, tendo en
conta factores económicos e sociais.
b)
O titular da práctica realizará os estudios adecuados a cada caso
conducentes a confirmar que o risco de exposición a que puidera estar sometida a
poboación como consecuencia das súas actividades non é significativo dende o
punto de vista da protección radiolóxica.
c)
As prácticas deberán ser proxectadas convenientemente para evitar ou
reducir ao mínimo razoablemente posible a evacuación ao medio ambiente de
efluentes radioactivos.
d)
Sobre a base dos estudios mencionados, na correspondente autorización
administrativa especificarase se deber dispoñerse dun sistema específicos de
vixilancia para avaliar e controlar, durante o exercicio da actividade, as dose
que puideran ser recibidas polo público.
2.
A vixilancia basearase fundamentalmente na avaliación das dose que
puideran ser recibidas pola poboación e estará adecuada ao risco que impliquen
as actividades.
Artigo 51. Evacuación de efluentes e residuos sólidos.
Toda
evacuación de efluentes e residuos sólidos radioactivos ao medio ambiente
requirirá autorización expresa do Ministerio de Economía, previo informe do
Consello de Seguridade Nuclear, e axustarase aos límites e condicións que na
mesma se establezan atendendo ás características da práctica.
A
este obxecto, o solicitante da autorización achegará os estudios adecuados a
cada caso, relativos ao vertido de efluentes radioactivos ao medio ambiente e á
capacidade de recepción de contaminantes radioactivos da zona en función das
súas características.
Artigo 52. Niveis de emisión de efluentes.
Os
niveis de actividade para a emisión de efluentes radioactivos ao medio ambiente
deberán ser tales que as concentracións de actividade dos radionucleidos neles
contidos e as dose susceptibles de ser recibidas pola poboación á que
potencialmente poida afectar sexan as máis baixas razoablemente posibles, tendo
en conta factores económicos e sociais. Os devanditos niveis serán sempre
inferiores aos límites especificados para os membros do público no artigo 13
deste Regulamento e, no seu caso, a aqueles outros valores inferiores que
estiveran establecidos polo Consello de Seguridade Nuclear.
Artigo 53. Estimación das dose recibidas pola poboación.
1.
O titular de cada práctica realizará unha estimación, de modo regular e
da forma máis realista posible, das dose recibidas pola poboación no seu
conxunto e polos grupos de referencia en todos os lugares onde tales grupos
poidan existir. Os resultados de tales estimacións que, no caso de grupos de
referencia realizaranse, polo menos, cunha periodicidade anual, serán enviados
ao Consello de Seguridade Nuclear.
2.
As estimacións de dose ás que se refire o apartado 1 anterior incluirán,
entre outros aspectos:
a)
A avaliación das exposicións externas, indicando, segundo os casos, o
tipo e a calidade das radiacións en
cuestión.
b)
A avaliación da incorporación de radionucleidos, indicando a natureza e
os estados físico e químico das sustancias radioactivas contaminantes, así como
a determinación da súa actividade e a súa concentración de actividade.
c)
A especificación das características dos grupos de referencia da
poboación, tendo en conta as vías efectivas de transferencia das sustancias
radioactivas.
Artigo 54. Arquivo.
Os
documentos relativos á medición da exposición externa e ás estimacións da
incorporación de radionucleidos e da contaminación radioactiva, así como os
resultados da avaliación das dose recibidas polos grupos de referencia e pola
poboación, deben arquivarse polo titular.
Artigo 55. Equipamento en relación cos efluentes e residuos sólidos.
As
prácticas que poidan dar lugar a efluentes e a residuos radioactivos sólidos que
supoñan un risco radiolóxico significativo deberán estar equipadas cos
necesarios sistemas independentes e específicos de almacenamento, tratamento e,
no seu caso, evacuación, cuxo funcionamento será obxecto de revisións adecuadas
para evitar descargas incontroladas.
Artigo 56. Almacenamento de residuos.
1.
O almacenamento de residuos radioactivos deberá levarse a cabo
confinándoos en recipientes cunhas características que proporcionen unha
protección suficiente contra as radiacións ionizantes, tendo en conta as
condicións do lugar de almacenamento e a posible dispersión ou fuga do material
radioactivo.
2.
Os recipientes que conteñan residuos radioactivos estarán sinalizados
adecuadamente.
3.
Así mesmo, o titular levará un rexistro no que se consignarán para cada
recipiente os datos fisicoquímicos máis relevantes de contido e, como mínimo, os
valores máximos do nivel de exposición en contacto e a 1 metro de distancia da
superficie, así como a data da última medición e, a se posible, a actividade.
Artigo 57. Responsabilidades.
1.
O titular da práctica será responsable de que todas as operacións se
leven a cabo de acordo co establecido no artigo 49 e, en particular, de realizar
as seguintes tarefas dentro das súas instalacións.
a)
Consecución e mantemento dun nivel de protección óptimo do medio ambiente
e da poboación.
b)
Comprobación da eficacia dos dispositivos técnicos de protección do medio
ambiente e da poboación.
c)
Posta en servicio dos equipos e procedementos de medición necesarios para
a protección radiolóxica da poboación e do medio ambiente, e no seu caso,
avaliación da exposición e da contaminación radioactiva do medio ambiente e da
poboación.
d)
Calibración, verificación e comprobación periódica do bo estado e
funcionamento dos instrumentos de medición.
2.
A execución destas tarefas levarase a cabo de acordo con procedementos
establecidos e coa supervisión do Servicio ou Unidade Técnica de Protección
Radiolóxica previstos nos artigos 23 e 24 ou, no seu defecto, do Supervisor ou
persoa á que se lle encomenden as función de protección radiolóxica.
TÍTULO VI. Intervencións
CAPÍTULO I. Principios xerais
índice^
Artigo 58. Aplicación.
1.
O presente título aplicarase a toda intervención en caso de emerxencia
radiolóxica ou en caso de exposición perdurable.
2.
O Consello de Seguridade Nuclear asegurará que a aplicación e a magnitude
das intervencións se realicen observando os seguintes principios:
a)
Só se emprenderá unha intervención cando a reducción do detrimento da
saúde debida á radiación sexa suficiente para xustificar os efectos nocivos e os
custes da intervención, incluídos os custes sociais.
b)
A forma, magnitude e duración da intervención deberán optimizarse de
maneira que sexa máximo o beneficio correspondente á reducción do detrimento da
saúde, unha vez deducido o prexuízo asociado á intervención.
c)
Os límites de dose, con arranxo aos artigos 8 a 13, non se aplicarán en
caso de intervención, pero nos casos de exposición perdurable regulados polo
artigo 61, os límites das dose establecidos no artigo 9 serán de aplicación aos
traballadores que realicen as intervencións. O Consello de Seguridade Nuclear
establecerá niveis de intervención que constituirán indicacións para determinar
en qué situacións é adecuada unha intervención.
CAPÍTULO II. Intervención en caso de emerxencia radiolóxica
índice^
Artigo 59. Aplicación da intervención en caso de emerxencia radiolóxica.
1.
As actuacións a levar a cabo nos casos de emerxencia radiolóxica en
centrais nucleares de potencia serán as establecidas nos planes de emerxencia
interior das mesmas, así como nos correspondentes planes de emerxencia exterior
de Protección Civil, derivados do Plan Básico de Emerxencia Nuclear.
2.
Para o resto das instalacións nucleares e radioactivas e para outras
actividades distintas das anteriores, as actuacións a levar a cabo serán as
establecidas tanto nos planes de emerxencia interior o de autoprotección de cada
instalación ou actividade, como nos planes de emerxencia radiolóxica derivados
das directrices básicas de planificación e outras normas de Protección Civil que
correspondan.
Artigo 60. Exposición de emerxencia.
1.
O Consello de Seguridade Nuclear establecerá os niveis de exposición de
emerxencia tendo en conta as necesidades técnicas e os riscos para a saúde.
2.
Nos casos excepcionais poderán admitirse exposicións por encima destes
niveis especiais para salvar vidas humanas e soamente a cargo de persoal
voluntario que sexa informado dos riscos da súa intervención, tendo en conta o
establecido no Acordo do Consello de Ministros do 1 de outubro de 1999, relativo
á información do público sobre medidas de protección sanitaria aplicables e
sobre o comportamento a seguir no caso de emerxencia radiolóxica.
3.
O persoal que participe nunha intervención en caso de emerxencia
radiolóxica deberá someterse a un control dosimétrico e unha vixilancia
sanitaria especial, que se desenvolverá especificamente na normativa citada no
artigo anterior.
CAPÍTULO III. Intervención en caso
de exposición perdurable
índice^
Artigo 61. Aplicación da intervención en caso de exposición perdurable.
En
caso de intervención en situacións de exposición perdurable, e en función dos
riscos que entrañe a exposición, a autoridade competente, previo informe do
Consello de Seguridade Nuclear, deberá:
a)
Delimitar a zona afectada.
b)
Aplicar un sistema de vixilancia das exposicións.
c)
Realizar as intervencións oportunas tendo en conta as características da
situación.
d)
Regular o acceso e o uso dos terreos ou edificios situados dentro da zona
delimitada.
TÍTULO VII. Fontes naturais de
radiación
CAPÍTULO ÚNICO. Incremento significativo da exposición debida a fontes naturais
de radiación
índice^
Artigo 62. Aplicación.
1.
A autoridade competente, co asesoramento do Consello de Seguridade
Nuclear, requirirá aos titulares das actividades laborais, non reguladas no
apartado 1 do artigo 2, nas que existan fontes naturais de radiación, que
realicen os estudios necesarios a fin de determinar se existe un incremento
significativo da exposición dos traballadores ou dos membros do público que non
poda considerarse desprezable dende o punto de vista da protección radiolóxica.
Entre as actividades que deben ser sometidas á devandita revisión inclúense as
seguintes:
a)
Actividades laborais nas que os traballadores e, no seu caso, os membros
do público estean expostos á inhalación de descendentes de torón ou de radón, á
radiación gamma ou a calquera outra exposición en lugares de traballo tales como
establecementos termais, covas, minas, lugares de traballo subterráneos ou non
subterráneos en áreas identificadas.
b)
Actividades laborais que impliquen o almacenamento ou a manipulación de
materiais que habitualmente non se consideran radioactivos pero que conteñan
radionucleidos naturais que provoquen un incremento significativo da exposición
dos traballadores e, no seu caso, de membros do público.
c)
Actividades laborais que impliquen exposición á radiación cósmica durante
a operación de aeronaves.
2.
Os estudios aos que se refire o apartado 1 realizaranse seguindo as
instruccións dadas pola autoridade competente, que estarán suxeitas ás
orientacións que o Consello de Seguridade Nuclear estableza ao efecto.
Artigo 63. Fontes terrestres de radiación natural.
1.
A autoridade competente remitirá ao Consello de Seguridade Nuclear os
resultados dos estudios realizados ao amparo do artigo 62. O Consello de
Seguridade Nuclear, á vista dos mesmos, identificará aquelas actividades
laborais que deban ser obxecto de especial atención e estar suxeitas a control.
En consecuencia, definirá aquelas actividades laborais que deban posuír
dispositivos adecuados de vixilancia das exposicións, e cando sexa necesario,
establecerá:
a)
A aplicación de accións correctoras destinadas a reducir as exposicións
de acordo, total ou parcialmente, co Título VI.
b)
A aplicación de medidas de protección radiolóxica de acordo, total ou
parcialmente, cos títulos II, III, IV, e V,
O réxime de declaración ou autorización.
2.
O Consello de Seguridade Nuclear poñerá en coñecemento da autoridade
competente as conclusións e medidas necesarias como consecuencia do indicado no
apartado 1 do presente artigo para esixir a súa aplicación aos titulares.
Artigo 64. Tripulación de avións.
As
compañías aéreas terán que considerar un programa de protección radiolóxica
cando as exposicións á radiación cósmica do persoal de tripulación de avións
poidan resultar nunha dose superior a 1 rnSv por ano oficial. Este programa
contemplará, en particular:
a)
Avaliación da exposición do persoal implicado.
b)
Organización dos planos de traballo a fin de reducir a exposición no caso
do persoal de tripulación máis exposto.
c)
Información aos traballadores implicados sobre os riscos radiolóxicos
asociados ao seu traballo.
d)
Aplicación do artigo 10 ao persoal feminino de tripulación aérea.
TÍTULO VIII. Inspección
CAPÍTULO ÚNICO. Réxime de inspección e obrigas do titular.
índice^
Artigo 65. Réxime de inspección.
1.
Todas as prácticas, actividades e entidades que se mencionan no artigo 2
deste Regulamento quedarán sometidas a un réxime de inspección, a realizar polo
Consello de Seguridade Nuclear, dende o punto de vista da protección contra as
radiacións ionizantes.
2.
Serán tamén inspeccionados polo Consello de Seguridade Nuclear os
Servicios ou Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica e os Servicios de
Dosimetría Persoal, a fin de garantir o mantemento das condicións nas que foron
autorizados e a adecuación das súas actuacións.
3.
O resultado das inspeccións farase constar en acta.
4.
Os Inspectores serán considerados como axentes da autoridade aos efectos
sinalados no Código Penal en todo o relativo ao exercicio do seu cargo.
Artigo 66. Actuacións inspectoras.
A
Inspección do Consello de Seguridade Nuclear encargarase de verificar o
cumprimento das disposicións legais e de todas aquelas especificacións en
materia de protección radiolóxica que se estableceran nas correspondentes
autorizacións regulamentarias.
Artigo 67. Obrigas do titular.
O
titular de toda práctica e actividade incluída no ámbito de aplicación deste
Regulamento, así como das entidades referenciadas no artigo 65, virá obrigado a
permitir ou facilitar á Inspección do Consello de Seguridade Nuclear:
a)
O acceso aos lugares que os Inspectores consideren necesarios para o
cumprimento da súa labor.
b)
A instalación do equipo ou instrumentación que se requira para realizar
as probas e comprobacións necesarias.
c)
A información, documentación, equipos e elementos existentes que sexan
precisos para o cumprimento da súa misión.
d)
A toma de mostras suficiente para realizar os análise e comprobacións
pertinentes. A petición do titular da práctica deberá deixarse en poder do mesmo
unha mostra de contraste debidamente precintada e marcada.
Artigo 68. Actuacións en caso de risco.
Os
Inspectores do Consello de Seguridade Nuclear quedan facultados para requirir a
suspensión inmediata das prácticas que, realizándose sen observar as
disposicións deste Regulamento impliquen, ao seu xuízo, manifesto perigo para as
persoas e o medio ambiente. Tales actuacións faranse constar en acta coas
precisións necesarias.
TÍTULO
IX. Réxime sancionador
CAPÍTULO ÚNICO. Réxime sancionador
índice^
Artigo 69. Infraccións e sancións.
1.
Sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou de outra orde nas que
poidan incorrer os titulares de prácticas reguladas no mesmo, a inobservancia do
disposto no presente Regulamento será constitutiva das infraccións previstas no
capítulo XIV da Lei 25/1964, do 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear, modificado
pola disposición adicional quinta da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do Sector
Eléctrico.
2.
Ademais, a inobservancia do disposto no presente Regulamento será
constitutiva das infraccións seguintes, clasificadas en leves, graves e moi
graves.
a)
Considéranse infraccións moi graves:
1.
O exercicio de calquera práctica prevista no presente Regulamento que
requira licencia ou autorización específica e non se poida considerar exenta,
sen a oportuna licencia ou autorización, sempre que supoña un risco grave para a
vida ou a saúde das persoas, ou para o medio ambiente, ou para a seguridade das
cousas.
2.
Non dispoñer dos sistemas adecuados para almacenamento, tratamento e, no
seu caso evacuación de efluentes e residuos sólidos ou evacuar estes sen
autorización ou superando os niveis autorizados para a emisión, sempre que de
estas conductas se derive un risco grave para as persoas ou o medio ambiente.
3.
Non respectar os límites de dose establecidos para cada suposto no
presente Regulamento, cando de iso se derive un risco grave para a vida e a
saúde das persoas.
b)
Considéranse infraccións graves:
1.
O exercicio de calquera práctica prevista no presente Regulamento que
requira licencia ou autorización específica e non se poida considerar exenta,
sen a oportuna licencia ou autorización, sempre que non constitúa falta moi
grave ou leve.
2.
A adición deliberada de sustancias radioactivas na producción de
alimentos, xoguetes, adornos persoais e cosméticos, cando non constitúa falta
moi grave.
3.
Non dispoñer, nos supostos esixidos de acordo co previsto neste
Regulamento, dun Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica, cando
esta situación incida significativamente na protección radiolóxica dos
traballadores ou dos membros do público.
4.
Incumprir os criterios de protección radiolóxica establecidos no presente
Regulamento, de forma que o número de persoas expostas e as dose por elas
recibidas non sexa o mínimo posible, sempre que desta situación se derive risco
grave para a vida ou saúde das persoas, ou para o medio ambiente ou para a
seguridade das cousas.
5.
Non informar aos traballadores, persoas en formación e estudiantes, antes
de iniciar a actividade laboral en presencia de radiacións ionizantes, sobre os
extremos sinalados no presente Regulamento ou incumprir a obriga de
proporcionarlles a formación necesaria en materia de protección radiolóxica.
6.
Asignar a unha persoa menor de dezaoito anos a un posto de traballo que
implique a súa calificación como traballador exposto da categoría A.
7.
Incumprir as prescricións relativas a embarazo e lactación previstas
neste Regulamento, unha vez que a traballadora comunicara o seu estado ó titular
da práctica.
8.
Non identificar ou delimitar, de acordo co disposto no anexo IV deste
Regulamento, os lugares de traballo nos que exista unha posibilidade de
exposición a radiacións ionizantes que produza unha dose superior a 1 mSv por
ano ou unha dose equivalente superior a 1/10 dos límites para o cristalino, a
pel e as extremidades establecidos neste Regulamento, ou non establecer as
medidas previstas no artigo 18, sempre que de elo non se derive un risco grave
para as persoas e o medio ambiente.
9.
Carecer ou non ter en servicio os dispositivos e instrumentos de medición
adecuados para o bo desenrolo dunha práctica en presencia de radiacións
ionizantes.
10.
Non realizar unha vixilancia sanitaria especial no caso de superación ou
sospeita fundada de superación dalgún dos límites de dose establecidos no
presente Regulamento.
11.
Nos supostos de intervención en caso de emerxencia radiolóxica, non
cumprir o titular da práctica coas obrigacións contempladas neste Regulamento,
sempre que esa situación incida significativamente na protección radiolóxica dos
traballadores ou membros do público.
12.
Non dispoñer dos medios axeitados para almacenamento, tratamento e, no
seu caso, evacuación de efluentes e residuos sólidos, ou evacualos sen
autorización ou superando os niveis autorizados para a emisión, sempre que
destes comportamentos non se derive un risco grave para as persoas e o medio
ambiente.
13.
Non respectar os límites de dose establecidos para cada suposto no
presente Regulamento, cando non constitúa falta moi grave nin leve.
14.
Non suspender o funcionamento dunha práctica cando o afectado sexa
requirido para elo polas autoridades competentes, segundo o previsto neste
Regulamento, cando non constitúa falta moi grave nin leve.
15.
Exceder das doses establecidas para “exposicións especialmente
autorizadas” como consecuencia dunha mala planificación das mesmas e dunha
neglixencia na supervisión e control.
16.
Non realizar coa urxencia requirida, no caso de exposición accidental ou
de emerxencia, as avaliacións necesarias
para estimar as doses recibidas por un traballador ou, no seu defecto, non
adoptar as medidas necesarias de protección radiolóxica.
c)
Considéranse infraccións leves
1. O exercicio de calquera práctica prevista no presente Regulamento, que
requira licencia ou
autorización específica e non se poida considerar exenta, sen a oportuna
licencia ou autorización, sempre que non constitúa falta grave nin moi grave e
teña escasa transcendencia.
2.
Non realizar a vixilancia sanitaria dos traballadores
expostos nos termos previstos neste Regulamento ou non dispoñer de
historial médico para os traballadores expostos da categoría A, ou non telo
actualizado, ou non dispor no mesmo dos datos previstos neste Regulamento.
3.
Non dispoñer nos supostos esixidos de acordo co previsto neste
Regulamento, dun Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica, cando
non constitúa falta grave ou moi grave.
4.
Incumprir os criterios de protección radiolóxica establecidos no presente
Regulamento, de forma que o número
de persoas expostas e as doses por elas recibidas non sexa o mínimo posible,
sempre que esta situación non incida significativamente na protección
radiolóxica dos traballadores ou dos membros do público.
5. Non efectuar as determinacións de doses nos termos e coa periodicidade
establecida neste Regulamento, ou non dispoñer de historiais dosimétricos
individuais dos traballadores expostos, ou non telos debidamente actualizados.
6. Non sinalizar adecuadamente os recipientes que conteñan residuos radioactivos
ou non levar un rexistro cos datos, valores, medicións e actividade dos
recipientes, nas condicións especificadas
neste Regulamento.
7. Non cumprir as prescricións establecidas no título VII en supostos de
incremento significativo da exposición debida a fontes naturais de radiación.
8.
Non identificar ou delimitar, de acordo co disposto no anexo IV, os lugares
de traballo nos que exista unha posibilidade de exposición a radiacións
ionizantes que conduzan a unha exposición superior a 1 rnSv por ano ou unha dose
equivalente superior a 1/10 dos límites para o cristalino, a pel e as
extremidades establecidos neste Regulamento, ou non establecer as medidas
previstas no artigo 18, cando disto non se derive un risco grave para as persas
e o medio ambiente.
9. Non aplicar os requirimentos que, con carácter xeral, se impoñan a unha
práctica polas autoridades competentes segundo o presente Regulamento
ou incumprir os prazos sinalados para a súa realización, ou a omisión das
medidas correctoras necesarias para cumprir os preceptos legais ou
regulamentarios cando elo non constitúa falta grave.
10. Non dispoñer dos sistemas axeitados para almacenamento, tratamento e, no seu
caso, evacuación de efluentes e residuos sólidos, ou evacualos sen autorización
ou superando os niveis autorizados para a emisión, sempre que estes
comportamentos teñan escasa transcendencia para a protección radiolóxica.
11. Non respectar os límites de dose establecidos para cada suposto no presente
Regulamento, cando o incumprimento teña escasa transcendencia para a protección
radiolóxica.
12. Nos supostos de intervención en casos de emerxencia radiolóxica, non cumprir
o titular da práctica coas obrigacións contempladas neste Regulamento, aínda que
esta situación non incida significativamente na protección radiolóxica.
13. Incumprir os termos, requisitos, obrigacións, límites, condicións ou
prohibicións impostos nas
autorizacións cando tal incumprimento sexa de escasa transcendencia para a
protección radiolóxica.
3.
Para a calificación das infraccións atenderase ás circunstancias
descritas no artigo 92 da Lei 25/1964, sobre Enerxía Nuclear, modificada pola
Lei 54/1997, do Sector Eléctrico
4.
A efectos de graduación das sancións, terase en conta
a)
As infraccións leves sancionaranse con multa, en grado mínimo, de ata
500.000 pesetas, en grado medio, de 500.001 a 5.000.000 de pesetas e no seu
grado máximo, de 5.000.0001 a 10.000.000 de pesetas.
b)
As infraccións graves sancionaranse con multa, no seu grado mínimo, de
10.000.001 a 25.000.000 de pesetas, no seu grado medio de 25.000.0001 a
50.000.000 de pesetas e no seu grado máximo de 50.000.001 a 100.000.000 de
pesetas.
c)
As infraccións moi graves sancionaranse con multa, no seu grado mínimo,
de 100.000.0001 a 250.000.000 de pesetas, no seu grado medio de 250.000.001 a
350.000.000 de pesetas, e no seu grado máximo de 350.000.001 a 500.000.000 de
pesetas.
5.
Cando se trate de instalacións radioactivas de segunda e terceira
categorías, as sancións económicas que figuran no apartado anterior reduciranse
en tódolos tramos e para tódolos seus grados á metade das sinaladas.
6.
En canto ó procedemento, medidas previas e autoridades competentes para
propoñer e impoñer as correspondentes sancións, atenderase ó disposto no artigo
94 da Lei 25/1964, de 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear, modificado pola
disposición adicional quinta da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do Sector
Eléctrico.
Disposición adicional primeira. Prevención de riscos laborais.
En
materia de protección dos traballadores, serán de aplicación as normas contidas
na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, sen prexuízo
das disposicións máis específicas contidas no presente Regulamento.
Disposición adicional segunda. Protección
operacional de traballadores externos.
A
aplicación do establecido no presente Regulamento enténdese, a salvo do disposto
no Real Decreto 413/1997, de 21 de marzo, sobre protección operacional dos
traballadores externos con risco de exposición a radiacións ionizantes, por
intervención en zona controlada.
Disposición adicional terceira. Normativa
aplicable ás autorizacións.
As
prácticas ás que se refire o presente Regulamento deberán ademais cumprir, no
que lles sexa de aplicación e, en concreto, en materia de autorizacións
administrativas, a Lei 25/1964, de 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear, a Lei
15/1980, de 22 de abril, pola que se crea o Consello de Seguridade Nuclear o
Real Decreto 1836/1999, de 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre
Instalación e Utilización de Aparatos de Raios X con Fins de Diagnóstico Médico.
Disposición adicional cuarta. Transporte de
material radioactivo.
O
transporte de material radioactivo, en todo o non expresamente
regulado pola súa lexislación específica, rexerase polos preceptos deste
Regulamento en canto lle sexan de aplicación.
Disposición adicional quinta. Tratamento de
datos de carácter persoal.
O
tratamento de datos de carácter persoal relacionados coa saúde dos
traballadores, contidos nos seus historiais médicos e dosimétricos, realizarase
por persoa sometida á obrigación de secreto, de acordo co establecido na Lei
15/1999, de 3 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Disposición adicional sexta. Modificación do
Real Decreto 183611999.
Modifícase a “Táboa B: lista de
nucleidos en equilibrio secular ós que fai referencia o apartado 2.b) do anexo 1
do Real Decreto 1836/1999, de 3 de decembro,polo que se aproba o Regulamento
sobre Instalacións Nucleares e Radioactivas”, sustituíndo os nucleidos fillos do
Ra-223+ e do Ra-224+ polos que a continuación se indican
índice^
|
Nucleido pai
|
Nucleidos fillos
|
|
Ra-223+
Ra-224+
|
Rn-219, Po-215, Pb-211, Bi-211, Ti-207
Rn-220, Po-216, Pb-212, Bi-212, Ti-208, Po-212
|
Disposición transitoria primeira. Vixencia de autorización.
Manterase a validez das autorizacións que, esixidas ó amparo do presente
Regulamento, se encontren vixentes á entrada en vigor do mesmo.
Disposición transitoria segunda. Prazo de
adaptación.
As
disposicións contidas no capítulo II do Título II do presente Regulamento
entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2002, aplicándose ata esa data a
regulación contida no Real Decreto 53/1992, de 24 de xaneiro, polo que se aproba
o Regulamento de Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes. Non
obstante,establécese un período de seis meses a partires da data de pubricación
deste Regulamento, para a adaptación plena do establecido no título III do
presente Regulamento.
Para
a aplicación dos preceptos relativos a clasificación, delimitación e
sinalización de zonas e clasificación de traballadores expostos, contidos no
capítulo 1 do Título IV, así como os requisitos asociados, establécese u período
de adaptación de seis meses, a partires da data de publicación deste
Regulamento.
Igualmente, establécese un período de seis meses, a partires da data de
publicación deste Regulamento, para a adaptación dos documentos oficiais,
correspondentes a prácticas,actividades e servicios, cuxo contido veña afectado
polo establecido no presente Regulamento.
Disposición transitoria terceira. Réxime das
autorizacións dos Servicios Médicos Especializados.
Os
Servicios Médicos Especializados autorizados conforme ó establecido no artigo 40
do Real Decreto 53/1992, de 24 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento
sobre Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes, poderán continuar
realizando a vixilancia sanitaria dos traballadores expostos a radiacións
ionizantes.
Os
expedientes de autorización de Servicios Médicos Especializados, que se
iniciaran con anterioridade á entrada en vigor do presente Regulamento,
rexeranse polo establecido no artigo 40 do Real Decreto 53/1992, de 24 de
xaneiro. A estes efectos, consideraranse iniciados unha vez se presentara polo
interesado a correspondente solicitude no Rexistro da Administración competente
para a resolución de ditas autorizacións.
índice^
|