|
LEI 31/1995, DO 8 DE NOVEMBRO,
DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Actualizada polo Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo
que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións no
Orde Social
(BOE 189/2000, do 8 de agosto)
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
Definicións para os efectos de Seguridade Social
indice^
Sen prexuízo da utilización das definicións contidas nesta Lei no ámbito
da normativa sobre prevención de riscos laborais, tanto a definición dos
conceptos de accidente de traballo, enfermidade profesional, accidente
non laboral e enfermidade común, como o réxime xurídico establecido para
estas continxencias na normativa de Seguridade Social, continuarán a ser
de aplicación nos termos e cos efectos previstos no devandito ámbito
normativo.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA
Reordenación orgánica
indice^
Queda extinguida a Organización dos Servicios Médicos de Empresa,
pasando as súas funcións a seren desempeñadas pola Administración
sanitaria competente nos termos desta Lei.
Os recursos e funcións que na actualidade teñen atribuídos o Instituto
Nacional de medicina e Seguridade do Traballo e a Escola Nacional de
Medicina do Traballo adscríbense e serán desenvolvidos polas unidades,
organismos ou entidades do Ministerio de Sanidade e Consumo conforme á
súa organización e distribución interna de competencias.
O Instituto Nacional de Silicose manterá a súa condición de centro de
referencia nacional de prevención técnico-sanitaria das enfermidades
profesionais que afecten ao sistema cardiorrespiratorio.
DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA
Carácter básico
indice^
1.
Esta Lei, así como as normas regulamentarias que dicte o Goberno en
virtude do establecido no artigo 6, constitúen lexislación laboral,
dictada ao abeiro do artigo 149.1.7ª da Constitución.
2.
Respecto do persoal civil con relación de carácter administrativo ou
estatutario ao servicio das Administracións públicas, esta Lei será de
aplicación nos seguintes termos:
a)
Os artigos que a continuación se relacionan constitúen normas básicas no
sentido previsto no artigo 149.1.18ª da Constitución:
2.
3, apartados 1 e 2, agás o parágrafo segundo.
4.
5, apartado 1.
12.
14, apartados l, 2, agás a remisión ao capítulo IV, 3, 4 e 5.
15.
16.
17.
18, apartados l e 2, agás remisión ao capítulo V.
19, apartados l e 2, agás referencia á impartición por medios propios ou
concertados.
20.
21.
22.
23.
24, apartados 1, 2, e 3.
25.
26.
28, apartados 1, parágrafos primeiro e segundo, 2, 3 e 4, agás no
relativo ás empresas de traballo temporal.
29.
30, apartados l, 2, agás a remisión ao artigo 6.1 a), 3 e 4, agás a
remisión ao texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
31, apartados l, agás remisión ao artigo 6.1 a), 2, 3 e 4.
33.
34, apartados 1, parágrafo primeiro, 2, e 3, agás parágrafo segundo.
35, apartados l, 2, parágrafo primeiro, 4, parágrafo terceiro.
36, agás as referencias ao Comité de Seguridade e Saúde.
37, apartados 2 e 4.
42, apartado l.
45, apartado 1, parágrafo terceiro.
Disposición adicional cuarta. Designación de Delegados de Prevención nos
supostos especiais.
Disposición transitoria, apartado 3º.
Terán este mesmo carácter básico, no que corresponda, as normas
regulamentarias que dicte o goberno en virtude do establecido no artigo
6 desta Lei.
b)
No ámbito das Comunidades Autónomas e as entidades locais, as funcións
que a Lei atribúe ás autoridades laborais e á Inspección de Traballo e
Seguridade Social poderán ser atribuídas a órganos diferentes.
c)
Os restantes preceptos serán de aplicación xeral en defecto de normativa
específica dictada polas Administracións públicas, a excepción do que
resulte inaplicable a estas pola súa natureza xurídico-laboral.
3.
O artigo 54 constitúe lexislación básica de contratos administrativos,
dictada ao abeiro do artigo 149.1.18ª da Constitución.
DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA
Designación de Delegados de Prevención en supostos especiais
indice^
Nos centros de traballo que carezan de representantes dos traballadores
por non existir traballadores coa antigüidade suficiente para ser
electores ou elixibles nas eleccións para representantes do persoal, os
traballadores poderán elixir por maioría a un traballador que exerza as
competencias de Delegado de Prevención, quen terá as facultades,
garantías e obrigas de sixilo profesional de tales Delegados. A
actuación destes cesará no momento en que se reúnan os requisitos de
antigüidade necesarios para poder celebrar a elección de representantes
do persoal, prorrogándose polo tempo indispensable para a efectiva
celebración da elección.
DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA
Fundación
indice^
Adscrita á Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo existirá
unha fundación que terá como finalidade promover a mellora das
condicións de seguridade e saúde no traballo, especialmente nas pequenas
empresas, a través de accións de información, asistencia técnica,
formación e promoción do cumprimento da normativa de prevención de
riscos.
Para o cumprimento dos seus fins dotarase á fundación dun patrimonio con
cargo ao Fondo de Prevención e Rehabilitación procedente do exceso de
excedentes da xestión realizada polas Mutuas de Accidentes de Traballo e
Enfermidades Profesionais da Seguridade Social. A contía total do
devandito patrimonio non excederá do 20 por 100 do devandito fondo,
determinada na data de entrada en vigor desta Lei.
Os Estatutos da fundación aprobaraos a Comisión Nacional de Seguridade e
Saúde no Traballo, co voto favorable de dous tercios dos seus membros.
Para os efectos de acadar un mellor cumprimento dos seus fins,
artellarase a súa colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade
Social.
A planificación, desenvolvemento e financiamento de accións nos
distintos ámbitos territoriais terá en consideración, a poboación
ocupada, o tamaño das empresas e os índices de sinistralidade laboral.
Os orzamentos que a fundación asigne aos ámbitos territoriais
autonómicos que teñan asumidas competencias de execución de lexislación
laboral en materia de Seguridade e Hixiene no Traballo atribuiranse para
a súa xestión aos órganos tripartitos e de participación institucional
que existan nos devanditos ámbitos e teñan natureza similar á Comisión
Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
Nos sectores de actividade nos que existan fundacións de ámbito
sectorial, constituídos por empresarios e traballadores, que teñan entre
os seus fins a promoción de actividades destinadas á mellora das
condicións de seguridade e saúde no traballo, o desenvolvemento dos
obxectivos e fins da fundación levaranse a cabo, en todo caso, en
coordinación con aquelas.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEXTA
Constitución da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo
indice^
O Goberno, no prazo de tres meses a partir da vixencia desta Lei,
regulará a composición da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no
Traballo. A Comisión constituirase no prazo dos trinta días seguintes.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SÉTIMA
Cumprimento da normativa de transporte de mercadorías perigosas
indice^
O disposto nesta Lei enténdese sen prexuízo do cumprimento das obrigas
derivadas da regulación en materia de transporte de mercadorías
perigosas.
DISPOSICIÓN ADICIONAL OITAVA
Planos de organización de actividades preventivas
indice^
Cada Departamento Ministerial, no prazo de seis meses desde a entrada en
vigor desta Lei e previa consulta coas organizacións sindicais máis
representativas, elevará ao Consello de Ministros unha proposta de
acordo na que se estableza un plano de organización das actividades
preventivas no departamento correspondente e nos centros, organismos e
establecementos de todo tipo dependentes deste.
A proposta debera acompañar necesariamente unha memoria explicativa do
custo económico da organización proposta, así como o calendario de
execución do plano, coas previsións orzamentarias axeitadas a este.
DISPOSICIÓN ADICIONAL NOVENA
Establecementos militares
indice^
1.
O Goberno, no prazo de seis meses, logo de consulta coas organizacións
sindicais máis representativas e a proposta dos Ministros de Defensa e
de Traballo e Seguridade Social, adaptará as normas dos capítulos III e
V desta Lei ás esixencias da defensa nacional, ás peculiaridades
orgánicas e ao réxime vixente de representación do persoal nos
establecementos militares.
2.
Continuarán vixentes as disposicións sobre organización e competencia da
autoridade laboral e Inspección de Traballo no ámbito da Administración
Militar contidas no Real Decreto 2205/1980, do 13 de xuño, dictado en
desenvolvemento da disposición final sétima do Estatuto dos
Traballadores.
DISPOSICIÓN ADICIONAL DÉCIMA
Sociedades cooperativas
indice^
O procedemento para a designación dos Delegados de Prevención regulados
no artigo 35 desta Lei nas sociedades cooperativas que non conten con
asalariados deberá estar previsto nos seus Estatutos ou ser obxecto de
acordo en Asemblea Xeral. Cando, ademais dos socios que prestan o seu
traballo persoal, existan asalariados, computaranse ámbolos colectivos
para os efectos do disposto no número 2 do artigo 35. Neste caso, a
designación dos Delegados de Prevención realizarase conxuntamente polos
socios que prestan traballo e os traballadores asalariados ou, se é o
caso, os representantes destes.
DISPOSICIÓN ADICIONAL UNDÉCIMA
indice^
Modificación do Estatuto dos Traballadores en materia de permisos
retribuídos
Engádese unha letra f) ao apartado 3 do artigo 37 do texto refundido da
Lei do Estatuto dos Traballadores aprobado polo Real Decreto lexislativo
1/1995, do 24 de marzo, do seguinte teor:
«f)
Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e
técnicas de preparación ao parto que se teñan que realizar dentro da
xeira.»
DISPOSICIÓN ADICIONAL DUODÉCIMA
Participación institucional nas Comunidades Autónomas
indice^
Nas Comunidades Autónomas, a participación institucional, en canto á súa
estructura e organización, levarase a cabo de acordo coas competencias
que estas teñan en materia de seguridade e saúde laboral.
DISPOSICIÓN ADICIONAL DÉCIMO TERCEIRA
Fondo de Prevención e Rehabilitación
indice^
Os recursos do Fondo de Prevención e Rehabilitación procedentes do
exceso de excedentes da xestión realizada polas Mutuas de Accidentes de
Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social á que se
refire o artigo 73 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
destinaranse na contía que se determine regulamentariamente, ás
actividades que poidan desenvolver como servicios de prevención as
Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da
Seguridade Social, de acordo co previsto no artigo 32 desta Lei.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA
Aplicación de disposicións máis favorables
indice^
1.
O disposto nos artigos 36 e 37 desta Lei en materia de competencias,
facultades e garantías dos Delegados de Prevención entenderase sen
prexuízo do respecto ás disposicións máis favorables para o exercicio
dos dereitos de información, consulta e participación dos traballadores
na prevención de riscos laborais previstas nos convenios colectivos
vixentes na data da súa entrada en vigor.
2.
Os órganos específicos de representación dos traballadores en materia de
prevención de riscos laborais que, se é o caso, fosen previstos nos
convenios colectivos a que se refire o apartado anterior e que estean
dotados dun réxime de competencias, facultades e garantías que respecte
o contido mínimo establecido nos artigos 36 e 37 desta Lei, poderán
continuar no exercicio das súas funcións, en substitución dos Delegados
de Prevención, agás que polo órgano de representación legal dos
traballadores se decida a designación destes Delegados conforme ao
procedemento do artigo 35.
3.
O disposto nos apartados anteriores será tamén de aplicación aos acordos
concluídos no ámbito da función pública ao abeiro do disposto na lei
7/1990, do 19 de xullo, sobre negociación colectiva e participación na
determinación das condicións de traballo dos empregados públicos.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA
indice^
Mentres se aproba o Regulamento regulador dos Servicios de Prevención de
Riscos Laborais, entenderase que as Mutuas de Accidentes de Traballo e
Enfermidades Profesionais da Seguridade Social cumpren o requisito
previsto no artigo 31.5 desta Lei.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA
Alcance da derrogación
indice^
Quedan derrogadas cantas disposicións se opoñan á presente Lei e
especificamente:
a)
Os artigos 9, 10, 11, 36, apartado 2, 39 e 40, parágrafo segundo, da Lei
8/1988, do 7 de abril, sobre infraccións e sancións na orde social.
b)
O Decreto do 26 de xullo de 1957, polo que se fixan os traballos
prohibidos a mulleres e menores, nos aspectos da súa normativa relativos
ao traballo das mulleres, mantendo en vigor as relativas ao traballo dos
menores ata que o Goberno desenvolva as previsións contidas no apartado
2 do artigo 27.
c) O
Decreto do 11 de marzo de 1971, sobre constitución, composición e
funcións dos Comités de Seguridade e Hixiene no Traballo.
d)
Os Títulos I e III da Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no
Traballo, aprobados por Orde do 9 de marzo de 1971.
No que non se opoña ao previsto nesta Lei, e ata que se dicten os
Regulamentos aos que se fai referencia no artigo 6, continuará a ser de
aplicación a regulación das materias comprendidas no devandito artigo
que se conteñen no Título II da Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene
no Traballo ou noutras normas que conteñan previsións específicas sobre
tales materias, así como a Orde do Ministerio de Traballo do 16 de
decembro de 1987, que establece os modelos para a notificación dos
accidentes de traballo. Igualmente, continuarán vixentes as disposicións
reguladoras dos servicios médicos de empresa ata tanto se desenvolvan
regulamentariamente as previsións desta Lei sobre servicios de
prevención. O persoal pertencente aos devanditos servicios na data de
entrada en vigor desta Lei integrarase nos servicios de prevención das
correspondentes empresas, cando estes se constitúan, sen prexuízo de que
continúen a efectuar aquelas funcións que tivesen atribuídas distintas
das propias do servicio de prevención.
Esta Lei non afecta á vixencia das disposicións especiais sobre
prevención de riscos profesionais nas explotacións mineiras, contidas no
capítulo IV do Real Decreto 3255/1983, do 21 de decembro, polo que se
aproba o Estatuto do Mineiro, e nas súas normas de desenvolvemento, así
como as do Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o
Regulamento Xeral para o Réxime da Minería, e o Real Decreto 863/1985,
do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas
de Seguridade Mineira, e as súas disposicións complementarias.
DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA
Actualización de sancións
indice^
A contía das sancións a que se refire o apartado 4 do artigo 49 poderá
ser actualizada polo Goberno a proposta do Ministro de Traballo e
Seguridade Social, adaptando a esta a atribución de competencias
prevista no apartado 1 do artigo 52, desta Lei.
DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA
Entrada en vigor
indice^
Esta Lei entrará en vigor tres meses despois da súa publicación no
«Boletín Oficial do Estado».
Polo tanto,
Mando a todos os españois, particulares e autoridades que garden e fagan
gardar esta Lei.
Madrid, 8 de novembro de 1995
XOÁN CARLOS R.
O Presidente do Goberno
FELIPE GONZÁLEZ MÁRQUEZ
Os artígos 45, 47, 48 e 49 están redactados conforme ás modificacións
dispostas polo artígo 36 da Lei 50/1998 de 30-XII (BOE do 31) de medidas
Fiscais, Administrativas e de Orde Social.
|