6.1. Regra xeral.
-
6.1.1. As listaxes de aspirantes aos nomeamentos
temporais elaboraranse pola estrita orde de puntuación
que resultará da aplicación do baremo establecido para
as categorías.
-
6.1.2.Unha vez que se teña realizada a baremación,
publicaranse as listas provisorias, por categorías e
ámbito territorial respectivo, nos taboleiros de
anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos
centros asistenciais dependentes delas, incluíndo
relación dos aspirantes admitidos coa súa puntuación e
orde de prelación, así como dos excluí-dos, indicando as
causas da súa exclusión.
Contra as listaxes provisorias, os interesados poderán
formular reclamación perante a dirección provincial do
Sergas, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do día
seguinte á data de publicación.
6.1.3. Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas
definitivas do xeito establecido para as provisorias.
Contra as listas definitivas, os aspirantes poderán
presentar recurso de alzada perante a Divisiónde Recursos
Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado
desde a data seguinte á da súa publicación.
6.1.4. As comisións provinciais de seguimento, cando así o
soliciten, serán informadas do seguimento do proceso para a
elaboración das listaxes de cada categoríae ámbito.
6.2. Prórroga do pacto.
De prorrogarse a vixencia deste pacto, vehicularase unha
nova oferta para a selección dos aspirantes ás vinculacións
temporais durante o último trimestre de cada ano natural que
corresponda.
A primeira oferta que se produza por esta causa efectuarase
a partir do último trimestre do ano 2005 e sucesivos anos.
6.3. Supostos especiais.
6.3.1. Incorporación automática de novos aspirantes.
Co obxecto de garantir a dispoñibilidade de profesionais nas
categorías de médicos de familia, pediatras, matronas e
enfermeiros/as (ATS/DUE) e cociñeiros, mediante a
incorporación dos novos titulados e doutros profesionais, os
profesionais, que aspiren aos chamamentos para vinculacións
temporais poderán presentar a súa solicitude, sen necesidade
dunha convocatoria previa, durante os quince primeiros días
de marzo, xullo e outubro, que deberán dirixir ás direccións
provinciais do Sergas. Estas listaxes manteranse vixentes
ata a resoluciónda seguinte convocatoria xeral ordinaria da
correspondente categoría.
Para estes efectos as direccións provincias divulgarán na
segunda quincena do mes anterior un recordatorio da apertura
do citado prazo entre os sindicatos, colexios profesionais,
escolas de enfermería, servizos e unidades de atención
primaria, e nos taboleiros de anuncios das propias
direccións provinciais e centros de xestión. Así mesmo,
publicarán o oportuno anuncio nun ou varios medios de
difusióndo ámbito territorial respectivo. Así mesmo, teránao
dispor dos interesados os modelos normalizados de
solicitude.
Coas solicitudes presentadas, realizarase a valoración dos
expedientes presentados consonte o baremo da categoría que
se publica con este pacto e procederá a publicación das
listaxes provisorias de puntuacións que poderán ser obxecto
de reclamación no prazo de 5 días. As direccións provinciais
resolverán as reclamacións que se presenten no prazo doutros
cinco días desde a súa recepción.
A listaxe que resulte pasará a integrar as listaxes xerais
da derradeira convocatoria ao cabo da lista, con
indicacióndoperíodo de solicitude -mes (marzo, xullo,
outubro) e ano-e pola orde derivada do citado prazo e da
prelación que resultase da avaliación.
Idéntico tratamento outorgarase á listaxe que resulte dos
aspirantes que optasen por acceder pola quenda de promoción
interna.
6.3.2. Convocatorias por indispoñibilidade.
No caso de indispoñibilidade de profesionais nunha lista das
categorías convocadas, as direccións provinciais ou, de ser
o caso, a División de Recursos Humanos, poderán realizar
unha nova oferta para o acceso de aspirantes ás vinculacións
temporais desta, logo do seu tratamento na comisión central
de seguimento deste pacto.
De tratarse de indispoñibilidade absoluta, procederase a
incorporar aos aspirantes pola orde de prelación que resulte
ao cabo da lista realizadas con base nas disposicións
anteriores.
De tratarse de indispoñibilidade eventual ou para un período
concreto e determinado, elaborarase unha lista subsidiaria
da principal á cal se acudirá exclusivamente nos casos en
que concorra a citada indispoñibilidade.
Para os efectos previstos no parágrafo anterior, as
direccións provinciais terán a dispor dos interesados os
modelos normalizados das ditas solicitudes.
Coas solicitudes recibidas, que deberán reunir os requisitos
a que se refire o parágrafo 5.3., a dirección provincial
elaborará a listaxe correspondente mediante un procedemento
simplificado en que unicamente se valorará a formación
académica dos aspirantes.
A listaxe provisional publicarase no taboleiro de anuncios
da dirección provincial; contra ela pode-rase presentar
reclamación no prazo de 5 días perante a dirección
provincial, que resolverá no prazo máximo de 15 días.
Resoltas as reclamacións, publicaranse, nos citados
taboleiros as listaxes definitivas, contra as cales caberá
interpoñer recurso de alzada perante a División de Recursos
Humanos do Sergas no prazo dun mes desde a data da súa
publicación.
As novas listas que se elaboren ao abeiro desta epígrafe
serán subsidiarias da principal e, de ser
o caso, as subseguintes que se publiquen ata a nova
convocatoria ordinaria serán subsidiarias entre si por orde
cronolóxica.
6.3.3. Indispoñibilidade transitoria na área de aspirantes
dunha categoría.
Ata a publicación definitiva das listaxes mencionadas nos
parágrafos anteriores, no caso de indispoñibilidade de
aspirantes nunha determinada categoría,
acudirase á utilización de listas das áreas de xestiónmáis
próximas.
Para os efectos do previsto no parágrafo anterior,
considéranse áreas de xestiónmáis próximas as que se
determinan, respecto de cada área concreta, nos respectivos
modelos de solicitude.
6.3.4. Novas categorías e readaptación de categorías.
No caso de creación dunha categoría de persoal estatutario
ou de non ter convocada algunha das existentes no prazo
previsto para a convocatoria xeral, realizarase unha
convocatoria cos baremos que corresponda tras a negociación
na comisión central de seguimento deste pacto.
No caso de readaptación de categorías ofertadas que supoñan
a eliminación doutras anteriores ou a reclasificación dunha
ou varias das existentes nunha nova, preveranse no seo da
mesa sectorial os mecanismos de adaptación das listaxes das
categorías existentes ás novas categorías.
6.4. Baixa automática do persoal estatutario fixo.
O persoal estatutario fixo de novo ingreso en virtude do
remate dun proceso selectivo será dado de baixa
automaticamente como aspirante ás vinculacións temporais no
momento en que se abra o prazo de toma de posesión das
prazas adxudicadas.
7. Xestión das listas.
7.1. A determinación das necesidades de vinculación
compételles aos directores xerentes dos respectivos centros
sanitarios, de acordo coas súas competencias de xestión
normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva
información sobre os nomeamentos efectuados, que
periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal de
área, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987, do
12 de xuño, de órganos de representación, determinación das
condicións de traballo e participación do persoal ao servizo
das administracións públicas (BOE nº 145, do 18 de xuño) e,
así mesmo, nos artigos concordantes da Lei orgánica 11/1985,
de liberdade sindical.
As comisións provinciais de seguimento tamén poderán
solicitar a citada información aos directores xerentes, que
deberán facilitala nun prazo razoable.
7.2. A xestión das listas e os chamamentos dos aspirantes
levarase a cabo nas direccións provinciais do Sergas, a
través dun proceso informatizado, respecto de todas as
categorías incluídas neste pacto.
Emporiso, as xerencias de atención primaria poderán exercer
tal cometido respecto do persoal facultativo de medicina de
familia, odontólogos e pediatras verbo dos distintos ámbitos
da súa competencia.
Cando as circunstancias o aconsellen, polo momento,
inmediatez e perentoriedade para efectuar
o chamamento dun aspirante, os centros de atención
especializada e de atención primaria efectuarán directamente
tal chamamento, con respecto absoluto dos criterios de
selección previstos neste pacto. Para tal efecto, a
dirección provincial correspondente dará cumprida e
periódica información da situación e estado das listas, coa
explicitación da orde de chamamento dos aspirantes,
coordinando axeitadamente o proceso cos centros sanitarios.
7.3. Para efectuar os chamamentos seguirase rigorosamente a
orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada
ámbito, sen prexuízo dos supostos de suspensión previstos na
norma xeral oitava, e dos supostos especiais da norma xeral
12.
Para a formalización de nomeamentos de duración igual ou
superior ao ano chamarase, en todo caso, ao aspirante que
acredite a maior puntuaciónna lista da área sanitaria que
corresponda, sempre que non estea xa vinculado por outro
nomeamento de duración igual ou superior ao citado período.
De acordo co anterior, cando un aspirante figura con dereito
preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar praza
vacante con carácter interino ou para formalizar outro
vínculo de duración prevista igual ou superior ao ano, e se
atope vinculado por un nomeamento de duración inferior, será
requirido para ocupar a citada praza vacante ou para
formalizar outra vinculación de duración igual ou superior
ao ano.
7.4. Para as vinculacións programadas, e sempre que exista
un prazo suficiente de 48 horas, os aspirantes serán
avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos
en que exista premura na vinculación, avisarase
telefonicamente.
En todo caso, quedará constancia da data e hora en que cada
aspirante sexa requirido, mediante dilixencia expedida para
o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas
efectuadas.
7.5. De constatarse un erro material ou de feito no
chamamento e posterior vinculación en prol dun aspirante que
pola súa orde de puntuación non lle corresponde,
procederase, no prazo dos 15 días seguintes, á revogación do
nomeamento expedido por tal circunstancia.
De tal actuación notificarase o antes posible á comisión
provincial de seguimento correspondente.
8. Duración dos vínculos formalizados.
8.1. Os aspirantes que acrediten un período de traballo de
360 días ou superior, nun prazo de tres anos, en virtude
deste ou anterior pacto, non serán chamados para subscribir
novos vínculos de duración inferior a un ano nun período de
tres meses, desde a data de finalizacióndo último vínculo en
virtude do cal se acumule o referido período de traballo.
Para estes efectos os meses contaranse por mes natural ou,
no seu defecto, pola agrupacióndedías traballados, a razón
dun mes por cada 30 días de prestación de servizos.
Esta regra seráde aplicaciónaocómputo do tempo de traballo,
asícomo do período de suspensión que, de ser o caso, se
estivese aplicando aos aspirantes, desde a entrada en vigor
do pacto, con independencia de que o citado cómputo comezase
baixo a vixencia do pacto anterior.
8.2. Esta medida de suspensión dos chamamentos non seráde
aplicación no caso de que, por razóns conxunturais, non
existan profesionais suficientes nalgunha listaxe das
categorías convocadas e, de ser o caso, área sanitaria, sen
prexuízo da continuidade da aplicación da medida unha vez
que se superen as citadas circunstancias.
Así, de procederse áconvocatoria extraordinaria prevista por
indispoñibilidade, entenderase aplicable esta medida de
suspensión.
8.3. Finalizado o período de suspensión dos chamamentos, os
servizos prestados comezarán a computarse para os efectos de
completar un novo período de 360 días que dea lugar
áaplicación novamente da medida de suspensión.
Non se poderán acumular períodos de suspensión dos
chamamentos. En todo caso, a citada suspensión non
serásuperior a tres meses, nun período de doce desde a
aplicación da medida.
8.4. Sen prexuízo do reflectido non parágrafos anteriores,
coa finalidade de acadar unha maior mobilidade das listas en
función das peculiaridades que concorran nalgunha área
sanitaria ou provincia, as comisións provinciais poderán
propoñer, mediante acordo adoptado de conformidade co
previsto na disposicióndécima deste pacto, o establecemento
do sistema que consideren máis conveniente para conseguir a
aludida maior mobilidade das listas.
Tal proposta de sistema só poderá referirse aos vínculos de
duración inferior aos 12 meses e requirirápara a súa
efectividade a ratificación da comisión central de
seguimento.
Sen prexuízo do anterior, a comisión central de seguimento
do pacto acordaráas medidas necesarias para a aplicación
destas medidas de suspensión.
9. Promoción profesional temporal.
9.1. Convocaranse listas específicas co obxecto de reservar
o 50% das necesidades a cubrir nos respectivos centros ou
complexos sanitarios, para a formalizacióndevínculos de
interinidade en praza vacante e demais que se estimen,
inicialmente, de duración igual ou superior a dous meses,
para o persoal estatutario fixo con praza en propiedade de
igual ou inferior grupo ao da categoría obxecto de
vinculación, que leve polo menos dous anos en servizo activo
como persoal fixo.
De concorrer a circunstancia, debidamente constatada, de que
a categoría solicitada para promocionar non exista ou sexa
obxecto de oferta reducida no centro de xestión ou complexo
de que depende
o solicitante, a promoción estenderase áárea sanitaria ou
complexo correspondente.
-
Para estes efectos, confeccionaranse unhas listas por
centro de xestiónou área sanitaria, segundo corresponda,
coa mesma vixencia das anteriores e coa aplicación dos
criterios de selección e restantes prescricións
establecidas neste pacto.
-
Poderá solicitar a inclusión nas devanditas listas de
promoción temporal, o persoal estatutario fixo, en
servizo activo durante, polo menos, dous anos na
categoría de procedencia que teña a titulación requirida
para prestar servizos na categoría a que opta.
De conformidade co previsto no artigo 34.5º da Lei 55/2003,
do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario
dos servizos de saúde, non se exixirá o requisito de
titulación para o acceso ás categorías do artigo 7.2ºb) da
citada lei, agás que sexa necesaria unha titulación,
acreditaciónou habilitación profesional específica para o
desempeño das novas funcións, sempre que o interesado
prestase servizos durante cinco anos na categoría de orixe
eteña a titulación exixida no grupo inmediatamente inferior
ácategoría a que opta.
9.4. O persoal estatutario fixo que se incorpore a un novo
destino con ocasión dun concurso de traslados
poderásolicitar a súa inclusión nas listaxes de promoción
temporal do centro de destino, no prazo previsto para a toma
de posesión.
Coas solicitudes confeccionaranse as listas de conformidade
cos criterios de selección previstos neste pacto. Estas
listas serán subsidiarias das que estivesen vixentes ata a
data dunha nova convocatoria xeral ordinaria.
10. Seguimento do pacto.
10.1. Para o seguimento do pacto constituiranse unhas
comisións paritarias, unha central, con sede nos servizos
centrais do Sergas, e unha por provincia, con sede nas
direccións provinciais do Sergas. A comisión central
estaráintegrada por un representante sindical de cada unha
das organizacións asinantes do pacto e polos representantes
designados pola División de Recursos Humanos do Sergas. As
comisións provinciais estarán integradas por un
representante por cada organización sindical asinante do
pacto e en número igual polos representantes designados pola
dirección provincial e os centros da provincia.
Os representantes poderán ir acompañados dos suplentes,
representantes noutras áreas, cando a reuniónteña por
obxecto o tratamento de asuntos de área distinta áde
pertenza do titular e co obxecto de garantir o coñecemento e
a proximidade dos temas. Os suplentes terán voz pero non
terán voto.
10.2. A comisión central teráas seguintes competencias:
-Unificar e establecer os criterios de actuación e
interpretación do pacto.
-Resolver en única instancia as incidencias e controversias
de afectación xeral que deriven da aplicación do pacto.
-Outorgar o aval ás actividades de formación continua
destinadas ás correspondentes categorías de persoal non
sanitario nos termos que se establecen nos criterios xerais
do baremo.
-As demais explicitamente recoñecidas neste pacto.
10.3. As comisións provinciais terán as seguintes
competencias:
-Coñecerán, en única instancia, todas as incidencias e
reclamacións que se produzan, formulando as propostas de
resolución con carácter vinculante que procedan ás
direccións provinciais do Sergas para o seu traslado, se é o
caso, aos interesados.
-Exercerán o control da execución dos chamamentos dos
aspirantes en todo o seu ámbito.
-As demais explicitamente recoñecidas neste pacto.
10.4. Réxime de funcionamento:
-
Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes,
requiríndose un quórum de 3 membros de cada unha das
partes e sendo decisorio, no caso de empate, o voto do
presidente.
-
A presidencia das comisións corresponderalle a un dos
membros designados pola Administración, actuando como
secretario destas, con voz e voto, outro dos seus
representantes.
-
As comisións reuniranse, ben con carácter ordinario,
unha vez ao trimestre a comisión central, e unha vez ao
mes as provinciais; ou ben con carácter extraordinario,
nas ocasións en que concorran as circunstancias que o
fagan preciso.
A solicitude da convocatoria extraordinaria, na cal
necesariamente se fixará a orde do día, farase por
instancia, cando menos, de dous dos membros da comisión, e
cunha antelaciónmínima de 48 horas.
11. Penalizacións.
11.1. Renuncias aos nomeamentos.
11.1.1 Será penalizado pasando ao cabo da lista da súa
categoría o aspirante que renuncie por primeira vez a unha
oferta de vinculación
*ou renuncie a un vínculo xá formalizado.
No caso de concorrer unha segunda renuncia, o aspirante será
penalizado coa exclusión da citada lista.
A penalización acordada por un ou outro motivo terá unha
duración dun ano, contado desde que a medida se fai efectiva
e será notificada ao aspirante afecto e á comisión
provincial de seguimento do pacto, con carácter inmediato.
11.1.2. Procederá a suspensión dos chamamentos, sen
penalización ningunha á petición do interesado e sempre que
o xustifique suficientemente, nos seguintes casos:
-Maternidade ou adopción legal.
-Exercicio de representación sindical.
-Casamento.
-Falecemento de familiar ata o segundo grao de
consanguinidade ou afinidade.
-Coidado de fillos menores de 3 anos ou dun familiar que se
encontre ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade
ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou
enfermidade non se poida valer por si mesmo e non desempeñe
actividades retribuídas.
-Participación en programas de cooperación internacional
debidamente autorizados ao servizo de organizacións de
cooperación internacional.
-Calquera outra de entidade suficiente que se considere
oportuno a criterio da comisión central de seguimento.
O aspirante deberá alegar as citadas causas, perante a
dirección provincial respectiva, e acreditalas con
anterioridade á data en que o chamamento se produza ou, de
non ser posible, no momento en que se atenda o chamamento ou
se formalice o nomeamento.
A suspensión de chamamentos deberá ser informada á comisión
provincial de seguimento na seguinte reunión que se celebre
desde que se presenta a renuncia.
De concorrer supostos de controversia ou dúbida sobre a
causa alegada, a dirección provincial, tras a audiencia do
interesado no prazo de 10 días hábiles, e logo do tratamento
e acordo adoptado pola comisión provincial de seguimento do
pacto, resolverá sobre a súa estimación ou desestimación. No
caso de desestimación e, de persistir o rexeitamento da
oferta por parte do interesado, adoptarase cautelarmente a
medida penalizadora que corresponda, sen menoscabo da súa
revogación ulterior, se cabe, co restablecemento da
situación do aspirante.
A suspensión dos chamamentos manterase ata que
o interesado notifique a súa dispoñibilidade alegando o
remate da causa de suspensión e sexa aceptada asúa
reposición pola comisión provincial de seguimento do pacto.
11.1.3. Os aspirantes en que concorrese unha causa
xustificada que impedise o cumprimento do nomeamento deberán
comunicalo no momento da formalizacióndovínculo, procedendo
a dirección provincial do Sergas á suspensión dos
chamamentos ata que remate a causa.
Os criterios que sirvan de base á determinación das causas
xustificadas de suspensión serán determinados pola División
de Recursos Humanos do Ser-gas previamente ao seu tratamento
pola comisión central de seguimento do pacto.
11.2. Incumprimentos graves dos aspirantes.
11.2.1. Serán excluídos definitivamente da lista os
aspirantes que incorresen en incumprimentos graves, tanto
derivados da súa calidade de aspirante inscrito na lista da
categoría correspondente como do desempeño concreto do posto
de traballo.
Considéranse incumprimentos graves todas as condutas
cualificadas como faltas graves ou moi graves no estatuto
marco (Lei 55/2003).
11.2.2. Para facer efectivas as exclusións derivadas dos
citados incumprimentos, seguirase un procedemento perante a
División de Recursos Humanos do Sergas, no cal se garanta,
en todo caso, a audiencia do interesado, e con participación
preceptiva da comisión central de seguimento do pacto.
A División de Recursos Humanos do Sergas, unha vez incoado o
procedemento de exclusión, poderá adoptar a medida cautelar
consistente na suspensión dos chamamentos do aspirante
incurso nel.
11.2.3. Tras a ultimación do expediente, a División de
Recursos Humanos ditará a resoluciónenque se pronunciará
sobre a exclusión definitiva do aspirante ou acerca do
sobresemento do expediente.
Excepcionalmente, se así o aconsellan as circunstancias
consideradas no caso, poderá acordar a exclusión do
aspirante para chamamentos referidos a determinado ámbito ou
ámbitos funcionais, de xestión, temporais, en que caberá
contemplar medidas adicionais de adaptación profesional,
formación, adestramento, etc. que se consideren oportunas ad
hoc e que deberán motivarse no corpo da resolución que se
dite.
A citada medida de exclusión tamén será acordada con
carácter adicional á resolución que se adopte nos
expedientes disciplinarios incoados por mor da comisión de
faltas graves e moi graves.
11.2.4. Os aspirantes afectados pola exclusión poderán
solicitar autorización para incorporarse ás listaxes de
aspirantes nas sucesivas convocatorias. A División de
Recursos Humanos resolverá expresamente as citadas
solicitudes, logo do seu trata-mento na comisión central de
seguimento do pacto. Na falta de resolución expresa, as
solicitudes entenderanse desestimadas.
Non procederá a citada autorización se a causa de exclusión
das listas deriva dun incumprimento disciplinario
constitutivo de falta moi grave ou causa penal.
12. Disposicións especiais.
12.1. Período de proba.
Nos nomeamentos expedidos estipularase un período de proba
para os aspirantes, de conformidade co establecido no artigo
33.2º da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco
de persoal estatutario dos servizos de saúde, e o artigo 5
da orde da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais do 1
de xullo de 1997, pola que se regulan as moda
lidades de formalizacióndovínculo do persoal temporal de
institucións sanitarias xestionadas polo Servizo Galego de
Saúde e demais normas concordantes e complementarias ou que
a substitúan.
Cando un aspirante sexa cesado por non superar
o período de proba que no nomeamento se estipule, quedará
automaticamente excluído da lista.
Emporiso, a comisión central de seguimento do pacto poderá
exceptuar a aplicación de tal medida de exclusión, de xeito
motivado, naqueles casos en que, polas circunstancias
concorrentes se considere oportuno, así como as medidas
adicionais que se estimen convenientes.
Os centros sanitarios deberán comunicar á comisión central
de seguimento do pacto, o antes posible, os cesamentos que
se produzan por tal motivo e, de existiren, as
circunstancias que razoablemente obsten á aplicación da
medida de exclusión.
12.2. Áreas especiais.
12.2.1. Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación
de ATS/DUE que se produzan nas áreas de UCI-reanimación,
quirófanos, hemodiálise, transplantes, hospital de día
onco-hematolóxico e onco-pediatría e prematuros-neonatos, e
así mesmo no que respecta ás categorías de persoal adscrito
ás unidades de saúde mental, os aspirantes que acrediten
experiencia profesional nas citadas áreas ou posúan a
especialidade ou titulación específica que non fose
preceptiva farano constar no espazo reservado para o efecto
nas solicitudes que formulen, presentando, en todo caso,
certificación acreditativa da experiencia expedida polo
centro sanitario correspondente ou a titulación da
especialidade.
Excepcionalmente, as xerencias poderán propoñer ás comisións
provinciais de seguimento outras áreas de traballo de
carácter sanitario, nas cales sexa necesario que os
aspirantes acrediten experiencia profesional nelas ou posúan
unha determinada especialidade. Para tal fin, o centro
presentará informe debidamente razoado e xustificativo. A
comisión provincial resolverá sobre a procedencia do
chamamento dun aspirante cualificado na área ou servizo, e
sobre o sistema de efectuar a designación daquel.
12.2.2. O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde
de prelación da lista e en prol das persoas que acrediten a
experiencia ou a especialidade aludidas. Así mesmo,
requirirase un informe por escrito do centro sanitario
solicitante, no cal se fará constar a área sanitaria
especial de que se trate e maila necesidade de que para esta
se designe persoa coa especialidade ou titulación, de ser o
caso, ou con experiencia acreditada. En todo caso,
excluirase de tal sistema a cobertura das prazas vacantes e
as substitucións dunha duración previsible superiora60días,
que se proverán sempre na forma ordinaria.
Serán de aplicación aos aspirantes as medidas de
penalización e suspensión de chamamentos previstos nos
números 11 e 8 respectivamente deste pacto.
12.3. Vinculacións de curta duración.
-
Para a cobertura das necesidades de persoal estatutario
naquelas categorías que razoadamente se considere
oportuno, producidas como consecuencia do traslado de
enfermos en ambulancias, absentismo, incapacidade
temporal pendente de xustificación non superiora3días
desde a data da súa efectividade, permisos e licenzas,
poderá confeccionarse unha listaxe especial por centro
ou complexo da correspondente categoría para nomeamentos
que non excedan 5 días.
-
Os centros interesados no citado sistema farán a
oportuna proposta á comisión central de seguimento do
pacto, que resolverá sobre da pertinencia concreta de
cada listaxeeonúmero de aspirantes que proceda incluír,
en atención ás circunstancias concorrentes e ás
necesidades reais de vinculación manifestadas por
aqueles.
-
Os aspirantes que soliciten a inclusiónna listaxe
especial, exerceránasúa opción consignándoa na epígrafe
específica do modelo formalizado da solicitude.
Os aspirantes incluídos na listas, de conformidade co
parágrafo 12.3.2, serán chamados para a cobertura deste tipo
de situacións pola súa orde de puntuación e de xeito
rotatorio.
Ademais, poderá elaborarse unha listaxe de reserva que será
utilizada no suposto de esgotamento ou insuficiencia da
listaxe principal.
Os aspirantes deberán permanecer na citada listaxe principal
durante a vixencia de cada convocatoria.
Serán de aplicación aos aspirantes as medidas de
penalización e suspensión de chamamentos previstos nos
números 11 e 8 respectivamente deste pacto.
12.3.4. Os aspirantes que figuren nas listaxes a que se
refire esta norma xeral 12.3. non poderán ser chamados para
vinculacións que superen o cómputo de 10 días por cada mes.
No caso de que acrediten un tempo de vinculación que exceda
dos 120 días ao ano, con ocasión dos chamamentos realizados
por esta listaxe, serán excluídos da listaxe de vinculacións
de curta duración e serán chamados cando lles corresponda
polo seu número de orde na listaxe ordinaria. Para a
realizacióndocómputo dos citados días teranse en conta como
termo inicial a entrada en vigor das listaxes que se
elaboren conforme a este pacto.
12.3.5. En canto se manteña un aspirante nas listaxes a que
se refire este punto, quedarán excluídos da
formalizacióndevínculos inferiores a 4 meses, agás nos casos
de indispoñibilidade de aspirantes da lista xeral para a
cobertura do período de vacacións estivais en que serán
chamados polo seu número de orde con preferencia sobre as
listas a que se refire a norma xeral 6.3. Os citados casos
de indispoñibilidade serán acreditados perante as comisións
provinciais de seguimento do pacto que serán debidamente
informadas.
-
As comisións provinciais de seguimento do pacto poderán
solicitar información das xerencias co obxecto de
realizar o control pertinente sobre as citadas
vinculacións, e serán informadas mensualmente da xestión
e das súas incidencias das listaxes para vínculos de
curta duración.
-
Así mesmo, as comisións de centro poderán solicitar a
citada información das xerencias.
-
Vinculacións a tempo parcial ou en ámbito territorial
distinto ao da listaxe.
Caberá a renuncia do aspirante á oferta de vinculacións a
tempo parcial ou que supoñan a prestación de servizos nun
ámbito territorial distinto ao da lista do que forme parte,
agás nos casos en que por indispoñibilidade de profesionais,
sexa necesaria a súa inmediata incorporación. Para os
efectos esgotarase previamente a oferta a todos os
aspirantes dispoñibles na lista de que se trate. De non ser
aceptada a oferta por ningún deles, a aceptación do
chamamento será obrigatoria en segundo chamamento.
Así mesmo, caberá a renuncia sen penalización do aspirante
vinculado mediante un nomeamento a tempo parcial ou que
supoña a prestación de servizos nun ámbito territorial
distinto, sempre que exista dispoñibilidade de profesionais
na lista da súa correspondente categoría.
12.5. Cobertura de atención urxente extrahospitalaria.
I. Selección de persoal temporal no ámbito da atención
urxente no nivel de atención primaria.
A) Selección para vínculos de longa duración (no-vas prazas
e incidencias nesas prazas que impliquen vínculos de longa
duración) no novo modelo de urxencias en atención primaria.
1º A selección do persoal temporal para vínculos de longa
duración na nova organización de atención urxente
extrahospitalaria que resulte do futuro modelo de urxencias
en atención primaria, realizarase de conformidade cos
criterios xerais do pacto de selección temporal, coas
particularidades seguintes:
1. Os aspirantes optarán voluntariamente a formar parte
dunha listaxe específica que será o instrumento utilizado
nos chamamentos para os vínculos de longa duración no futuro
modelo de atención urxente extrahospitalaria.
Estes vínculos ofertaranse polo número de orde na listaxe
específica que resulte da aplicación das epígrafes do baremo
xeral ao que se engadirá a puntuación derivada do parágrafo
IX do baremo de médicos e VII do baremo de enfermería.
Nestas epígrafes do baremo tense en conta a prestación baixo
a modalidade de vínculos para a cobertura de atención
continuada en atención urxente extrahospitalaria.
2.
A inclusión dun aspirante nesta listaxe específica non o
excluirá dos chamamentos que lle correspondan
pola súa orde de prelación na listaxe ordinaria.
3. A aceptación dos vínculos de longa duración do novo
modelo organizativo de urxencias en atención primaria non
suspenderáos chamamentos aos vínculos de longa duración que
lle correspondan pola lista ordinaria. Se ben a renuncia a
un vínculo de longa duración ao que sexa chamado pola súa
orde na lista ordinaria implicaráo rexeitamento para todo
tipo de vínculo destas características, e, xa que logo, asúa
opción por permanecer no vínculo de longa duración nas
urxencias extrahospitalarias.
Asúa opción por permanecer prestando servizos no ámbito das
urxencias extrahospitalarias non obstaráásúa obrigatoriedade
de incorporarse áprestación ordinaria se houber
indispoñibilidade de aspirantes para a súa cobertura.
2º A seleccióndevínculos de curta duración
poderáestablecerse mediante o sistema previsto na epígrafe B
deste punto primeiro, se asíse acorda no marco de
negociación da selección temporal.
B) Selección para outros vínculos derivados da atención
continuada en atención primaria: vínculos de atención
continuada en PAC que non estean configurados como de novo
modelo.
A vinculación para a prestación áque se refire esta epígrafe
realizarase a prol dos aspirantes que figuren na lista
especial áque se refire a epígrafe anterior e que soliciten
voluntariamente a súa inclusión nunha listaxe de chamamentos
para outras vinculacións das urxencias extrahospitalarias
non incluídas na epígrafe
A
anterior:
-
A listaxe elaborarase cos aspirantes a que se refire a
epígrafe
A
anterior que voluntariamente o manifesten no modelo de
solicitude.
-
Os profesionais inscritos cubrirán as necesidades de
atención urxente extrahopitalaria e as demais de
carácter temporal que supoñan vinculación dun mes ou
período inferior, nos ámbitos territoriais do servizo de
atención primaria ou punto de atención continuada (PAC),
segundo se determine, en cada caso, no marco de
negociación da selección temporal.
3. A incorporación álistaxe especial non obstará
o chamamento para as vinculacións superiores a un mes que
lle corresponda pola súa orde de prelación na listaxe
ordinaria.
-
A voluntariedade manifestada para o acceso a
vinculacións derivadas desta lista B serátida en conta
en futuras convocatorias de selección temporal nas
epígrafes VI e IX de médicos e nas epígrafes
-
e VII de enfermería. Nos baremos das epígrafes IX e VII
anteriores serán incluídos en tanto permanezan vixentes
as ditas listaxes.
2. Puntuación adicional.
Nos baremos de persoal de enfermería e persoal médico que se
inclúe nas epígrafes VII e IX respectivamente dos baremos
anexos tómanse en conta os servizos prestados de atención
continuada no modelo transitorio para a configuración das
listaxes de aspirantes ás vinculacións ao que se refire esta
disposición.
3. Regras transitorias.
-
Transformación dos vínculos actuais de atención
continuada.
-
De conformidade co acordo acadado na data do 5 de
marzo de 2004, as actuais vinculacións para a
cobertura da atención urxente extrahospitalaria
formalizados no mes de marzo de 2004 transformaranse
nos novos nomeamentos eventuais que se configuren
para a citada prestación coas características e
vixencias que se determinen.
-
Dispositivos de posta en marcha do novo modelo de
urxencias de atención primaria.
Unha vez determinados os ámbitos dos dispositivos de posta
en marcha do novo modelo de atención continuada no ámbito de
atención primara, de conformidade co acordo acadado no seo
da comisión de seguimento do pacto de urxencias
extrahospitalarias, a incorporación de profesionais a estes
realizarase en virtude da convocatoria específica para cada
ámbito, na que se terán en conta os baremos deste pacto de
selección de persoal temporal, coa consideración específica
dos servizos prestados no ámbito das urxencias
extrahospitarias.
As vinculacións que se realicen terán a consideración de
vinculacións de longa duración a que se refire o punto 1. Xa
que logo, non excluiráo chamamento para vinculacións de
longa duración que corresponda ao número de orde da lista
ordinaria, sen prexuízo de que o seu rexeitamento por unha
soa vez implica a opción do profesional de manterse
vinculado no ámbito das urxencias extrahospitalarias ata a
finalizacióndoseu vínculo.
12.6. Nomeamento de médicos de familia con diploma de
puericultura.
Para poder aspirar aos nomeamentos de médico especialista de
pediatría na atención primaria será requisito imprescindible
a acreditacióndotítulo especialista en pediatría. Non
obstante, no suposto de non existir médico pediatra inscrito
nas listas que poida efectuar a cobertura de substitucións
ou eventualidades, poderanse utilizar os servizos dos
aspirantes da lista de médicos de familia que acrediten o
diploma de posgrao en puericultura, que así
o soliciten. En todo caso producirase o cesamento dese
persoal no suposto de dispoñibilidade de médicos
especialistas en pediatría.
Así, confeccionarase unha lista de médicos de familia que
acrediten o diploma de posgrao en puericultura por área de
xestión sanitaria, co fin de poder chamar os incluídos nela
por orde de puntuación para cubrir as necesidades
asistenciais aludidas no parágrafo anterior.
Para a súa baremación teranse en conta os méritos recollidos
no baremo de pediatras, agás a formación especializada e coa
precisión de que a experiencia profesional se refire
áacreditada como médicos de familia en prazas de pediatra de
atención primaria.
-
Compatibilidade da permanencia nas listaxes
especiais dunha mesma categoría.
-
O aspirante poderásolicitar a súa inclusión nunha ou
varias listaxes ás que se refire esta norma xeral
décimo segunda, agás nos casos de incompatibilidade
expresamente indicada en cada convocatoria ou neste
pacto.
-
-
13. Cobertura de vacantes polo persoal fixo da mesma
categoría.
-
-
De conformidade co compromiso adquirido no Acordo
sobre mellora retributiva e profesional do 1 de
outubro de 2003 e segundo o disposto na Lei 55/2003,
do estatuto marco do persoal dos servizos de saúde,
a cobertura de vacantes que xurdan poderá ser
realizada polo persoal fixo da mesma categoría, de
conformidade co que se estableza na normativa de
desenvolvemento sobre selección de persoal
estatutario e provisión de prazas das institucións
sanitarias do Sergas que seráobxecto de negociación
no seo da mesa sectorial.
-
-
14. Selección de postos de traballo de facultativo
especialista.
-
A provisión temporal dos postos de traballo de persoal
facultativo especialista realizarase mediante un
procedemento baseado nos principios de igualdade,
publicidade, imparcialidade, mérito e capacidade.
Para os efectos anteriores a normativa de desenvolvemento
sobre selección de persoal estatutario estableceráos
procedementos de selección e formalización das convocatorias
que se deban realizar.
15. Adaptación de postos de traballo.
A comisión central de seguimento do pacto preverá a adopción
de medidas de incorporación ao traballo temporal de persoas
que requiran adaptacion de pos-tos de traballo por
razóndasúa discapacidade, que deberáser acreditada.
II. Criterios de selección.
indice^
Para deseñar o proceso de selección de aspirantes e
confeccionar as diferentes listas por categoríae área de
xestión, tívose en conta a necesidade de artellar un proceso
áxil e eficaz con acatamento dos principios básicos
recollidos na Constitucióne,de xeito especial, no artigo 29
da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do
persoal estatutario dos servizos de saúde.
Con tales fundamentos configúranse os criterios de selección
deste pacto que se recollen a continuación:
1. Outórgase unha entidade avaliativa ásuperación da fase de
oposición dos procesos selectivos inmediatamente anteriores
ás convocatorias que se realicen ao abeiro deste pacto. Non
obstante, exceptúase a valoración dos resultados da fase de
selección dos procesos convocados ao abeiro da Lei 16/2001,
do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), en virtude do
acordo da mesa sectorial do 6 de xuñode 2002, na que se
resolveu excepcionar os ditos resultados da valoración como
mérito nos futuros procesos de selección de persoal
temporal. Por todo isto, na primeira convocatoria que se
realice en execución deste pacto, teranse en conta os
resultados da fase de seleccióndo último proceso selectivo
realizado con anterioridade á aplicación da citada Lei
16/2001.
A valoración da fase de oposición dos citados procesos
adquiren especial relevancia xa que resulta un expoñente
claro dos principios de publicidade, igualdade, mérito e
capacidade que informan os sistemas de acceso ao emprego
público recollidos, neste caso, no estatuto marco como
corolario do establecido no artigo 103 da Constitución.
2. Coa imprescindible atención da anterior premisa,
establécese o proceso de selección temporal contido neste
pacto. Tal proceso, no que respecta ao persoal sanitario, en
todo o seu ámbito, facultativo e sanitario non facultativo,
consistiráexclusivamente na aplicación dos baremos de
méritos que, para as distintas clases de persoal, se
establezan neste pacto.
No relativo ao persoal non sanitario, tendo en conta a
especificidade ou complexidade dalgunhas das funcións que
van desempeñar determinados profesionais, resulta preciso,
respecto de concretas categorías que o integran, realizar
unha proba de coñecementos que garanta a idoneidade do
profesional para o desempeño da praza ou posto de traballo.
a) Asíéo caso dos aspirantes ao grupo técnico superior ou
medio, técnico e de xestión da función administrativa, e do
persoal informático, que, ademais de seren puntuados con
carácter previo conforme ao baremo de méritos, realizarán
unha proba de carácter teórico-práctico, que determinará,
segundo o perfil ou características da praza obxecto da
cobertura, a División de Recursos Humanos ou
o director xerente do centro sanitario, segundo o caso e
ámbito da convocatoria, coa colaboraciónda comisión central
de seguimento do pacto, xunta do persoal da área ou, se éo
caso, comisión de centro. Tal proba seráexecutada soamente
cando as características e circunstancias da praza obxecto
de cobertura o requiran.
b) Os aspirantes ás prazas de carácter técnico ou de
oficios, nas categorías de calefactores, electricistas,
mecánicos, fontaneiros e cociñeiros realizarán unha proba de
aptitude, de carácter práctico, que acredite o dominio
necesario do seu oficio.
c) Tamén poderán ser obxecto dunha proba de aptitude de
carácter informático os aspirantes ácategoría de persoal de
servizos xerais, agás aqueles que acreditasen o coñecemento
suficiente na área informática, a través de cursos
formativos de carácter
selectivo debidamente avalados no seo da comisión central de
seguimento do pacto.
Da realización das devanditas probas excluiranse os
aspirantes que aprobasen a fase de oposicióndo proceso
selectivo do Sergas áque se fixo referencia. Sen embargo,
poderán excepcionalmente acordarse para as categorías dos
gruposAeB(técnicos superiores, da función administrativa e
persoal informático), respecto ás prazas que polas súas
características e deseño non pertenzan árama xurídica nin
económica.
Da execución das devanditas probas exceptuarase tamén aquel
persoal técnico, de oficios, e de servizos xerais, que
prestasen servizos nalgunha institución sanitaria dependente
do Sergas, por un período superior a dous meses, ou
superasen a proba de aptitude executada en aplicación dos
pactos anteriores.
As características, contido e mailo modo de execución das
probas será determinado pola comisión central de seguimento,
coa excepción das correspondentes aos grupos técnico, de
xestión, de grao medio e persoal de informática, que
écompetencia, como xa se indicou, das xerencias dos centros
en colaboración coas xuntas de persoal da área ou comisións
de centro, de ser o caso, en funcióndo ámbito da
convocatoria áque se refire o epígrafe a).
As probas de aptitude para o persoal técnico ou de oficios e
de servizos xerais, de carácter eliminatorio, teráunicamente
a cualificación de apto ou non apto.
Para os aspirantes declarados aptos na proba, así coma para
o resto dos grupos profesionais e categorías, tanto de
persoal sanitario coma non sanitario, aplicaranse os baremos
de méritos contidos neste pacto, resultantes da suma das
puntuacións que por cada apartado de méritos se estableza.
3. A puntuación por méritos que acaden os aspirantes
determinaráasúa orde na lista.
Os empates dirimiranse a prol do aspirante que acredite
maior tempo como desempregado total e non subsidiado. De
persistir o empate ou ben de tratarse de persoal de
promoción profesional, resolverase a prol do aspirante de
maior idade.
Entre os aspirantes que superasen a fase de oposición do
proceso selectivo, os empates resolveranse a prol do que
acredite maior puntuación final nesa fase (excepto a
valoración da proba da lingua galega).
III. Baremos.
indice^
Os baremos confeccionados refírense a grupos e categorías de
persoal de características, nalgún caso, notoriamente
diversas.
Por iso, tanto na súa estrutura, coma nas escalas de
puntuación resultan diferentes, ao se ter en conta
circunstancias distintas para a súa elaboración.
1º Baremos de persoal facultativo.
No caso do baremo de médicos de familia, para a confección
dos méritos asignables séguese, dalgún xeito, a estrutura
recollida na Lei 55/2003, do 17 de decembro, do estatuto
marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, que
refire nos seus artigos 31 e 33 que se valorarán como
mínimo: o currículo profesional, a formación pregraduada,
especializada e continuada acreditada, a experiencia
profesional en centros sanitarios, as actividades docentes
científicas e de investigación e a cooperación ao
desenvolvemento ou axuda humanitaria no ámbito da saúde. Ben
que, ao tratarse o presente dun baremo para a selección e
acceso de persoal temporal, na súa configuración parece
razoable requirir unha maior axilidade e simplificación nesa
estrutura e textura conformada; por iso é posible preterir
aspectos ou actividades -como algunha das referidas na
norma-máis propios dun proceso selectivo de acceso á
condición de persoal estatutario fixo, o rigor e a
virtualidade do cal debe predicarse sobremaneira. E tamén
cabe e pode resultar pertinente ter en conta determinadas
circunstancias que parecen axeitadas na configuración dun
proceso de selección temporal.
Así,na epígrafe de formación especializada tívose en conta
como norma paradigmática o disposto no artigo 4 do Real
decreto 1753/1998, do 31 de xullo, sobre acceso excepcional
ao título de médico especialista en medicina familiar e
comunitaria, e sobre
o exercicio da medicina de familia no Sistema Nacional de
Saúde. O citado artigo refire que se valorará a formación
especializada polo sistema de residencia en medicina
familiar e comunitaria. A puntuación global por este período
de formación especializada será equivalente á que se lle
asigne ao exercicio profesional como médico de entre seis e
oito anos. A equivalencia recollida neste baremo adáptase á
realidade do emprego, situación sociolaboral da nosa
comunidade e aos cadros de persoal no Sergas.
Asímesmo, parece razoable valorar a realización con éxito do
curso selectivo de nivelación, de carácter teórico-práctico,
por determinados profesionais, que serviu para a
obtencióndotítulo de medicina familiar e comunitaria, de
conformidade co disposto na normativa aplicable e o sistema,
desas características, previsto na actual normativa para o
acceso excepcional á citada titulación; deste xeito
saliéntase, non sóo esforzo formativo desenvolvido, senón
tamén a maior cualificación colixida deses concretos
procesos.
Tales predicamentos, referidos en senso amplo á situación de
emprego, cos antecedentes, posibilidade de acceso e o seu
decurso, tamén tiveron valor no establecemento doutras
epígrafes do baremo do persoal médico de familia; asíéo caso
da situación de desemprego total e non subsidiado que, como
circunstancia constatable, afecta a todas as categorías
incluídas no ámbito de aplicación deste pacto, ben que con
distinto grao e intensidade por mor das súas diferentes
características. De aíque neste caso se precise unha
axeitada ponderación, debidamente cohonestada, co resto das
epígrafes do baremo e coa situación de emprego destes
profesionais.
Tamén debe salientar e, conseguintemente, gozar de certa
consideración no baremo, a circunstancia concorrente de
xeito continuo en moitos aspirantes, de permanencia nas
listas, con plena disposición e sen renuncia ou rexeitamento
algún aos chamamentos, asumindo unha descontinuidade no
emprego, en moitos casos gravosa, ao longo dos períodos de
vixencia dos pactos. Igualmente, tal extremo deberá ser
relacionado, cohonestado e subsumido no futuro, coa
valoración que se pretende outorgar á situación especial de
cobertura de curta duración prevista para os profesionais
facultativos de atención primaria na disposición especial 12
na súaepígrafe 5, como así se fai constar explicitamente na
concreta epígrafe do baremo.
Tamén deben terse en conta as peculiaridades da cobertura da
prestación en determinados ámbitos asistenciais. A
configuración transitoria do modelo de urxencias
extrahospitalarias que derivará na definición dun futuro
modelo organizativo para este ámbito prestacional exixe unha
particular consideración da dispoñibilidade dos profesionais
no citado ámbito, xa que a prestación no futuro se concibe
con carácter voluntario e, xa que logo, as listas que se
confeccionen para a cobertura temporal das necesidades que
se susciten no citado ámbito resulta así mesmo voluntaria.
Por todo isto, prevese unha puntuación adicional e
específica que tan só se terá en conta para os efectos da
cobertura por persoal temporal das necesidades que xurdan
neste ámbito.
Debe salientarse, así mesmo, que se lle outorga unha
puntuación específica a aqueles aspirantes que participasen
en anteriores convocatorias e así figurasen nas listaxes
confeccionadas ao abeiro de pactos anteriores pola súa
dispoñibilidade como persoal temporal do Sergas, como
manifestacióndocoñecemento do medio das peculiaridades
características da asistencia sanitaria en Galicia.
Os demais aspectos baremables xa tiveron reflexo nos
anteriores pactos, con parangonable entidade, ora no caso da
formación académica, ora no da formación continuada.
No baremo de psicólogos estase a seguir o disposto no Real
decreto 2490/1998, do 20 de novembro, polo que se crea e
regula o título oficial de psicólogo especialista en
psicoloxíaclínica que exixe o título de psicólogo
especialista en psicoloxíaclínica para
o desempeño de postos de traballo en institucións públicas
ou privadas. Neste senso parece razoable recoller unha
estrutura do baremo similar ao dos médicos de familia pola
maior similitude dos profesionais psicólogos con esa
categoría, sen menoscabo da exclusión de diversos aspectos
baremables para os médicos -exclusivos deles-que non poden
ter predicamento para os profesionais psicólogos.
2º Baremo ATS/DUE.
Por mor do contido xa explicitado nos artigos 31 e 33 do
estatuto marco, debe valorarse a formación especializada de
posgrao para os profesionais ATS/DUE como un dos aspectos
que integran a estrutura do seu baremo. Por tal ditado,
parece razoable outorgar maior relevancia -respecto á
existente nos baremos dos anteriores pactos-a esa formación
especializada desenvolvida e acreditada por estes
profesionais nas especialidades que teñen neste momento
virtualidade e as que no futuro se vaian desenvolvendo.
Así mesmo, como no caso do persoal facultativo outorgase
unha puntuación específica para a elaboración das listaxes,
de carácter voluntario, para a selección do persoal temporal
no ámbito das urxencias extrahospitalarias, dada a especial
configuracióndo ámbito prestacional ao que se refire a
transitoriedade do modelo e a participación dos profesionais
neste.
3º
No resto dos baremos non se seguiu a estrutura e as escalas
de puntuación aludidas anteriormente, ao non existir a
formación especializada ou posgraduada que nos casos
anteriormente reflectidos resulta en cambio de obrigada
observancia e moi relevante, e merecen, polo contrario,
outros aspectos unha puntuaciónmáis elevada.
Valorouse notablemente a experiencia profesional en todos os
baremos por ser indubidable a súa transcendencia.
Tamén, como se explicou nos parágrafos relativos á
exposición dos criterios de selección, valorouse de xeito
notable ter superada a fase de oposición do proceso
selectivo do Sergas ou algún exercicio desta, co
outorgamento da puntuaciónmáxima susceptible de acadar pola
aludida experiencia profesional.
4º Desemprego.
Deuse certa importancia ao período acreditado de desemprego,
ao implicar unha incidencia grande na xeneralidade das
categorías obxecto de cobertura de persoal sanitario non
facultativo, non sanitario, co engadido da súa valoración
neste pacto para a categoría de persoal facultativo,
adaptada ássúas características. A puntuación nesta epígrafe
ponderouse con relación á asignada nas epígrafes anteriores
sinaladas, na procura de atinxir o baremo máis equilibrado
posible e atento á verdadeira virtualidade das distintas
epígrafes que o conforman.
5º Formación continua.
Respecto a esta epígrafe, foron considerados de xeito
importante para todas as categorías os cursos de formación e
perfeccionamento, pola relevancia da formación continuada
para todas as categorías de persoal que desenvolve o seu
cometido nas nosas institucións sanitarias; e considerando
igualmente a transcendencia que tradicionalmente se lle ten
dado a tales procesos formativos, con especial predicamento
na actualidade, someténdoos ao conseguinte control que
procure, ora acadar unha maior calidade, ora perfeccionar o
seu contido de xeito real e cada vez mellor cohonestado coas
necesidades asistenciais ou de apoio.
Neste pacto pondérase a entidade avaliativa da formación en
función do nivel de formación requirido para o acceso a cada
categoría xa que as exixencias formativas, a cualificación
profesional, a responsabilidade das tarefas e das
disciplinas exixidas para cada grupo de clasificación
supoñen un grao de formación continuada diferente para cada
un deles.
Asímesmo, prevense criterios de actualizaciónda formación
baseados na súa antigüidade que se toma como referencia para
a súa caducidade, apartándose do anterior criterio de
redución automática da puntuación que se realizaba sen
consideración á antigüidade desta. Quedan exceptuados desta
medida aqueles cursos que supoñan un grao de
especializacióndecarácter oficial que non estaban afectados
pola citada caducidade.
En todos os procesos formativos exíxense uns requisitos
rigorosos e solventes para a súa avaliación e, ademais, para
os que o requiren especialmente por mor da súa necesaria
avalación polo Sergas, dáse a necesaria publicidade dos
requisitos exixidos, para que sexa posible permitir a
garantía, entidade e a calidade destes cursos, e a
preterición, no posible, dos que sexan pouco relevantes ou,
incluso, falaces, nalgún caso.
-Avalación polo Sergas:
Os criterios que rexerán para a avalación polo Ser-gas, áque
se refire a epígrafe de formación continua dos distintos
baremos serán os seguintes:
I. O contido dos programas de formación deberán ser
adecuados ás funcións da categoría estatutaria do aspirante,
de acordo coas normas estatutarias correspondentes. Por isto
a presentación do programa do curso coas materias impartidas
e destinatarios serán requisitos imprescindibles para a súa
valoración.
II. No relativo aos profesionais formadores, necesariamente
deberá acreditarse a posesión da titulación axeitada ao
curso que imparten, asícomo un breve currículo.
III. Os diplomas que se expidan deberán conter a sinatura do
responsable do órgano convocante e/ou do profesional
responsable da súa impartición, así como claramente o número
de horas do curso, as datas de comezo e finalización, a
denominación des-te, a categoría destinataria, a localidade
e o programa do curso debidamente pormenorizado no reverso.
-
IV.
-
Os diplomas deberán ir acompañados do documento que
acredite a avalación do curso polo Sergas, para poder
ser tidos en conta.
V.
A comisión central de seguimento do pacto de vinculacións
temporais poderásolicitar ás entidades que impartan os
cursos, toda aquela documentación complementaria que
considere preciso para a súa correcta avalación.
VI. A realización dunha nova edición dun curso que xa tivese
outorgada avalación, requirirá nova solicitude presentando
toda a documentación correspondente.
VII. De constatarse algunha inexactitude, omisión ou
ocultación nos procesos das accións formativas poderán
tomarse medidas de carácter suspensivo ou incluso de
exclusión nos supostos que sexa preciso.
VIII. A comisión avaliadora poderáestablecer criterios
obxectivos de avaliación e acordar a súa publicidade.
Recóllense tamén os cursos de persoal sanitario acreditados
pola Comisión Nacional para a Formación Continua e os que se
acrediten pola Comisión de Formación Continua desta
comunidade autónoma de acordo co Decreto 8/2000 (DOG nº 17,
do 26 de xaneiro).
Parece razoable, nesta liña de actuación fixada, adaptar os
baremos aos criterios xerais de acreditación da formación
sanitaria acadados pola Comisión Nacional de Formación
Continua, constituída en virtude do Convenio de Conferencia
Sectorial do Consello Interterritorial do Sistema Nacional
de Saúde sobre formación continuada das profesións
sanitarias, asícomo a súa estrutura e cómputo a través de
créditos horarios e non por tramos como na actualidade foron
confeccionados. Agora ben, tamén resulta ineludible
establecer un réxime transitorio para a aplicación de tal
medida que respecte a realidade dos procesos formativos
vehiculados ata a data consonte o sistema vixente, para non
menoscabar tanto as organizacións ou entidades formadoras,
coma os aspirantes receptores dela.
O sistema de avaliación de cursos está referido
principalmente aos créditos que se certifiquen. Non
obstante, na formación anterior á entrada en vigor dos
sistemas acreditadores, os cursos non viñan referidos con
tal valoración, por iso, con carácter subsidiario, mantense
un sistema de valoración daqueles que tan só veñan
certificados en horas e que se aplicaráúnica e
exclusivamente para o caso de que
o curso non se poida certificar en créditos.
Ademais, para o persoal non sanitario valoraranse aspectos
de formación que parecen importantes, como éo caso da
titulación específica pensada sobre todo para o persoal de
oficios.
6º Promoción profesional temporal.
Finalmente, no que respecta ao persoal de promoción
profesional por imperativo do disposto no artigo 35 da Lei
55/2003, do 17 de decembro, do estatuto marco do persoal
estatutario dos servizos de saúde, requírese necesariamente
para acceder por esta quenda dous anos de antigüidade como
persoal fixo; e tamén, segundo o ditado desa norma,
facilítase a promoción aos grupos C e D de persoal non
sanitario, sen exixencia de titulación, aos profesionais con
máis de cinco anos de servizo.
Nos baremos para os profesionais que accedan por esta quenda
especial, valóranse todos os aspectos que resultan
baremables para o persoal que acceda pola quenda ordinaria,
coa exclusión, obviamente, do período de tempo en situación
de desemprego total e non subsidiado que se substitúe pola
acreditación de servizos prestados na súa praza como
estatutario fixo nos centros ou complexos sanitarios onde
estean destinados.
Cuestións específicas que hai que ter en conta na
baremación.
Desemprego e formación continuada:
A situación de desemprego, así como a formación continuada,
valoraranse a partir da obtención da titulación habilitadora
para o desempeño da praza á que se opte (licenciatura ou
especialidade, diplomatura, formación profesional ou
equivalente).
Promoción profesional:
Ao persoal de promoción profesional aplicaráselle a
totalidade dos méritos contidos nos baremos correspondentes
á categoría que opten, agás o referente ao tempo de
desemprego, que será substituído pola antigüidade acreditada
na categoría que teña en propiedade no centro sanitario onde
presta servizos.
As puntuacións seránidénticas ás asignadas na epígrafe
correspondente de cada un dos baremos, ao tempo acreditado
por desemprego total non subsidiado.
Réxime de homologación dos coñecementos de lingua galega:
O grao de iniciación á lingua galega ten o seguinte réxime
de homologación:
-En bacharelato (incluído COU):
Un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.
-En formación profesional:
Un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.
-Na universidade:
Un ano cursado e aprobado de lingua galega.
O grao de perfeccionamento de lingua galega ten
o seguinte réxime de homologación:
-En bacharelato:
Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega
(incluído COU).
-En formación profesional:
Tres anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.
-Na universidade:
Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.
Os certificados de homologación serán expedidos no caso do
bacharelato e da formación profesional, polos propios
servizos administrativos dos centros onde se cursaron os
estudos, logo de solicitude dos interesados.
No caso dos estudos universitarios, o certificado será
solicitado polos interesados á Dirección Xeral de Política
Lingüística, órgano competente para tal acreditación.
Así mesmo, consideraranse equivalentes os niveis básico,
medio e superior dos cursos de linguaxe administrativa
galega cos correspondentes niveis básico, medio e superior
dos cursos de linguaxe xurídica galega.
Normativa aplicable:
-Orde do 25 de abril de 1989, da Conselleríade Educación e
Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29 de maio).
-Orde do 11 de novembro de 1998, da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria (DOG do 4 de decembro).
-Orde do 19 de xaneiro de 1989, da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8 de febreiro).
-Orde do 10 de marzo de 2004 da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria (DOG nº 66, do 5 de abril).
ANEXO I
Baremo de persoal facultativo: médicos de familia
I. Formación académica.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos nesta epígrafe será 3,5 puntos.
1) Estudos de licenciatura:
Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.
Por cada sobresaliente: 1 punto.
Por cada notable: 0,5 puntos.
-A suma das puntuacións dividirase polo número total de
materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros
decimais obtidos.
-Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación
política e educaciónfísica.
2) Posgrao (a puntuaciónmáxima acadable nesta epígrafe será
de 1,5 puntos).
Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.
Premio extraordinario: 0,75 puntos.
Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou
do 3º ciclo: 0,25 puntos.
Por acreditar a suficiencia investigadora: 0,50 puntos.
3) Grao de doutor: 1,75 puntos.
-A puntuaciónmáxima acadada polos coñecementos de posgrao e
doutoramento reflectidos nas epígrafes2e3será 2 puntos.
A valoración do grao de doutor excluirá a valoración dos
curso de doutoramento e/ou da suficiencia investigadora.
Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe, os
expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou
noutro país da Unión Europea.
II. Formación continuada.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será 4 puntos.
Pola asistencia, debidamente xustificada a:
a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola
Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de
Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia, sempre que
teñan un contido relacionado coas funcións propias da
categoríado médico de familia na atención primaria de saúde.
b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de
formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola
Administración estatal, autonómica e universidades, Real
Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos,
organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo
Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas
funcións propias do médico de familia na atención primaria
de saúde.
c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación
continua das administracións públicas, que tiveron a súa
virtualidade, entre outros, en organismos, institucións,
organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación
Continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado
coas función propias do médico de familia na atención
primaria de saúde.
Por crédito 0,20 puntos.
Por hora 0,02 puntos.
Os cursos valoraranse polos créditos que consten nos seus
certificados.
De non constar os créditos, os cursos valoraranse polas
horas que se especifiquen no certificado.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas
de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos
que figuren neste. En todo caso, os cursos acreditados pola
Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e
impartidos polas universidades deberán indicar nos seus
certificados onúmero de créditos de correspondencia.
Non serán valorados os cursos realizados durante a
especialización que estean incluídos no programa docente da
especialidade correspondente.
Actualización da formación:
Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria
anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta
epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos
aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da
Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na
súa totalidade, agás que o aspirante acadase a
puntuaciónmáxima, caso en que experimentará unha redución de
0,20 puntos.
Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha
data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu
remate. Non obstante, a formación superior de carácter
oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao
de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste
baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último
caso a puntuación que se obteña pola citada formación
consolidarase para as futuras convocatorias.
Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas
sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren
ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o
aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta
epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade
superior a 8 anos.
III. Outras actividades.
Aspirantes que superasen as probas de acceso para a
obtención pola vía excepcional do título de especialista en
medicina familiar e comunitaria, en virtude dos sistemas
dispostos, ora no Real decreto 264/1989, do 10 de febreiro,
ora no Real decreto 1753/1998, do 31 de xullo: 1 punto.
IV. Formación especializada.
1. Os aspirantes que, para a obtencióndotítulo de médico
especialista, teñan cumprido o período completo de formación
como médico residente do programa MIR:
a) MIR en medicina familiar e comunitaria: 5 puntos.
b) MIR especialista en medicina interna: 2 puntos.
c) MIR especialista noutras especialidades: 1 punto por
especialidade.
Omáximo de puntuación polo conxunto deste epígrafe de
formación especializada será de 9 puntos.
V. Experiencia profesional.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 12 puntos.
1)
-Polos servizos prestados no ámbito da atención primaria,
como médico especialista en medicina familiar e comunitaria,
médico xeral, médico titular, médico dos servizos normais ou
especiais de urxencias, médico dos servizos de urxencias
hospitalarias e de unidades de hospitalización a domicilio
en institucións
sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións
sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde,
fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade
Autónoma de Galicia, sempre que outorguen un tratamento
recíproco aos aspirantes ássúas vinculacións temporais;
polos servizos prestados como inspector médico e na clase de
licenciados en medicina e cirurxía da escala de saúde
pública e de Administración sanitaria. Por cada mes
completo: 0,071 puntos.
-Por cada mes de servizos prestados en institucións
sanitarias públicas españolas ou dun paísdaUE: 0,034 puntos.
-Por cada mes de servizos prestados en institucións
sanitarias privadas españolas ou dun paísdelaUE: 0,017
puntos.
2) Aspirantes que desempeñasen praza noutras especialidades
médicas:
-Por cada mes de servizos prestados en institucións
sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións
sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde,
fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade
Autónoma de Galicia, sempre que outorguen un tratamento
recíproco aos aspirantes ássúas vinculacións temporais:
0,034 puntos.
-Por cada mes de servizos prestados noutras institucións
sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,017
puntos.
-Por cada mes de servizos prestados en institucións
sanitarias privadas españolas ou dun paísdaUE: 0,008 puntos.
3) Médicos axudantes de cotas cirúrxicas: por cada mes de
servizos prestados: 0,034 puntos.
Non se poderán valorar simultaneamente os servizos prestados
en dúas ou máis epígrafes se o son en postos incompatibles
entre si de conformidade coa normativa vixente para estes
efectos.
A acreditación dos servizos prestados en institucións
sanitarias públicas españolas farase a través de
certificación expedida polo responsable do servizo de
persoal ou servizo equiparable do centro público que
corresponda.
A prestación de servizos en institucións sanitarias privadas
deberá acreditarse coa presentación de certificación da
empresa en que se faga constar categoría, duración e xornada
do facultativo; taménse presentará informe do órgano
correspondente da Seguridade Social de cotizacións como
facultativo.
Os servizos prestados en institucións sanitarias, tanto
públicas coma privadas, dalgúnpaís integrante da UE,
acreditaranse por medio da certificación oficial expedida
polo órgano que proceda do paísen cuestión e, de ser
necesario, exixirase a súa homologación por parte da oficina
diplomática española do país de que se trate.
VI. Dispoñibilidade para vinculacións temporais de curta
duración no Sergas.
Aqueles aspirantes que figuren nas listas de selección
temporal do Sergas na categoríademédico sen ter sido
penalizado e que tivesen formalizado cando menos un vínculo
por unha duración dun mes ou trinta días ao longo de cada
ano: por cada ano completo: 0,5 puntos por ano, ata un
máximo de 3 puntos.
Non lle será puntuada a dispoñibilidade a aqueles aspirantes
que tivesen vínculos dun ano ou superior duración polo
período de tempo dese/s nomeamen-to/s ou contrato/s.
Para a puntuación por esta epígrafe requirirase a solicitude
dos aspirantes para a súa inclusiónna futura listaxe
especial para a cobertura de atención continuada nos PAC no
momento en que tal sistema se poña en marcha.
A puntuación prevista por cada ano, sumada á puntuación pola
epígrafe de experiencia profesional acreditada polo
aspirante nese mesmo ano, non superará 0,85 punto por ano.
VII. Participaciónnoréxime de selección temporal do Sergas.
A aqueles aspirantes que figurasen nas listas de selección
temporal do Sergas desta categoría, sen teren sido
penalizados coa súa exclusión, seralles puntuada a súa posta
á disposición efectiva constatada a razón de 0,053
puntos/mes ou 0,64 pun-tos/ano no que figurase como
aspirante, ata un máximo de 5 puntos.
Para estes efectos entenderase como data de inicio para o
cómputo a data de publicación das listas definitivas de
médicos de familia elaboradas con base no pacto publicado no
DOG do 13 de abril de 1993.
A aplicación desta epígrafe do baremo será desenvolvida por
instrución, previo ao seu tratamento pola comisión central
de seguimento do pacto
VIII. Coñecementos da lingua galega.
a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega:
0,5 puntos.
b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua
galega: 1 punto.
A puntuaciónmáxima desta epígrafe é de 1 punto.
IX. Puntuación especial e transitoria para a selecciónno
ámbito das urxencias extrahospitalarias.
Valoración da participación no modelo transitorio
establecido no pacto de urxencias extrahospitalarias do 30
de novembro de 1999.
Para a selección temporal no ámbito das urxencias
extrahospitalarias elaboraranse unhas listaxes específicas,
de conformidade co baremo indicado nos puntos anteriores aos
que se engadirá a puntuación desta epígrafe:
Ao persoal con nomeamento/s para a cobertura de atención
urxente extrahospitalaria a que se refire
o artigo 2.C) 3 da Orde do 1 de xullo de 1997, modificada
por Orde do 22 de marzo de 2000, ou nomeamento que o
substitúa, outorgaráselle unha
puntuación de 0,066 puntos por mes ata un máximo de 5
puntos.
A regra xeral de baremación será de cómputo do período
asignado e dispoñibilidade de prestación polo período da
garantía, tendo presente os supostos de interrupción da dita
garantía por acceder a nomeamentos de longa duraciónfóra do
marco da garantía citada ou por cambio de nivel asistencial.
Incluiranse tamén nesta epígrafe os nomeamentos de atención
continuada en urxencias extrahospitalarias, coa fracción da
puntuación que corresponda aos días.
A comisión de seguimento do pacto aclarará os supostos en
que a garantía de cobertura de atención urxente
extrahospitalaria, que servirá de base para ocálculo desta
puntuación adicional de urxencias extrahospitalarias, se
entenderá interrompida.
ANEXO II
Baremo de odontólogos
I. Formación académica.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos desta epígrafe será de
*3,5
puntos.
1) Estudos de licenciatura:
Por cada matricula de honra: 1,5 puntos.
Por cada sobresaliente: 1 punto.
Por cada notable: 0,5 puntos.
-A suma das puntuacións dividirase polo número total de
materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros
decimais obtidos.
-No caso dos odontólogos realizarase este cómputo coas notas
da licenciatura de odontoloxía. No caso de
médicos-odontólogos realizarase coas materias de
licenciatura de medicina e as de odontoloxía;eno caso de
médicos-estomatólogos coas de medicina e estomatoloxía.
-En calquera caso non se valorarán as materias de relixión,
educaciónfísica e formación política.
2) Posgrao: (a puntuaciónmáxima acadable nesta epígrafe será
de
*1,5
punto).
Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.
Premio extraordinario: 0,75 puntos.
Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou
do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.
*Por acreditar suficiencia investigadora : 0,5 puntos
3) Grao de doutor:
*1,75
puntos.
-A puntuaciónmáxima acadada polos coñecementos de posgrao e
doutoramento reflectidos nas epí-grafes2e3,será de
*2
puntos.
Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe os
expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou
noutro país da Unión Europea.
*A valoración de grao de doutor excluirá a valoración dos
cursos de doutoramento e/ou da suficiencia investigadora
II. Formación continuada.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 5 puntos.
Pola asistencia, debidamente xustificada a:
a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola
Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de
Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia, sempre que
teñan un contido relacionado coas funcións propias da
categoríado odontólogo.
b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de
formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola
Administración estatal, autonómica e universidades, Real
Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos
*e/ou de Odontólogos,
organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo
Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas
funcións propias do odontólogo.
c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación
continua das administracións públicas, que tiveron a súa
virtualidade, entre outros, en organismos, institucións,
organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación
Continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado
coas función propias do odontólogo.
Por crédito 0,25 puntos.
Por hora 0,025 puntos.
Os cursos valoraranse polos créditos que consten nos seus
certificados.
De non constar os créditos, os cursos valoraranse polas
horas que se especifiquen no certificado.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas
de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos
que figuren neste. En todo caso os cursos acreditados pola
Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e
impartidos polas universidades deberán indicar nos seus
certificados onúmero de créditos de correspondencia.
Non serán valorados os cursos realizados durante a
especialización que estean incluídos no programa docente da
especialidade correspondente.
Actualización da formación:
Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria
anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta
epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos
aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da
Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na
súa totalidade, agás que o aspirante acadase a
puntuaciónmáxima, caso en que experimentará unha redución de
0,20 puntos.
Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha
data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu
remate. Non obstante, a formación superior de carácter
oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao
de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste
baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último
caso a puntuación que se obteña pola citada formación
consolidarase para as futuras convocatorias.
Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas
sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren
ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o
aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta
epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade
superior a 8 anos.
III. Experiencia profesional.
A puntuación máxima posible para cada aspirante polo
conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 18
puntos.
1) Por cada mes completo de servizos prestados como
odontólogo ou estomatólogo, en institucións sanitarias
xestionadas polo Sergas ou noutras institucións sanitarias
integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e
empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de
Galicia, sempre que outorguen un tratamento recíproco aos
aspirantes ás súas vinculacións temporais: 0,25 puntos.
2) Por cada mes completo de servizos prestados como
odontólogo ou estomatólogo noutras institucións sanitarias
públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.
3) Pola permanencia na lista especial (suposto 12 do pacto)
durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese
virtualidade e sempre que se prestasen servizos continuados
como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou a puntuación
que lle corresponda por cada fracción.
A acreditación dos servizos prestados en institucións
sanitarias públicas españolas farase a través de
certificación expedida polo responsable do servizo de
persoal ou servizo equiparable do centro público que
corresponda.
IV. Coñecementos da lingua galega.
1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega:
0,5 puntos.
2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua
galega: 1 punto.
A puntuación máxima desta epígrafe é 1 punto.
ANEXO III
Baremo pediatras
I. Formación académica.
A puntuación máxima posible para cada aspirante polo
conxunto dos méritos nesta epígrafe será 3 puntos.
1) Estudos de licenciatura:
-Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.
-Cada sobresaliente: 1 punto.
-Cada notable: 0,5 puntos.
A suma das puntuacións dividirase polo número total de
materias da carreira, expresando o cociente cos dous
primeiros decimais obtidos.
Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación
política e educación física.
2) Posgrao:
-Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.
-Premio extraordinario: 0,75 puntos.
-Cursos monográficos de doutoramento ou de 3º ciclo: 0,25
puntos.
(Máximo 1 punto polas tres liñas anteriores).
3) Grao de doutor: 1,5 puntos.
A puntuación máxima dos puntos2e3éde 1,5 puntos.
II. Formación especializada (máximo 7 puntos).
-
Aspirantes que se encontren en posesión do título de
especialista en pediatría expedido ou homologado polo
Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.
-
Aspirantes que cumprisen o período completo de formación
na especialidade de pediatría como residentes do
programa MIR, ou que cumprisen nesa especialidade o
período completo de formación como residentes nun centro
estranxeiro, con programa recoñecido de docencia para
posgraduados na especialidade e coa titulación de
especialista validada polo Ministerio de Educación e
Ciencia: 5 puntos.
III. Experiencia profesional (máximo 7 puntos).
-
Por cada mes de servizos prestados como pediatra en
institucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras
institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional
de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da
Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que outorguen un
tratamento recíproco aos aspirantes ás súas vinculacións
temporais: 0,08 puntos.
-
Por cada mes de servizos prestados como pediatra noutras
institucións sanitarias públicas: 0,04 puntos.
-
Por cada mes de servizos prestados como pediatra en
institucións sanitarias privadas: 0,02 puntos.
A acreditación dos servizos prestados en institucións
sanitarias públicas españolas farase a través de
certificación expedida polo responsable do servizo de
persoal ou servizo equiparable do centro público que
corresponda.
A prestación de servizos en institucións sanitarias privadas
deberá acreditarse por presentación de certificación da
empresa en que se faga constar a categoría, duración e
xornada do facultativo pediatra; así, e igualmente,
presentarase informe do órgano correspondente da Seguridade
Social de cotizacións como facultativo pediatra.
IV. Outros méritos (máximo 4 puntos).
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 4 puntos.
Pola asistencia, debidamente xustificada a:
a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola
Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de
Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia, sempre que
teñan un contido relacionado coas funcións propias da
categoríado médico de familia na atención primaria de saúde.
b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de
formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola
Administración estatal, autonómica e universidades, Real
Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos,
organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo
Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas
funcións propias do médico de familia na atención primaria
de saúde.
c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación
continua das administracións públicas, que tiveron a súa
virtualidade, entre outros, en organismos, institucións,
organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación
Continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado
coas función propias do médico de familia na atención
primaria de saúde.
Por crédito 0,20 puntos.
Por hora 0,02 puntos.
Os cursos valoraranse polos créditos que consten nos seus
certificados.
De non constar os créditos, os cursos valoraranse polas
horas que se especifiquen no certificado.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas
de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos
que figuren neste. En todo caso os cursos acreditados pola
Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e
impartidos polas universidades deberán indicar nos seus
certificados onúmero de créditos de correspondencia.
Non serán valorados os cursos realizados durante a
especialización que estean incluídos no programa docente da
especialidade correspondente.
Actualización da formación:
Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria
anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta
epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos
aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da
Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na
súa totalidade, agás que o aspirante acadase a
puntuaciónmáxima, caso en que experimentará unha redución de
0,20 puntos.
Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha
data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu
remate. Non obstante, a formación superior de carácter
oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao
de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste
baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último
caso a puntuación que se obteña pola citada formación
consolidarase para as futuras convocatorias.
Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas
sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren
ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o
aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta
epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade
superior a 8 anos.
V. Coñecemento da lingua galega.
-
Pola realización do curso de iniciación de lingua
galega: 0,5 puntos.
-
Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua
galega: 1 punto.
A puntuaciónmáxima desta epígrafe é 1 punto.
ANEXO IV
Baremo de psicólogos clínicos
Este baremo queda suxeito ás adaptacións que deban
realizarse nas sucesivas convocatorias por algunha desta
dúas circunstancias:
-Convocatoria dun proceso selectivo para persoal fixo da
categoría.
-Remate do novo prazo para a solicitude e expedición do
título de psicólogo especialista e psicoloxía clínica que se
recolla no futuro real decreto que actualmente está en
tramitación nos ministerios de Educación e Sanidade e
Consumo.
I. Formación académica.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos nesta epígrafe será de 3,5 puntos.
1) Estudos de licenciatura (a puntuaciónmáxima acadable
nesta epígrafe será de 2 puntos):
Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.
Por cada sobresaliente: 1 punto.
Por cada notable: 0,5 puntos.
-A suma das puntuacións dividirase polo número total de
materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros
decimais obtidos.
-Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación
política e educaciónfísica.
2) Posgrao (a puntuaciónmáxima acadable nesta epígrafe será
de 1 punto).
Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.
Premio extraordinario: 0,75 puntos.
Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou
do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.
1) Grao de doutor: 1,5 puntos.
-A puntuaciónmáxima acadada polos coñecementos de posgrao e
doutoramento reflectidos nas epígrafes2e3será 1,5 puntos.
Soamente se valorarán para efectos desta epígrafe, os
expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou
noutro paísdaUnión Europea, así como os títulos obtidos en
estados que tivesen acordos bilaterais con España que
supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os
ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa
totalidade, sen necesidade de períodos de formación
adicional ou probas conducentes á avaliación dos
coñecementos do interesado.
II. Formación continuada.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será 4 puntos.
Pola asistencia, debidamente xustificada a:
a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola
Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de
Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un
contido relacionado coas funcións propias da categoría a que
se opta.
b) Cursos de formación e perfeccionamento convocados e
impartidos pola Administración estatal, autonómica,
universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais
de médicos ou psicólogos, organizacións sindicais ou
avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un
contido relacionado coas funcións propias da categoría a que
se opta.
c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación
continua das administracións públicas, que tiveron a súa
virtualidade, entre outros, en organismos, institucións,
organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación
Continua do Sergas, relacionado ou dirixido á categoría a
que se opta.
Por crédito: 0,20 puntos.
Por hora: 0,020 puntos.
Os cursos valoraranse preferentemente polos créditos que
teñan acreditados.
No seu defecto os cursos valoraranse polas horas que
resulten do certificado.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas
de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos
que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola
Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e
impartidos polas universidades deberán indicar nos seus
certificados o número de créditos de correspondencia.
Non serán valorados os cursos realizados durante a
especialización que estean incluídos no programa docente da
especialidade correspondente.
Actualización da formación:
Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria
anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta
epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos
aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da
Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na
súa totalidade, agás que o aspirante acadase a
puntuaciónmáxima, caso en que experimentará unha redución de
0,20 puntos.
Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha
data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu
remate. Non obstante, a formación superior de carácter
oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao
de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste
baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último
caso a puntuación que se obteña pola citada formación
consolidarase para as futuras convocatorias.
Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas
sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren
ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o
aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta
epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade
superior a 8 anos.
III. Formación especializada.
Formación como psicólogo interno residente: puntuaciónmáxima
7 puntos.
a) Por ter completado o período de formación como psicólogo
interno residente: 7 puntos.
b) Aspirantes que tivesen superada a convocatoria nacional
para optar a prazas do programa MIR e non teñan cumprido o
período completo de formación. Por cada ano completo como
residente: 0,6 puntos.
IV. Experiencia profesional.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 12 puntos.
Aspirantes que desempeñasen praza de psicólogo clínico:
a) Por cada mes completo de servizos prestados como
psicólogo en institucións sanitarias dependentes do Sergas
ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema
Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas
da Comunidade Autónoma de Galicia na categoría, sempre que
as citadas institucións outorguen un tratamento recíproco
para a selección temporal do seu persoal aos servizos
acreditados nas institucións xestionadas directamente polo
Sergas: 0,083 puntos.
b) Por cada mes completo de servizos prestados como
psicólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas
ou dun paísdaUnión Europea: 0,04 puntos.
c) Por cada mes completo de servizos prestados como
psicólogo en institucións sanitarias privadas españolas ou
dun país da UE ou pola participación en programas de
cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo
de organizacións de cooperación internacional: 0,02 puntos.
A acreditación dos servizos prestados en institucións
sanitarias públicas españolas farase a través de
certificación expedida polo responsable do servizo de
persoal ou servizo equiparable do centro público que
corresponda.
A prestación de servizos en institucións sanitarias privadas
deberáacreditarse coa presentación de certificación da
empresa en que se faga constar categoría, duración e xornada
do facultativo, asíe igualmente achegarase informe do órgano
correspondente da Seguridade Social de cotizacións como
facultativo.
Os servizos prestados en institucións sanitarias, tanto
públicas como privadas, dalgúnpaís integrante da UE,
acreditaranse por medio da certificación oficial expedida
polo órgano que proceda do paísen cuestión e, de ser
necesario, exixirase a súa homologación por parte da oficina
diplomática española do país de que se trate.
V. Desemprego.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe seráde 1,5 puntos.
Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de
desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3
anos: 0,5 puntos.
O tempo de desemprego deberáacreditarse necesariamente coa
presentación do certificado de vida laboral expedido polo
Instituto Nacional da Seguridade Social.
VI. Coñecementos da lingua galega.
1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega:
0,5 puntos.
2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua
galega: 1 punto.
A puntuaciónmáxima desta epígrafe é1 punto.
ANEXO V
Baremo de ATS/DUE, enfermeira especialista, matrona,
fisioterapeuta e logopeda
I. Oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde.
Os exercicios da fase de oposicióndo último proceso
selectivo vehiculada polo Sergas consonte o Decreto
309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos
de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario,
sanitario non facultativo e non sanitario das institucións
sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos
1998-2000, ou que no futuro se convoquen ao abeiro doutras
ofertas públicas de emprego para o Sergas (exclúense os
procesos selectivos convocados ao abeiro da Lei 16/2001):
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos desta epígrafe seráde 18 puntos.
Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás
o de lingua galega, 9 puntos.
Para o caso de que a estrutura da fase de oposición dos
futuros procesos selectivos fose modificada, con carácter
previo áconvocatoria que se realice ao abeiro deste pacto, a
mesa sectorial procederááponderación da puntuación dos
exercicios, tendo o referente da puntuaciónmáxima por esta
epígrafe.
II. Formación académica.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe seráde 2 puntos.
1) Estudos de diplomatura de ATS/DUE, logopeda e
fisioterapeuta, segundo o caso.
Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.
Cada sobresaliente: 1 punto.
Cada notable: 0,5 puntos.
A suma das puntuacións dividirase polo número total de
materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros
decimais obtidos.
Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación
política e educaciónfísica, que tampouco se terán en conta
para o cómputo do divisor.
2) Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.
Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe, os
expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou
noutro país da Unión Europea, asícomo os títulos obtidos en
estados que tivesen acordos bilaterais con España que
supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os
ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa
totalidade, sen necesidade de períodos de formación
adicional ou probas conducentes áavaliación dos coñecementos
do interesado.
III. Formación continuada.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe seráde 5 puntos.
Pola asistencia, debidamente xustificada a:
a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola
Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de
Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un
contido relacionado coas funcións propias da categoría a que
se opta.
b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de
formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola
Administración estatal, autonómica, universidades, Inem,
Cruz Vermella, colexios oficiais de enfermaría,
organizacións sindicais ou avalados
en debida forma polo Sergas, ao abeiro das competencias da
comisión de seguimento dos pactos de vinculación anteriores
a este, sempre que teñan un contido relacionado coas
funcións propias da categoría a que se opta.
c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación
continua das administracións públicas, que tiveron a súa
virtualidade, entre outros, en organismos, institucións,
organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación
Continua do Sergas, dirixidos á categoría a que se opta.
Por crédito: 0,25 puntos.
Por hora: 0,025 puntos.
Os cursos valoraranse preferentemente polos cré
ditos que teñan acreditados.
No seu defecto os cursos valoraranse polas horas que
resulten do certificado.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas
de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos
que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola
Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e
impartidos polas universidades deberán indicar nos seus
certificados o número de créditos de correspondencia.
Non serán valorados os cursos realizados durante a
especialización que estean incluídos no programa
docente da especialidade correspondente.
Actualización da formación:
Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria
anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta
epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos
aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da
Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na
súa totalidade, agás que o aspirante acadase a
puntuaciónmáxima, caso en que experimentará unha redución de
0,20 puntos.
Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha
data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu
remate. Non obstante, a formación superior de carácter
oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao
de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste
baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último
caso a puntuación que se obteña pola citada formación
consolidarase para as futuras convocatorias.
Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas
sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren
ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o
aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta
epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade
superior a 8 anos.
IV. Formación especializada (só para as listaxes da
categoría ATS especialista).
A aplicación desta epígrafe do baremo afectará
exclusivamente para a elaboración das listaxes da categoría
ATS especialista.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 4 puntos.
Polo título ou diploma dunha especialidade de enfermaría que
recoñeza a normativa vixente, expedido polo Ministerio de
Educación e Ciencia: 2 puntos.
V. Experiencia profesional.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 24 puntos.
1) Por cada mes de servizos prestados na categoría en
institucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras
institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de
Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da
Comunidade Autónoma de Galicia na categoría, sempre que as
citadas institucións outorguen un tratamento recíproco para
a selección temporal do seu persoal aos servizos acreditados
nas institucións xestionadas directamente polo Sergas: 0,25
puntos.
2) Por cada mes completo de servizos prestados na categoría
en institucións sanitarias ou sociosanitarias públicas
españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.
3) Por cada mes de servizos prestados na categoría en
institucións sanitarias privadas españolas ou dun
paísdaUnión Europea, ou pola participaciónen programas de
cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo
de organizacións de cooperación internacional: 0,05 puntos.
4) Pola permanencia na lista especial (disposición 12,
epígrafes
*3
e 5 dos supostos especiais deste pacto) durante a totalidade
da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e
sempre que se prestasen servizos continuados como
consecuencia deste: 2 puntos por cada ano, ou a puntuación
proporcional para cada fracción cun máximo de 6 puntos.
VI. Desemprego.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 6 puntos.
Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de
desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3
anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).
O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa
presentación do certificado de vida laboral expedido polo
Instituto Nacional da Seguridade Social.
VII. Puntuación especial e transitoria para a selecciónno
ámbito das urxencias extrahospitalarias.
Valoración da participación no modelo transitorio
establecido no pacto de urxencias extrahospitalarias do 30
de novembro de 1999.
Para a selección temporal no ámbito das urxencias
extrahospitalarias elaboraranse unhas listaxes específicas,
de conformidade co baremo indicado nos puntos anteriores aos
que se engadiráa puntuación desta epígrafe:
O persoal con nomeamento/s para a cobertura de atención
urxente extrahospitalaria a que se refire
o artigo 2 c) 3. da Orde do 1 de xullo de 1997, modificada
pola Orde do 22 de marzo de 2000, ou nomeamento que o
substitúa, outorgaráselle unha puntuación de 0,066 puntos
por mes ata un máximo de 4 puntos.
A regra xeral de baremación seráde cómputo do período
asignado e dispoñibilidade de prestación polo período da
garantía, tendo presente os supostos de interrupción da dita
garantía por acceder a nomeamentos de longa duraciónfóra do
marco da garantía citada ou por cambio de nivel asistencial.
Incluiranse tamén nesta epígrafe os nomeamentos de atención
continuada en urxencias extrahospitalarias, coa fracción de
puntuación que corresponda aos días.
A comisión central de seguimento do pacto aclarará os
supostos en que a garantía de cobertura de atención urxente
extrahospitalaria, que serviráde base para o cálculo desta
puntuación adicional de urxencias extrahospitalarias, se
entenderáinterrompida.
VIII. Coñecementos da lingua galega.
1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega:
0,5 puntos.
2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua
galega: 1 punto.
A puntuaciónmáxima desta epígrafe é1 punto.
ANEXO VI
Baremo de técnicos especialistas, hixienista dental e
auxiliar de enfarmaría
I. Oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde.
Os exercicios da fase de oposicióndo último proceso
selectivo vehiculada polo Sergas consonte o Decreto
309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos
de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario,
sanitario non facultativo e non sanitario das institucións
sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos
1998-2000, ou que no futuro se convoquen ao abeiro doutras
ofertas públicas de emprego para o Sergas (exclúense os
procesos selectivos convocados ao abeiro da Lei 16/2001):
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos desta epígrafe seráde 18 puntos.
Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás
o de lingua galega, 9 puntos.
Para o caso de que a estrutura da fase de oposición dos
futuros procesos selectivos fose modificada, con carácter
previo áconvocatoria que se realice ao abeiro deste pacto, a
mesa sectorial procederááponderación da puntuación dos
exercicios, tendo o referente da puntuaciónmáxima por esta
epígrafe.
II. Formación académica.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe seráde 1,5 puntos.
Estudos de técnico especialista de formación profesional de
1ºou 2ºgrao, rama sanitaria da especialidade de que se
trate, segundo o caso:
Cada curso con cualificación de sobresaliente na área de
coñecementos tecnolóxico e prácticos: 1,5 puntos.
Cada curso con cualificación de notable na área de
coñecementos tecnolóxico e prácticos: 1 punto.
No caso de que o expediente académico teña cualificacións
individualizadas por cada disciplina ou materia.
Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.
Por cada notable: 1 punto.
A suma das puntuacións dividirase polo número total de
materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros
decimais obtidos.
Para tales efectos, non se consideran como materias
valorables as de relixión, formación política,
formaciónfísica e idiomas. Asímesmo, no suposto de que as
cualificacións non veñan especificadas por áreas de
coñecemento, as disciplinas que se avaliarán serán as
seguintes: tecnoloxía, prácticas e técnicas de
expresióngráfica.
Non se computarán aquelas materias que poidan estar
validadas.
Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa
de equivalencias:
Sobresaliente: 9 puntos.
Notable: 7 puntos.
Ben: 6 puntos.
Suficiente: 5 puntos.
Ciclos superiores de técnicos especialistas e técnicos en
coidados de enfermaría: sóse valorarán aqueles módulos que
superen a cualificación de cinco. A suma total da puntuación
de todos os módulos avaliables dividirase polo número total
de módulos do ciclo.
Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe os
expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou
noutro país da Unión Europea, asícomo os títulos obtidos en
estados que tivesen acordos bilaterais con España que
supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os
ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa
totalidade, sen necesidade de períodos de formación
adicional ou probas conducentes á avaliación dos
coñecementos do interesado.
III. Formación continuada.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 5 puntos.
Pola asistencia, debidamente xustificada a:
a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola
Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de
Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un
contido relacionado coas funcións propias da categoría a que
se opta.
b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de
formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola
Administración estatal, autonómica, universidades, Inem,
Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avaliados en
debida forma polo Sergas sempre que teñan un contido
relacionado coas funcións propias da categoría a que se
opta.
c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación
continua das administracións públicas, que tiveron a súa
virtualidade, entre outros, en organismos, institucións,
organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación
Continua do Sergas, dirixidos á categoría a que se opta.
Por crédito: 0,5 puntos.
Por hora: 0,05 puntos.
Os cursos valoraranse preferentemente polos créditos que
teñan acreditados. No seu defecto os cursos valoraranse
polas horas que resulten do certificado.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas
de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos
que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola
Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e
impartidos polas universidades deberán indicar nos seus
certificados o número de créditos de correspondencia.
Actualización da formación: Consolidación da puntuación
obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os
efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a
puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada
en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será
consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase
a puntuaciónmáxima, caso en que experimentará unha redución
de 0,20 puntos.
Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha
data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu
remate.
Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas
sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren
ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o
aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta
epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade
superior a 8 anos.
IV. Experiencia profesional.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 18 puntos.
1) Por cada mes de servizos prestados na categoría en
institucións sanitarias dependentes do Sergas, ou noutras
institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de
Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da
Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que as citadas
institucións outorguen un tratamento recíproco para a
selección temporal do seu persoal aos servizos acreditados
nas institucións xestionadas directamente polo Sergas ou
noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema
Nacional de Saúde: 0,25 puntos.
2) Por cada mes completo de servizos prestados na categoría
noutras institucións sanitarias ou socio-sanitarias públicas
españolas ou dun paísdaUnión Europea: 0,10 puntos.
3) Por cada mes de servizos prestados na categoría en
institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE
ou pola participación en programas de cooperación
internacional debidamente autorizados ao servizo de
organizacións de cooperación internacional: 0,05 puntos.
4) Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12,
epígrafe 4 deste pacto) durante a totalidade da vixencia de
cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se
prestasen servizos continuados como consecuencia deste: 2
puntos por cada ano ata un máximo de 6 puntos.
V. Desemprego.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 6 puntos.
Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de
desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3
anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).
O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa
presentación do certificado de vida laboral expedido polo
Instituto Nacional da Seguridade Social.
VI. Coñecementos da lingua galega.
1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega:
0,5 puntos.
2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua
galega: 1 punto.
A puntuaciónmáxima desta epígrafe é 1 punto.
ANEXO VII
Baremo de persoal non sanitario
I. Oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde.
1º Os exercicios da fase de oposicióndo último proceso
selectivo vehiculada polo Sergas consonte
o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que
se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas
de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non
sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa
aprobación das OPE para os anos 1998-2000, ou que no futuro
se convoquen ao abeiro doutras ofertas públicas de emprego
para o Sergas (exclúense os procesos selectivos convocados
ao abeiro da Lei 16/2001):
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos desta epígrafe seráde: 18 puntos.
Por cada exercicio aprobado da citada fase, excepto o de
lingua galega:
a) GruposAeB:6 puntos (máximo 3 exercicios).
b) Grupos C, D, E: 9 puntos (máximo 2 exercicios).
Para o caso de que a estrutura da fase de oposición dos
futuros procesos selectivos fose modificada, con carácter
previo áconvocatoria que se realice ao abeiro deste pacto, a
mesa sectorial procederááponderación da puntuación dos
exercicios, tendo o referente da puntuaciónmáxima por esta
epígrafe.
2ºÁs categorías de persoal non sanitario que non foron
obxecto de OPE vehiculada polo Sergas aplicaráselle o
previsto na norma xeral 2 deste pacto na súaepígrafe 5º.
II. Formación académica e continuada.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe seráde 7 puntos.
a) Formación académica.
1. Pola titulación específica relacionada coa praza a que se
opta, sexa ou non título habilitador para
o seu desempeño: 4 puntos.
2. Para as categorías integrantes dos grupos A e B,
incluídas no ámbito de aplicación do Estatuto de persoal non
sanitario, valorarase o expediente académico relativo ao
título ou diplomatura que se acredite para acceder ápraza
solicitada, cun máximo de 3 puntos a razón de:
GruposAeB:
Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.
Por cada sobresaliente. 1 punto.
Por cada notable: 0,5 puntos.
A suma das puntuacións dividirase polo número total das
materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros
decimais obtidos.
Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación
política e educaciónfísica.
Grupo A:
Grao de doutor: 1,5 puntos.
Grupo B:
Por premio fin de carreira: 1,5 puntos.
Soamente se valorarán para os efectos deste epígrafe os
expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou
noutro país da Unión Europea, asícomo os títulos obtidos en
estados que tivesen acordos bilaterais con España que
supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os
ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa
totalidade, sen necesidade de períodos de formación
adicional ou probas conducentes áavaliación dos coñecementos
do interesado.
b) Formación continuada.
Puntuaciónmáxima de 5 puntos pola asistencia debidamente
xustificada a:
a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola
Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de
Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un
contido relacionado coas funcións propias da categoría a que
se opta.
b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de
formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola
Administración estatal, autonómica, universidades, Inem,
Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións
sindicais ou avaliados en debida forma polo Sergas, sempre
que teñan un contido relacionado coas funcións propias da
categoría a que se opta.
c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación
continua das administracións públicas, que tiveron a súa
virtualidade, entre outros, en organismos, institucións,
organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación
Continua do Sergas, dirixidos ácategoría a que se opta.
GruposAeB:
Por cada crédito: 0,25 puntos.
Por cada hora de formación: 0,025 puntos.
GruposCeD:
Por cada crédito: 0,5 puntos.
Por cada hora de formación: 0,05 puntos.
Grupo E:
Por cada crédito: 1 punto.
Por cada hora de formación: 0,10 puntos.
Os cursos valoraranse preferentemente polos créditos que
teñan acreditados.
No seu defecto os cursos valoraranse polas horas que
resulten do certificado.
Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas
de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos
que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola
Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e
impartidos polas universidades deberán indicar nos seus
certificados o número de créditos de correspondencia.
Non serán valorados os cursos realizados durante a
especialización que estean incluídos no programa docente da
especialidade correspondente.
Actualización da formación:
Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria
anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta
epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos
aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da
Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na
súa totalidade, agás que o aspirante acadase a
puntuaciónmáxima, caso en que experimentará unha redución de
0,20 puntos.
Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha
data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu
remate. Non obstante, a formación superior de carácter
oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao
de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste
baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último
caso a puntuación que se obteña pola citada formación
consolidarase para as futuras convocatorias.
Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas
sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren
ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o
aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta
epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade
superior a 8 anos.
III. Experiencia profesional.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 18 puntos.
1) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a
que se opte en institucións sanitarias dependentes do Sergas
ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema
Nacional de Saúde, ou fundacións e empresas sanitarias
públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que as
citadas institucións outorguen un tratamento recíproco para
a selección temporal do seu persoal aos servizos acreditados
nas institucións xestionadas directamente polo Sergas: 0,25
puntos.
2) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a
que se opte noutras institucións sanitarias ou
sociosanitarias públicas españolas ou dun país da Unión
Europea: 0,10 puntos.
3) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a
que se opte en institucións sanitarias privadas ou en
institucións públicas non sanitarias españolas ou dun
paísdaUnión Europea ou pola participación en programas de
cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo
de organizacións de cooperación internacional: 0,05 puntos.
4) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a
que se opta, en empresas de carácter privado españolas ou
dun paísdaUnión Europea: 0,025 puntos.
Para a categoría de persoal de servizos xerais, valoraranse
ademais dos desenvolvidos nesta concreta categoría, os
desenvolvidos na de auxiliar da función administrativa,
celador e telefonista. As referidas puntuacións en cada unha
das epígrafes anteriores son:
Epígrafe 1) Auxiliar administrativo: 0,20 puntos.
Celador e telefonista: 0,15 puntos.
Epígrafe 2) Auxiliar administrativo: 0,08 puntos.
Celador e telefonista: 0,06 puntos.
Epígrafe 3) Auxiliar administrativo: 0,04 puntos.
Celador e telefonista: 0,03 puntos.
Epígrafe 4) Auxiliar administrativo: 0,020 puntos.
Celador e telefonista: 0,015 puntos.
5) Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12,
epígrafe 4 dos supostos especiais deste pacto) durante a
totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese
virtualidade e sempre que se prestasen servizos continuados
como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou puntuación
proporcional por cada fracción ata un máximo de 6 puntos.
IV. Desemprego.
A puntuaciónmáxima posible para cada aspirante polo conxunto
dos méritos previstos nesta epígrafe será de 6 puntos.
Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de
desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3
anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).
O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa
presentación do certificado de vida laboral expedido polo
Instituto Nacional da Seguridade Social.
V. Coñecementos da lingua galega.
1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega:
0,5 puntos.
2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua
galega: 1 punto.
A puntuaciónmáxima desta epígrafe é 1 punto.
*ANEXO VIII
*ÁREAS LIMÍTROFES
A) Provincia da Coruña:
-Área sanitaria da Coruña.
Áreas máis próximas:
* Ferrol.
* Santiago de Compostela.
-Área sanitaria de Ferrol.
Áreas máis próximas:
* A Coruña.
* Burela.
-Área sanitaria de Santiago de Compostela.
Áreas máis próximas:
* A Coruña.
* Pontevedra Norte.
B) Provincia de Lugo:
-Área sanitaria de Burela.
Áreas máis próximas:
* Lugo.
* Ferrol.
-Área sanitaria de Lugo.
Áreas máis próximas:
* Burela.
* Monforte de Lemos.
-Área sanitaria de Monforte de Lemos.
Áreas máis próximas:
* Lugo.
* O Barco de Valdeorras.
C) Provincia de Ourense:
-Área sanitaria de Ourense.
Áreas máis próximas:
* O Barco de Valdeorras.
* Pontevedra Sur.
-Área sanitaria do Barco de Valdeorras.
Área máis próxima:
* Ourense.
D) Provincia de Pontevedra:
-Área Sanitaria de Pontevedra Norte.
Áreas máis próximas:
* Santiago de Compostela.
* Pontevedra Sur.
-Área Sanitaria de Pontevedra Sur.
Área máis próxima:
* Pontevedra Norte.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2004.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos
do Servizo Galego de Saúde