Apertura prazo inscrición diversas categorías.
Hoxe 1 de decembro de 2011 ábrese o prazo para inscrición nas listas de contratacións das categorías de Grupo Auxiliar da Función Administrativa, PSX e celador/a.
É obrigatoria a inscrición para TODOS/AS os/as aspirantes.
A solicitude formalizarase nos modelos normalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do Sergas (www.sergas.es), na epígrafe correspondente do FIDES/expedient-e, na epígrafe procesos.
Unha vez confirmada a inscrición electronicamente no formulario de solicitude, non se poderá modificar. O formulario confirmado débese imprimir e presentar nos rexistros administrativos.
As persoas aspirantes poderán solicitar a súa inclusión nunha única das categorías convocadas e nunha única área/zona.
Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes de inscrición desde o 1 de decembro de 2011 e ata o 15 de xaneiro de 2012.
Os méritos computables serán os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do prazo.
A taxa de reposición.
Tanto falar da TAXA DE REPOSICIÓN... qué significa???
OPE: A FIN DAS OPE
Por mor da taxa de reposición, o SERGAS non pode convocar a OPE máis do 10% das vacantes que xurdiran desde a última convocatoria. Por iso, pretende convocar agora unha OPE só para Facultativ@s Especialistas de Área (FEAS) co 10% do total de prazas vacantes de todas as categorías (176 prazas).Se isto é así, o ano que vén o 10% da taxa de reposición impedirá que se convoque unha OPE para outras categorías, e de facelo, serán moi escasas prazas e para categorías de especialistas en enfermaría (matronas) exclusivamente. Pensade que entre esta convocatoria e a seguinte non se vai crear ningunha praza, polo que o 10% de nada, é nada. Só poderían convocar o 10% das xubilacións, ou sexa, unha miseria de prazas.
TRASLADOS: TRASLADOS SEN PRAZAS
Se na convocatoria de traslados se incorporan de fóra da comunidade autónoma máis do 10% das vacantes xeradas, xa non se poderá convocar a OPE ningunha praza, porque a obriga de non repoñer máis do 10% impide que se poidan cubrir máis desas prazas tamén por traslados.
Isto implica que o SERGAS non ofertará a traslados o 100% das prazas que se convoquen a OPE, e, de facer convocatoria de traslados, serán só nalgunhas categorías e cun número moi escaso de prazas, unha porcentaxe moi baixa das prazas que se queren convocar a OPE, para evitar que se cubran con xente de fóra do SERGAS. Se a convocatoria de OPE que se quere facer agora é de 176 prazas, botade contas de cantas se van a ofertar a traslados...
CONTRATACIÓNS: LISTAS DE CONTRATACIÓN PARALIZADAS
Á xa de por sí escandalosa política de contratacións que segue a Consellaría, uniríase agora un novo problema: a falta de OPE que renove as puntuacións das listas. Posto que a puntuación das listas de contratación é nun 60% a nota de OEP, se non se fan OPE no futuro, as listas apenas van ter posibilidade de renovarse, e as persoas que nestes momentos están máis abaixo nas listas, case non terán posibilidades de subir postos en base á puntuación da OPE.
Información Pacto de contratacións
Comisión de seguimento do Pacto de contratacións do 24 de novembro de 2011
- Segunda convocatoria de listaxes polo expedient-e.
- Comunicáronnos de que o luns 28 de novembro de 2011, se publicará en DOG a resolución pola que se abre o prazo de inscrición para as categorías de:
- Grupo Auxiliar da función administrativa
- Persoal de Servizos Xerais
- Celador/a
- O prazo de inscrición abrirase o 1 de decembro de 2011 e TODAS as persoas interesadas deberán inscribirse a través do FIDES/expedient-e.
- Os méritos que serán tidos en conta son os causados a 31 de decembro de 2011.
- O prazo de aportación de solicitudes e méritos remata o 15 de xaneiro de 2012.
- Ao igual que na convocatoria de Técnicos Superiores, a solicitude presentarase vía electrónica e documental co pertinente rexistro administrativo da solicitude.
- Unha vez se publiquen os listados provisionais, abrirase un prazo máximo de 10 días hábiles para a presentación de reclamacións.
- Comunicáronnos de que o luns 28 de novembro de 2011, se publicará en DOG a resolución pola que se abre o prazo de inscrición para as categorías de:
-
Varios:
- Non hai previsión da publicación das listas provisionais de Técnicos Superiores, porque están a ter problemas coa catalogación da experiencia profesional.
- Previsións:
- A Administración informounos de que teñen a intención de que as seguintes categorías en abrir o prazo de inscrición sexan as categorías sanitarias e finalmente o resto do persoal non sanitario.
- De todas maneiras pretenden ter pechados todos os procesos de inscrición no mes de marzo de 2012.
Correción de erros e aclaracións en contratacións.
Hoxe venres, publicouse no Diario Oficial de Galicia:
- CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de outubro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF.
Aclaración sobre documentación emitida fóra do Estado Español:
- Aqueles certificados de servizos prestados, ou calquera outra documentación que estea redactada nunha lingua distinta das cooficiais do Estado Español, para ser validada debe ser presentada acompañada de tradución xurada, ou ben ser emitida polo organismo que certifica nalgunha das linguas oficiais do Estado.
Información transmitida polo SERGAS:
- A partir do día 16 de Novembro comezarase a validar as solicitudes de inscrición das listas que teñan sido confirmadas e entregadas polas persoas interesadas. A partir dese momento, as persoas poderán consultar o estado da validación da súa inscrición, no apartado de procesos correspondente a selección temporal ou promoción profesional, según sexa. Poderán saber en tempo real se a súa solicitude foi validada ou ben rexeitada.
- De rexeitarse algunha solicitude polas causas previstas relacionadas coas taxas ou por defectos nos formularios, poden subsanarse dentro do prazo de solicitude (recordar que remata o 30 de novembro). Posteriormente, coa publicación das listas provisionais se abrirá un novo prazo de subsanación de erros, pero non comprenderá a subsanación por impago de taxas.
- A validación da inscrición, será visible en tempo real polas persoas interesadas, polo tanto de non ter aboado as taxas o ter outro defecto nas mesmas o no modelo, poden estar informadas e subsanar dentro do prazo de solicitude.
- A validación da inscrición realizarase por orde de rexistro de entrada de ditas solicitudes nas unidades de validación polo que as persoas que entreguen as solicitudes con antelación poden subsanar os erros.
CALENDARIO LABORAL 2012
FESTIVOS NACIONAIS
| 1 XANEIRO | ANINOVO |
| 6 XANEIRO | DIA DE REIS |
| 19 MARZO | SAN XOSÉ |
| 21 ABRIL | XOVES SANTO |
| 22 ABRIL | VENRES SANTO |
| 17 MAIO | LETRAS GALEGAS |
| 25 XULLO | DIA NACIONAL GALIZA |
| 15 AGOSTO | ASUNCIÓN |
| 12 OUTUBRO | HISPANIDADE |
| 1 NOVEMBRO | TODOS OS SANTOS |
| 6 DECEMBRO | DIA DA CONSTITUCIÓN |
| 8 DECEMBRO | INMACULADA CONCEPCIÓN |
| 25 DECEMBRO | NADAL |
FESTIVOS LOCAIS
|
CAMARIÑAS |
21 Febreiro ( Martes de Entroido) 16 Xullo (Virxe do Carme) |
FISTERRA
|
9 Abril (Luns de Pascua) 10 Setembro |
|
CARNOTA
|
21 Febreiro (Martes de Entroido) 7 Decembro |
MAZARICOS
|
21 Febreiro (Martes de Entroido) 25 Xuño (San Xoán) |
|
CEE
|
21 Febreiro (Martes de Entroido) 16 Agosto (San Roque) |
MUXÍA
|
10 Setembro (Luns da Barca) 21 Setembro ((Santiña do Espiño) |
|
CORCUBIÓN
|
25 Abril (San Marcos) 29 Xuño (San Pedro e San Pablo) |
VIMIANZO
|
21 Febreiro (Martes de Entroido) 13 Agosto |
|
DUMBRÍA
|
28 Maio (Sant Lucía) 10 Decembro (Santa Bala) |
ZAS
|
16 Xullo (Virxe do Carme) 26 Xullo (Santa Margarida) |
ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

A Plataforma SOS Sanidade Pública valora as miles de persoas que se mobilizaron nas diferentes áreas sanitarias de Galicia como un formidable respaldo ao sistema sanitario público e un rexeitamento ás políticas de recorte e privatización que está desenvolvendo a Xunta e a Consellería de Sanidade.
Esta nova mostra de vontade cidadá demostra que a maioría dos galegos, por encima das súas lexítimas posicións políticas, aposta por manter o carácter público do sistema sanitario que garante o acceso equitativo e universal aos servizos de saúde , e non está disposta a tolerar que co pretexto da crise sanitaria recórteselles ou privatice un dos seus dereitos fundamentais.
Os cidadáns das diferentes áreas sanitarias mobilizáronse en contra dos recortes do orzamento de sanidade; da privatización dos novos centros hospitalarios e de saúde e dos plans directorios dos xa existentes; da paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria; do peche dos centros públicos pola tarde e o desvío de pacientes a centros privados; do incremento e maquillaxe das listas de espera; da supresión dos radiólogos nas urxencias dos hospitais comarcais; do desmantelamento das áreas sanitarias; do peche de servizos de laboratorio; da supresión de ambulancias; da privatización dos servizos de diálise; da privatización da Informática, Central de Compras e de Chamadas ; do despedimento e deterioración das condicións laborais de profesionais e traballadores sanitarios;?en definitiva da política privatizadora dunha administración que non cre na sanidade pública e que aposta polo mercado e a competencia, á que estorba en actual Sistema Público Universal baseado na solidariedade social.Esta enorme mobilización mostra que a cidadanía non se cre as mentiras dunha Consellería que basea a súa estratexia na mentira e a desinformación por temor á reacción cidadá.Desde SOS Sanidade Pública consideramos que a esixencia de dimisión da Conselleira Farjas é un clamor social que debería ser escoitado por Núñez Feijoo e facerlle cambiar a súa política sanitaria.
NOTA DE PRENSA PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA SOBRE A PRESENTACIÓN DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA
Santiago, 20 de Outubro de 2011
A Plataforma SOS presentou en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega.
A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións que integran SOS propón catro puntos:
1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos
2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia
3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa
Unha vez presentada no Parlamento SOS e as organizacións que a apoian recollerán firmas por toda Galicia aproveitando esta actividade para explicar e debater coa cidadanía as políticas de recorte e privatización que esta levan a cabo a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia
Tamén se recordou que o 27 de Outubro están convocadas mobilizacións en todas as áreas sanitarias en defensa da sanidade pública e contra os recortes de recursos sanitarios da Xunta.
Á rolda de prensa asistiron representantes das plataformas de Ferrol, Ourense, Santiago, Vigo, Monforte, Barbanza, Pontevedra, A Coruña e O Barco, que estiveron apoiados por membros dos sindicatos CC.OO., UGT e CIG; así como de representantes dos grupos políticos do BNG, PSDEG e Esquerda Unida. Desculparon a súa asistencia a Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE) , o sindicato de enfermería SATSE e as plataformas de Burela, Lugo Cangas, Moaña e Salnés, que apoian a Iniciativa.
MANIFESTO CONTRA A MARXINACIÓN DO GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Ligazón á Web do Manifesto contra a Marxinación do Galego.
Como galegas e galegos, temos o deber de conservar o patrimonio cultural que nos legaron os nosos devanceiros.
É por iso que, a nivel individual ou colectivo, solicitámosche que subscribas o Manifesto para esixir dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:
1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.
Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.

- Concentración 27 de outubro ás 20 horas.
- Información sobre as cualificacións de TCAE e celador.
- Manifestación CIG: Rexeitamento á reforma da constitución
- Video explicativo sobre o Expedient-e na páxina do SERGAS
- Apertura do expedient-e.
- mobilizacións do persoal de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira.




