Webs CIG Saúde: O Barco | Ferrol | A Coruña | Vigo| Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago| Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica
A Xunta de Galiza ven de anunciar unha serie de medidas de recorte nas condicións laborais d@s empregad@s públic@s ás que desde CIG-Saúde nos opoñemos firmemente. Asegura a Xunta que estando nos tempos de crise que estamos, hai que apertar o cinto e instaurar a AUSTERIDADE, así, con maiúsculas. O que pasa é que a Xunta de Núñez Feijoo debe de tomarnos por parv@s, porque esta "austeridade" que reclama como excusa para implantar día si e día tamén recortes drásticos nas condicións laborais e na prestación de servizos públicos, non é aplicada do mesmo xeito polo propio goberno galego.
Sen ir máis lonxe, durante o último mes, o DOG leva publicado catro anuncios de convocatoria de campañas publicitarias diversas, unhas de sensibilización e outras de propaganda pura e dura, por valor de, nin máis nin menos, seis millóns de euros. Entre esas campañas atópase a que se anunciou o pasado venres no DOG: RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización e promoción do consumo de medicamentos xenéricos entre a poboación galega (AB-CON1-12-002)., por valor de 2.200.000 euros, que, dito sexa de paso, saen dos petos de tod@s @s galeg@s, tamén des@s traballador@s aos que se lles segue a recortar nas súas condicións laborais apelando a non se sabe moi ben qué tipo de AUSTERIDADE.
Deixese de excusas, señor Feijoo. Para combater a crise, sobran medidas que non implican recortes contínuos para a clase traballadora nin desmantelamento dos servizos públicos. Só ten que aplicarse a vostede mesmo o que predica para os demáis. 6 millóns de euros en campañas publicitarias ben daban para contratar substitucións que cubran as ausencias do persoal, ou para non pechar servizos, ou para non recortar dereitos laborais, ou para non eliminar a Sanidade Pública, porque, señor Feijoo, por moito que o intente non nos engana: vostede o que pretende é ELIMINAR A SANIDADE PÚBLICA PARA FAVORECER AOS SEUS AMIGOS DA EMPRESA PRIVADA.
1.- Constitución formal da Mesa Sectorial. O venres da semana anterior constituíuse a Mesa Xeral de Negociación, que é a que dá paso á constitución das Mesas Sectoriais. No SERGAS presentamos a mesma alegación que na Mesa Xeral de Negociación: que para a constitución das mesas se deben computar todas/os as/os delegados estatutarios, laborais e funcionarios do ámbito da Consellaría e do SERGAS, xa que todo o persoal é empregado público. Na reunión da Mesa Xeral o director de Función Pública comprometeuse a negocialo na reforma da Lei de Función Pública. A CIG-Saúde é a primeira forza sindical en número de delegados/as, se todos/as estivesen representados/as na Mesa Sectorial, a súa composición sería diferente.
Durante a reunión viñéronse presentar a nova Conselleira e o seu equipo, inda que xa os coñecíamos, aquí non cambiou nada. Desde CIG-SAÚDE fixémoslle entrega dun escrito solicitándolle a retirada da taxa de reposición. Reivindicamos a convocatoria de OPE e Traslado co 100% das prazas vacantes para todas as categorías.
2.- Concurso de traslados. O SERGAS informou verbalmente, sen presentar documento, que os traslados e a OPE de persoal facultativo especialista e do persoal medico/a de urxencias sairán convocados nun mesmo Decreto de OFERTA, que nos será remitido a próxima semana. O devandito Decreto englobarase dentro da taxa de reposición do 10%, polo que na oferta de oposición serán convocadas 176 prazas, que, segundo a Admón., calcúlanse tomando como referencia todas as vacantes do sistema (de todas as categorías) que o resto dos colectivos “cederon” solidariamente; non sabemos a quén lle preguntaron para a cesión solidaria.
No concurso de traslados poderían convocar algunha praza máis. Comprometéronse a enviarnos un cadro de prazas a ofertar. Nin se convocarán todas as especialidades, nin sairán prazas en todos os centros. A oferta de prazas determinaraa Asistencia Sanitaria.
O Decreto de oferta, sen coñecer o texto, e aplicando a taxa de reposición foi respaldado por todas as organización sindicais, agás pola CIG-SAÚDE.
Desde a CIG-SAÚDE solicitamos unha convocatoria de OPE e traslado para todas as categorías co 100% das prazas. Rexeitamos a taxa de reposición e solicitamos do SERGAS que traslade esta petición ao goberno central. A taxa de reposición afecta negativamente ao sistema sanitario e ás/aos seus profesionais:
- Elimina postos de traballo do sistema sanitario público.
- Cómo non se convocan todas as prazas, o persoal vai ver frustrado o seu dereito á estabilidade no emprego.
- Vulnérase o dereito a se poder trasladar dentro do sistema sanitario. No concurso de traslados non se convocarán todas as especialidades, nin se convocarán prazas en todos os centros. Isto tamén sucederá na OPE.
- Como a taxa de reposición tamén afecta ás interinidades, o persoal que resulte cesado por mor deste proceso pasará a englobar a listaxe de persoal contratado en precario do SERGAS.
Dentro deste proceso convocaranse 8 prazas de alta especialización, que curiosamente 7 prazas son no CHUAC e unha praza no CHUVI. Tamén convocarán unha praza de inmunoloxía no CTG. A Admón. informa que a próxima convocatoria de OPE e Traslados será para persoal facultativo de primaria e para persoal de enfermaría. E desde a CIG-Saúde preguntámonos: Con qué prazas? E o resto de categorías?
3.- Orde de integración do persoal da Deputación de Lugo. Foi aprobado por unanimidade o decreto de integración do persoal da Deputación de Lugo. A Admón. aceptou parte das alegacións presentadas.
4.- Plan de Ordenación de Recursos Humanos: PORRHH. A Admón. lembra que este plan xa foi aprobado sen apoio das OO.SS. na Mesa Sectorial celebrada o día 20/07/2010. O texto do PORRHH estaba sometido a revisión por Función Pública, que lles propuxo modificacións de redacción. Na próxima semana enviarán o novo texto, que inclúe unha disposición final na que se recolle que as instrucións de aplicación serán negociadas na Mesa Sectorial; estamos a falar de:
- Mobilidade forzosa
- Prolongación da vida laboral
- Exención de gardas do persoal facultativo
5.- Sistema de selección temporal do persoal Facultativo Especialista de Área. Este proxecto xa foi aprobado no comité de dirección do SERGAS, é dicir, xa conta co visto e prace da Conselleira. Non se vai crear un grupo de traballo, cando teñan o texto definitivo pasarano pola mesa sectorial. Previsiblemente o sistema valorará os seguintes parámetros:
- 50% baremo
- 20% dispoñibilidade
- 30% perfil do posto
CIG-Saúde rexeita as medidas de recortes para os/as empregados/as públicos/as que foron hoxe presentadas pola Conselleira de Facenda e o Director Xeral de Función Pública, non só por recortar dereitos laborais senón porque o que se pretende con estas medidas é rematar coa prestación da asistencia sanitaria. Se se trata de xestionar eficientemente, non entendemos porqué se recorta sempre a traballadores/as e non se introducen outro tipo de medidas para combater a crise, sempre se prexudica aos máis débiles, a clase traballadora. As medidas anunciadas van ser especialmente lesivas coas persoas aspirantes das listas de contratación e con aquelas que actualmente están contratadas con vínculos temporais, o que agravará o paro entre os/as traballadores/as de todas as categorías da Sanidade.
Estas medidas concrétanse en:
- Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual.
- Redución obrigatoria dun terzo de xornada para o persoal actualmente contratado con vínculos temporais e interinos, coa correspondente redución retributiva. Como medida benefactora, o persoal fixo tamén poderá optar voluntariamente por solicitar unha redución de xornada dun terzo, coa correspondente redución retributiva.
- Consolidación de contratos inferiores á xornada legalmente establecida.
- Xubilación forzosa aos 65 anos, aplicando a taxa de reposición, podéndose dar excepcións individuais.
- Perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal para enfermidade común e accidente non laboral ata o día 21 da IT (remítese á lexislación xeral da Seguridade Social: os 3 primeiros días non haberá retribución, do 4º ao 20º percibirase o 60%, e a partir do día 21 percibirase o 100%)
- Regularase en Mesa Sectorial do SERGAS a xornada non inferior a 37,5 horas semanais.
- Eliminación da Acción Social (para persoal estatutario desaparece a axuda por gardería, mellora por fillo/a..., para persoal funcionario desaparece toda a Acción Social).
Estas medidas son inasumibles na súa totalidade, precarizan ainda máis as condicións laborais e salariais dos/as empregados/as da Sanidade, polo que precarizan a prestación da asistencia sanitaria. A quén prexudican estas medidas? Ao persoal fixo e temporal do SERGAS, ás persoas aspirantes das listas de contratación, pero, sobre todo, a toda a cidadanía usuaria do servizo da Sanidade Pública, posto que ao precarizar e empeorar as condicións laborais, reducindo persoal e aumentando cargas de traballo, diminúe a calidade da asistencia sanitaria.
NON O PODEMOS PERMITIR. MOBILÍZATE!!!
As federacións da Área Pública da CIG denuncian que a Xunta de Galiza pretende que sexan as súas traballadoras e traballadores quen paguen os recortes que a administración vai realizar, segundo a conselleira de Facenda, para cumprir as exixencias de Bruxelas e do estado español.
A secretaria nacional de CIG-Administración, María Carme López Santamariña, como coordinadora das federacións de Área Pública asegura que se trata de medidas “moi agresivas e lesivas” para o persoal. “Isto supón unha regresión canto a dereitos adquiridos, algúns deles consolidados desde os anos 60 e 70 do século pasado, como é eliminar o complemento das baixas por incapacidade, penalizando así ás traballadoras e traballadores polo feito de estaren enfermos”.
A pretensión da administración é rebaixar os salarios en caso de incapacidade temporal (enfermidade común), eliminando o complemento que garantía a remuneración do 100% do salario e só ofrecendo a posibilidade de cobralo a partir do día 21 da IT.
A este respecto, López Santamariña sinala que na propia xuntanza e tal e como a CIG ten manifestado en anteriores ocasións, se lle comunicou aos representantes da consellaría que “se se precisa facer un control das causas das baixas a administración ten mecanismos para realizalos”. Entre outros, a coordinadora de Área Pública, sinalou o cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
Alén diso, cuestiona que con esta medida, a administración pretenda, unha vez máis, seguir deteriorando a imaxe do seu persoal e, por ende, dos seus servizos públicos.
Facenda propón a redución voluntaria dun máximo dun terzo da xornada laboral para o persoal laboral e funcionario fixo. Redución que pretende que sexa obrigatoria para o persoal interino e contratado. Para a aplicación desta medida, adiantouse que será o Consello da Xunta o encargado de regulala. “Supón un ataque para as condicións laborais e salariais deste persoal, que é xustamente o que ten as peores condicións de traballo e xunto coas taxas de reposición e a non cobertura de vacantes é un ataque aos servizos públicos”.
López Santamariña lembra ademais que este colectivo, a día de hoxe sabe que case é imposíbel acceder ao emprego público, porque xa está anunciado que non haberá oferta pública de emprego.
A Xunta de Galiza tamén pretende reducir tres días de asuntos propios dos nove actuais, mantendo a mesma masa salarial malia incrementarse o número de horas, o que supón unha rebaixa implícita do salario.
Supresión do fondo de acción social
Outra das medidas, especialmente lesiva para o persoal é a retirada do fondo de acción social, agás no caso das axudas por incapacidade. Santamariña aclara que a súa supresión “é inadmisíbel”, dado que a existencia deste fondos naceron como consecuencia de acordos coas organizacións sindicais para, retrotraendo unha pequena porcentaxe do total da masa salarial compensar solidariamente, a aqueles traballadores en peores condicións, en temas como gastos sanitarios non cubertos pola Seguridade Social, atención a menores, dependentes, axudas para estudios...
Respecto do anuncio de regular a xornada para que nunca sexa inferior a 37,5 horas, a CIG xa ten manifestado que este é o tempo de traballo xa establecido na normativa da función pública galega e no convenio do persoal laboral.
Canto á aplicación da xubilación forzosa aos 65 anos e á valoración con revisión anual das solicitudes que se presenten para prolongar a vida laboral, os representantes da área pública da CIG manifestaron, na propia xuntanza, que isto é inadmisíbel e que en moitos sectores non estaba nin regulado, nin negociado, porque é mandato do Estatuto Básico do Emprego/a Público/a. “Desta forma o que fan é pechar as portas a calquera modificación e aplicar a reforma das pensións pura e dura”.
Xunto a isto, e especificamente para o persoal laboral da Xunta de Galiza, ademais de todo o anterior, preténdese modificar o V Convenio Colectivo do Persoal Laboral, concretamente nos seu artigo 19, relativo á compensación en días libres por traballo en festivos e domingos. Neste caso, explican, preténdese anular esa compensación en días libres e pagalos.
Do artigo 29, pretenden eliminar o dereito, recoñecido por convenio, a xantar ou cear naqueles centros que conten con servizo de comedor e tamén pretenden suprimir a Disposición Adicional Terceira dese convenio, que recoñece que en todos aqueles centros que por causa das súas características específicas os traballadores/as viñesen gozando dun período de descanso en Nadal ou Semana Santa o perdan.
Plus de Altos Cargos
A CIG critica que a suspensión do plus dos altos cargos, sexa só provisional, tendo en conta que, no momento no que nos atopamos e coas medidas agresivas que se poñen enriba da mesa para as traballadoras e traballadores públicos era o momento de facer efectiva a súa supresión definitiva. A CIG lembra que, sobre esta cuestión, fixo unha intensa campaña para que isto se lograra e mesmo presentou unha ILP no mesmo sentido, avalada por miles de sinaturas de galegos e galegas que manifestaban así, a súa demanda de que este plus fose eliminado.
Documento remitido: Borrador de Anteproxecto de Lei de Medidas do Emprego Público.
A nova en Avantar.
Formación Continuada FEGAS
Publicada no DOG do 27 de xaneiro a oferta formativa da FEGAS para o 2012, así como os prazos de inscrición:
- Para as accións formativas do 1º semestre, o prazo vai do 1 de febreiro ao 20 de febreiro.
- Para as accións formativas do 2º semestre, o prazo vai do 1 de xuño ao 20 de xuño.
Máis información na páxina da FEGAS.
Centos de traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Sergas. No caso de Vigo, cerca de 50 persoas concentráronse no centro da rúa Bolivia por espazo de media hora e a continuación iniciaron un peche no interior das instalacións que teñen previsto manter até mañá.
A CIG-Saúde demanda a inmediata convocatoria da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria. María Xosé Abuín, secretaria nacional da federación, reclama da administración “unha actitude negociadora para desbloquear esta situación e que non aconteza como na xuntanza anterior, á que chegaron coa negativa absoluta a abordar ningún dos problemas expostos”.
Abuín fai este chamamento ao SERGAS, logo de ter fracaso a anterior xuntanza coa administración, convocada a instancias da CIG e avalada coa sinatura de máis de 400 profesionais.
Con estas concentracións CIG-Saúde segue a reclamar:
1.- Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.
2.- Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.
3.- Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.
4.- Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións. Lembran que na área de Vigo, por exemplo, hai máis de 70 médicos nas listas.
Finalmente, advirten que esta situación está a provocar a precarización das condicións de traballo do persoal dos PAC's, “o que repercute moi negativamente no servizo prestado aos cidadáns”.
Artigo en Avantar.
Comisión de seguimento do pacto de Contratacións do 25/01/2012.
1. Expedient-e.
Están rematadas as validacións dos 3200 aspirantes inscritos nas categorías de Técnicos Superiores. Estas categorías, no apartado de Procesos do Expedient-e, no momento en que se habilite o aplicativo, (polo momento non está aberta esa parte do aplicativo) poderán visualizar cada un dos/das aspirantes a súa baremación desglosada. Por exemplo, no apartado de Formación Continuada virán relacionados todos os cursos baremados coa súa puntuación, e os cursos non baremados coas causas de exclusión.
2. Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.
A mediados de febreiro teñen previsto sacar a primeira publicación de listaxes provisionais de Técnicos Superiores. A semán que vén previsiblemente poderán dar unhas datas de publicación.
A Administración infórmanos de que se farán as seguintes publicacións de listas:
1º Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as sen puntuación. Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos requisitos (titulación errónea, pago erróneo de taxas, cumprimentación incompleta da inscrición...).
2º Listaxes provisionais de admitidos/as con puntuación desglosada (OPE, Formación Continuada, Experiencia Profesional...). Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos méritos.
3º Listaxes definitivas de admitidos/as con puntuación.
As seguintes categorías que están a validar son as de PSX, Auxiliar Administrativo e celador. Hai 17000 inscricións.
En febreiro teñen intención de abrir as inscricións das seguintes categorías:
- DUE
- Traballador/a Social
- Psicólogo/a Clínico/a
- Técnico/a en Prevención de Riscos Laborais
- Logopeda
Do resto de categorías non fan ningunha previsión.
3. Incidencias en Promoción Interna.
O expedient-e permite a inscrición en áreas diferentes, mentres que o pacto só permite a promoción interna na mesma área. No caso dos aspirantes de P.I. que se inscribiron nunha área distinta á área onde teñen a praza, sairán nas listaxes como excluídos, e poderán subsanalo no prazo correspondente. Acordouse unha única excepción, que se establecerá como critério xeral. A petición individual dirixida á Comisión Central de seguimento do pacto, un/ha aspirante xa inscrito/a en P.I. na área sanitaria onde ten a praza, alegando e xustificando razóns de conciliación da vida laboral e familiar, poderáselle permitir a inscrición en listas de P.I. nunha área sanitaria distinta á que ten a praza.
Por outra banda, a Administración expón un caso concreto e puntual dunha traballadora, que actualmente está en Comisión de Servizos por conciliación da vida familiar e laboral noutra área, que solicita activarse nas lista de Promoción Interna na área na que está en Comisión de Servizos alegando as mesmas razóns de conciliación da vida laboral e familiar (previamente xa estaba inscrita nas listaxes de Promoción Interna na área de orixe). Acéptase que entre nas listas vixentes de Promoción Interna da área na que está en Comisión de Servizos, mais non se establece como criterio xeral.
4. Outros.
- Formación práctica específica. Teñen elaborado un procedemento xeral amplo para que cada centro o poida adaptar ás súas características. Unha vez o teñan rematado remitiránnolo para a nosa valoración, e así poder aprobalo nunha reunión posterior.
- Clarexamento dos criterios aplicados pola Dirección Provincial de A Coruña no referente ás contratacións de substitución encadeadas por diferentes ausencias do mesmo titular sen incorporación efectiva do mesmo. Como criterio xeral, se non hai incorporación efectiva e física do titular mantense o mesmo substituto. No caso de que a substitución se considere de longa duración, aplicaríase a norma do pacto de contratación, ofertándose ao primeiro da lista. Exemplo: baixa seguida de maternal e posteriormente de excedencia. A excedencia ofertarase con criterio de primeiro de lista. Preguntamos ao SERGAS se este criterio non vai en contra do establecido no Estatuto Marco no que se refire ás substitucións sen perda do dereito de reserva de posto do titular. Estamos pendentes da resposta da súa Asesoría Xurídica.
- Áreas limítrofes. Detectamos que houbo un erro ao non considerar a Zona de Cee como limítrofe con outras áreas que non fosen A Coruña. Modificarano para as seguintes convocatorias.
Publícanse hoxe en BOE as seguintes resolucións:
Especialidades sanitarias
- As federacións da Área Pública da CIG denuncian a campaña mediática emprendida contra os servizos públicos e o seu persoal
- Preparación e probas CELGA
- Publicada a Orde de Confección de Nóminas 2012
- Publicadas en BOE as cualificacións profesionais de Celador/a e TCAE
- Moblizacións PACs
- Consecuencias do Decretazo de Rajoy no Emprego Público

    














