|
OPE´s -
Persoal Facultativo
|
|
Luns, 19 Xullo 2010 10:58 |
|
Publícanse hoxe no DOG as resolucións que se anunciaban sobre traslados e OPE de persoal facultativo:
* Resolución do 7 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde convocado pola Resolución do 21 de xaneiro de 2010.
* Resolución do 8 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario doservizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutário fixo e se lles adxudica, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente.
Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo do dito prazo iniciarase o día 16 de setembro de 2010. |
|
OPE´s -
Resto do persoal
|
|
Luns, 19 Xullo 2010 10:46 |
|
O pasado venres foron publicadas na páxina web do SERGAS as puntuacións provisorias do exercicio de galego das categorías de cociñeiro, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX. |
|
OPE´s -
Persoal Facultativo
|
|
Xoves, 15 Xullo 2010 11:34 |
|
Como sabedes, no calendario enviado polo SERGAS e que publicamos nesta páxina web o pasado día 5 de xullo, un dos anuncios que se facían era sobre a OPE de Psiquiatría 2006 e dicía asi:
Respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios para mediados de xullo.
Pois ben, inda que o SERGAS nos tén acostumad@s á súa lentitude, neste caso actuaron cunha total (e sospeitosa) celeridade, posto que as puntuacións provisonais publicáronse, como podedes ver na páxina web do proceso, o pasado día 7 de xullo (2 días despois do cronograma) dando un prazo de reclamacións de 5 días hábiles, que remataba o pasado día 13 de xullo, ou sexa dous días antes da previsión inicial de publicación, e ademais, sen publicitalo nin anuncialo como veñen facendo co resto de procesos.
A nós, cando menos, resúltanos bastante estrano, e por iso, esta mañá pediremos explicacións sobre esta cuestión. En canto teñamos resposta, publicarémola aqui mesmo. |
|
OPE´s -
Persoal Facultativo
|
|
Xoves, 15 Xullo 2010 09:57 |
|
Recibimos esta información do SERGAS:
Boas tardes: logo da reunión celebrada hoxe envio novamente a convocatoria do concurso-oposición de diversas clases da Lei 17/89, coas modificacións acordadas na devandita reunión.
Co esta data foi remitida á Dirección Xeral de Función Pública para a súa inclusión na Orde do Día da próxima xuntanza da Mesa de Negociación.
Cando sepamos a data de posible publicación no DOG, será cominicadas por este mesmo medio.
En relación coas alegacións sobre os temarios, comunícovos que desde a Subdirección Xeral responsable destas Clases de funcionarios dinme que non poden ser aceptadas, coa única excepción do tema 37 da clase de Subinspectores sanitarios referente a Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia que queda suprimido. Saúdos.
|
|
OPE´s -
Persoal Facultativo
|
|
Mércores, 14 Xullo 2010 11:42 |
|
Recibimos a seguinte información:
Bos días: está previsto que o vindeiro luns, día 19 de xullo sexan publicadas no DOG as seguintes resolucións:
- Resolución definitiva do concurso de traslados de FEAS. no que se especifica o prazo de toma de posesión, que comenzará o día 13 de setembro, se ben daranse instruccións aos centros para que se proceda ao cese dos facultativos que cambien de destino o último día do prazo, é dicir, o 15 de setembro.
- Resolución definitiva da OPE de licenciados sanitarios no que se especifica o prazo de toma de posesión que comenza o día 16 de setembro.
- Corrección de erros da resolución definitiva de Médicos de Familia, xa que por un erro do programa informático se declarou aspirantes seleccionados a seis aspirantes que non poden aprobar xa que 6 prazas de discapacitados non cubertas por estas persoas deben quedar para a seguinte oferta.
|
|
Hospitalaria -
Noticias
|
|
Mércores, 14 Xullo 2010 10:31 |
|
Publícase hoxe anuncio en DOG sobre convocatoria de mobilidade interna no Hospital Comarcal da Barbanza.
Podedes velo aqui. |
|
Contratacións -
Noticias
|
|
Martes, 13 Xullo 2010 14:27 |
|
Escrito remitido á Directora de Recursos Humanos sobre irregularidades nas contratacións en Pontevedra:
Esperanza Fernández Lago.
Directora de RRHH.
Servizo Galego de Saúde.
Unha vez máis, e por iso non deixamos de sorprendernos, a Admón Sanitaria esta a incumprir gravemente a Lexislación vixente. Non deberíamos ser nós os que reiteradamente teñamos que recordarlle a Admón a súa obriga de aplicar a máxima legalidade en todas as materias, e especialmente ser rigorosa cos requisitos de titulación que a normativa esixe e que ten que reunir o persoal para poder ser contratado no eido sanitario.
|
|
Ler máis...
|
|
Outras novas -
Privatizacións
|
|
Martes, 13 Xullo 2010 00:00 |
|
Deixamos aqui, para quen queira descargalo e lelo, ademais de difundilo, o documento que recolle a posición de CIG-Saúde ao respecto do Anel Radiolóxico proxectado polo SERGAS, que implica a eliminación de gardas de radioloxía nos hospitais comarcais como primeiro paso do proceso.
Desde CIG-Saúde estamos a levar a cabo diversas reunións co persoal de radioloxía e os facultativos afectados nos distintos hospitais, xa levamos varias nos comarcais, e continuaremos a facelas, para explicar cal é a nosa posición e como afecta este anel radiolóxico e a telerradioloxía tal e como está proxectada desde esta administración á calidade asistencial e ás condicións laborais do persoal do SERGAS.
Podedes descargar o documento desde aqui . |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
|
|
|
<< Setembro 2010 >>
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| | | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | | | |
|