O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica
banner_out_banner
.
Publicación listas automáticas Imprimir Correo-e
Contratacións - Noticias
Luns, 06 Setembro 2010 14:36

Recibimos do SERGAS a seguinte mensaxe, que anuncia a publicación das listas automáticas de xullo provisionais:

 

Bo día,

Mañán,  martes día 7 de setembro, publicaranse as listas provisionais nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

Un saúdo,
 
Información sobre OPE e Traslados de Psiquiatría Imprimir Correo-e
Traslados - SERGAS
Venres, 03 Setembro 2010 14:12

Remítennos desde o SERGAS a seguinte mensaxe clarificatoria sobre os traslados e a OPE de Psiquiatría:

 

Bos días: estanse a recibir consultas neste departamento sobre a incorporación dos FEAs de Psiquiatría que acadaron destino no concurso de traslados convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010 e resolto por Resolución do 7 de xullo de 2010.

 

Como recordaredes nos pasados meses a Administración sanitaria fixo pública a sua intención de resolver de xeito simultáneo as OPEs de FEAs de Psiquiatría correspondentes ao ano 2006 e 2008, de xeito que os aspirantes seleccionados na OPE do ano 2008 ainda on elixeron destino xa que se pretende facer a elección de destino de ámbalas dúas OPEs en unidade de acto.

 

A resolución da OPE de FEA de Psiquiatría do ano 2006 estímase que estará resolta no vindeiro mes de outubro, polo que a partires desa data realizarase o acto de elección de destino e procederase á incorporación dos facultativos tanto de ámbalas dúas OPEs como dos adxudicatarios do concurso de traslados.

 

A base 8.8 da Resolución do 21 de xaneiro de 2010, pola que se convocou o concurso de traslados  establece que " esta convocatoria  resolverase de modo simultáneo, en canto á toma de posesión dos novos destinos, respecto do proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

 

Do meso xeito,  o punto terceiro da Resolución do 7 de xullo de 2010, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados establece que " De conformidade co establecido na base 8.8 da convocatoria, a toma de posesión dos novos destinos adxudicados nesta resoluicón efectuarase de modo simultáneo á dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

 

Por todo elo, a incorporación aos novos destinos dos FEAs de Psiquiatría que resultaron adxudicatarios no concurso de traslados do ano 2010 non poderá producirse ata que estean resoltas as OPEs desa categoría dos anos 2006 e 2008.
 
Publicada nova corrección de erros dos traslados Imprimir Correo-e
Traslados - SERGAS
Martes, 31 Agosto 2010 10:09
Publícase hoxe no DOG a nova corrección de erros anunciada polo SERGAS. Podedes descargala desde aqui.
 
Contestación da "Defensora del Pueblo" Imprimir Correo-e
Outras novas - Recortes Salariais
Martes, 31 Agosto 2010 10:02

Como sabedes, desde a CIG remitiuse un escrito dirixido á "Defensora del Pueblo" sobre os recortes salariais ao funcionariado e a posibilidade de que esta entidade interpuxera un recurso de inconstitucionalidade sobre os mesmos. Velaqui temos a resposta: non van facer tal. Os argumentos que dan para non facelo podedes velos xunto co resto do contido da resposta aqui .

 
"austeridade", privatización, precarización... a central de chamadas outra vez á palestra Imprimir Correo-e
Outras novas - Privatizacións
Luns, 30 Agosto 2010 19:04

573-47981-a-CARTAZberroSae hoxe publicado no DOG un anuncio de licitación para a contratación do servizo de atención telefónica de Cita Previa de Atención Primaria do SERGAS, e faino por un montante de 1.950.000 euriños de nada para un período dun ano, ou sexa, dous millóns para contratar unha empresa privada que se encargue de xestionar durante un ano (iso si, con dereito á prórroga, con máis euriños de por medio) as chamadas para petición de cita previa que, por rebosamento (posto que a intención do SERGAS é voltar a cita previa aos centros, é dicir, ao xa polisaturado persoal administrativo e de servizos xerais), se produzan.

 

En qué se traduce isto? En que a administración da señora Farjas e a súa mal chamada "austeridade" van dilapidar 2 millóns de euros en cambiar a empresa adxudicataria  dun servizo que debería ser totalmente público, modificando ademais as condicións, posto que retornan a cita previa aos centros de saúde, precarizando máis as condicións de traballo do persoal que atende esas chamadas e deixando exclusivamente para a xestión da empresa as chamadas que se produzan por rebosamento, é dicir, aquelas que se produzan nos momentos en que @s PSX e Aux. Administrativos non sexan capaces de atender todo o traballo que teñen enriba e atender ademais o teléfono.

 

Para isto precisan regalar 2 millóns a unha empresa privada? Tendo en conta ademais que a plataforma informática necesaria para a xestión das chamadas é propia do SERGAS e que xa viña funcionando coa anterior empresa, quizais esa cantidade é excesiva, non? Acusan @s traballadores de magastar os cartos públicos, suspenden os acordos retributivos, reducen os salarios, racanean nas substitucións... pero para pagarlle a empresas alleas por servizos que ben se poderían facer desde a pública, hai millóns a esgalla.

 

Con eses dous millóns de euros poderíanse contratar uns 140 PSX para aliviar as xa de por sí abondosas cargas d@s actuais ou, tal e como esixía e esixe CIG-Saúde desde hai moito tempo, levar a cabo a contratación deste persoal estatutario para facer ese servizo desde o propio SERGAS, centralizando as chamadas nun número de teléfono que sería atendido por persoal da administración pública. É dicir: unha central de chamadas pública, útil, que funcione as 24 hs do día os 365 días do ano e que libere das excesivas cargas de traballo e da precarización ao actual persoal dos centros de saúde. Moito máis racional e austero que o método empregado pola señora Farjas, non?

 
Nova corrección de erros da resolución de traslados Imprimir Correo-e
Traslados - SERGAS
Venres, 27 Agosto 2010 11:07

Parece ser que se vai publicar en DOG unha nova corrección de erros da resolución de convocatoria dos traslados, exclusivamente para "arranxar" a denominación de dúas prazas de resultas de pediatría. Non sabemos se se vai aproveitar a corrección para enmendar esoutros erros que se nos foron facendo chegar. O correo que recibimos de Recursos Humanos non o indica. O seu texto é o seguinte:

 

Bos dias,
enviamos a DOG (esperamos a publicación para principios da próxima semana) una nova corrección de erros sobre duas resultas de pediatria, en concreto:
- a praza de  pediatra de Curtis (la praza sale a resultas Curtis mañana) modificase, saindo Curtis-Teixeiro-Sobrado-Vilasantar (como en realidade a ten o propietario)
- identica situación pasa coa resulta de Carballo que sae como resulta de Carballo mañá, cando en realidade o propietario é Carballo-Malpica mañá.

estas dúas correccións son imprescindibles para que no moemnto de adxudicar a posible resulta non se ocasionen problemas asistencias graves, por este motivo publicamos a corrección.

Perdoade por os inconvintes que esto poda xerar.
Un saúdo

 
Escritos de contestación do SERGAS Imprimir Correo-e
Outras novas - Outras noticias
Mércores, 18 Agosto 2010 11:19

Recibimos documentos de contestación do SERGAS a cadanseu escrito remitido por CIG-SAÚDE. O primeiro escrito fai referencia á colexiación de Hixienistas Dentais e a contestación é esta.

O segundo escrito foi o que enviamos recentemente sobre os erros na resolución de traslados e o uso de topónimos deturpados, ao que responden deste xeito, recoñecendo mesmo que levan anos utilizando topónimos ilegais inda que falan dun "erro puntual".

 
Novas privatizacións e demonización do IVE Imprimir Correo-e
Outras novas - Privatizacións
Venres, 13 Agosto 2010 14:03

Diante das informacións publicadas hoxe en diversos medios sobre os concertos que a Consellaría de Sanidade está a facer con clínicas privadas para a derivación das Interrupcións Voluntarias do Embarazo, e baseándose a Consellaría nunha suposta "obxección de conciencia masiva" que seica impide que haxa profesionais que poidan realizar esta tarefa, enviamos o seguinte escrito á Conselleira esta mañá:

 

Pilar Farjas Abadia.

Conselleira de Sanidade.



Ante as informacións publicadas no día de hoxe en diversos medios de comunicación sobre os concertos con clínicas privadas que se están a levar a cabo desde esta Consellaría para derivar a éstas as Interrupcións Voluntarias do Embarazo que poidan requerirse ao abeiro da nova Lei, parece ser que segundo esta Consellaría necesarios ante a que parece unha “masiva” acollida á obxección de conciencia por parte dos/das profesionais, desde CIG-Saúde queremos manifestar:


  1. O que parece ser un acollemento en masa á obxección de conciencia por parte do persoal do SERGAS non deixa de ser unha manifestación desta Consellaría da que non temos constatación oficial, posto que en ningún momento se teñen posto enriba da mesa datos obxectivos nos que se aprecie tal actitude por parte dos/das profesionais da Sanidade Pública. Amais, se a información desta numerosa obxección de conciencia emana do cuestionario que dun xeito prácticamente “secreto” se remitiu no seu día aos/ás traballadores/as, gustaríanos lembrarlle que  CIG-Saúde solicitou reiteradamente na Mesa Sectorial celebrada o pasado  20 de xullo que se nos informase do contido dese cuestionario, estando inda agardando por esta información. Deste xeito, existe un escurantismo sobre os contidos do cuestionario e tamén do proceso que se seguiu para realizalo que indica claramente por unha banda, un ánimo de terxiversar os verdadeiros datos da obxección de conciencia, e pola outra, ocultar un intento de “coaccionar” ou “dirixir” dalgún xeito as respostas do persoal interino, que sinte perigar as súas condicións laborais se non resposta o que se pretende que resposte.
  2. Desde CIG-Saúde denunciamos unha vez máis o afán privatizador desta Conselleira, que baseándose en informacións que son descoñecidas públicamente e que non foron contrastadas, concerta con clínicas privadas servizos que deberían ser ofertados nos hospitais públicos, canto máis en temas tan delicados como o da Interrupción do Embarazo, demonizando deste xeito non só á Sanidade Pública e aos/ás seus/súas profesionais, senón tamén a Lei de Saúde Sexual e Reproductiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo e a aquelas pacientes que deciden facer uso dela.
  3. Esiximos unha vez máis que se nos remita o contido do cuestionario enviado ás/aos profesionais, así como os “resultados” obtidos. Do mesmo xeito, emprazamos á señora Conselleira a que oferte nos centros públicos este servizo e que non se ampare en informacións ocultas e falseadas para, máis unha vez, poñer en mans privadas servizos que debería ser 100% públicos. Faino ademais, conseguindo unhas “rebaixas” que se nos queren vender coma se foran un aforro, cando en realidade existen servizos e profesionais na Sanidade Pública que poderían realizar estas IVE sen que tiveramos que pagar prebendas de ningún tipo a empresas privadas.


Agardando a súa resposta, atentamente:





Compostela, 13 de agosto de 2010.

Executiva Nacional CIG-Saúde.

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>



 

TRASLADOS 2010

 

Convocatoria

Prazo de solicitudes ata o 15 de setembro

 

Corrección de erros da convocatoria

Publicada o día 9 de agosto

 

Segunda corrección de erros da convocatoria

Publicada o día 31 de agosto

  

Xerar solicitude

* Lembrar que o usuario e o contrasinal son os que utilizamos habitualmente nos aplicativos do SERGAS

* Se es persoal doutro sistema de saúde  preme aquí

 

Como xerar a solicitude (instruccións)
 

Manual do aplicativo


Web Traslados SERGAS


Comarcas

mail

 

 

<<  Setembro 2010  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
1415171819
202223242526
272830   

.

Pensas que a Consellaría de Sanidade está a levar a cabo unha verdadeira política de austeridade?
 

 

 

 

 

NONAOPECHE

 

 


banner-decreto

 

 

 

 

  

 

CIG Saúde e a

exlusividade dos médicos

 

 

FORGA

 

 

saude_laboral_portada

 

 

bannerlinguanovo120

 

 

temposindical

 

 

 

logosaudeazul

 

Ir á web vella

 

 

 

documentacionintereser

FERRAMENTAS

CARREIRA PROFESIONAL

OPE 2008/2009

LEXISLACIÓN

CONTRATACIÓNS

FUNDACIÓNS

Ordes Integración:

061 MEDTEC FEGAS CTG Virxe da Xunqueira Salnés Barbanza Ingo Verín

URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS

PRIVADA

 

 

 

galego

  


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.org - compostela@cig-saude.org