|
Outras novas -
Persoal
|
|
Venres, 04 Decembro 2009 02:34 |
Agora que estamos chegando a final de ano, detectamos que moito persoal ten problemas para facer o seu cómputo de xornada, deixámosvos as fórmulas que tedes que aplicar para sabelo, están extraidas do acordo de concertación social.
Para o persoal que está en quenda diurna (mañás ou tardes) a xornada a aplicar é de 1624 horas
Para o persoal que fai noites a xornada calcúlase según táboa do acordo de concertación, podédelo ver na páxina 10 do documento enlazado.
Se teis traballado todo ano en quenda diurna e fixeche algunha noite por calquera circunstacia puntual, aplicase a seguinte fórmula para o cálculo de xornada:
X= 1620-3N Sendo X a xornada anual efectiva expresada en número de horas e N o número de noites efectivamente realizado.
Se traballas menos do ano:
- nos contratos superiores a 31 dias aplÃcase a seguinte fórmula:
X = (1620*dias/326)- 3*N
nos contratos ata 31 dias a fórmula a aplicar é:
X=1624*Dias/326.
vacacións e LDs aparte (proporción de 30 e 9 respectivamente sobre os 365 dias)
Por outra banda a liquidación de fÃn de contrato debe incluir o pago das horas de exceso de xornada e as vacaciois non disfrutadas.
|