Para a CIG-Saúde a campaña publicitaria posta en marcha pola Xunta de Galiza, sobre o uso responsable da Sanidade Pública, xunto coas “reportaxes” aparecidas nestes días na prensa, forman parte da resposta da administración á grande Manifestación do día 21 de novembro convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.

Neste momento de crise económica, que se utilicen cartos públicos para dicirlle á cidadanía que ten que facer un uso responsable da Sanidade Pública, resulta, para a CIG-Saúde irónico, sobre todo por ser a propia Xunta a que está a facer un uso claramente irresponsábel ao tomar medidas que afectan á súa financiación e xestión e que poñen en grave risco a súa supervivencia. Ao clamor da cidadanía en defensa da Sanidade Pública a Xunta responde cunha campaña publicitaria pedindo un uso responsable.

 

Por iso, desde CIG-Saúde pedimos á Xunta que se aplique o seu eslogan e que faga un uso responsábel da xestión da Sanidade Pública, e que coas súas decisións políticas non hipotequen o sistema sanitario público até limites insoportábeis que o leven a tomar medidas como o copago e a limitación da carteira de servizos.

Facer un uso responsable da Sanidade Pública non é, para CIG-Saúde pór en mans de intereses privados o coidado da nosa saúde, centrando a súa xestión na obtención de beneficios económicos, senón xestionar tendo en conta os intereses da cidadanía, contando cos profesionais e co único obxectivo de mellorar a saúde e calidade de vida da cidadanía.

Acceso ao Expedient-e (preme no botón)

expedient-e

 
Guía rápida sobre o acceso ao Expedient-e

 

mail
<<  Maio 2013  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    3  4  5
  6  7  8  9101112
131415161819
20212223242526
2728293031  
Noticias arquivadas por data
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org