Atópaste en Sanidade Pública Contratacións Noticias Constitución Comisión de Seguimento do Novo Pacto Contratacións

Hoxe celebrouse a reunión de Constitución da Comisión de Seguimento do Novo Pacto de Contratacións. Ao principio da reunión, a Administración fainos entrega dun dossier de documentación que contén:
- Novo documento de categorías e áreas funcionais.
- Borrador da resolución de explicación do procedemento para o expedient-e.
- Proposta de dotación de listaxes de contratación temporal.
- Proposta de baremos das categorías de nova creación e colectivos profesionais non ofertados na OPE 2008/2009.

 

Sobre toda esta documentación hai aberto un prazo de 15 días no que as OOSS debemos remitir as nosas alegacións para debaterse posteriormente na seguinte reunión.


Sobre o procedemento para o expedient-e, o que adiantaron resumindo o contido do documento é o seguinte:
* A inscrición será para todo o mundo despois do verán. Neste proceso de xuño só se vai poder consultar e incorporar méritos. Inda que en principio todo aquel persoal que teña acceso a FIDES podería modificar o seu expedient-e, farase a publicidade oportuna e un chamamento para que só revisen e incorporen méritos aquelas persoas que queiran inscribirse nas listas de contratación. O persoal fixo debería agardar a que pase este primeiro momento mentres non se publiquen as novas listas, para actualizar o seu expedient-e.
* O persoal que nunca estivera inscrito en listas de contratación e queira inscribirse, e o persoal que inda estando inscrito en listas de contratación nunca traballara no SERGAS tamén vai poder acceder ao aplicativo agora en xuño (primeiramente informárasenos que esta xente tería que esperar a despois do verán). Terán que rexistrarse na web e obterán un usuario e un contrasinal co que accederán ao seu expedient-e e poderán introducir os seus méritos, para despois rexistrar a documentación acreditativa nos rexistros correspondentes. As persoas que xa dispoñan de acceso ao FIDES porque estean vinculadas ao SERGAS poderán acceder ao expedient-e a través do FIDES, e aquelas que nalgún momento estiveran vinculadas e agora non o están poderán acceder ao seu FIDES introducindo dous datos no aplicativo (contía da última nómina e data de cese).


Sobre a proposta de baremos, achegan os baremos de categorías que antes non existían ou de categorías que non tiveron OPE.


Suscítanse varias demandas de clarificación dos baremos actuais de OPE, que son os que se van aplicar no Pacto de Contratacións. Entre estas cuestións clarifícanse as seguintes:
* Contratos redución de xornada. Non van puntuar como xornada completa para a persoa que cubre a ausencia, só para a persoa que solicita a redución. Ás persoas que cubran contratos de redución de xornada computaráselles tamén outros servizos prestados se non superan o 100% da xornada ordinaria. Isto é, unha persoa que traballa un terzo de xornada no SERGAS e completa ata o 100% nunha privada, vánselle valorar todos os servizos prestados (mentres non superen o 100%).
* No punto II.3.1.2 do Novo Pacto, hai xente que interpreta que a puntuación adicional de Pool só se lle manterá ás persoas que permaneceran no Pool na vixencia do pacto de 2004. Isto non é así, todas as persoas que tiveran consolidada puntuación de Pool (sexa do pacto do 2004, sexa anterior) manteráselles esa puntuación axustándoa aos 4,5 puntos actuais.


Ante as numerosas peticións de aclaración de baremos, decídese que se publicará unha nota informativa cos criterios que se seguen en baremos (valoración de titulacións en Outras Actividades, valoración de servizos prestados na privada...) para coñecemento de todas as persoas aspirantes.

Acceso ao Expedient-e (preme no botón)

expedient-e

 
Guía rápida sobre o acceso ao Expedient-e

 

mail
<<  Maio 2013  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    3  4  5
  6  7  8  9101112
131415161819
20212223242526
2728293031  
Noticias arquivadas por data
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org