Atópaste en Sanidade Pública Primaria Urxencias Extrahospitalarias
Entrega no rexistro da consellaría de Sanidade 400 sinaturas de médicos/as e enfermeiros/as apoiando estas demandas

CIG-Saúde demandou, en rolda de prensa, o correcto cumprimento dos acordos de Puntos de Atención Continuada (PACs) e solicitou a reunión, con carácter urxente, da Comisión de Seguimento dos Acordos para tratar aspectos como cómputo de xornada; confección de calendarios; cumprimento da acta do 16 de xuño e contratación de persoal das listas. Antes da rolda de prensa presentou, no rexistro da consellaría de Sanidade, 400 sinaturas de médicas/os e enfermeiras/os sumándose a estas reclamacións.
María Xosé Abuín Alvarez, Secretaria Nacional de CIG-Saúde, Lois Méndez e Manuel G. Moreira, da Executiva Nacional de CIG-Saúde, acompañados de enfermeiras/os e médicas/os de PACs (dispositivos de urxencias de Atención Primaria), foron os encargados de explicar a situación na que se atopa, neste intre, o persoal destes centros e as súas demandas.

Así lembraron que, o 26 de outubro, a CIG-Saúde presentou por rexistro un escrito no que xa se solicitaba que, con carácter urxente, se reunira a Comisión de Seguimento dos Acordos. Diante da ausencia de resposta, CIG-Saúde puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas á que se sumaron 400 médicos/as e enfermeiros/as de PACs, reiterando esta demanda.

A través deste escrito reclaman, no que respecta a cómputo de xornada, unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual, na que se penaliza aos traballadores/as cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.

Xunto a isto, demandan calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadoras/es construídos con criterios de equidade. Uns calendarios nos que entenden que “a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e todos os permisos”.

Respecto do cumprimento da Acta do 16 de xuño, na súa aplicación en cada área reclaman que, de quedar horas suficientes (1.623 horas anuais), se proceda á creación dun vínculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

Do mesmo xeito exixen que se cumpran os apartados do acordo que estabelecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, afirma que os incumprimentos reiterados da administración respecto destes acordos está a dificultar un bo clima laboral que, entende, a administración debería ser a primeira interesada en favorecer para garantir a mellor calidade asistencial posíbel. “E máis na atención primaria, que é a porta de entrada ao sistema sanitario”.

Por iso CIG-Saúde reclama que alén de convocar á comisión de seguimento con carácter de urxencia, “para unificar criterios deben acudir a ela os responsábeis de todas as xerencias”.

Para esixir a convocatoria da Comisión de Seguimento dos Acordos de Atención Primaria, iniciaranse mobilizacións cunha concentración que se levará a cabo o xoves día 15 ás 11 hs. diante do Edificio do SERGAS.

A nova en Avantar.
 

Como ben sabedes, estamos a ter problemas co aplicativo informático utilizado para retribucións de PACs, xa que non respeta os dereitos dos traballadores no referente a desfrute de permisos oficiais e ITs. Como resultado deste aplicativo, a administración está impoñendo xornada obrigatoria ós traballadores.  

CIG-SAÚDE denunciou en reiteradas ocasións os problemas do programa, tanto nas xerencias coma a nivel central. O aplicativo do que falamos é para retribucións, non para cómputo de xornada. Por todo isto, queremos o voso APOIO nas seguintes accións:  

  1. Solicitude, por escrito, do cómputo de xornada correspondente ó ano 2009 (a chamada “ficha” de presencias e ausencias, e non os cómputos do aplicativo informático) como RECLAMACIÓN PREVIA á vía contencioso-administrativa. Podedes achegarvos polos locais sindicais para recoller o modelo de solicitude.

 

  • Elaboración das carteleiras de quendas de traballo para o 2010 dos Puntos de Atención Continuada coas seguintes características:
  •  - que as carteleiras anuais conteñan a xornada ordinaria de todas e todos os traballadores de forma diferenciada da xornada voluntaria.

      - a xornada ordinaria para 2010 é de 1430h efectivas en 11 meses, é decir, as horas brutas a recoller na carteleira son 1623h, o que permitirá o desfrute de 63 horas de LDs e 1 mes de vacacións (todo isto nos PACs que non se lles aplica a extensión da xornada complementaria obligatoria ata 1570 horas)

      - que as carteleiras coa xornada ordinaria asignada teñan carácter anual e os selos e firmas pertinentes das xerencias para a súa oficialidade. 

    A existencia dunhas carteleiras 2010 coa xornada ordinaria diferenciada da voluntaria, permitiría solicitar o desfrute do exceso de xornada ordinaria (si é o caso) e o pago diferenciado, mes a mes, das horas voluntarias efectivamente realizadas.  

    A importancia de todo o anterior ven dada pola necesidade de non seguir dándolle armas á  administración para aplicar un programa informático que non respeta o acordo de PACs de 2008, xa que liquida xornada ordinaria por exceso (a chamada xornada complementaria) e así dificulta o desfrute de LDs e do exceso de xornada xerado no ano.  

    BASTA XA DE EXCUSAS PARA SEGUIR INCUMPRINDO OS ACORDOS,  ANULANDO OS DEREITOS DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES.

    Acceso ao Expedient-e (preme no botón)

    expedient-e

     
    Guía rápida sobre o acceso ao Expedient-e

     

    mail
    <<  Maio 2013  >>
     Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        3  4  5
      6  7  8  9101112
    131415161819
    20212223242526
    2728293031  
    Noticias arquivadas por data
    Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
    Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
    Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
    executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org