Webs CIG Saúde: O Barco | Ferrol | A Coruña | Vigo| Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago| Monforte | Burela | 061 | AgMedica
|
Publícase hoxe no DOG a Resolución de convocatoria dos cursos FEGAS:
Nesta resolución indícase que foi negociada cos sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF mais o que non se aclara é que a CIG non asinou o Plan AFEDAP para este ano. Os nosos motivos temos. Desde a CIG-Saúde solicitouse, xa o ano pasado, e neste ano de novo, que se nos remitira un informe de orzamento dos cursos xestionados e ofertados a través da FEGAS, desglosando nese informe os custos de prezo/hora, formadores/as, material, instalacións etc... de cada curso, para ter coñecemento de en qué se están gastando os cartos que o SERGAS achega á fundación FEGAS e ver se este gasto é acaído ás necesidades formativas. Deste xeito, ademais de cumprirse co suposto compromiso de transparencia deste goberno, as organizacións sindicais poderíamos tamén facer as nosas propostas de cara a un mellor aproveitamento dos recursos existentes, posto que a formación no SERGAS este ano finánciase exclusivamente coas achegas dos/as traballadores/as e sendo o SERGAS unha "empresa do coñecemento", a formación debe de ter un importante peso específico, e as traballadoras e traballadores deben de ter a posibilidade de participar na súa planificación a través dos/das seus/súas representantes. A petición de orzamentos remitiuse a Pablo Galego Feal, Director da FEGAS, e a Rocío Mosquera, Conselleira de Sanidade, o pasado 11 de decembro. Hoxe, día 11 de febreiro, dous meses despois, publícase a resolución no DOG sen que a CIG-Saúde asinara, posto que non tiñamos recibido resposta á nosa petición. Casualmente, esa resposta chegou hoxe mesmo, e nela, ademais dun percorrido pola existencia da FEGAS e o seu financiamento, remítesenos un cadro onde, sen desglosar curso por curso, se indican os custos das actividades formativas da FEGAS no ano 2012 e onde atopamos custos de empresas contratadas (non é a FEGAS o ente encargado da formación? inda ten que andar subcontratando?). Efectivamente, falta transparencia e sobran intermediarios. Por se fora pouco, ademais de terse retirado este ano a achega que o SERGAS facía á FEGAS para a formación do persoal, e basearse o financiamento da mesma só nas achegas que fai o persoal a través da súa nómina, na propia resolución publicada hoxe indícase: "a execución das accións formativas recollidas neste Plan queda condicionada á existencia de credito orzamentario adecuado e dispoñible", ou sexa, que poidera ser que a metade de ano se suspendan as actividades formativas programadas como aconteceu o ano pasado? Desde a CIG-Saúde pensamos que a formación do persoal do SERGAS é algo o suficientemente importante como para que haxa un exercicio de transparencia e se recollan as achegas que se fan desde as organizacións que representan as/os traballadoras/es, e, desde logo, como para que se fagan esforzos para garantir e mellorar a formación, que, non o esquezamos, vai repercutir nunha mellor da calidade asistencial. MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE Orde SSI/1997/2012, de 18 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de proba selectiva 2012, para o acceso no ano 2013, a prazas de formación sanitaria especializada para graduados/diplomados en Enfermería. http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/22/pdfs/BOE-A-2012-11913.pdf
MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE Orde SSI/1998/2012, de 18 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2012 para o acceso no ano 2013, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/22/pdfs/BOE-A-2012-11914.pdf
MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE Resolución de 2 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral de Sanidade e Consumo, pola que se avocan determinadas competencias que corresponden á Dirección Xeral de Ordenación Profesional na convocatoria de probas selectivas de 2012, para o acceso en 2013, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros titulados universitario do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/22/pdfs/BOE-A-2012-11915.pdf Publicáronse onte e hoxe candansúa resolución correspondente á adxudicación de prazas de formación nas distintas especialidades sanitarias: * Graduados/as e Licenciados/as sanitarios/as de varias especialidades: Resolución de 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se convocan os actos de asignación de prazas correspondentes ás probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. PDF (BOE-A-2012-4206 - 9 págs. - 193 KB) * Graduados/as e Diplomados/as sanitarios/as en Enfermaría: Resolución de 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se convocan os actos de asignación de prazas correspondentes á proba selectiva 2011 para o acceso no 2012 a prazas de formación sanitaria especializada para graduados/diplomados en Enfermaría. PDF (BOE-A-2012-4270 - 4 páxs. - 159 KB) Formación Continuada FEGAS Publicada no DOG do 27 de xaneiro a oferta formativa da FEGAS para o 2012, así como os prazos de inscrición:
Máis información na páxina da FEGAS. Publícanse hoxe en BOE as seguintes resolucións: Especialidades sanitarias NO BOE desta mañá saen publicadas as cualificacións profesionais correspondentes a Celador/a e a TCAE, con nivel I e II respectivamente. Pódense consultar nesta ligazón.
Como se sabe, dese CIG-Saúde levamos tempo reivindicando o nivel III para TCAE e o nivel II para Celador/a, para adecuar estas categorías profesionais ao establecido no Estatuto Básico do Empregado Público no que respecta ás clasificacións de persoal. Inda que hoxe sae publicado cuns niveis diferentes aos esixidos por CIG-Saúde, non renunciamos a estas esixencias e seguiremos facendo todo o que estea na nosa man para poder chegar algún día a acadar as nosas reivindicacións, no camiño de adaptar de xeito correcto as categorías profesionais ás clasificacións establecidas no EBEP e a mellorar a formación e valoración das profesións sanitarias. No Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Paseo del Prado, 18-20 - 28071-MADRID), e nas Delegacións e Subdelegacións do Goberno exhíbense as relacións definitivas de admitid@s e non admitid@s ás probas selectivas 2011.
Contra estas relacións definitivas pódese presentar recurso de Alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa exhibición. As persoas Admitidas provisionalmente ao exame deben consultar o apartado da web do Ministerio "prazos para achegar documentación", incluido dentro da información xeral destas probas selectivas. A data do exercicio é o sábado 28 de xaneiro de 2012, segundo a Resolución que publicará en breve o Boletín Oficial do Estado, na que se contén o nomeamento das Comisións Calificadoras. As persoas aspirantes deben comparecer ante a Mesa de Exame que se lles sinalara provistos do documento acreditativo da súa identidade co que participaran nas Probas Selectivas (D.I, Pasaporte ou Número de identificación de extranxeiros), ás quince trinta horas do sábado 28 de xaneiro. Para contestar a folla de respostas, só se poderá utilizar bolígrafo, non estando permitido o uso de lápis, rotuladores, prumas, etc. Non está permitida a utilización de calculadora, excepto no caso de aspirantes a prazas de Radiofísica Hospitalaria. Non está permitido o uso de teléfonos móbiles, nin de calquera outro dispositivo con capacidade de almacenamento de información ou posibilidade de comunicación mediante voz ou datos, dentro do recinto de exame, unha vez iniciado o exercicio e ata a fin do mesmo. Duración do exercicio: Cinco horas máximo, para Médic@s, Farmacéutic@s e outros graduad@s/licenciad@s universitari@s do ámbito d Dúas horas máximo para graduad@s/diplomad@s en Enfermaría. As respostas deben escribirse na folla que se destina para iso; non se admite resposta no cuestionario. O exercicio debe ser realizado ante Máis información aqui. Tamén podedes consultar a vosa situación particular premendo aqui. Como continuación das informacións subministradas noutras ocasións sobre os Certificados de Profesionalidade, as Competencias Clave, os Procesos de Acreditación da Experiencia Profesional e todo o que ten relación coas Cualificacións.
INFORMAMOS Que ven de publicarse no Diario Oficial de Galiza (DOG 5 setembro 2011) a Resolución pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
É importante que os leas !!!! Lembra: o prazo de presentación de solicitudes esténdese até o 28 de Setembro do 2011 |


















