Atópaste en Sanidade Pública Contratacións

Publícase hoxe a resolución que fai públicas as listas de contratación definitivas de enfermaría do 061. Coma sempre, ábrese prazo dun mes para presentar recurso de reposición previo á vía xudicial ou ben de dous meses para presentar recurso contencionso-administrativo directamente.

  • Listas enfermaría 061. RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061. Descargar PDF

Mensaxe do SERGAS con información sobre contratacións:

 

Infórmase que o vindeiro xoves, 23 de maio está previsto que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as listas definitivas de baremación das persoas aspirantes admitidas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

 

Así mesmo, poñemos no seu coñecemento que mañá se procederá á xeración da nova lista nas categorías de celador, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, para incorporar as modificacións derivadas da estimación dos recursos de reposición interpostos.

Artigo 9 .- Cláusulas  Particulares. Nos nomeamentos temporais, e nos nomeamentos en promoción interna temporal, poderán incorporarse cláusulas particulares, baseadas na normativa vixente, relativas á súa duración ou aos dereitos e obrigas inherentes aos mesmos.

No texto deste artigo recóllese que se poderán incorporar cláusulas particulares baseadas na normativa vixente. Segundo a Administración isto é para maior garantía da/o profesional contratado. Xa sabemos de sobra que esta Administración está moi preocupada polas garantías do persoal!

Segundo a normativa vixente, iso significa que nos nomeamentos temporais podería aparecer unha cláusula de mobilidade por razón do servizo; DENTRO OU FORA DO TEU CENTRO DE TRABALLO OU DA TÚA ÁREA SANITARIA.

Así se recolle ao Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS:

O supostos de mobilidade fóra do ámbito do nomeamento poderán obedecer ás seguintes circunstancias: (OU A OUTRAS QUE DETERMINE A ADMINISTRACIÓN)

a) Traslado definitivo de unidades a outros centros situados fóra do ámbito correspondente ao nomeamento.

b) Traslado temporal das unidades ou servizos, debido a obras ou a outros motivos que determinen a indispoñibilidade funcional das infraestruturas.

c) Traslado temporal a outras áreas sanitarias, cando as necesidades asistenciais da poboación dunha área non poidan ser garantidas cos recursos humanos propios desta.

Nos supostos b) e c), a adopción das medidas limitarase ao tempo indispensable para  outorgar a debida cobertura asistencial de acordo coas circunstancias que a motivaron ou, de ser o caso, ata dotar nos correspondentes cadros de persoal o número de prazas necesario para dar cobertura ás necesidades detectadas.

 

CIG-SAÚDE rexeita esta orde de vínculos pensada en exclusividade para desregular as condicións laborais das/os traballadoras/es. Esiximos que se anule este artigo, que o persoal preste servizo na unidade ou centro no que foi contratado.

NON Á MOBILIDADE FORZOSA!

Descarga e difunde!

Publícase hoxe a resolución de publicación das listas de contratación definitivas da categoría de enfermaría. Estas listas entrarán en vigor o día 15 de maio.

  • Listas definitivas de contratación da categoría de enfermaría. RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría sanitaria de enfermeiro/a. Descargar PDF

As persoas que así o consideren poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados apartir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

 

Publícase hoxe no DOG o Acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto polo que se permite a renuncia a contratos sen penalización en dous casos:

1. Renuncia sen penalización a vínculos de longa duración nos supostos de cambio de área

2. Renuncia sen penalización a vínculos a tempo parcial nos supostos de optar só pola realización de nomeamentos a xornada completa.

Pódense ver as condicións no acordo publicado en DOG:

  • Acordo sobre renuncias sen penalización para contratos de tempo parcial e contratos de longa duración en cambio de área. RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autoriza e se publica o acordo adoptado pola Comisión central de seguimento do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (Diario Oficial de Galicia número 89, do 9 de maio de 2011) na reunión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 2013. Descargar PDF

Publícase hoxe en DOG esta resolución:

  • RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidos e excluídos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

As categorías que hoxe saen son:

1. Farmacéutica/o de atención primaria.

2. Odontóloga/o de atención primaria.

3. Fisioterapeuta.

4. Terapeuta ocupacional.

5. Técnica/o superior en documentación sanitaria.

6. Técnica/o superior en dietética e nutrición.

7. Técnica/o en farmacia.

8. Técnica/o en coidados auxiliares de enfermaría.

 

Ábrese prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada, direccións provinciais do organismo ou direccións con competencias en xestión do persoal no suposto das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

As persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

 

Mensaxes do SERGAS sobre listados de contratación:

Informámoslle que o mércores 24 está prevista á publicación en DOG da Resolución do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias, convocadas por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde de 21 de setembro de 2012. As categorías son:

  1. Farmacéutica/o de atención primaria.
  2. Odontóloga/o de atención primaria
  3. Fisioterapeuta.
  4. Terapeuta ocupacional.
  5. Técnica/o superior en documentación sanitaria.
  6. Técnica/o superior en dietética e nutrición.
  7. Técnica/o en farmacia.
  8. Técnica/o en coidados auxiliares de enfermaría.

Remitiremos un procedemento de xestión das reclamacións que deriven da citada publicación.

____________________________

Infórmase que o vindeiro luns, 29 de abril, publícase no DOG o Acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección temporal que se xunta.

 

*****

Informannos tamén, telefonicamente, de que a previsión de publicación das listas definitivas de enfermaría é finais de abril ou primeiros de maio.

Hoxe en DOG as resolucións que publican as seguintes listas:

  • Listas definitivas (matrona, logopeda, traballo social). RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF
  • Puntuacións provisionais categorías de prevención. RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de técnico/a superior e de grao medio en prevención de riscos laborais. Descargar PDF
Máis artigos...

Acceso ao Expedient-e (preme no botón)

expedient-e

 
Guía rápida sobre o acceso ao Expedient-e

 

mail
<<  Maio 2013  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    3  4  5
  6  7  8  9101112
131415161819
20212223242526
2728293031  
Noticias arquivadas por data
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org