Próxima mesa de recollida de sinatura na
- estación de autobuses de A Coruña o 4 de maio e
- no feirón de Arteixo o 5 de maio
Fotos da Mesa situada no Feirón de Carballo o 29 de abril de 2012



Reforma laboral
Sanidade
Ensino,...?????

O prazo de presentación de solicitudes é desde o 30 abril ata o 5 de maio de 2012
O documento en pdf: Procedemento de mobilidade interna provisional en Atención Primaria_30abril2012.pdf
SOS SANIDADE PÚBLICA pídelle a Feijoo que asuma a súa responsabilidade como Presidente da Xunta de Galicia, que esqueza seguir tan ben mandado polo PP e Rajoy e que non aplique os recortes en Galiza, que se quere ten competencias para facelo.
SOS entrégalle un escrito está presente na sesión parlamentar de control ao goberno na que se fala dos últimos recortes, despois da unha rolda de prensa no Parlamento e finalmente entrega o escrito ao Presidente no rexistro parlamentar.

Foto de entrega no rexistro parlamentar

Foto e pdf do escrito ao Presidente da Xunta
SOS_Sanidade_Pública:_Escrito_que se entrega no rexistro para_o Presidente da Xunta_25abril2012.pdf
Mesa de recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular para a promoción da sanidade pública en Galiza, na rúa Ángel Senra na Coruña


Empezamos co COPAGO
|
O Partido Popular impón, vía decreto, non só o copago farmacéutico senón tamén o sanitario. CIG-Saúde esixe da Xunta de Galiza que manifeste o seu rexeitamento e oposición frontal á invasión de competencias do goberno central CIG-Saúde, que está a estudar o alcance destas medidas e que presentará unha análise pormenorizada das mesmas, esixe que desde a Xunta de Galiza se adopte unha postura de rexeitamento e oposición frontal fronte á “invasión de competencias que se fai desde o goberno central” e denuncia que se está conculcando o propio Estatuto de Autonomía. A federación xa se dirixiu por carta á conselleira de Sanidade , Rocío Mosquera, e á Directora de Recursos Humanos, Esperanza Fernández Lago, tras recibir, vía correo electrónico, unha comunicación desta última na que se afirma que “xa estamos analizando as citadas medidas no seu conxunto e, dun xeito específico ás que teñen repercusión na área de recursos humanos e sexan susceptíbeis de tratamento na mesa sectorial”. Para CIG-Saúde esta afirmación indica que na consellaría de Sanidade, ou cando menos no departamento de Recursos Humanos, “nin sequera se tiña coñecemento das medidas que se ditan desde Madrid unilateralmente e invadindo competencias desta administración, e que se aceptan e se acatan sen oposición de ningún tipo”. Neste sentido, CIG-Saúde sinala que no Real Decreto establécense mesmo medidas que modifican a actual regulación das condicións laborais do persoal, e pregúntase como pode consentir a administración que se diten unilateralmente normas que afectan drasticamente a materias sobre as que Galiza ten competencia exclusiva. “Non entendemos que se adopte unha postura de submisión absoluta aos ditados do goberno central e se faga deixadez de funcións no que respecta ás competencias que, en sanidade ten a Xunta de Galiza”. CIG-Saúde manifesta ademais que “non toleramos que se acepte de bo grao esta invasión de competencias e se actúe como administración marioneta en mans do goberno central”. |
A próxima mesa de recollida de sinaturas a favor da Iniciativa Lexislativa Popular para a promoción da sanidade pública en Galiza estará situada na rúa Ángel Senra, de A Coruña, o luns 23 de abril ás 18 horas.
Aquí podemos ver a mesa de recollida de sinaturas situada diante do Teatro Rosalía de Castro o venres 13 de abril






O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o 







