SERGAS
Atención Hospitalaria
Urxencias 'en caos'. Nota de prensa de CIG-saúde

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
CIG-Saúde denuncia o caos que se está a padecer o Servizo de Urxencias do CHUAC Coruña dende o pasado domingo, día 29 de xullo. Dende esta data hai decenas de pacientes amoreados en ‘camillas’ á espera de cama.
O martes 31 de xullo, uns 77 doentes, a practica totalidade de Medicina Interna permanecían á espera de ser ingresados.
Hoxe, 1 de agosto, cerca de 40 doentes, tamén de Medicina Interna, continúan na mesma situación. Todos eles levan como mínimo 3 días en urxencias, e algúns ata 5 días.
Esta situación, previsible, é consecuencia directa da diminución de camas, con dúas unidades, 50 camas de Medicina Interna no Hospital Abente y Lago pechadas durante o verán.
Esta situación de precariedade asistencial somete aos doentes a un sufrimento sobreengadido e innecesario. Sobreengadido polas penosas condicións nas que están a ser atendidos, e innecesario porque hai os recursos para evitalo.
CIG-Saúde, esixe a apertura inmediata das Unidades pechadas no Hospital Abente y Lago. Todas as autoridades sanitarias dende a Conselleira de Sanidade ao Xerente da Área de Xestión Integrada de A Coruña, teñen a obriga de priorizar as necesidades de saúde da poboación. Non se pode tolerar que a política do PP, con continuos recortes na Sanidade Pública, se traduza en máis dor e sufrimento para os pacientes.
A Coruña, 1 de Agosto de 2012
Asinado
María Jesús Seijo García
Secretaria Comarcal de CIG-Saúde de A Coruña
Teléfono: 607.217.658
Nota_de_prensa_URXENCIAS_en_caos_no_CHUAC_1_de_agosto_de_2012.pdf












