CIG-Saúde rexeita as medidas de recortes para os/as empregados/as públicos/as que foron hoxe presentadas pola Conselleira de Facenda e o Director Xeral de Función Pública, non só por recortar dereitos laborais senón porque o que se pretende con estas medidas é rematar coa prestación da asistencia sanitaria. Se se trata de xestionar eficientemente, non entendemos porqué se recorta sempre a traballadores/as e non se introducen outro tipo de medidas para combater a crise, sempre se prexudica aos máis débiles, a clase traballadora. As medidas anunciadas van ser especialmente lesivas coas persoas aspirantes das listas de contratación e con aquelas que actualmente están contratadas con vínculos temporais, o que agravará o paro entre os/as traballadores/as de todas as categorías da Sanidade.

Estas medidas concrétanse en:

  • Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual.
  • Redución obrigatoria dun terzo de xornada para o persoal actualmente contratado con vínculos temporais e interinos, coa correspondente redución retributiva. Como medida benefactora, o persoal fixo tamén poderá optar voluntariamente por solicitar unha redución de xornada dun terzo, coa correspondente redución retributiva.
  • Consolidación de contratos inferiores á xornada legalmente establecida.
  • Xubilación forzosa aos 65 anos, aplicando a taxa de reposición, podéndose dar excepcións individuais.
  • Perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal para enfermidade común e accidente non laboral ata o día 21 da IT (remítese á lexilación xeral da Seguridade Social: os 3 primeiros días non haberá retribución, do 4º ao 20º percibirase o 60%, e do 21º en adiante percibirase o 100%).
  • Regularase en Mesa Sectorial do SERGAS a xornada non inferior a 37,5 horas semanais.
  • Eliminación da Acción Social (para persoal estatutario desaparece a axuda por gardería, mellora por fillo/a..., para persoal funcionario desaparece toda a Acción Social). 

Estas medidas son inasumibles na súa totalidade, precarizan ainda máis as condicións laborais e salariais dos/as empregados/as da Sanidade, polo que precarizan a prestación da asistencia sanitaria. A quén prexudican estas medidas? Ao persoal fixo e temporal do SERGAS, ás persoas aspirantes das listas de contratación, pero, sobre todo,  a toda a cidadanía usuaria do servizo da Sanidade Pública, posto que ao precarizar e empeorar as condicións laborais, reducindo persoal e aumentando cargas de traballo, diminúe a calidade da asistencia sanitaria.

 

2 anos despois de que a CIG solicitara que se anulara o plus dos altos cargos, a Xunta deixa sen efecto o citado plus, pero ollo.. "deixa sen efecto", non o anulan..

Pincha aquí para ver noticia "La Voz de Galicia"

HAI UN SINDICATO QUE NON ESTÁ CALADO..

 

 

 

REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL E DO COMITÉ COA DIRECCIÓN

 

ASUNTO: traslado de S. Rafael a Calde

 Pola Dirección estaba presente o Dr de Enfermería, o Dr de Xestión e o subdirector de RRHH, pola outra banda estaban as OOSS en pleno.

 Temas:

 

Organización do traballo:

 

-Responsable do servizo: Dr Vila

 

Unidades:

 

1º.- Cuidados especiais: 28 camas

 

            -ATS/DUE.- 5 enfermeiras (1/1/1) de luns a domingo

            -Aux de Enfermería.- 12 (3/3/2) de luns a domingo

            -Psiquiatra: Dra Elena Gato

 

2º.- Rehabilitación: 30 camas

 

            -ATS/DUE.- 3 enfermeiras (1/1) de luns a domingo

            -Aux de Enfermería.- 14 (3/3/2) de luns a domingo

            -Psiquiatra: Áurea Lamela

 

3º.- Residencias: 31 camas

 

            -ATS/DUE.- 1 de mañá de luns a venres

            -Aux de Enfermería.- 14 (3/3/2)

            -Psiquiatra: Maite Novo

 

4º.- Prepiso.- Educadora social en quenda de mañá… (será substituída por persoal Aux. de Enfermería)

 

Ata o de agora levamos 9 enfermeiras e 40 auxiliares de enfermería/coidadores/as

 

5º.- Farmacia:

            -1 farmacéutica

            -2 auxiliares de enfermería (unha delas coordinadora)

 

6º.- Talleres: 5 terapeutas e 1 monitor de invernadero. 

7º.- Mantemento: parece que vai 1 fontaneiro e 1 mecánico, o resto será asistido dende o Lucus (chama a atención que non vaia un calefactor), irán en quenda de mañá de luns a venres

 

8º.- Hostelaría:

 

            -4 cociñeiros.- 1/1 de luns a domingo

            -6 pinches.-      2/2 de luns a domingo

 

9º.- Costura: 2 costureiras

 

10º.- Seguridade: 1/1/1

 

11º.- Recepción: 3 coidadores/auxiliares

 

12º.- Administración: levarase dende o Lucus, será nomeado un coordinador/a,  pero contará cunha aux. administrativo, unha asistente social e unha axudante de asistente social

 Notas

 *Como Supervisoras: Yolanda.- para C. especiais e talleres e Chus Pontide.- para o resto

 

*Os médicos de garda permanecen igual

 

*Os traslados de internos ao Lucus estarán a cargo dunha coordinadora de auxiliares

*Quedará 1 psicólogo/a clínico

 

*Limpadoras irán: 5/1 de luns a venres, 2/1 o sábado e 1/1 o domingo

 

*Viran para o Lucus: 2 psicólogos/as clínicos, 5 obreiros/as  e 4 auxiliares de enfermería

 

*Transporte público: manteranse as liñas actuais de bus urbano (adxúntanse fotocopias), a CIG proporá ao Comité que solicite reunión co concelleiro de transporte para lograr de bus para que entrar a cada turno


CRITERIOS PARA A ELECCIÓN DE UNIDADES

 

A dirección propón:

 

  1. Voluntariedade
  2. Vinculación de fixeza ou non
  3. Antigüidade na mesma categoría

 

Dende a CIG demandamos que se teña en conta o tempo traballado como coidador/a na categoría de Auxiliar de Enfermería, xa que pertencen á mesma área funcional, é apoiado polo resto do Comité, de feito xa había un acordo previo ao respecto.

 Solicitamos tamén que a escolla se faga en unidade de acto, é dicir, todos/as presentes no salón de actos.

O noso mellor desexo para a nova implantación no h. de calde

 

VenderonAClaseTraballadora1

 

Publicada resolución provisional fase de baremación ope celador Cantabria

Pincha aqui para ver resolución

Prazo de reclamación ata o 7 de febreiro.

 

Comisión de seguimento do pacto de Contratacións do 25/01/2012.

En febreiro teñen intención de abrir as inscricións das seguintes categorías:

  1.  DUE
  2.  Traballador/a Social
  3.  Psicólogo/a Clínico/a
  4.  Técnico/a en Prevención de Riscos Laborais
  5.  Logopeda

    • 1. Expedient-e.

    Están rematadas as validacións dos 3200 aspirantes inscritos nas categorías de Técnicos Superiores. Estas categorías, no apartado de Procesos do Expedient-e, poderán visualizar cada un dos/das aspirantes a súa baremación desglosada. Por exemplo, no apartado de Formación Continuada virán relacionados todos os cursos baremados coa súa puntuación, e os cursos non baremados coas causas de exclusión.

     

    1. 2. Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

    A mediados de febreiro teñen previsto sacar a primeira publicación de listaxes provisionais de Técnicos Superiores. A semán que vén previsiblemente poderán dar unhas datas de publicación.

    A Administración infórmanos de que se farán as seguintes publicacións de listas:

    1º Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as sen puntuación. Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos requisitos (titulación errónea, pago erróneo de taxas, cumprimentación incompleta da inscrición...).

    2º Listaxes provisionais de admitidos/as con puntuación desglosada (OPE, Formación Continuada, Experiencia Profesional...). Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos méritos.

    3º Listaxes definitivas de admitidos/as con puntuación.

    As seguintes categorías que están a validar son as de PSX, Auxiliar Administrativo e celador. Hai 17000 inscricións.

     

    Do resto de categorías non fan ningunha previsión.

    1. 3. Incidencias en Promoción Interna.

    O expedient-e permite a inscrición en áreas diferentes, mentres que o pacto só permite a promoción interna na mesma área. No caso dos aspirantes de P.I. que se inscribiron nunha área distinta á área onde teñen a praza, sairán nas listaxes como excluídos, e poderán subsanalo no prazo correspondente.

    Acordouse unha única excepción. A petición individual dirixida á Comisión Central de seguimento do pacto, un aspirante xa inscrito en P.I. na área sanitaria onde ten a praza, alegando e xustificando razóns de conciliación da vida laboral e familiar, poderáselle permitir a inscrición en listas de P.I. nunha área sanitaria distinta á que ten a praza.

     



    PINCHA PARA VER RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012 (ED114A).


    Prazo ata o 3 de abril 2012.

    Datas de realización das probas:

    Celga 4: 2 de xuño de 2012.
    Celga 2: 3 de xuño de 2012.
    Celga 3: 9 de xuño de 2012.
    Celga 1: 10 de xuño de 2012.

     

    COLAS PARA ENTRAR AO PARKING

     

    A DICTADURA DOS DESPACHOS

     

     

    O que está a suceder ultimamente co acceso ao parking, fomentando atascos monumentais e unha perda de tempo enorme, ilustra perfectamente cómo en demasiadas ocasións as pretendidas solucións se convirten nun problema de proporcións moitisimo maiores que as do problemiña que se prentende resolver.

     

    Se resulta que para evitar que ninguén cometa a atrocidade de aparcar pisando un paso de peóns que ninguén usa e que a ninguén molesta, se está disposto a facer vir ao persoal cunha hora de antelación para dar o relevo a tempo, é que estamos tolos, perdemos o sentido da medida e a capacidade de razoar con algo de sentidiño. Un exemplo tamén perfecto de cómo en demasiadas ocasións non se dubida en poñer ás persoas ao servízo das normas e non ao contrário como correspondería.

     

    E outra cuestión que nos chama poderosamente a atención e que ven moi a conto é a contradicción entro o pouco celo que parece que se puxo á hora de dotar de suficientes prazas de aparcamento o Hospital e o excesivo celo que agora se pon en impedir o libre acceso a que ven traballar.

     

    Conclusión final, mensaxe á dirección: Se o único que facedes ben é ESTORBAR, non vos necesitamos, ¡¡ ÍDE TOCAR AS PELOTAS ÁS VOSAS CASAS!!

     

    << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>