Publícouse no DOG a Orde de Confección de Nóminas para o ano 2013:ORDE do 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013.
Como sabedes, desde CIG-Saúde tiñamos iniciada unha campaña na que demandabamos da Administración que publicara na Orde de Nóminas a realidade do que van cobrar @s traballdor@s do SERGAS no ano 2013, posto que na Lei de Orzamentos figuraba un artigo 21 que facultaba para recortar en conceptos como a Atención Continuada ou a Carreira Profesional, sen especificar cómo ía ser ese recorte. Esa era a nosa posición: que se nos dixera qué recorte (unilateral, por suposto) ía aplicar a Administración nas nóminas do persoal do SERGAS, especificando qué lle ía recortar a cadaquén.
Na Orde de Nóminas non figura esa especificación. Recórtase o específico das pagas extras, mais non se especifica cómo se vai aplicar ese artigo 21 da Lei de Orzamentos. Faise alusión a que se recortará para o persoal funcionario o complemento específico das pagas extra de xuño e decembro, e para o resto de persoal da Administración Pública (como o do SERGAS) o "axuste equivalente, tendo en conta os seus conceptos retributivos específicos", mais sen especificar na propia Orde de Nóminas o alcance dese axuste. Significa isto que non nos van recortar máis que o específico? Coidado, ese artigo da Lei de Orzamentos segue existindo, e, polo tanto, en calquera momento podemos vernos cun recorte a maiores dos complementos de Atención Continuada e da Carreira Profesional, en cantidades que descoñecemos e por sorpresa. Así funciona esta Administración: a salto de mata, ao vaiche boa!
Deixen de xogar coas nosas condicións de traballo e cos nosos salarios!!!

CIG-Saúde denuncia a privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas médicas) e o recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores.
O Real decreto que está sendo elaborado polo Goberno sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde.
As Mutuas de Accidentes de Traballo son entidades formadas por asociacións de empresarios que teñen a consideración legal de carácter público, e con este RD ábrese a porta a que sexan o inicio da privatización da asistencia sanitaria dos traballadores como, no seu momento fixo a Lei 15/1997, de 25 de abril, sobre habilitación de novas formas de xestión da Sanidade Pública:Fundacións Sanitarias, contratos de colaboración Publico-Privado, etc
Ademais complica a xestión das Propostas de Alta. As diferentes mutuas poderán remitir, directamente, solicitude de informe as/os médicas/os de atención primaria, tendo estes catro días para contestalas e de non facelo o paciente causaría Alta por silencio administrativo. O que pode redundar en fonte de conflitos e inseguridade xurídica tanto para Médico de AP, como para os pacientes.
Outro aspecto destacable do Real Decreto é que, coa escusa do control da prestación económica da IT, preténdese conceder o acceso integral á Historia Clínica Electrónica para as entidades xestoras da IT, entre elas as Mutuas, desvirtuando o seu carácter clínico, ao servizo das e dos pacientes. Pola contra, as historias das traballadoras e traballadores en mans do INSS e das Mutuas, que recolle boa parte da patoloxía laboral dos seus pacientes, permanece opaca para o Servizo Galego de Saúde dificultando así a detección da posible orixe profesional de moitas continxencias comúns.
CIG-Saúde demanda do Goberno a retirada deste Real Decreto e da Xunta que defenda ás súas competencias, reclamando o mantemento das funcións da Inspección Médica e das e dos médicos de Familia.
CIG-SAÚDE COMUNICA QUE DURANTE O 2013 SIGUEN VIXENTES OS DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS.
O Real Decreto- Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria recolle:
<< Artículo 50. Vacaciones de los funcionarios públicos.
Tres. Desde la entrada en vigor de este Real Decreto-ley, quedan suspendidos y sin efecto los Acuerdos, Pactos y Convenios para el personal funcionario y laboral, suscritos por las Administraciones Públicas y sus Organismos y Entidades, vinculados o dependientes de las mismas que no se ajusten a lo previsto en este artículo, en particular, en lo relativo al permiso por asuntos particulares, vacaciones y días adicionales a los de libre disposición o de similar naturaleza.>>
Na Galiza os días adicionais de vacacións veñen recollidos no Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública Galega.
Artigo 75. 2. Así mesmo, terá dereito a un día hábil adicional ao cumprir quince anos de servizo, ao que lle engadirá un día hábil máis ao cumprir os vinte, vinte e cinco e trinta anos de servizo, respectivamente, ata un total de vinte e seis días hábiles por ano natural.Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao do cumprimento dos anos de servizo sinalados no parágrafo anterior.
Como podedes comprobar na Función Pública Galega os días adicionais están recollidos nunha LEI. O Real Decreto- Lei 20/2012 anula os acordos pactos e convenios; non anula os recollidos na Lei. Polo que este días seguen vixentes.
O noso temor era que este artigo se modificase na Lei de Orzamentos do 2013 (aprobada onte 26/02), pero esta non fan ningunha mención.
Cando o SERGAS se digne a convocarnos para falar da flexibilidade no goce das vacacións abordaremos este tema.
CATEGORÍAS: TICs E COCIÑA
Informamos que o vindeiro luns día 25 de Febreiro está prevista a publicación no DOG da Resolución de 15 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas seguintes categorías:
Técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información.
Técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
Técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
Cociñeira/o.Pinche.
O prazo de inscripción se iniciará o 26/02/2013 e rematará o 25/03/2013.
EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS E DOS DEREITOS LABORAIS
CONTRA O NEFASTO PROXECTO DE LEI ORZAMENTOS 2013
CIG - CCOO - UGT - CSI·F - CESM - OMEGA - SATSE - USAE - STEG - ANPE - USO - USTG - CGT - STAJ - SIAT - ACAIP
Xoves, 21 de febreiro ás 19 horas Lugo
No Edificio Administrativo da Xunta.
LUNS 18 ás 08:00 dará comezo un peche de traballadores e representantes síndicais que durará 24 horas, é dicir, ata ás 08:00 do martes 19.
Os motivos do peche son:
Os innumerables ataques que estamos a sufrir como traballadores do Sergas (recortes retributivos, de días.. )
Polos futuros recorte que virán.. ( iste ano o compromiso de deficit é menor co do ano pasado)
Polos recortes que sufrimos como usuarios do sistema sanitario (repago de mediciñas, pago transporte sanitario.. )
Pola defensa dunha sanidade PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA
Porque o noso sistema sanitario siga sendo a envexa do mundo, que ata EEUU nos leva os asesores para copiar o modelo sanitario que tiñamos ata os últimos recortes, e curiosamente, o noso governo fai o contrario, querendo impoñernos o que alí rexeitan.
Cando se privatizaron as eléctricas tamén usaron os mesmos argumentos, agora.. estades contentos co voso recibo da luz?? notades esa "eficiencia"??
ACUDE!
Tes 24 horas para achegarte un ratiño e facerlle ver ao governo o teu rexeitamento!!!
Ás 11.30 temos una concentración na entrada do hospital seguida dunha cacerolada , e despois intentaremos “pechar” a entrada principal do hospital cunha cadea Humana.
|
Previsión de datas de publicación dos procesos relativos a listas: Febreiro: - Convocatoria de : 3 Categorías de TIC, Pinche e Cociñeira/o - Baremación provisional: 2 categorías de PRL e Psicólogos clínicos Marzo: - Listas definitivas de baremación ( trala resolución das reclamacións presentadas): Matrona, Logopeda e Traballador/a social - Listas provisionais admitidas/os excluídas/os de categorías última convocatoria ( Farmacéuticos AP e seguintes.. tcae, fisio, odontologo...) - Xeración de listas tras recursos de reposición de PSX, Celadores e G. Auxiliar da Función administrativa Abril: - Listas definitivas de DUE/DUE 061 ( trala resolución das reclamacións presentadas) - Listas definitivas de PRL e Psicólogos clínicos ( trala resolución das reclamacións presentadas) |






