CIG acaba de gañar por setenza xudicial o abono do anticipo do CPV aos facultativos que non asinaron os obxectivos.
A sentenza é firme, non cabe recurso. Evidentemente estamos a solicitar a extensión a todo o persoal afectado.
Publicación listas definitivas PSX, Celador e Aux. Admtvo
Segundo o SERGAS, o vindeiro xoves 8 de novembro está prevista a publicación das listas definitivas nas categorías de: Grupo Auxiliar da función administrativa, Celador/a e Persoal de Servizos Xerais. Ademais, que dita resolución entrará en vigor unha semana despois, o xoves 15 de novembro.
Deixamos aquí RD sobre despido colectivo empregados públicos, publicado hoxe 30/10/2012 no BOE.
Esta mañá o flamante presidente da Xunta de Galiza, recén reelixido, estivo no HULA, cuadraba ben xa que veu inaugurar un tramo do corredor Lugo-Monforte, ese que eu defino no meu idiolecto como "calexón" ou "corredoira", e que moi oportunamente non inaugurou xusto antes das eleccións, supoñemos que ao HULA viría interesarse polo desgraciado suceso que lle acontenceu a un traballador público e que o levou a ingresar no noso centro, entre outras cuestións.
Cando nós atopamos á comitiva a escea era singular e chamativa: Xerente e Feijoo no centro, o presidente de ganchete co Xerente, unha persoa máis a cada lado deles e detrás un reducido séquito cun señor militar hipercondecorado, incluído. Os protagonistas cun rictus distendido, charlaban animadamente mentres camiñaban.
Por un momento a miña maldade fixo que o meu cerebro recreara unha escea bucólica do século XIX, onde o noso vestibulo era un xardín boscoso. A parella protagonista camiñaba relaxada de ganchete, el ben vestido e cunha agradable charla, ela co seu vestido floreado, xenerosa pamela con lazada e parasol, deixábase acompañar asentindo, de paseo cara os columpios, no fondo da escea á esquerda, despois de subir unha pequena costa, xusto antes dunha ponte de madeira ... o único que non sabería ou querería dicirvos é quen é quen nesta historia.
A cuestión é a seguinte: o calexón é corredor? dende o meu punto de vista non, o corredor é autovía? pois vai ser que non, dende calquera punto de vista, o caso é que as miñas viaxes ao meu pobo logro facelas en 2' exactos menos que pola carretera xeral... con este tramo igual gaño un minutiño máis...
E a cuestión seguinte é: O Presidente autovisita hermético o noso hospital, ese que é dos lucenses de hoxe para os lucenses de mañá..., non se comunica a ninguén, nin sequera á Xunta de Persoal, esa que tamén representa aos traballadores/as que o votaron a el hai ben pouquiño... e ao resto, aos que a el tampouco lle queda máis remedio que presidir...
Como hoxe é un día de onirismo exacerbado.... soñei, escribindo esto, que a estilizada figura do Presidente, con el mesmo no seu interior, se reunía con nós, xunto co Xerente, e por ordeada quenda de palabra nos permitía preguntarlle, todos o felicitarían pola súa triste e incrementada maioría absoluta (gañada pola abstención e perda de votos do seu partido), eu na miña quenda esquecería felicitalo por pura honestidade, e hoxe con respecto a este hospital preguntaríalle a bote pronto o seguinte:
- Pensa o Sr Presidente que a Sanidade Pública é Pública cando se reducen as listas de espera concertando coa Privada mentres o noso hospital permanece baleiro?
-Pensa o Sr Presidente que o noso hospital é o hospital máis moderno de Europa sen 3 servizos que foron usados de estandartes políticos noutros momentos: hemodinámica, Medicina Nuclear e Radioterapia?
-Pensa o Sr Presidente que Privatizar servizos, como o de mantemento, ou crear un plan de eficiencia enerxética ... (do que teremos futuras oportunidades de falar) favorece aos galegos....
e xa de cheo
- Vai crear vostede unha área única provincial para Lugo, deixar morrer aos comarcais de Monforte e a Mariña e afogar á atención primaria? (para que nos poñamos malos todos/as e fagamos gasto no hospital, privado, claro)
e xa por último diríalle o seguinte:
-Ten coñecemento vostede que o persoal da limpeza deste hospital quedou cobrando 700€ de aquí a decembro, porque o empresario ao que vostede lle paga decidiu pola súa conta e risco quitarlles 300€ do salario, sen que ninguén da administración se pronuncie nin lle diga nada?, que opinión lle merece esto? sabe vostede que o seu xerente se escandalizou porque oía "grititos" de protesta dende o seu despacho?
PENA DUNHAS PANCARTIÑAS, SE HOUBERA GANA
A CGT ten convocada folga xeral para o día 31 deste mes, por suposto, pode convocala. De aí que dende a Dirección se enviara aos mandos intermedios esta notificación. De inicio na CIG pensamos que era o SERGAS quen ía convocar a folga, pero enganámonos...
En todo caso falamos coa Dirección para que vexan de aplicar dunha forma laxa a instrucción de non permitir cambios ou outros permisos, xa que, con todo o respecto, consideramos que esta folga vai ter un seguimento mínimo no noso ámbito....
Esperemos que así o fagan
|
E QUE CARALLO DE XENTE! |






