O SERGAS informounos telefonicamente que a previsión de publicación das listas definitivas de enfermaría é:
finais de abril – primeiros de maio
Sabemos o que son cadeiras de rodas?
Igual no nos acordamos de tal cousa porque ultimamente neste hospital non se ven.
É incrible ver aos celadores pateando todo o hospital a "busca e captura" dunha cadeira para poder levar aos pacientes ingresados ás probas, seica poden estar máis de media hora dando voltas e non atopar ningunha.
O persoal de planta, máis os dos distintos servizos esperan a que chegen os enfermos para facerlles as probas, e sobre todo espera o enfermo que neste caso si que é PACIENTE moi paciente.
Non sabemos moi ben que pasa coas cadeiras , pero.... podemos sospeitalo. Este é un macro hospital con distancias considerables e moitísima afluencia de usuarios, polo que a maioria das veces teñen que desprazarse en cadeira de rodas, xa que, ou son persoas moi maiores ou estan enfermiños.
Así as cousas..... qué se pode facer???????
- Repartir prensa para que o que espera non desespere?
- Contratar o triplo de celadores para poder levalos á “silliña da raíña” ? (estaría ben polos contratos)
- Encargar unha novena a ver si se obra o milagre, e se multiplican as cadeiras?
- Ter un olleador contratado para que se adique a ollar polo hospital en busca do preciado ben?
Non se nos ocorren moitas máis cousas, porque... claro.. ejemm.. mercar máis cadeiras!!!??? xa imaxinamos a resposta.. que igual non chega o presuposto...
Supoñemos que os encargados de que esto funcione teñen "un plan"...... , e se non o teñen....., a ver...... se se poden reunir nunha desas e “debater.....” esta problemática que afecta aos traballadores e maiormente aos usuarios , que en definitiva son polos que TODOS estamos aquí e por quen temos que traballar TODOS.
Igual é máis fácil de xestionar isto que ver onde se poden ubicar máis despachos...
Tiña sempre un san costume, colgar poemas neste espazo vital da páxina. Ás veces perdo o costume, ás veces recupéroo.
2 poemas fermosos, pase o que pase (que pasará) non debemos perder o sorriso, nin a poesía
Todas as cartas de amor são
Ridículas.
Não seriam cartas de amor se não fossem
Ridículas.
Também escrevi em meu tempo cartas de amor,
Como as outras,
Ridículas.
As cartas de amor, se há amor,
Têm de ser
Ridículas.
Mas, afinal,
Só as criaturas que nunca escreveram
Cartas de amor
É que são
Ridículas.
Quem me dera no tempo em que escrevia
Sem dar por isso
Cartas de amor
Ridículas.
A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que são
Ridículas.
Todas as palavras esdrúxulas,
Como os sentimentos esdrúxulos,
São naturalmente
Ridículas.
Fernando Pessoa
“Ya no será”
Ya no será
ya no
no viviré contigo
no criaré a tu hijo
no coseré tu ropa
no te tendré de noche
no te besaré al irme
nunca sabrás quién fui
por qué me amaron otros.
No llegaré a saber por qué ni cómo nunca
ni si era de verdad
lo que dijiste que era
ni quién fuiste
ni qué fui para ti
ni cómo hubiera sido
vivir juntos
querernos
esperarnos
estar.
Ya no soy más que yo
para siempre y tú
ya
no serás para mí
más que tú. Ya no estás
en un día futuro
no sabré dónde vives
con quién
ni si te acuerdas.
No me abrazarás nunca
como esa noche
nunca.
No volveré a tocarte.
No te veré morir.
Idea Vilariño
AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL
Esta mañá acudimos a unha reunión co Xerente, entendemos que esta convocatoria se debeu á presión da asemblea de traballadoras/es, en cambio non tratamos do tema das vacacións para nada, polo que se demostra que a presión non debeu ser a suficiente.
A reunión foi esclarecedora, de todos modos. Tentaremos verter a nosa opinión crítica coa maior educación posible.
Á CIG deulle a impresión de que este Xerente só ten un argumento e de que o repite moitas veces, por se así logramos ter fe, as explicacións que deu foron idénticas ás que xa enviara á prensa, primeiro, e aos traballadores/as, despois, sen modificarse o máis mínimo. De feito, utilizou a mesma resposta para contestar ás distintas preguntas, funcionando como un circuíto pechado.
Falouse sobre todo da área integrada e do que o novo xerente pretende, como non podía ser de outro xeito, non o compartimos en absoluto.
A estas alturas só podemos falar de percepcións, e como é a nosa obriga así o faremos. A nosa impresión é de que hai unha tendencia obsesiva a homoxeneizar confundindo este termo con integrar, que se quere regulamentar a ordenación do persoal dun xeito monocorde, sen atender a idiosincrasias particulares, e que polo tanto, tratando igual ao que é diferente van cometerse demasiados atropelos inxustificados.
O novo Xerente atívose en todo momento a falar do seu propio nomeamento, da súa autoridade actual e futura, da escala xerárquica da área integrada... Deu a impresión de querer facer tábula rasa da historia e dos acordos dos centro e de que non terá ningún problema en enmendarlles a plana aos xerentes executivos (Monforte e Burela), no tema das vacacións ou no que faga falla, iso sí, cando teña autoridade para iso.
A CIG non logrou establecer ningún tipo de feed-back con este señor, pareceunos impermeable e moi disposto a negociar, pero só consigo mesmo, sendo capaz de, veladamente, facernos saber que se falamos das vacacións antes do día 22, día no que será nomeado, vai ter que ser máis restritivo no acordo. Nin sequera logramos que recoñecera que a normativa ou o DOG non poden interromper o funcionamento diario do hospital, que son dúas cousas ben distintas, e que non é problema do persoal se el está ben nomeado ou mal.
Constatamos nesta reunión de hoxe que a Xerencia Única vai alonxar aos/ás traballadoras da Mariña e de Monforte de quen os/as dirixe, non dubidamos de que no futuro constataremos que a poboación desas áreas vai estar máis alonxada da asistencia sanitaria que precisan. Moito teñen que mellorar para convencernos do contrario. Haberá máis capítulos para contar esta historia.
Asistentes a esta reunión:
Polo banco empresarial: SR Xerente, Javier Pena e a secretaria de dirección
Polo banco sindical: representantes de tódalas organizacións, da CIG foi, Carme Aira e Mónica Roca.
NA REUNIÓN NON SE TRATOU NADA RELACIONADO COAS VACACIÓNS
Xerente.- Moi a curto prazo sairá a orde de desenvolvemento do decreto de Xestión Integrada, e da mesma forma que cos temas asistenciais, non pode falar con autoridade das outras áreas, polo tanto pide esperar á publicación desta norma. Previsto que estean os novos nomeamentos feitos o día 22, así que a posteriori se reunirá coa Xunta de Persoal para falar das vacacións. Recorda que as vacación non teñen que estar ata o 30 de Abril, e que para ese día estarán.
Quere saber que opcións hai e que sexan criterios homoxéneos e flexibles para todo o mundo. Non debe unha xerencia única pechar acordos distintos para cada centro.
En resumo, pide, criterios homoxéneos, que esperemos uns días...
Ameazou veladamente que se se negocia antes terían que ser máis restrictivos.
OOSS.- Por parte das OOSS explícase que a realidade non é isa, que xa hai borradores nos servizos e reunións feitas.
Xerente.- Ao que el responde disculpándose e dicindo que as súas instruccións non foron esas, disculpa á súa dirección porque están poucos e probablemente se dera este malentendido.
Comenta que están a traballar nun documento, que será común a tódolos centros da área, pero agora mesmo non pode mostrárnolo porque non coñece a realidade dos centros periféricos.
Pasouse parte da reunión falando do que era integrar ou non era integrar.
A CIG explicoulle que a Xerencia Única trascende con moito o tema das vacacións. Que o ritmo teórico e normativo non pode interferir no ritmo real e no funcionamento do centro.
Insistimos en que homoxeneizar non ten por que ser integrar, e que hai que respectar os acordos previos de cada centro, xa que cada un ten as súas peculiaridades.
Obviou a pregunta de como ía facer para resolver o feito de que xa houbo acordo en Burela, en Primaria as instrucción que hai foron emitidas de xeito unilareral pola empresa.
A CIG defendeu o modo de traballar que viñamos tendo, de modo que se facían grupos de traballo nos que participaba a dirección e as OOSS, e que para isto non había que esperar ningún nomeamento, en todo caso á CIG non lle quedaría máis remedio que esperar porque os demais estaban aceptando a proposta do Xerente.
CONCLUSIÓNS: O QUE HAI FEITO NON VALE, HAI QUE ESPERAR A QUE O SR. XERENTE SEXA MACRONOMEADO E QUE O QUE VAN PROPOR SERÁ O MÁS FAVORABLE POSIBLE, XA VEREMOS PARA QUEN.
pola tarde o segundo capítulo desta historia
MOITO NOS TEMEMOS QUE A ÁREA ÚNICA VAI PREXUDICAR Á MARIÑA E A MONFORTE E NON VAI BENEFICIAR EN NADA A LUGO
QUEDAN AQUÍ 2 ARTIGOS RECENTEMENTE PUBLICADOS
1Moncho_Veras_na_Voz_29_de_marzo_2013.pdf
L9C2.pdf, este de Carme Aira
O pasado sábado 16 de marzo publicouse no BOE unha nova reforma do goberno Rajoy, o Real Decreto-Lei 5/2013, desta volta endurecendo as posibilidades de xubilación d@s traballador@s.
Dentro destas medidas, recollíase a regulación da xubilación anticipada por vontade da persoa traballadora, poñendo máis trabas para o acceso a ese suposto. Tamén no referente á xubilación parcial, o R. D-L introduce cambios, retrocesos, máis ben, e no seu artigo 8 exceptúanse desta regulación determinados supostos nos que haxa acordo e este acordo estea rexistrado antes do 15 de abril. En base a este artigo 8, na Xunta de Galiza chegouse a un acordo no que respecta ao persoal do V Convenio, polo cal poderán acollerse á xubilación parcial nos termos previstos antes da entrada en vigor do Real Decreto-Lei 5/2013.
Desde CIG-Saúde solicitamos á Administración Sanitaria que se nos aplicara unha medida similar, sobre todo tendo en conta que xa estaba regulada a xubilación parcial no acordo 2008-2012, que foi suspendido pola Conselleira Farjas ao pouco de tomar posesión do cargo no 2009. O único que tería que facer o SERGAS para facer efectivo ese acordo, e que o persoal afectado puidera acceder á xubilación parcial nos termos anteriores ao R. D-L (máis beneficiosos), sería rexistralo antes do 15 de abril, pero, unha vez máis, o SERGAS négase a tomalo en consideración, polo que, outra vez, o persoal do SERGAS fica en clara desvantaxe con respecto ao resto do persoal da administración pública.
A CIG convoca hoxe concentracións nas sete cidades contra estas últimas medidas do goberno, entre elas o R. D-L 5/2013, e engadiremos tamén, esta nova afrenta ao persoal do SERGAS como motivo para mobilizarnos. Motivos hai abondo, non faltedes
EN LUGO CONCENTRACIÓN DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO, HOXE ÁS 20 HS
POR FIN HOXE O NOSO XERENTE CONVOCA Á XUNTA DE PERSOAL PARA MAÑÁ VENRES ÁS 12, ENTENDEMOS QUE PARA TRATAR O TEMA DAS VACACIÓNS, DAREMOS INFORMACIÓN AO SAÍR DA REUNIÓN A TRAVÉS DESTA PÁXINA
|
|






