Dende a CIG-Saúde pensamos que o peche de camas repercute de xeito directo en 3 colectivos:
-persoal fixo: que traballará en peores condicións con mezcla de pacientes de distintas especialidades, con saturación das unidades que permanezan abertas, e coa engádega da mobilidade obrigatoria a outras plantas
-persoal contratado: pola restricción da contratación (vén se ve nas listaxes de nomeamentos, que cada día teñen un menor número de follas), xa que non hai persoal fixo ao que substituír (porque se substitúen el así mesmo)
-Doentes: A CIG considera que non hai garantía de que se manteña a calidade asistencial cando se pechan camas, por moito que a dirección insista nesto, de feito segue a haber listas de espera para a primeira consulta, de modo que nin sequera se sabe se as persoas que esperan esta primeira visita requirirían ingreso ou non
NOTA ENVIADA Á PRENSA NO DÍA DE ONTE
O seguinte enlace recolle a noticia en La Voz




