Desde a CIG-SAÚDE consideramos que se deben incluír as seguintes alegacións no documento de pacto de selección temporal.

 2.- Ámbito de d aplicación do Pacto.

            O presente pacto aplicarase a todos os nomeamentos de persoal de: Fundacións, Empresas Públicas e as categorías de Saúde Pública.

 

2.2.      O presente pacto recollerá a selección temporal de persoal licenciado sanitario  de atención especializada: FEAS: bases e baremos

4.- Réxime transitorio.

            Unha vez rematada a plataforma informática publicarase unha convocatoria de selección temporal coas normas do novo pacto e coa valoración da OPE 2009.

           5.- Seguimento do Pacto.

O seguimento realizarase pola comisión central e polas comisións de área. Conxuntamente coa publicación do pacto publicarase o regulamento de funcionamento das devanditas comisións.

 

II .- Selección das persoas aspirantes.

             c.- Capacidade Funcional.

No ámbito da selección temporal cando unha/ un  traballadora/or presente algunha dificultade, antes de iniciar ningún proceso, deberá ser remitido á  Unidade de Prevención para que emita o informe correspondente.

 Promoción Interna.

            Ademais da regulamentación  que sobre a P.I recolla do pacto de selección, a Admón terá que regular especialmente os vínculos ofertados a este persoal.

                        O persoal de P.I incorporarase as listaxes de selección temporal na 2ª xeración das listaxes, despois de acadar a fixeza na categoría.Isto producirase aproximadamente no prazo dun ano desde a súa toma de posesión.

                        Débese regular  da P.I o ámbito e o centro. A P.I será de área sempre que nos últimos tempos non houbese oferta no seu centro.

             1.3 . Este apartado non ten sentido xa que noutro apartado regúlase a suspensión por expedientes. Se a exclusión estivese motivada pola renuncia inxustificada a formalizar vínculos, esta penalización deberíase graduar de outro xeito e non ter carácter permanente.

 3.- Orde de prelación .

Retirar deste texto o punto 3.1.3 e deixalo para a súa inclusión no baremo.

 3.2 .O empate dirimirase a da/o aspirante que acredite maior puntuación na fase de OPE.

 4.1 Listaxes compatíbeis. Desde CIG-SAÚDE consideramos que se deben manter as actuais categorías compatíbeis.

   4.5. Cambio de área por conciliación familiar. A/o aspirante deberá permanecer un mínimo de 3 meses nas listaxes de orixe. Unha vez solicitado o cambio, previo paso pola comisión central , concederáselle o cambio de área coa puntuación correspondente. Hai que regular as motivacións do cambio.

 4.6. Novas categorías e reordenación.

                        A Integración noutras categorías virá motivada pola participación voluntaria das/os traballadoras/es nos procedementos de P.I . A CIG-SAÚDE non pode ser cómplice da Admón na súa política de privatización dos servizos públicos ,e con posterioridade reclasificaras/os traballadoras/es até conseguir que estes grupos profesionais desaparezan do sistema público.

                        Solicitamos manter a redacción do pacto actual.

 II.2 Disposicións especiais

                        A inscrición nunha listaxe de curta duración ou nunha listaxe de área especial será incompatible co resto de listaxes agás coa lista xeral, é dicir, cada persoa só pode anotarse nunha so lista especial de curta duración ou de área especial.

                        .- Confeccionaranse dúas listaxe de curta duración, unha para o ámbito de atención hospitalaria e outra parta primaria . A necesidade de solicitar unha listaxe de curta duración, categoría e nº de persoas que configuren as listaxes, será negociado previamente en cada área coa comisión de centro.O acordo acadado neste ámbito será trasladado a Mesa Central de seguimento para a súa ratificación.

             Áreas especiais.

            O 061 terá listaxes propias: médicas/os e persoal de enfermaría.

            A oferta de listaxes especiais dirixirase ao colectivo de enfermaría: enfermeiras/os e TCAE.

                        As áreas especiais que se recollen no documento terán carácter xeral, cada complexo hospitalario , previa negociación na comisión de centro, (negociación preceptiva ao igual que ans listaxes de curta duración)  determinará as áreas especiais a solicitar.

                        A área especial de banco de sangue para enfermeiras/os ofertarase exclusivamente nos complexos hospitalarios vinculados á realización de transplantes.

                        Solicítase retirar a área especial de urxencias. Hospitalaria e extrahospitalaria.

                        Solicítase incluír coma listaxe especial a área de esterilización par as/os TCAE.

                        Os vínculos ofertados por está listaxe serán de 2 meses para as/os enfermeiras/os e de 1 mes para as/os TCAE.

                        Ao persoal inscrito nas listaxes de curta duración e nas listaxes de áreas especiais seranlle de aplicación as normas xerais do pacto, polo que unha vez acadados o 365 días de servizos prestados pasaran ao descanso correspondente.

                         Dada a importancia das área especiais que motiva a confección de listaxes especiais, a CIG-SAÚDE non comparte que un curso de coarenta horas sexa acreditativo para a inclusión das/os aspirantes nestas listaxes. Reiteramos o noso posicionamento que para a inclusión nas listaxes especiais é requisito ter experiencia profesional mediante vínculo de traballo.

                        A formación necesaria para acreditar a experiencia sería a que a Admón ofertase teórica- práctica  mediante formación regrada no posto de traballo.

 

            Listaxes para a realización de vínculos de xornada reducida.

 Confeccionarase unha listaxe para que o persoal de xeito voluntario  poida inscribirse para realizar vínculos de xornada reducida. Ao persoal inscrito nestas listaxes seranlle ofertados os vínculos de longa duración. Sempre que haxa persoal dispoñible nas listaxes o persoal que realice un vínculo de xornada reducida poderá renunciar, sempre que haxa persoal dispoñible, e que leve máis dun ano de contrato..

             Persoal fixo que cambie de área por mor dun concurso de traslados.

                        Unha vez que tome posesión do novo destino será incorporado de inmediato nas listaxes do nova área.

             Compostela, 7 de xuño de 2010.

PULIR ÓSOS...
pulirosos
Enquisa
PROPOSTA SERGAS: NOVO BAREMO LISTAS CONTRATACIÓN ¿QUE CHE PARECE?
 
¿VALE A PROPOSTA DO SERGAS de suspender os acordos?
 
¿É malo que a sanidade pública se financie con diñeiro privado?