TI APOIASMES, EU GARÁNTOCHE A OBRIGATORIEDADE DA COLEXIACIÓN

 

            A Organización Médica Colexial e o Consello Xeral da Enfermaría  asinaron un documento de adhesión aos acordos acadados no Consello Interterritorial sobre o Pacto Pola Sanidade, ao tempo que expresan o recoñecemento e o liderado do Ministerio de Sanidade e Política Social neste proceso.

            A cambio disto, a Ministra de Sanidade apoiará que, cando se desenvolva a disposición transitoria cuarta da “Lei Ómnibus” e se aprobe a “Lei de Servizos Profesionais” que determina o catálogo de profesións que requiran para o seu exercicio unha adscrición colexial forzosa, a devandita  Lei recolla a colexiación obrigatoria para o exercicio das profesións sanitarias universitarias.   

        Neste troco o Ministerio de Sanidade faculta aos colexios profesionais para exercer funcións que son competencia da Administración sanitaria, xa que é a responsable da prestación de servizos e a empregadora das traballadoras/es da sanidade pública.

           

Competencias, entre outras, dos Colexios Profesionais que se recollen no documento:

  1.       Os colexios de médicas/os e enfermeiras/os, na súa calidade de autoridade competente e órganos reguladores, realizarán a certificación e recertificación que permita comprobar que estes profesionais manteñen en todo momento as competencias necesarias para exercer a súa profesión, en aras da seguridade e da boa saúde dos doentes ou clientes.
  2.       Velarán porque as/os médicas/os e as/os enfermeiras/os se comuniquen cos doentes de maneira facilmente comprensible para elas/es. E para que sexan veraces ao ofrecer a información as/os doentes.
  3.       Garantirán que as/os profesionais obteñan o consentimento do doente de maneira válida.
  4.       Garantirán a confidencialidade na relación entre profesionais e doentes, velarán porque as/os médicas/os  e as/os enfermeiras/os non revelen información confidencial ao menos que a lexislación así o requira.

Desde a CIG-SAÚDE preguntámonos se esta boa práctica profesional non a estamos a ter xa as/os traballadoras/es do sistema sanitario público.

De non ser así, debería ser a  Administración Sanitaria a que avaliase o desempeño profesional e non os colexios profesionais, que son entes privados alleos á Administración.

A Lei 16/1986. Lei Xeral de Sanidade, non outorga no entramado do Sistema Nacional de Saúde ningún papel aos colexios profesionais, nin vincula a asistencia sanitaria pública á obrigatoria integración das/os profesionais nos respectivos colexios.

Por todo isto rexeitamos a colexiación obrigatoria e que se faculte de competencias a un órgano alleo á Administración para facer a validación da competencia profesional.

PULIR ÓSOS...
pulirosos
Enquisa
PROPOSTA SERGAS: NOVO BAREMO LISTAS CONTRATACIÓN ¿QUE CHE PARECE?
 
¿VALE A PROPOSTA DO SERGAS de suspender os acordos?
 
¿É malo que a sanidade pública se financie con diñeiro privado?