Sanidade incrementará   a contía do repago farmacéutico segundo o IPC.
Deixamos aquí artigo:

http://www.elglobal.net/

 

Aquí tedes un cadro resumo coas contías da atención continuada e os módulos a cobrar (de momento) por días especiais. 

Como aclaración, lembrade que o persoal sanitario de PACs non está a cobrar a atención continuada completa, por mor da suspensión dos acordos. Polo tanto, estas cantidades son as que cobraría o persoal de especializada, pero nos PACs as cantidades son sólo un 80% das que figuran no cadro.

 

CIG acaba de gañar por setenza xudicial o abono do anticipo do CPV aos facultativos que non asinaron os obxectivos.

A sentenza é firme, non cabe recurso. Evidentemente estamos a solicitar a extensión a todo o persoal afectado.

 Achegamos AQUI documento explicativo

 

 O Comité de Primaria enviou esta nota de prensa aos medios de comunicación:

O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, formado polas seguintes organización sindicais SAE, UGT, CCOO, CSIF, CESM-Omega, SATSE e CIG-Saúde:

 

Manifestamos por n-ésima vez o noso máis amplo rexeitamento da política de RRHH, levada a cabo polo equipo xestor da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, a cal se caracteriza por:

 

1.      Prioridade absoluta da non substitución das ausencias do persoal de cadro, é decir, a contratación do persoal das distintas listaxes de contratación é testimonial, o que pon de manifesto o deterioro na calidade asistencial que se presta aos cidadáns, e aumenta as listas do paro en tódalas categorías profesionais.

2.      Incumprimento reiterado da normativa en materia de contratacións, xa que as poucas contratacións que se realizan fanse abusando da contratación “fora de cadro de persoal” , cando debería ser usado a fórmula do contrado de “substitucións” que é moito máis garantista dos dereitos dos profesionais.

3.      Dende o nomeamento deste equipo directivo vense producindo o incumprimento reiterado e no tempo da normativa aplicable en materia de substitucións. (Orde 16 de xuño de 2008, a cal prioriza a contratación de substitutos).

4.      Contratacións a tempo parcial, por horas.. que provoca a perda da posibilidade de continuar a contratación cando se xera outra situación do titular, e a maiores creanse graves dificultades de atención sanitaria naquela franxa horaria no que o centro se queda sen profesional que atenda aos usuarios

5.      Mobilizacións de profesionais duns centros a outros que non se entenden ni por parte da cidadanía, nin dos veciños adscritos aos centros de saúde.

 

Dende este comité entendemos que a situación na atención primaria en Lugo é insostible, e polo tanto, temos solicitada reunión con carácter de urxencia coa XAP Lugo, co ánimo unha vez máis de que sexa productiva, anque moito nos tememos que coma sempre non aporten solucións e se enroquen nalgunha resposta de manual, e unha vez máis non nos aportarán  a información solicitada dende hai meses por parte desde comité, incumprindo novamente a normativa a tal efecto.

 

 

 

Comité Centros Atención Primaria, 21 de setembro de 2012.

 

Segundo publica o xornal "El País", a Ministra de Sanidade, sen concretar nada, apuntou outra fonte de posible aforro na sanidade: os profesionais sanitarios, xa que representan o 40% do gasto sanitario, fronte ao 15% dos medicamentos.

A Ministra dixo "Queremos debatir en profundidad sobre el papel de nuestros profesionales""Queremos reflexionar sobre la forma de mejorar su atonomía y responsabilidad en la gestión de los servicios y sobre posibles modelos retributivos" 


Se os profesionais representamos o 40% do gasto, e o obxectivo é o aforro ¿hacia dónde iran encamiñadas esas reflexións sobre novos modelos retibutivos?... agarrádevos que siguen vindo curvas...

Pincha aquí para ver noticia completa
     

 

 


Lei 16/2012, de medidas urxentes... (BOE do 24/04/2012) no seu artigo 10 introduce modificacións no Estatuto Marco que afecta ao persoal sinalado, de feito menciona a súa integración antes do 31/12/2012.

Está convocada  Mesa Sectorial para o día 15/05: CIG SAÚDE preguntará por isto e por outras cuestións graves que están a afectar a sanidade.

CIG-SAÚDE, convocará asembleas informativas para todo o persoal afectado.

 

Despois da absolutamente decepcionante xuntanza da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria, que por fin o Sergas convocara grazas á insistencia de CIG-Saúde, continuamos a defender os catro puntos apoiados por máis de catrocentas sinaturas de enfermeiras/os e médicas/os de PACs:

1.  Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.
2.  Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.
3.  Cumprimento do Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.
4.  Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.
E para elo CONVOCOUSE A SEGUINTE CONCENTRACION:

Deixamos aquí artigos de prensa de hoxe 1 de febreiro de 2012, sobre a concentración.


 

 

 

AO PERSOAL MÉDICO E DE ENFERMARÍA DE PACs

Despois da absolutamente decepcionante xuntanza da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria, que por fin o Sergas convocara grazas á insistencia de CIG-Saúde, continuamos a defender os catro puntos apoiados por máis de catrocentas sinaturas de enfermeiras/os e médicas/os de PACs:

1.  Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.

2.  Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.

3.  Cumprimento do Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

4.  Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

E para elo CONVOCAMOS AS SEGUINTES MOBILIZACIÓNS:

1.  Concentracións nas xerencias de cada área ( en Lugo: XAP Lugo, Pza. Ferrol, 11 – 4ª planta), que comezarán ás 11 horas do día 31 de xaneiro.

2.  Concentración diante do SERGAS, en Compostela, ás 11 horas do día 7 de febreiro.

 Se non concordas co Sergas en que nos PACs "todo vai ben"

participa nas mobilizacións

CIG-SAÚDE

 

O luns 26 de decembro tivo lugar unha rolda de prensa dada polo Comité de centros de Atención Primaria, que foi convocada por unanimidade do comité, pero.. chegado o día, asisten tódolos sindicatos excepto CSIF e CESMOmega.
A Rolda de Prensa tiña como obxectivo facer público por n-ésima vez, o deterioro que están a sufrir os usuarios dos centros de saúde, e o incremento de cargas de traballo dos profesionais a niveis inadmisibles, por mor da política economicista da actual Xerencia de Atención Primaria, a cal consiste no bloqueo de axendas dos profesionais, míminas intersubstitucións, nula contratación do persoal das listas, ausencia de substitucións nas unidades de cita previa.. ata aforran coa calefacción dos centros, pero todo a costa da cidadanía, que é en última instancia quen sufre que o seu médico/enfemeira/administrativo de referencia non teña substituto.

Deixamos aquí enlaces de prensa:

La Voz de Galicia 

El Progreso 

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>