
O GOBERNO DO PP NON PAGA AS BAIXAS E GASTA 6 MILLÓNS DE € EN PUBLICIDADE.
Que "güevos" teñen, xa se atreven a todo e dalles todo igual. O goberno do PP anuncia uns recortes sin precedentes, eso si, contra os de sempre, e ao mesmo tempo enterámonos pola prensa de que gastan 6.000.000 de € en publicidade e autobombo para decir que son os mellores, os mais guapos e os que millor fan as cousas. O que mais me extraña desto é que xa vexamos todos estes atropelos como algo normal, que a xente non saia á rúa e se monte un bó cristo...Estamos aletargados, en fin supoño que ao final si esto segue así chegará un momento no que a xente non aguante mais.
A todo esto a campaña para publicidade da sanidade é de 1,18 millóns de €, imaxinade o que daría esto de si para contratacións e mesmo para pagar as baixas do persoal enfermo...
En fin señor Feijoo está facendo un traballo estupendo de deterioro e desmantelamento da sanidade pública para poder privatizar todo ao seu antollo.
Deixo aquí o artigo coa noticia publicada no xornal El País.
La Xunta encarga cuatro campañas de publicidad por seis millones de euros
Los anuncios del Sergas glosarán las bondades del catálogo de fármacos
Cuando todavía se estaba difundiendo la campaña de autobombo de 570.000 euros que usaba la marca Galicia Calidade para comunicar que la Xunta “no da bandazos legislativos”, la Consellería de Economía desvelaba su intención de gastar otro millón de euros en anunciar “las iniciativas de la Xunta en materia de innovación, impulso empresarial, internacionalización y de promoción del empleo en sectores estratégicos industriales durante el año 2012”.
Según indica Economía en el anuncio oficial publicado el 29 de diciembre en el Diario de la Unión Europea, el “coste estimado” de esa campaña supondrá un gasto final de entre 944.000 y 1.180.000 euros con los impuestos ya aplicados, el 0,5% del presupuesto total de la consellería para 2012.
El 28 de enero fue la Consellería de Sanidade la que abrió el concurso público para una campaña de 1,18 millones a desarrollar durante este año, en principio orientada a la sensibilización sobre los medicamentos genéricos. La campaña, indica el departamento que preside Rocío Mosquera, podría prorrogarse un año más, elevando el importe máximo de la misma a unos 2,5 millones. Pero además del contenido de concienciación en el ahorro de fármacos, Sanidade indica en su pliego de condiciones que uno de los objetivos a comunicar por la empresa adjudicataria es que “la experiencia con el catálogo priorizado de medicamentos, puesto en marcha en Galicia en 2011, supuso un ahorro de aproximadamente 100 millones de euros dando las mismas coberturas terapéuticas”.
Destaca así el Gobierno gallego “el camino que ya tiene recorrido Galicia en esta materia” gracias a una de sus medidas más polémicas —recurrida en su día ante los tribunales por el Gobierno central— y admite a la vez que está dispuesto a gastarse en publicidad hasta el 2,5% del ahorro logrado hasta ahora.
Por último, la pasada semana era Facenda la que también avanzaba su intención de encargar otra campaña de cerca de un millón de euros para contratar una “acción divulgativa contra el fraude fiscal y a favor de la solidaridad contributiva de todos los gallegos”.
Por el contrario, el Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dependiente de la Consellería de Economía acaba de anular un concurso público para gestionar todas sus campañas de publicidad y promoción internacional de la economía gallega durante dos años por importe de dos millones, proceso que estaba parado desde que se desató su crisis interna y los sucesivos relevos de directivos por la operación Campeón. El nuevo director del Igape, Javier Aguilera, argumenta que ante el “ajuste presupuestario” resulta “aconsejable reducir los importes dedicados a publicidad”, pero “sin descartar la posibilidad de convocar un nuevo procedimiento en un futuro”.
PROHIBIDO POÑERSE MALO.
CIG-Saúde rexeita as medidas de recortes para os/as empregados/as públicos/as que foron hoxe presentadas pola Conselleira de Facenda e o Director Xeral de Función Pública, non só por recortar dereitos laborais senón porque o que se pretende con estas medidas é rematar coa prestación da asistencia sanitaria. Se se trata de xestionar eficientemente, non entendemos porqué se recorta sempre a traballadores/as e non se introducen outro tipo de medidas para combater a crise, sempre se prexudica aos máis débiles, a clase traballadora. As medidas anunciadas van ser especialmente lesivas coas persoas aspirantes das listas de contratación e con aquelas que actualmente están contratadas con vínculos temporais, o que agravará o paro entre os/as traballadores/as de todas as categorías da Sanidade.
Estas medidas concrétanse en:
- Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual.
- Redución obrigatoria dun terzo de xornada para o persoal actualmente contratado con vínculos temporais e interinos, coa correspondente redución retributiva. Como medida benefactora, o persoal fixo tamén poderá optar voluntariamente por solicitar unha redución de xornada dun terzo, coa correspondente redución retributiva.
- Consolidación de contratos inferiores á xornada legalmente establecida.
- Xubilación forzosa aos 65 anos, aplicando a taxa de reposición, podéndose dar excepcións individuais.
- Perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal para enfermidade común e accidente non laboral ata o día 21 da IT (remítese á lexislación xeral da Seguridade Social: os 3 primeiros días non haberá retribución, do 4º ao 20º percibirase o 60%, e a partir do día 21 percibirase o 100%)
- Regularase en Mesa Sectorial do SERGAS a xornada non inferior a 37,5 horas semanais.
- Eliminación da Acción Social (para persoal estatutario desaparece a axuda por gardería, mellora por fillo/a..., para persoal funcionario desaparece toda a Acción Social).
Estas medidas son inasumibles na súa totalidade, precarizan ainda máis as condicións laborais e salariais dos/as empregados/as da Sanidade, polo que precarizan a prestación da asistencia sanitaria. A quén prexudican estas medidas? Ao persoal fixo e temporal do SERGAS, ás persoas aspirantes das listas de contratación, pero, sobre todo, a toda a cidadanía usuaria do servizo da Sanidade Pública, posto que ao precarizar e empeorar as condicións laborais, reducindo persoal e aumentando cargas de traballo, diminúe a calidade da asistencia sanitaria.
NON O PODEMOS PERMITIR. MOBILÍZATE!!!
MESA SECTORIAL SANIDADE 2 DE FEBREIRO
1.- Constitución formal da Mesa Sectorial. O venres da semana anterior constituíuse a Mesa Xeral de Negociación, que é a que dá paso á constitución das Mesas Sectoriais. No SERGAS presentamos a mesma alegación que na Mesa Xeral de Negociación: que para a constitución das mesas se deben computar todas/os as/os delegados estatutarios, laborais e funcionarios do ámbito da Consellaría e do SERGAS, xa que todo o persoal é empregado público. Na reunión da Mesa Xeral o director de Función Pública comprometeuse a negocialo na reforma da Lei de Función Pública. A CIG-Saúde é a primeira forza sindical en número de delegados/as, se todos/as estivesen representados/as na Mesa Sectorial, a súa composición sería diferente.
Durante a reunión viñéronse presentar a nova Conselleira e o seu equipo, inda que xa os coñecíamos, aquí non cambiou nada. Desde CIG-SAÚDE fixémoslle entrega dun escrito solicitándolle a retirada da taxa de reposición. Reivindicamos a convocatoria de OPE e Traslado co 100% das prazas vacantes para todas as categorías.
2.- Concurso de traslados. O SERGAS informou verbalmente, sen presentar documento, que os traslados e a OPE de persoal facultativo especialista e do persoal medico/a de urxencias sairán convocados nun mesmo Decreto de OFERTA, que nos será remitido a próxima semana. O devandito Decreto englobarase dentro da taxa de reposición do 10%, polo que na oferta de oposición serán convocadas 176 prazas, que, segundo a Admón., calcúlanse tomando como referencia todas as vacantes do sistema (de todas as categorías) que o resto dos colectivos “cederon” solidariamente; non sabemos a quén lle preguntaron para a cesión solidaria.
No concurso de traslados poderían convocar algunha praza máis. Comprometéronse a enviarnos un cadro de prazas a ofertar. Nin se convocarán todas as especialidades, nin sairán prazas en todos os centros. A oferta de prazas determinaraa Asistencia Sanitaria.
O Decreto de oferta, sen coñecer o texto, e aplicando a taxa de reposición foi respaldado por todas as organización sindicais, agás pola CIG-SAÚDE.
Desde a CIG-SAÚDE solicitamos unha convocatoria de OPE e traslado para todas as categorías co 100% das prazas. Rexeitamos a taxa de reposición e solicitamos do SERGAS que traslade esta petición ao goberno central. A taxa de reposición afecta negativamente ao sistema sanitario e ás/aos seus profesionais:
- Elimina postos de traballo do sistema sanitario público.
- Cómo non se convocan todas as prazas, o persoal vai ver frustrado o seu dereito á estabilidade no emprego.
- Vulnérase o dereito a se poder trasladar dentro do sistema sanitario. No concurso de traslados non se convocarán todas as especialidades, nin se convocarán prazas en todos os centros. Isto tamén sucederá na OPE.
- Como a taxa de reposición tamén afecta ás interinidades, o persoal que resulte cesado por mor deste proceso pasará a englobar a listaxe de persoal contratado en precario do SERGAS.
Dentro deste proceso convocaranse 8 prazas de alta especialización, que curiosamente 7 prazas son no CHUAC e unha praza no CHUVI. Tamén convocarán unha praza de inmunoloxía no CTG. A Admón. informa que a próxima convocatoria de OPE e Traslados será para persoal facultativo de primaria e para persoal de enfermaría. E desde a CIG-Saúde preguntámonos: Con qué prazas? E o resto de categorías?
3.- Orde de integración do persoal da Deputación de Lugo. Foi aprobado por unanimidade o decreto de integración do persoal da Deputación de Lugo. A Admón. aceptou parte das alegacións presentadas.
4.- Plan de Ordenación de Recursos Humanos: PORRHH. A Admón. lembra que este plan xa foi aprobado sen apoio das OO.SS. na Mesa Sectorial celebrada o día 20/07/2010. O texto do PORRHH estaba sometido a revisión por Función Pública, que lles propuxo modificacións de redacción. Na próxima semana enviarán o novo texto, que inclúe unha disposición final na que se recolle que as instrucións de aplicación serán negociadas na Mesa Sectorial; estamos a falar de:
- Mobilidade forzosa
- Prolongación da vida laboral
- Exención de gardas do persoal facultativo
5.- Sistema de selección temporal do persoal Facultativo Especialista de Área. Este proxecto xa foi aprobado no comité de dirección do SERGAS, é dicir, xa conta co visto e prace da Conselleira. Non se vai crear un grupo de traballo, cando teñan o texto definitivo pasarano pola mesa sectorial. Previsiblemente o sistema valorará os seguintes parámetros:
- 50% baremo
- 20% dispoñibilidade
- 30% perfil do posto
ÚLTIMOS RUMORES!!!!
Acábanos de chegar, recén saidiño do forno o último rumor, que de ser certo será importate para o futuro do noso hospital.
Parece ser que en marzo sairá por fin o tan ansiado decreto de xestión integrada para Monforte e que con esto remata o nefasto ciclo no Hospital do noso querido Xerente.
Seica por fin se vai para Vigo. Cada vez son mais insistentes os rumores.
De ser certos propoñeremos como festa local o día do cese. Polo de agora imos preparando o champán....
COLAPSO NO HOSPITAL
Denunciamos o colapso total do Hospital. Onte non había nin unha sola cama libre. E a maiores estanse a mezclar doentres con enfermedades infecciosas, con doentes cirúrxicos.O problema ven dado porque estes últimos pódense contaminar e non é ningunha broma a posible infección dalgunha prótesis.
Cremos Sr. Xerente que se debería perocupar mais porque non se den este tipo de situacións e non por outro tipo de tonterías como quitar os calendarios da C.I.G.-saúde.
FEGAS:CONVOCATORIA 2012
Formación Continuada FEGAS
Publicada no DOG do 27 de xaneiro a oferta formativa da FEGAS para o 2012, así como os prazos de inscrición:
- Para as accións formativas do 1º semestre, o prazo vai do 1 de febreiro ao 20 de febreiro.
- Para as accións formativas do 2º semestre, o prazo vai do 1 de xuño ao 20 de xuño.
Máis información na páxina da FEGAS.
MAIS RECORTES DO PP CONTRA OS TRABALLADORES
Hoxe ven publicado n' A voz un novo ataque do PP contra os traballadores, recotándolle tres días de libre disposición. Aínda anuncia mais recortes. A ver con que nos sorprende.Mexan por nós e din que chove.
La Xunta suprimirá 3 días libres a sus empleados sin bajar su salario
Presentará una decena de ajustes a los sindicatos en los próximos días
Los «sacrificios» anunciados por Feijoo para el ámbito de la función pública van tomando forma. Los ajustes que la Xunta ultima estos días, con la previsión de presentarlos a los sindicatos en el plazo máximo de una semana, incluyen la homologación del número de días libres por asuntos propios de los funcionarios autonómicos con los que disfrutan los estatales. Esto se traducirá en el recorte de 3 días, de forma que los empleados de la Xunta pasarán de 9 días al año actuales a los 6 de que disponen los del Estado.
Pese al sigilo con que trabaja el Gobierno, sus medidas no cogerán por sorpresa a los funcionarios y al personal laboral autonómico. Son ajustes aplicados en otras comunidades que el Gobierno de Feijoo ya ha reconocido que estaba estudiando con detalle. El propio presidente aseguró la semana pasada que la Xunta exigirá «algún sacrificio a algúns colectivos» para intentar preservar los servicios públicos esenciales. Ese colectivo es el de los funcionarios, y los «sacrificios», sobre los que Feijoo no quiso dar pistas tras el último Consello de la Xunta, afectarán a sus condiciones de trabajo, aunque no a sus nóminas. Hay que recordar que estos trabajadores cobran un 5 % menos desde el tijeretazo salarial que impuso el Gobierno de Rodríguez Zapatero en el 2010.
Según fuentes consultadas en el Ejecutivo, la reducción adicional de sueldo es la única medida puesta en práctica en otras comunidades que la Xunta descarta implantar entre sus funcionarios. Esto implica un desmarque de los recortes que divulgó en diciembre la presidenta de Castilla-La Mancha, María Dolores de Cospedal, entre los que figuraba una rebaja del 10 % en los complementos específicos de los trabajadores públicos.
Pero la renuncia de la Xunta a tocar el sueldo de los funcionarios deja la puerta abierta a una posible revisión de los complementos salariales de las bajas por enfermedad común. Si el Gobierno gallego sigue el criterio que el Ejecutivo vasco ha decretado este mes, los funcionarios de la Xunta dejarían de cobrar el 100 % en los tres primeros días de baja. En todo caso, es una medida por concretar.
Feijoo apelará a la comprensión sindical con estos «sacrificios», que no afectarán a las vacaciones de los empleados públicos. El presidente jugará esa baza de la receptividad sindical justo cuando acaba de sumar al álbum la fotografía de los nuevos acuerdos con UGT y CC. OO., que elevan a 29 los pactados en el ámbito del diálogo social. Eso sí, Feijoo ya ha advertido que, con el aval de los representantes de los trabajadores o sin él, «a Xunta vai seguir gobernando e tomando decisións». El Gobierno autónomo entiende que, en puertas de la recesión y en una coyuntura de desplome de ingresos y con el desempleo desbordado, los nuevos ajustes en la función pública son «medidas razoables para persoas que teñen garantido un posto de traballo».
Los funcionarios verán reducidos a 6 los 9 días que tienen al año por asuntos propios
CONCENTRACIÓN NAS XERENCIAS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Hoxe levóuse a cabo unha concentración por parte dos delegados da C.I.G.-SAÚDE, diante das Xerencias de Atención Primaria, e a maiores nalgúns Pac os mesmos delegados pechárose reclamando o cumplimento dos acordos asinados. Deixo aquí as reivindicacións entregadas pola C.I.G. na Xerencia.
1.- Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.
2.- Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.
3.- Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.
4.- Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os a
partados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.
PACTO E LISTAS DE CONTRATACIÓN
Comisión de seguimento do pacto de Contratacións do xoves 25/01/2012.
1. Expedient-e.
Están rematadas as validacións dos 3200 aspirantes inscritos nas categorías de Técnicos Superiores. Estas categorías, no apartado de Procesos do Expedient-e, poderán visualizar cada un dos/das aspirantes a súa baremación desglosada. Por exemplo, no apartado de Formación Continuada virán relacionados todos os cursos baremados coa súa puntuación, e os cursos non baremados coas causas de exclusión.
2. Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.
A mediados de febreiro teñen previsto sacar a primeira publicación de listaxes provisionais de Técnicos Superiores. A semana que vén previsiblemente poderán dar unhas datas de publicación.
A Administración infórmanos de que se farán as seguintes publicacións de listas:
1º Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as sen puntuación. Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para emendar erros nos requisitos (titulación errónea, pago erróneo de taxas, cumprimentación incompleta da inscrición...).
2º Listaxes provisionais de admitidos/as con puntuación desglosada (OPE, Formación Continuada, Experiencia Profesional...). Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para emendar erros nos méritos.
3º Listaxes definitivas de admitidos/as con puntuación.
As seguintes categorías que están a validar son as de PSX,Auxiliar Administrativo e celador. Hai 17000 inscricións.
En febreiro teñen intención de abrir as inscricións das seguintes categorías:
• DUE • Traballador/a Social • Psicólogo/a Clínico/a • Técnico/a en Prevención de Riscos Laborais • Logopeda
Do resto de categorías non fan ningunha previsión.
3. Incidencias en Promoción Interna.
O expedient-e permite a inscrición en áreas diferentes, mentres que o pacto só permite a promoción interna na mesma área. No caso dos aspirantes de P.I. que se inscribiron nunha área distinta á área onde teñen a praza, sairán nas listaxes como excluídos, e poderán emendalo no prazo correspondente. Acordouse unha única excepción. A petición individual dirixida á Comisión Central de seguimento do pacto, un aspirante xa inscrito en P.I. na área sanitaria onde ten a praza, alegando e xustificando razóns de conciliación da vida laboral e familiar, poderáselle permitir a inscrición en listas de P.I. nunha área sanitaria distinta á que ten a praza.
A Administración expón un caso dunha traballadora, que actualmente está en Comisión de Servizos por conciliación da vida familiar e laboral noutra área, que solicita activarse nas lista de Promoción Interna na área na que está en Comisión de Servizos alegando as mesmas razóns de conciliación da vida laboral e familiar (previamente xa estaba inscrita nas listaxes de Promoción Interna na área de orixe). Acéptase que entre nas listas vixentes de Promoción Interna da área na que está en Comisión de Servizos.
4. Outros.
• Formación práctica específica. Teñen elaborado un procedemento xeral amplo para que cada centro o poida adaptar ás súas características. Unha vez o teñan rematado remitiránnolo para a nosa valoración, e así poder aprobalo nunha reunión posterior.
• Clarexamento dos criterios aplicados pola Dirección Provincial de A Coruña no referente ás contratacións de substitución encadeadas por diferentes ausencias do mesmo titular sen incorporación efectiva do mesmo. Como criterio xeral, se non hai incorporación efectiva e física do titular mantense o mesmo substituto. No caso de que a substitución se considere de longa duración, aplicaríase a norma do pacto de contratación, ofertándose ao primeiro da lista. Exemplo: baixa seguida de maternal e posteriormente de excedencia. A excedencia ofertarase con criterio de primeiro de lista. A Administración quedou en que lle remitirá aos centros estes criterios clarexando estes puntos.
• Áreas limítrofes. Detectamos que houbo un erro ao non considerar a Zona de Cee como limítrofe con outras áreas que non fosen A Coruña. Modificarano para as seguintes convocatorias.
CAMAS PECHADAS E URXENCIAS DESBORDADA EN OURENSE
Deixo un artigo publicado hoxe no diario El País.
Los enfermos se acumulan en urgencias en el hospital de Ourense
El personal sanitario denuncia que el centro no usa camas libres en habitaciones
Manifestación de personal sanitario del hospital de Ourense, ayer frente a las instalaciones del centro / NACHO
Los trabajadores del servicio de urgencias del Complejo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) salieron ayer a la calle en masa. Y los que no estuvieron allí, estaban trabajando. Denuncian una saturación “constante, indigna e insostenible” del servicio durante los dos últimos meses. Enfermeros y médicos critican que la gerente del área sanitaria integrada, Eloína Núñez, está aplicando un criterio “economicista y propagandístico” que provoca el hacimiento de decenas de pacientes en pasillos y salas de espera mientras hay un centenar de camas libres en todo el complejo hospitalario.
La dirección ha impuesto un nuevo sistema de gestión que está provocando que los usuarios del servicio permanezcan en preingreso períodos de entre 48 y 72 horas. Tras estar dos días en espera, se decide su ingreso en el centro o su derivación a domicilio. Y mientras esperan en urgencias, el centro ahorra en partidas económicas como hostelería o agua, ya que las personas instaladas en camillas amontonadas en pasillos o salas de espera no reciben la misma comida y no tienen cuarto de baño privado. Los trabajadores manifiestan que muchos de los casos que son derivados a casa vuelven a los dos días más graves. Algún enfermo que entró por su propio pie el hospital y que fue derivado a su domicilio tras horas de espera, regresó a los cuatro días y acabó siendo ingresado en la UCI.
La orden implantada por la gerencia creó una figura conocida como “médicos ingresadores” que deciden quién espera, quién pasa a planta o quién vuelve a su casa. Las consecuencias fueron inmediatas y las observaciones en urgencias se multiplicaron por tres. Desde entonces acogen una media de 40 pacientes en espera que en su mayoría deberían ocupar una habitación. Ayer se podían contabilizar hasta seis pacientes en los pasillos y otros 15 en dos salas —la de observación y la de tránsito— que permanecían allí desde el día anterior.
El día 6 hubo 38 pacientes en espera pese a que sobraban camas disponibles
Los responsables del hospital reconocen que el domingo por la noche contaban con 56 camas libres, cifra que se incrementaba hasta 93 el sábado. Con decenas de camas libres, el pasado día 6 se contabilizaron 38 pacientes en observación, en la sala de camillas “para espera de resultados” y en los boxes de atención urgente. El día 11 la situación se agravó y la cifra se elevó a 40 pacientes a primera hora de la mañana, con un solo box disponible para atención urgente. En los 16 restantes había ingresos camuflados como urgencias. Tres días más tarde, la saturación se repitió. El pasado verano la gerencia decidió eliminar seis camas del servicio de observación para poner en su lugar 14 camillas “para espera de resultados”. Durante la noche, y si se colapsan, los pacientes de ese espacio son movilizados a otras zonas del centro, pero no a habitaciones.
El CHUO soporta una de las mayores presiones de urgencias (porcentaje de pacientes ingresados desde urgencias sobre el total de ingresos) de todos los hospitales gallegos: se eleva hasta rozar el 75%, según los últimos datos del Sergas. Esa espera prolongada incumple todos los estándares de la Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias y las directrices del Ministerio de Sanidad, que establece el tope de espera en 24 horas.
Los manifestantes criticaron que los enfermos “se quedan en urgencias camuflados". No están ingresando a los pacientes para “acallar críticas por el cierre de camas en el hospital de Piñor y para maquillar las estadísticas”, asegura Purificación Paradela, miembro del personal. El pasado 30 de junio, la Consellería de Sanidade decidía clausurar Piñor, uno de los cuatro centros sanitarios que forman el complejo y que ha sido reconvertido en una unidad psiquiátrica. Con el cierre se perdieron 71 camas destinadas a hospitalización general.
Ese tijeretazo es la causa del problema que ahora desborda urgencias. Evitan la saturación del complejo “escondiendo a los enfermos aquí y cuando rinden cuentas a Santiago pueden vender que tienen camas libres y que el cierre de Piñor no tuvo repercusión”. Critican que a pesar de ser una situación “deprimente e indignante” comunicada a la gerente, no obtienen una “respuesta resolutiva”. Los manifestantes pidieron la dimisión de la gerente y la solución inmediata de las “condiciones denigrantes” para los enfermos.
Fuentes del la dirección desmienten tajantemente la denuncia. “Al contrario, desde que se implantó el nuevo sistema se ha agilizado el proceso de ingreso”, sostienen. Niegan que se produzca un colapso permanente desde hace dos meses: “Ni hay una situación crónica, ni es un colapso perenne”. Achacan las reiteradas denuncias y la concentración de ayer a una “reivindicación laboral”.
CONCENTRACIONS PACS 31/01/2012
AO PERSOAL MÉDICO E DE ENFERMARÍA DE PACS
Despois da absolutamente decepcionante xuntanza da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria, que por fin o Sergas convocara grazas á insistencia de CIG-Saúde, continuamos a defender os catro puntos apoiados por máis de catrocentas sinaturas de enfermeiras/os e médicas/os de PACs:
1. Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.
2. Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.
3. Cumprimento do Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.
4. Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.
E para elo CONVOCAMOS AS SEGUINTES MOBILIZACIÓNS:
1. Concentracións nas xerencias de cada área ( en Lugo: XAP Lugo, Pza. Ferrol, 11 – 4ª planta), que comezarán ás 11 horas do día 31 de xaneiro.
2. Concentración diante do SERGAS, en Compostela, ás 11 horas do día 7 de febreiro.
Se non concordas co Sergas en que nos PACS "todo vai ben"
participa nas mobilizacións
CIG-SAÚDE
Publicadas en BOE as cualificacións profesionais de celador/a e TCAE
NO BOE desta mañá saen publicadas as cualificacións profesionais correspondentes a Celador/a e a TCAE, con nivel I e II respectivamente. Pódense consultar nesta ligazón.
Como se sabe, dese CIG-Saúde levamos tempo reivindicando o nivel III para TCAE e o nivel II para Celador/a, para adecuar estas categorías profesionais ao establecido no Estatuto Básico do Empregado Público no que respecta ás clasificacións de persoal.
Inda que hoxe sae publicado cuns niveis diferentes aos esixidos por CIG-Saúde, non renunciamos a estas esixencias e seguiremos facendo todo o que estea na nosa man para poder chegar algún día a acadar as nosas reivindicacións, no camiño de adaptar de xeito correcto as categorías profesionais ás clasificacións establecidas no EBEP e a mellorar a formación e valoración das profesións sanitarias.
AS REPRESALIAS DO XERENTE CONTRA A C.I.G.?
Os calendarios do ano 2012 que a C.I.G.-saúde colgou por todo o hospital, son se dúbida os mais bonitos e os mellores para facer anotacións. Pois ben, parece ser que o noso querido Xerente, non ten a mesma opinión que nós, así que o que puxemos na secretaría de dirección mandouno quitar. Pero ollo, só mandou quitar o noso, porque hoxe pola mañá ainda estaban alí colgados os de outras centrais sindicais, se cadra mais afines ao réximen e que non molestan tanto.
En fin señor Xerente, xa sabemos que non ten moita imaxinación, pero si esta rabieta é o único que se lle ocorre para acabar con nós...
Deixo aquí unha foto para que conozcades ao personaxe, non é de moi boa calidade, pero e que é difícil melloralo.
Os últimos rumores apuntan a que se vai para Vigo de codificador, xa ía sendo hora de que lle atoparan un traballo adecuado as súas cualidades. Esperemos que esta vez sexa verdade.
Que teña un bo día.
NOVA CAMPAÑA DA XUNTA CONTRA OS EMPREGADOS PÚBLICOS
Fronte a isto, as federacións da área pública da CIG afirman que no referido á xornada laboral, en Galiza todas as empregadas e empregados públicos traballan xa 37,5 horas semanais, que é o que esteblece a normativa da Función Pública galega e o Convenio do persoal laboral.
Neste sentido, matizan que só o persoal laboral que traballa a quendas, con noites e festivos, ou que teña un contrato fixado por horas, coa redución proporcional do soldo, traballa menos horas, do mesmo xeito que o fai o persoal funcionario e laboral que ten unha redución de xornada por conciliación familiar, ao que tamén se lle aplica unha redución proporcional do soldo. “Hai outras administracións que si teñen un horario menor, en Galiza non se dá o caso”.
Polo que se refire ao recorte dos días de libre disposición, que segundo a información citada se reducirían de 9 a 6, a secretaria nacional de CIG-Administración, María carme López Santamariña, explica que esa medida afectaría ao persoal de Sanidade e da Administración de Corpos xerais, pero non a Ensino nin a Xustiza, onde teñen a súa propia regulamentación.
Alén diso, aseguran que non produciría ningún aforro económico, xa que este goberno leva anos sen chamar a persoal interino para cubrir estas ausencias, o que está a producir un grave deterioro dos servizos públicos.
Tamén se di que o goberno baralla unha posíbel rebaixa salarial para as baixas por enfermidade, que agora se complementan até o 100%. Proposta que as federacións da área pública da CIG consideran inadmisíbel.
CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde lembran que os empregados e empregadas públicas non son os responsábeis da crise, non viviron nunca por riba das súas posibilidades e que todo o que cobran aparece reflectido nas súas nóminas, nunha ampla porcentaxe mileuristas.
Alén diso, desmenten que se mantiveran contactos coas organizacións sindicais para expor estas medidas, tal e como afirma o xornal. Aseguran que a CIG non tivo comunicación de ningún tipo, nin se fixo referencia a posíbeis recortes en ningunha mesa de negociación.
Alertan de que con este tipo de informacións, que pretenden presentar ao persoal ao servizo da administración como uns privilexiados non só se está atancando á súa dignidade como traballadoras e traballadores, senón tamén, de forma encuberta, aos propios servizos públicos, que teñen como obxectivo desmantelar.
A nova en Avantar.
DEBERÍAN INHABILITAR A ROCÍO MOSQUERA?
Deixo un interesante artigo, publicado onte por Pablo Vaamonde no Galicia Confidencial.
Cambios na Consellería de Sanidade
Pilar Farjas ocupa, desde hai uns días, o segundo posto no Ministerio de Sanidade, despois de estar tres anos como Conselleira de Sanidade en Galicia. Fagamos un breve percorrido para coñecer os seus méritos.
A doutora Farjas, turolense de orixe, chegou a Galicia nos anos noventa. Fixo unha notable carreira profesional e acadou notoriedade como experta en vacinas. Foi nomeada Directora Xeral de Saúde Pública en 1997. Tivo que afrontar momentos difíciles como a crise das vacas tolas e as infeccións por aspergillus nos quirófanos de Medtec en Vigo. En 2001 presentou a demisión. Eu lamentei aquel feito, pois abandoaba un cargo de responsabilidade unha persoa competente e respectada. Despois dun breve paso por Madrid regresou a Coruña, donde foi concelleira na oposición en compañía de Carlos Negreira. Daquela deixou a un lado o seu perfil profesional e converteuse nunha auténtica hooligan. Amosou o seu extremismo ideolóxico e relixioso e comezou a empregar unha retórica agresiva e radical ao servizo do seu compromiso partidario. En 2009 é nomeada Conselleira de Sanidade. O balance do seu mandato non é nada positivo pasa a sanidade pública. De xeito telegráfico podemos lembrar alguns feitos relevantes: rebaixou os orzamentos do Sergas, por primeira vez na historia da autonomía; paralizou os proxectos de construcción de hospitais públicos e entregounos á iniciativa privada –o que supón unha seria hipoteca para o futuro da sanidade pública-; freou a actividade de tarde nos hospitais públicos e provocou un severo deterioro das listas de espera; anulou o Plan de Mellora da AP, o que impide que este nivel asistencial aumente a súa capacidade para resolver os problemas de saúde; dictou normas que provocan restriccións para acceder á sanidade aos sectores máis desprotexidos da poboación (parados de longa duración, persoas sen recursos...); tamén lexislou (Decreto 209/2011) sobre a posibilidade de cobrar aos usuarios pola utilización irresponsable dos servizos públicos –o que abre a porta ao copago-.
MOBILIZACIÓNS PACS
AO PERSOAL MÉDICO E DE ENFERMARÍA DE PACs
Despois da absolutamente decepcionante xuntanza da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria, que por fin o Sergas convocara grazas á insistencia de CIG-Saúde, continuamos a defender os catro puntos apoiados por máis de catrocentas sinaturas de enfermeiras/os e médicas/os de PACs:
1. Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído. 2. Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos. 3. Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade. 4. Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.
E para iso CONVOCAMOS AS SEGUINTES MOBILIZACIÓNS:
1. Concentracións nas xerencias de cada área (ou no lugar alternativo que se decida en cada comarca), que comezarán ás 11 horas do día 31 de xaneiro. 2. Concentración diante do SERGAS, en Compostela, ás 11 horas do día 7 de febreiro.
CONVOCADOS CURSOS CELGA
CURSOS PREPARATORIOS CELGA 1, 2, 3 E 4.
No DOG 9 de xaneiro de 2012, convocánse cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis de Celgas: 1, 2, 3 e 4.
Texto da Orde
Data límite para a presentación de solicitudes para todos os cursos regulados na orde: o 30 de xaneiro de 2012.
Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, que se efectuarán en xuño de 2012, logo de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia. A inscrición nas probas é independente da dos cursos. O prazo para a inscrición nas probas rematará o día 3 de abril de 2012.
CONSECUENCIAS DO DECRETAZO DE RAJOY
Deixámosvos aqui un informe da nosa Asesoría Xurídica sobre cómo afecta o Decreto que ven de publicar o goberno de Rajoy ao Emprego Público. Como vedes, os efectos, algúns xa volos fomos anunciando, son devastadores. Só coa unión de todos/as os/as traballadores/as poderemos frear esta marcha atrás nas condicións laborais.
“ISTO É SÓ O PRINCIPIO DO PRINCIPIO”
COMO AFECTA AO EMPREGO PÚBLICO O PRIMEIRO DECRETAZO DE RAJOY?
No BOE do 31 de decembro de 2011 foi publicado o Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público. Como recoñeceu –de forma desacougante– a vicepresidenta do Goberno español, é só “o principio do principio” dunha serie de reformas lexislativas a medio prazo.
O Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro, ten carácter básico e resulta aplicábel a todas as administracións públicas nalgunha das súas previsións. Noutras, porén, só se aplica á Administración Xeral do Estado, polo que haberá que agardar ao que dispoña o Parlamento de Galiza respecto do sector público autonómico e municipal. Vexamos, pois, cales son as reformas e o seu alcance:
1. Conxelación das retribucións dos empregados públicos.
A medida é taxativa: “En el año 2012, las retribuciones del personal al servicio del sector público no podrán experimentar ningún incremento respecto a las vigentes a 31 de diciembre de 2011”. É, ademais, moi exhaustiva, para evitar calquera risco de fuga:
a) Afecta a todos os empregados públicos: funcionarios, estatutarios, laborais e tamén aos altos cargos.
b) Conxélanse “as retribucións” e tamén “a masa salarial”.
c) Anula ás achegas a planos de pensións de emprego ou contratos de seguro colectivos que inclúan a cobertura da continxencia de jubilación, que fican reducidas a cero.
d) Aplícase a todo o sector público, no sentido máis amplo posíbel: administracións públicas, órganos constitucionais ou estatutarios, organismos autónomos, entes públicos, sociedades mercantís, etc.
e) As excepcións formúlanse en termos moi estritos: “Sin perjuicio de las adecuaciones retributivas que, con carácter singular y excepcional, resulten imprescindibles por el contenido de los puestos de trabajo, por la variación del número de efectivos asignados a cada programa o por el grado de consecución de los objetivos fijados al mismo”. A das “adecuacións retributivas” é a pequena válvula de escape que deixa a norma para permitir o incremento de complementos en ámbitos concretos Aínda que na Administración Xeral do Estado se estabelecen controis estritos (informe favorable do Ministerio de Facenda e Administracións Públicos), pódese prever que noutras administracións que contan con garantías constitucionais de autonomía (comunidades autónomas, corporacións locais, universidades públicas) a cláusula será interpretada con diferentes graos de flexibilidade, o que inclúe tamén o risco da discriminación e o favoritismo.
A norma coloca nun estraño limbo o complemento de carreira profesional: parece claro que non vai desenvolverse normativamente nos sectores onde non está implantado, mais fica a dúbida de se é posíbel admitir novas coberturas nos sectores en que xa existe, como a sanidade.
2. Sinal de stop aos novos procesos selectivos.
“A lo largo del ejercicio 2012 no se procederá a la incorporación de nuevo personal, salvo la que pueda derivarse de la ejecución de procesos selectivos correspondientes a Ofertas de Empleo Público de ejercicios anteriores” (artigo 3.1 do Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro).
O precepto transcirto ten carácter básico, o que significa que afecta a todas as administracións públicas. Os procesos selectivos xa convocados, ou os non convocados que se correspondan coa oferta de emprego público de 2010 ou anteriores non corren perigo. Pode darse algún problema práctico no caso de administracións que teñan postos de traballo dotados orzamentariamente en anos anteriores, pero que non aprobaran formalmente unha OEP. Co texto do Decreto-lei, non poderían convocar.
3. Conxelación da consolidación de emprego temporal.
A parálise de procesos selectivos esténdese aos procedementos de consolidación de emprego –como laborais fixos ou funcionarios de carreira– habilitados polo EBEP: “Esta limitación alcanza a las plazas incursas en los procesos de consolidación de empleo previstos en la disposición transitoria cuarta del Estatuto Básico del Empleado Público.” (artigo 3.1 do Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro).
Aplícase o mesmo criterio que para os procesos selectivos ordinarios. Só se poden desenvolver os xa convocados, non os negociados ou os previstos.
4. Féchase a porta á incorporación de persoal temporal e interino.
A prohibición de convocatorias de procesos selectivos nin sequera se poderá aliviar mediante a cobertura das vacantes con persoal temporal:
“Durante el año 2012 no se procederá a la contratación de personal temporal, ni al nombramiento de personal estatutario temporal o de funcionarios interinos salvo en casos excepcionales y para cubrir necesidades urgentes e inaplazables que se restringirán a los sectores, funciones y categorías profesionales que se consideren prioritarios o que afecten al funcionamiento de los servicios públicos esenciales.” (artigo 3.2 do Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro).
As excepcións céntranse no ámbito das forzas armadas, a sanidade e o ensino non universitario.
5. Amortízanse as vacantes producidas por xubilacións.
A chamada “taxa de reposición cero” non ten carácter básico, polo que só é aplicábel á Admnistración do Estado: “Durante el año 2012 serán objeto de amortización en Departamentos, Organismos autónomos, Agencias estatales, entidades públicas empresariales y resto de los organismos públicos y entes del sector público estatal, un número equivalente de plazas al de las jubilaciones que se produzcan”.
É importante o matiz de que a norma non alude aos postos que os xubilados ocupaban, senón a un “número equivalente”. Polo tanto, podería manterse un posto cando se xubile o seu titular sempre que se amortice outra praza vacante.
6. Xornada de traballo de 37,5 horas.
Isto tampouco é básico: “En el ámbito de la Administración del Estado, y para el conjunto del sector público estatal, la jornada ordinaria de trabajo tendrá un promedio semanal no inferior a las 37 horas y 30 minutos”. (art. 4 do Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro). No ámbito do sector público estatal vai prevalecer o disposto nesta norma –con rango de lei formal– sobre as xornadas inferiores pactadas en negociación colectiva.
QUEREN COBRAR POLOS FÁRMACOS DE MENOS DE DOUS EUROS
Deixo un artigo publicado hoxe n' A Voz.Como sempre os que menos pasta teñen son os mais perxudicados.
O Sergas admite que Rajoy estuda excluír os fármacos baratos do financiamento
A Federación Galega de Farmacias propuxo que os pacientes paguen os que non superan os dous euros
A nova conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, confirmou en Ourense que o Ministerio de Sanidade estuda, entre outras alternativas, excluír do financiamento público o pagamento dos medicamentos máis baratos -a Federación Galega de Farmacias propuxo que sexan aqueles que non superan os dous euros e só para tratar patoloxías menores-, aínda que asegura que nestes momentos «non hai ningunha decisión dentro do Servizo Galego de Saúde». De todos os xeitos, a prescrición farmacéutica é unha competencia estatal, polo que é o Goberno central quen debe tomar esta medida e non as comunidades.
Os colexios galegos de farmacia mostraron claramente o seu rexeitamento a unha alternativa que prexudicaría aos usuarios con menos recursos. Ademais, insisten en que para os pacientes crónicos e polimedicados, abonar dous euros por cada fármaco pode suporlles unha cantidade considerable cada mes.
Ante este rexeitamento por parte dos colexios profesionais, Rocío Mosquera explicou que se trata dunha opinión. «Hai a opinión dás farmacias por unha banda, a opinión dúas colexios por outro e, como digo, a Administración está a estudar todas as alternativas para facer sostible ou sistema sanitario. A gran aposta é manter as carteiras de servizos sanitarios e a calidade do sistema sanitario e tratar de facelo sostible nun momento tan complicado», concluíu.
A federación de farmacias estima que os tres últimos reais decretos nos que se reduce o prezo de referencia dos medicamentos suporanlle ás boticas galegas unha diminución de 89 millóns de euros na súa facturación no 2012.
As farmacias tamén foron noticia nas últimas semanas pola reorganización das gardas nocturnas naqueles concellos que apenas tiñan demanda, o que para a nacionalista Ana Luísa Bouza traducirase en que o 70 % dos concellos galegos queden sen este servizo, ao que hai que engadir a diminución de gardas nas cidades, como ocorre en Vigo e ocorrerá en Ourense.
Para evitar esta redución, que para a deputada do BNG non supón ningún aforro para a Administración galega senón só un recorte de servizos «e un ERE encuberto non sector dás farmacias», o BNG promoverá mocións en todos os concellos galegos para que se garantan as gardas de noite, e impulsará unha proposición non de lei no Parlamento, na que se inste e a Xunta a utilizar as súas competencias e a garantir que haxa boticas de garda en todos os municipios.
Nieves Domínguez, xerente
Por outra banda, a actual directora xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Nieves Domínguez, perfílase como a nova xerente do ente, en substitución de Rocío Mosquera, actual conselleira.
Unha das alternativas para garantir a sustentabilidade do modelo sanitario é excluír do financiamento os fármacos máis baratos.
A lei de acompañamento permite flexibilizar as gardas nocturnas en concellos con pouca demanda asistencial.
CÓMO SE TITULA A PELÍCULA?ÁBRESE O TELÓN E APARECEN UNHA ESCOLA E MAIS UN HOSPITAL, COMO SE TITULA A PELÍCULA? ALGO PARA RECORTAR !!!
|







