Onte podiamos ler nos xornais o gran pacto social firmado por C.C.O.O. , U.G.T. e o goberno do señor Feijoo.Non sei como non se lles cae a cara de vergoña.Despois dos recortes sociais levados a cabo polo PP,tanto no ensino como na sanidade(intentando privatizar todo o que poden e mais),agora veñen estes e firman un acordo de "diálogo social".Pero a qué estamos xogando?
Eso si ,na foto saen todos preciosos.
Nestes momentos é cando un se sinte orgulloso de pertencer a un sindicato que non se presta a este tipo de xogos.Podemos ir coa cabeza ben alta,con este goberno hai pouco que pactar e moito que loitar,sobre todo porque ainda anuncian mais recortes de cara ao ano que ven.
O que mais me fode de todo isto é que a xente pense:"sodes todos iguais".Non,non somos nin parecidos.E xa vai sendo hora de que empecedes a diferenciar.
Podedes descargar aqui o escrito que nos remite a xefa de servizo de deseño e acreditación das cualificacións, da Consellaría de Traballo. No devandito escrito aceptan a proposta que fixo CIG-SAÚDE de incluir a cualificación profesional deste colectivo dentro da familia profesional de sanidade. Daranlle traslado da mesma ao Instituto Nacional de Cualificacións.Previa á reunión de Mesa Sectorial tivemos unha reunión das organizacións sindicais, agora parece que todas as organizacións sindicais coincidimos no diagnóstico do que está a facer o SERGAS coa política sanitaria e moi particularmente coa política de persoal.
Unha vez iniciada a xuntanza de Mesa Sectorial, a Directora de RRHH do SERGAS pretende dar por aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Humanos (PORH), limitando o debate do documento á periodicidade coa que se convocarían os concursos de traslados e OPE. O resto do articulado do documento parece que non ten máis debate, pois a Admón non acepta ningunha das alegacións presentadas e dá por rematada a negociación. A súa intención é publicar o PORH mediante unha Resolución de Orde, para a axilizar a súa entrada en vigor, por iso non o tramitan como Decreto xa que canto antes sexa efectivo seica mellor.
Na quenda de intervencións das organizacións sindicais demos lectura ao escrito conxunto, por parte da Admón comunicóusenos que o consultarían coas instancias superiores e daríannos a contestación pertinente. A nosa impresión é que por parte do SERGAS onte deron por rematada a negociación.
Conclusións de CIG-SAÚDE sobre o PORH.
Na rolda de intervención como CIG-SAÚDE, denunciamos unha vez máis a actitude da Admón. É impresentable que unha Admón pretenda sacar adiante dúas normas de tanto calado sen o mínimo consenso sindical.
* Convocatoria de traslados de todas as categorías (agás FEAS). O prazo para solicitar queda aberto ata o 15 de setembro.
AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A SECCIÓN SINDICAL DE C.I.G.-SAÚDE DO HOSPITAL COMARCAL DE MONFORTE,
Quere denunciar o peche de 28 camas durante os meses de xullo e agosto.Cando as listas de espera son unhas dás mais altas de Galiza prodúcese este peche,co único fin de aforrar cartos. Ainda que dirán que é co fin de que os profesionais disfruten dás súas vacacións.
O que non dín e que enriba da mesa do Xerente,seguen a ter curriculums de profesionais para substituir ós que se van de vacacións.
Tamén queremos denunciar á Xerencia e a Dirección de Enfermería pola política de ninguneo o que nos ten sometidos e pola presión a que somete ao persoal en vez de defendelos cando xurde algún problema.
Así como polos recortes no cómputo de xornada ou a cobertura de persoal.
Asimesmo queremos denunciar que o luns 19 de xullo o hospital quedou sen dirección.Seica tres se atopaban de vacacións e os outros dous tiveron que ir a Santiago.Nos preguntámonos que pasaría se houbese algún problema.Quén ía ser o encargado de resolvelo,os auxiliares administrativos?Parécenos que eles xa teñen traballo dabondo e resolven bastantes problemas que nada teñen que ver co seu cometido e que non son competencia súa.
A estas dúas persoas o que lles pedimos é que cambien a súa actitude ou si non o mellor que poden facer é marchar por onde viñeron,polo ben do Hospital que demitan dunha vez.
Monforte,27 de xullo de 2010
Deixo unha ligación coa noticia n'A Voz.Como veredes non ten moito que ver coa nota de prensa que mandamos.
Mesa sectorial do luns 19 de Xullo
Nesta reunión abordáronse os temas que estaban incluídos na orde do día e outros temas que expuxemos coma CIG-SAÚDE
Isto aféctanos de cara o novo decreto de Xestión Integrada da área de Monforte: imos depender de Lugo
Orde do día:
1.- Decreto de Xestión Integrada.
2.- Decreto de Ordenación de Recursos Humanos.
3.- 4º grao réxime extraordinario de carreira, pendente de convocar.
1.- Xestión Integrada.
A Administración fíxonos entrega dun novo documento que mantén integramente o modelo de xestión recollido no anterior, as pequenas modificacións son de redacción. Despois do debate e de reiterar as alegacións xa presentadas esta foi a nosa conclusión sobre o Decreto de Xestión Integrada
|
Seica no noso hospital non quedou ningunha persoa responsable,é dicir non había ninguén na dirección.O director médico e a directora de xestión están de vacacións e a directora de enfermería e o xerente seica de curso en Santiago.Caralludo, e as decisións que haxa que tomar que as tomen os administrativos, que como están pouco sobrecargados de traballo... E logo non deixan marchar a xente de vacacións porque ten que estar o 50% da plantilla fixa, compre ter "güevos"... Meu deus o que nos caiu aquí... |


O señor Benigno parece que está empeñado en darlle a razón ó S€RGAS.Debe querer que saquen o decreto tal como ía sair ao principio.É dicir que dependamos de Lugo totalmente.Ou polo menos eso é o que parece despois do que fixo hoxe.