A Plataforma en defensa da sanidade pública di que as gardas de radioloxía a distancia son inadmisibles e supoñen un deterioro importante na atención urxente a poboación.Deixo unha ligazón coa noticia n'A Voz.

Tamén din que as autopsias se seguen a facer en Lugo, a pesares do que dí o sr. Dámaso.

Deixo outra ligazón na que critican ó Xerente por non contratar especialistas.

 

O PLAN DE MELLORA DE ATENCION PRIMARIA DE GALICIA é un Plan que nos afecta a todas e todos os profesionais de A.P. e que se desenvolve como consecuencia da demanda de melloras laborais e de atención ao paciente, que se levan a cabo durante o ano 2006, e que se concreta na firma do devandito Plan polas Organizacións Profesionais e Sindicais e polo Presidente da Xunta de Galicia o 2 de Abril de 2007.

concentracion_ap_

Co cambio de dirección na Consellería e no Sergas no ano 2009, en relación co PLAN DE MELLORA DE A.P. produciuse unha parálise en canto ao desenvolvemento e seguimento do mesmo e que a nivel orzamentario concrétase nun descenso do orzamento dun 4.2% respecto ao do 2009 (mentres creceu o de A. Especializada). O ano 2008 crecera un 4,4%.

Se a isto engadimos a análise do BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO que crea a ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, no que a participación organizativa da A.P. pasa totalmente desapercibida, fainos pensar que a Atención Primaria está a vivir un momento crucial que pode condicionar o seu desenvolvemento futuro.

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

Contamos coa túa colaboración para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios do teu Centro de Saúde.

Manuel González Moreira

Representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan de Mellora

 

* Informe  da Comisión de Seguimento do Plan Mellora de Atención Primaria.

 

* Folleto para difundir.
 

El Sergas cierra 580 camas en los hospitales este verano

El Servizo Galego de Saúde (Sergas) mantendrá la actividad del 92% de las camas de los hospitales públicos este verano, que comienza mañana. En total, cerrará 580, de acuerdo con el derecho de vacaciones de los trabajadores, informa Europa Press.

Ler máis...

 

                                         CHARLA      INFORMATIVA.

                                         esqueleto

 

                                   AS GARDAS DE RAIOS NOS HOSPITAIS

                                                COMARCAIS

                                                          E

                                    ANEL RADIOLÓXICO DO SERGAS.

                        O XOVES,24 ÁS 13’30 HORAS NO SALÓN DE ACTOS.

                      

                    Falarán:

                 Paco Vizoso e Manolo Moreira,membros da Agrupación médica de C.I.G.-saúde.

 

 

As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Monforte,O Barco e Burela veñen de sacar un comunicado, onde critican a actitude do S€RGAS coa implantación do novo sistema de gardas de radioloxía.

Deixo aquí  unha ligazón coa noticia n'A Voz.

 

Esta de abaixo é a información que nos envian do acontecido na mesa sectorial de hoxe, deixamos enlace tamén as que parece van ser as prazas definitivas a convocar.

 

ATENCIÓN PRIMARIA

Ler máis...

 

573-49459-a-ambulanciapNo DOG de hoxe publícase unha resolución que dá publicidade ás listas de contratación provisionais do 061 da categoría de DUE.

Podedes descargar a resolución premendo aqui e as listas podedes velas na páxina web do SERGAS

Parece ser que hai un erro na baremación xa que puntuaron a OPE 2006, e na convocatoria recóllese que a OPE a puntuar sería a do 2009-10. Postos en contacto co SERGAS, confirman que ían tentar solucionalo. Publicarán un comunicado na súa web.

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 35