diferencia_entre_dentro_y_fueraAOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

                    A sección sindical de C.I.G.-SAÚDE do Hospital Comarcal de Monforte quere denunciar que a actuación do Director  Xerente e da Directora de Enfermería son nefastas.

                   Criticamos a política que están levando a cabo con respecto ao personal,xa que están facendo modificacións das plantillas de enfermería e de organización do traballo, sin consultar con ninguén.Só pola vía da imposición.

Ler máis...

 

573-39689-a-mexandoComo xa saberedes onte estabamos convocados a unha reunión no Sergas, na cal nos ían informar da aplicación dos descontos ao persoal do Sergas, en aplicación do Real Decreto Lei 8/2010.

O que queda claro é que de NEGOCIACIÓN nada de nada, o Sergas son uns “mandados” que vanse limitar única e exclusivamente a acatar o que regule Función Pública, e que con respecto ás retribucións complementarias consiste no seguinte:

  • Desconto do 4% en tódalas retribucións complementarias(Complemento Específico, Atención Continuada, Carreira e CPV)

Para as Agrupacións profesionais(antigo grupo E), segundo indican, van a aplicar o que xa contempla o Real Decreto Lei de aplicarlles só un desconto do 1%, aínda que indican que iso o fan porque queren xa que o que contempla o Real Decreto Lei nese artigo non é norma básica.

Como CIG-Saúde indicamos que non compartiamos as medidas e rexeitamos de forma categórica as mesmas, esixindo tamén a convocatoria inmediata dunha MESA DE NEGOCIACIÓN, xa que pensabamos que tiñamos marxe para poder negociar no ámbito do Sergas os descontos nas retribucións complementarias, indicaron que eles non van negociar nada e que o único que van facer é convocar unha nova xuntanza para volver a informarnos cando teñan máis avanzado o traballo para a Orde de nóminas para o persoal do Sergas.

 Despachámonos a gusto(a única satisfacción que puidemos ter) e desde CIG-Saúde cualificamos as medidas de indecentes e inxustas , pero está claro que por un oído lles entra e polo outro lles sae, nin puñetero caso nos fixeron

 

573-55108-a-strampaopqnoA conselleira de sanidade confirmou onte que están traballando para implantar canto antes o sistema de gardas de radioloxía para Monforte,Verín e O Barco.A Farjas dí,que xa se fan diagnósticos a distancia coas resonancias magnéticas que se fan na unidade móvil que presta servizo itinerante precisamente en Monforte,O Barco e Verín.

Estas declaracións fan pensar que estas señora non ten moita idea do que está a falar.Como se poden comparar o das gardas coa resonancia?A resonancia faise así loxicamente porque non temos resonancia nos centros(ogallá que a tivéramos).Pero si que temos TAC.Ademais seguen sin resolver o tema das ecografías.Din que o está a estudiar un grupo de traballo.Estamos apañados.

Deixo unha ligazón coa noticia n'A Voz.

 

 

Deixo aquí as novas plazas que saen a traslado.

traslados_10DEF.xls

 
  SB C DEST C ESPC PRODUTIVIDADE PRD TOTAL
A1 52,25 30,68 32,49 28,57 3,33 -147,32
A2 26,61 26,83 10,57 5,62 -69,63
C1 14,69 20,77 6,94 4,3 -46,7
C2 1,5 18,41 7,5 3,98 -31,39
Ag Prof 0 14,86 9,36 3,80 -28,02

TRIENIOS MÁIS ATENCIÓN CONTINUADA

  TRIENIOS QRS QRC NOITES N. PREF FESTIVOS
A1 2
A2 0,96 1,10 2,21 1,5 2,66 -2,66
C1 0,53 0,86 1,73 1,29 2,09 -2,08
C2 0,04 0,79 1,58 1,13 1,89 -1,89
Ag Prof 0 0,6 1,26 1,13 1,89 -1,89

 Así mesmo se recorta o 4% de cada grao de CP, de cada garda..........

PAGAS EXTRA  PERDA/MES
A1 -537,68 -89,61
A2 -323,27 -53,87
C1 -126,37 -21,06
C2 -7,80 -1.3
Ag Prof 0,00 0,00

 

TOTAL CHAPODA MENSUAL SEN AT. CONTINUADA
A1 -263,93
A2 -123,5
C1 -67,76
C2 -32,69
Ag Prof -28.02

QUE SAIBAMOS ESTO É O QUE HAI, XA O SABEREMOS CON SEGURANZA CANDO CONVOQUEN MESA SECTORIAL PARA EXPLICALO.

POÑEMOS AQUÍ CARTAZ CORRIXIDO COA EXPLICACIÓN DA MESA DA FUNCIÓN PÚBLICA.

     
 
8xunho
 

Congréganse 7.000 persoas en defensa da área de Valdeorras

   Unhas 7.000 persoas, segundo fontes da organización, percorreron onte pola tarde as rúas do Barco de Valdeorras (Ourense) para manifestarse a favor da continuidade da área sanitaria do oriente ourensán. Os valdeorreses sumaron a súa protesta o apoio do resto das plataformas en defensa da sanidade pública. A marcha que comezou no inicio da vila, no pavillón polideportivo de Calabagueiros, estivo coloreada polos lazos malvas que lucían os manifestantes e as numerosas pancartas que esixían ao Goberno galego a continuidade do sistema sanitario público. Chamaba a atención a representación dos hospitais vigueses do Meixoeiro e do Xeral que coreaban cancións pedíndolle responsabilidades ao presidente Feijóo.

Ler máis...

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 35