|
Novas de Contratacións
|
|
Martes, 15 Maio 2012 10:44 |
|
Publícanse hoxe en DOG as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a puntuación provisional das categorías de Técnicos (1º proceso de inscrición).
Podedes consultalas aquí:
RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF
O SERGAS remite esta información ao respecto:
Como xa vos adiantamos na comisión central, no DOG publicarase a Resolución pola que se da publicidade ás listas definitivas de admitidos e excluídos e tamén as listas provisionais con puntuación e número de orde.
As listas definitivas de admitidos se publican coa puntuación asociada e as listas de excluídos se publican sen puntuación, figurando no expedient-e a causa de exclusión.
As listas completas estarán dispoñibles no espazo de emprego público da web do SERGAS, en listas de contratación, así como no mesmo espazo en Recursos Humanos da intranet.
Así tamén, os/as aspirantes admitidos poderán consultar no seu expedient-e a súa puntuación con mais detalle, dentro do apartado de procesos.
As listas abren a posibilidade de reclamación de 10 días naturais sobre a baremación realizada. Remitimos un modelo de reclamación .
|
|
Novas de Contratacións
|
|
Xoves, 10 Maio 2012 10:33 |
|
INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 9 DE MAIO DE 2012.
1. Previsión de publicación da baremación provisional e número de orde nas listas de técnicos superiores sanitarios e listas de admitidos e excluídos. Infórmannos de que o día 15/05/2012 publicarase no DOG e poderase ver na web as listas provisionais coa baremación dos técnicos superiores sanitarios. Abrirase un prazo de 10 días naturais para reclamacións. Na páxina web do Sergas figurará un listado coas puntuacións de todos os aspirantes cunha puntuación desglosada por bloques. Cada aspirante a través do Expedient-e poderá ver con detalle toda a súa baremación. No apartado de Procesos do Expedient-e o aspirante poderá acceder á baremación correspondente. En Resultados verá a súa baremación total, o seu nº de orde na lista xeral, o nº de orde nas sublistas (xornada reducida, áreas especiais...), e en cada apartado do baremo pode ver todos os méritos baremados. Dáse a opción de ver a detalle toda a baremación, onde se indicarán tamén os méritos que non puntúan. Os/as aspirantes de Promoción Profesional no apartado de baremación da OPE terán un axuste na nota posto que se pondera a puntuación sobre 60 puntos (na nota OPE estaba sobre 55 puntos). Exemplo: A nota de Galego en lugar de ser 5 puntos son 5,455 puntos. Previsións de outras categorías: Antes do verán pretenden abrir as inscricións de médicos de familia, pediatras de atención primaria e médicos de urxencias hospitalarias. Con posterioridade (xa despois do verán) irían as/os TCAE e para o final pretenden deixar as categorías de oficios. Dende CIG-Saúde solicitamos que previamente se nos aporte un informe sobre a contratación nos últimos anos nas categorías de oficios para evitar falsas expectativas aos/as aspirantes.
2. Número de titulares e suplentes nas listas de curta duración de celadores. Apórtannos un cadro coa proposta feita polas Xerencias de titulares e suplentes para as listas de curta duración da categoría de celador.
3. Acordo sobre Instruccións de listas de curta duración. Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclarase que os titulares que nun mes acaden os 12 días poderán acceder aos contratos da lista xeral que lles correspondan que sexan superiores a 3 meses, tal e como indica o Pacto. Acéptase revisar o texto clarificando este punto e remitirannos o documento definitivo previamente a que se remita a DOG para a súa publicación.
4. Proposta de criterios xerais sobre formación práctica específica para o acceso ás áreas especiais.Dende CIG-Saúde solicitamos que a aqueles/as aspirantes que abandonen a formación práctica sen xustificación impedindo que outra persoa poida acceder a ela, non se lles permita repetir dita formación. Quedaron en valorar esta posibilidade. Aclárase tamén, que cando un aspirante interrompa a formación por ser chamado para un vínculo temporal, poderá continuar co programa formativo se este non rematou, complementando as datas da ausencia; ou se o programa formativo rematou poderá volver a repetilo cando se volva a impartir. No referente á convalidación doutra formación aclarouse que cada caso será tratado individualmente na Comisión Central. Dende CIG-Saúde solicitamos que no punto 6.3 de Acceso á formación práctica específica do persoal fixo só sexa de aplicación para o persoal de promoción profesional. Estas bases son só para pacto de contratacións, se a Admón. ten interese en formar ao persoal fixo deberá presentar unha proposta en Mesa Sectorial pero fóra do ámbito do Pacto de contratacións. A nosa solicitude foi apoiada polo resto de OOSS e quedaron en darlle traslado desta petición á Directora para a súa valoración. Solicitamos que na área especial de prematuros/neonatos as prácticas tivesen a mesma duración que as de UCI/Reanimación de adultos. Quedaron en valoralo.
5. Varios. Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclare aos aspirantes que presentan certificados en linguas cooficiais do Estado se estes teñen que vir traducidos. Acórdase incorporar en preguntas frecuentes un apartado aclaratorio sobre este tema. Para aqueles aspirantes que presentaron certificados en linguas cooficiais do Estado distintas do galego e o castelán, poderán aportar o certificado traducido no prazo de reclamacións. Por último, aclárasenos que o tempo traballado en urxencias extrahospitalarias e 061 non son computables para a área especial de urxencias hospitalarias.
|
|
Actualidade
|
|
Venres, 27 Abril 2012 10:16 |
|
Considera que o Real Decreto responde a principios ideolóxicos da dereita máis reaccionaria que entende a sanidade como beneficencia e non como un dereito universal
O Real Decreto Lei de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde desmantela, segundo denuncia CIG-Saúde, o sistema sanitario público, elimina a universalidade da prestación sanitaria e principios básicos como a promoción da saúde, a prevención o tratamento e a rehabilitación, agravando os problemas de saúde pública. A isto engade que o Partido Popular, respondendo a principios ideolóxicos reaccionarios estabelece criterios discriminatorios dificultando o acceso a prestacións e medicamentos ás persoas, en función da súa renda ou da súa condición de asegurado/a, concibindo a sanidade como beneficencia e non como un dereito, co obxectivo de obrigar aos usuarios/as a recorrer a seguros privados para cubrir aqueles servizos que queden excluídos do catálogo de prestacións na sanidade pública.
CIG-Saúde lembra que a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 1999, afianzaba a universalidade do sistema sanitario desvinculando a asistencia sanitaria da cotización á seguridade social. “A sanidade finánciase con impostos que pagamos todas e todos, polo tanto o dereito á atención sanitaria integral é tamén de todas e de todos”, afirma a secretaria nacional, María Xosé Abuín, quen engade que “con este decreto que vén de promulgar o goberno do Partrido Popular vincúlase o dereito á prestación sanitaria, e polo tano a súa declaración como aseguradas, ás persoas que estean de alta na seguridade social, criminalizando moi especialmente ás persoas máis desfavorecidas: inmigrantes, xubilados..., sen que se articule ningunha medida para facer agromar a economía somerxida, nin atallar a fraude fiscal existente, que si afectan ao conxunto dos ingresos que percibe o estado”.
CIG-Saúde lembra que no que respecta á economía somerxida, ás máis afectadas son unha vez máis as mulleres e inmigrantes, que en non poucos casos se ven abocados a traballar sen que exista unha relación contractual regulada legalmente.
A partir deste decreto, explica, regúlase o recoñecemento e o control da condición de asegurado/a ou beneficiario/a do mesmo, que dependerá do INNS e é só a partir deste recoñecemento cando nacerá o dereito a asistencia sanitaria.
Para a CIG-Saúde tamén resulta sorprendente que xa se estabelezan os tres niveis de carteira de servizos (carteira común básica, carteira común suplementaria e carteira común de servizos accesorios) cando tras da xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde celebrado o pasado día 18 de abril, anunciábase que isto debateríase nunha seguinte xuntanza, ao igual que o copago por certas prestación, que xa aparecen incluídas neste decreto.
No desenvolvemento da carteira común de servizos recóllese que non se incluirán aquelas técnicas, tecnoloxías e procedementos cuxa contribución eficaz á prevención, diagnóstico, tratamento.. non estea suficientemente probada. Abuín alerta do perigo que entraña esta definición, porque a evidencia científica está elaborada por profesionais e “suficientemente probada” é unha decisión da administración sen base científica. “Que entenden por ‘suficientemente probada’ na rehabilitación, curación das doenzas, diminución da dor e sufrimento?”, pregúntase a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
Na carteira común suplementaria establécese o copago por prestación ortoprotésica, por produtos dietéticos e por transporte sanitario “non urxente”, suxeito a prescrición facultativa e por razóns clínicas. Na porcentaxe de aportación económica que ten que facer o usuario, di literalmente o decreto, “non se aplicará ningún límite”.
Respecto da carteira común de servizos accesorios esta será determinada polo goberno central en función do que consideren eles que non son servizos esenciais na prestación sanitaria ou “que son coadxuvantes ou de apoio para a mellora dunha patoloxía de carácter crónico”, advertindo a este respecto que están “suxeitas á aportación e ou reembolso por parte do usuario”.
Alén de considerar isto de “especial gravidade”, CIG-Saúde advirte que no propio decreto se especifica que “a aportación do usuario/a ou no seu caso, o reembolso rexerase polas mesmas normas que regulan a prestación farmacéutica”, pero tomando como referencia o prezo final de facturación que se decida para o Sistema Nacional de Saúde, “sen estabelecer un tope por renda, como no caso da prestación farmacéutica básica e que o usuario terá que efectuar o pagamento correspondente no momento da prestación”.
Prestación farmacéutica
O mesmo ocorre coa prestación farmacéutica, para a que se ten que efectuar o pagamento no momento da dispensación e a comunidade autónoma revisará cunha periodicidade semestral se procede ou non facer reintegros.
“A invasión de competencias é total, xa que as comunidades autónomas non poderán estabelecer medidas singulares de prescrición, dispensación e financiamento de fármacos e produtos sanitarios”, denuncia María Xosé Abuín.
Para a CIG-Saúde vulnérase ademais a protección de datos personais, xa que no propio articulado recóllese que o INSS poderá acceder aos nosos datos económicos para determinar a contía da achega na prestación farmacéutica sen consentimento previo do interesado.
Respecto da prescrición farmacéutica, a secretaria nacional da federación entende que as declaracións realizadas este luns pola conselleira de Sanidade en comparecencia parlamentaria, “son inaceptábeis”. Denuncia que a conselleira “intentou trasladar a responsabilidade da xestión farmacéutica do Sergas aos pensionistas” e aclara que se hai almacéns de medicamentos nas casas, “é porque alguén os prescribe, porque os pensionistas non teñen talonarios de receitas para automedicarse”.
Abuín sinala que Rocío Mosquera “non falou de prescrición eficiente en ningún momento”, considerando que esa é a súa responsabilidade e que “non se trata de prescribir nin o caro nin o barato, senón o que precisas”.
No almacenamento de medicamentos, atribúe tamén moita responsabilidade aos dispensadores farmacéuticos, que “non actúan como profesionais sanitarios senón como axentes comerciais” e lembra que o propio persoal farmacéutico de primaria está demandando o desenvolvemento de crónicos para poder facer unha prescrición efectiva e os médicos e médicas de primaria ter tempo abondo de consulta para actualizar as prescricións e para estas sexan reais e efectivas. “O que non merecemos é esta conselleira”.
Recursos humanos
O decreto consolida a conxelación dos cadros de persoal coa correspondente desaparición das prazas motivadas polas xubilacións. CIG-Saúde entende que dun plumazo anulan así todas as convocatorias de procesos selectivos incluídas as que estaban vinculadas á taxa de reposición do 10%.
Só así se explica que se introduza a necesidade urxente de garantir a mobilidade dos profesionais a través dun catálogo de categorías profesionais, que permite que os profesionais poidan acceder ás prazas vacantes doutros servizos de saúde, segundo entende o Ministerio “mellorando a calidade de asistencia”.
Tamén modifican o sistema retributivo introducindo o concepto de “avaliación do desempeño do posto”, que se terá en conta aos efectos da determinar unha parte das retribución complementarias, vinculadas precisamente á produtividade e ao rendemento. “Este sistema retributivo é o que estaba vixente nas fundacións sanitarias. As retribucións dividíanse en dúas porcentaxes, o 70% ou 80% eran retribucións fixas, e a restante porcentaxe acadábase por cumprimento de obxectivos e os períodos de Incapacidade Temporal estaban penalizados”, explica a secretaria nacional.
Integran ademais por decreto, no réxime estatutario, ao persoal funcionario ao servizo de institucións sanitarias públicas e, que en cada servizo de saúde se determinen as condicións de integración de persoal de cupo e zona. Para a CIG-Saúde é “inadmisíbel” que “vía decreto, anulando os acordos asinados en Galiza e sen pasar pola Mesa Sectorial, se modifiquen condicións laborais do persoal, anulando calquera posibilidade de negociación colectiva”, di Abuín, que se pregunta “cantas modificacións máis das nosas condicións laborais se atreverán a introducir por decretazo”.
A nova en Avantar
|
|
Actualidade
|
|
Mércores, 25 Abril 2012 11:47 |
|
A sección sindical de CIG-Saúde área O Barco quere denunciar ante a opinión pública que dende o pasado luns dia 23 de abril o HCV non conta con ningún especialista en hematoloxia posto que un está de vacacioón e o outro de baixa.
a
Hai que decir que @shematólog@s entre outras moitas tarefas elaborar os tratamentos oncolóxicos, controlar os pacientes con sintrón, atender ós pacientes de hamatoloxía en pranta. Esta ausencia cúbrese telefónicamente co servizo de hematoloxia de Ourense, ou ó parecer con outros médicos de distinta especialidade .
a
A non cobertura deste servizo deixa polo tanto a unhos pacientes en situación tan delicada como os de oncoloxía e os que precisan sintrón, sen a atención adecuada prestada polo especialista correspondiente dunha forma directa, o que non ten precedentes na nosa área.
a
Xerenta Executiva de O Barco, Xerenta de Xestión integrada, Conselleira de sanidade e o Partido Popular no seu conxunto, vendéronos que a asistencia sanitaria iba a mellorar na nosa bisbarra co decreto de xestión integrada, pero a dia de hoxe, sólo vemos a non cobertura das ausencias do persoal tanto en atención primaria como especializada, a eliminación de moitísimos postos de traballo, (internistas, xinecólogos, técnicos, auxiliares de enfermaría, enfermeiras, PSXs, auxiliares administrativos e un longo etc…), o que está a provocar serios problemas tanto nos centros de saúde como no hospital.
a
O SERGAS e o Partido Popular están levando a calidade asistencial da nosa área a súa mais ínfima expresión e para facelo valense do decreto de xestión integrada como arma executora do decapitamento da Sanidade Pública.
a
En O Barco a 25 de abril de 2012
|
|
Actualidade
|
|
Mércores, 25 Abril 2012 10:27 |
|
O Partido Popular impón, vía decreto, non só o copago farmacéutico senón tamén o sanitario
h
CIG-Saúde exixe da Xunta de Galiza que manifeste o seu rexeitamento e oposición frontal á invasión de competencias do goberno central.
h
O Boletín Oficial do Estado publicou onte o Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade.
h
CIG-Saúde denuncia que desde o goberno de Madrid se impoñen así, toda unha serie de medidas sobre materias que “son de competencia exclusiva da Xunta de Galiza” e que esas medidas van moito máis alá das anunciadas tras da xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde do pasado 18 de abril, estabelecendo xa unha carteira de servizos comúns básicos e, ademais do copago farmacéutico, o copago sanitario para a prestación dalgúns servizos que non son considerados como tal.
h
CIG-Saúde, que está a estudar o alcance destas medidas e que presentará unha análise pormenorizada das mesmas, exixe que desde a Xunta de Galiza se adopte unha postura de rexeitamento e oposición frontal fronte á “invasión de competencias que se fai desde o goberno central” e denuncia que se está conculcando o propio Estatuto de Autonomía. A federación xa se dirixiu por carta á conselleira de Sanidade , Rocío Mosquera, e á Directora de Recursos Humanos, Esperanza Fernández Lago, tras recibir, vía correo electrónico, unha comunicación desta última na que se afirma que “xa estamos analizando as citadas medidas no seu conxunto e, dun xeito específicio ás que teñen repercusión na área de recursos humanos e sexan susceptíbeis de tratamento na mesa sectorial”.
h
Para CIG-Saúde esta afirmación indica que na consellaría de Sanidade, ou cando menos no departamento de Recursos Humanos, “nin sequera se tiña coñecemento das medidas que se ditan desde Madrid unilateralmente e invadindo competencias desta administración, e que se aceptan e se acatan sen oposición de ningún tipo”. Neste sentido, CIG-Saúde sinala que no Real Decreto estabelécense mesmo medidas que modifican a actual regulación das condicións laborais do persoal, e pregúntase como pode consentir a administración que se diten unilaterlamente normas que afectan drasticamente a materias sobre as que Galiza ten competencia exclusiva. “Non entendemos que se adopte unha postura de submisión absoluta aos ditados do goberno central e se faga deixadez de funcións no que respecta ás competencias que, en sanidade ten a Xunta de Galiza”.
h
CIG-Saúde manifesta ademais que “non toleramos que se acepte de bo grao esta invasión de competencias e se actúe como administración marioneta en mans do goberno central”.
h
Compostela, 24 de abril de 2012
|
|
Actualidade
|
|
Martes, 24 Abril 2012 10:36 |
|
A Xunta de persoal onte repartiu octavillas entre usuarios dos centros de saúde da nosa área así como no HCV denuncando os recortes que padecemos dende que somos "Ourense dependentes" coa área de xestíón integrada.

RECORTES NA NOSA ÁREA
Dende hai dous anos vimos denunciando un RECORTE PROGRESIVO nas INVERSIÓNS e na PLANTILLA de traballadores/as da Sanidade, e como consecuencia disto veise mermada tanto a calidade como os servizos sanitarios.
Os recortes veinse aumentados dende que a toma de decisions se fain dende Ourense, o que leva que dende o ano pasado non teña habido ningunha inversion, tanto no Hospital como nos centros de Saúde. Como exemplo, sirva decir, que no mes de Outubro do ano pasado, prometeuse un Tac para o Hospital, que estaría posto no mes de Novembro, estamos a Abril e aínda o estamos esperando…
Á falta de plantilla (Medicos, Enfermeiras, Aux de Enfermeria, Técnicos, Psx, Administrativos, Celadores…etc) súmase a inestabilidade na contratación (Contratos a tempo parcial, Acumulación de Tarefas para evitar contratos estables-…etc)
A non cobertura das ausencias implica que aos pacientes os teñan que repartir entre os profesionais dos centros para ser atendidos, e como consecuencia disto non hai un seguimento dese paciente polo mesmo profesional, e incluso modificándolles a súa hora ou día de Consulta.
Como consecuencia da non cobertura de vacantes y ausencias, dase a situación, paradóxica, que se aumentan as listas do paro por un lado, e por outro o Sergas está a ofertar a algúns profesionais que cobren mais, porque proponlles que realicen o traballo dos seus compañeiros ausentes. ¿ Donde está o aforro? … Asi non se baixan as listas do paro, nin se da una atención de calidade…
A ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA
PERXUDICA A NOSA SAÚDE
|
|
HCV
|
|
Luns, 16 Abril 2012 12:44 |
|
esta é a contestación da Xerente executiva ó escrito remitido por esta sección sindical pedindo aclaraciois sobre o funcionamento das listas de traslados en ambulacia por parte do persoal de enfermaría.

|
|
Novas de Contratacións
|
|
Xoves, 12 Abril 2012 11:34 |
|
Parece ser que houbo un erro na información recibida sobre a compatibilidade das listas especiais e polo tanto estivemos informando mal ó persoal.
As listas Pool son compatibles tanto coas listas de área especial como coa opción de contratos de tempo parcial., pódese estar anotado/a nas listas de área especial, en calquera delas, en varias, e ao mesmo tempo nas listas Pool.
Perdoade as molestias
|
|
Atención Primaria
|
|
Mércores, 11 Abril 2012 10:00 |
|
Onte mandamos ós medios de comunicación a nota de prensa de mais abaixo,, a deixaron reducida a un par de liñas, está claro que a prensa gáñase a pulso as subvenciois que reciben da Xunta.

A sección sindical de CIG-Saúde área O Barco, quere informar á opinión pública da políca de recortes que está se está levando a cabo pola xerencia de xestión compartida e o seu obscorurantismo á hora de levar a cabo estes recortes, sen informar ó persoal nin á xunta de persoal, isto non é mais que a execución a prazos da nosa sanidade como xa se denunciou dende a plataforma en defensa da sanidade , xunta de persoal e outras organización como a nosa.
Hai uns días a xunta de persoal denunciou que se estaban eliminando contratos na nosa área, tanto no HCV como en atención primaria, ademáis de cambiar as condicións de traballo de moito persoal sen comunicalo previamente como marca a lexislación.
Pois ben, agora hai que sumar a eliminación dun posto de traballo de persoal de xestión no centro de saúde de O Barco, hai que lembrar que a plantilla deste persoal xa contaba dende as oposición do ano pasado cunha persona menos e que 2 das vacantes estaban cubertas non con contrato de vacantes senon deacumulacións de tarefas (contratos en precario), este centro de saúde conta ademáis cunha enfermeira menos dende hai uns meses como xa se denunciou dende a xunta de persoal hai uns días dende a Xunta de persoal.
O persoal de xestión do centro de saúde atópase polo tanto sobrepasado nas súas tarefas, que está empezando a notarse nos arquivos da historia clínica pero pouco a pouco pode repercutir de non dotarse con persoal suficiente na atención directa ós usuarios.
A “prima de risco” na atención sanitaria na nosa área de saúde chámase “área de xestión integrada” e ten á súa máxima exponente na súa Xerenta Eloina Núñez que coa súa política de recortes en materia de persoal e servizos acabará por convertir a nosa área ó que era hai 30 anos, cando ata as mulleres tiñan que ir a parir a Ourense e dende a nosa central sindical non o imos a permitir sen poñer oposición.
Hai que lembrar ademáis que a atención primaria desta área sanitaria debería estar xestionada pola xerente executiva de O Barco, según o decreto de área de xestión integrada, feito do que se desentende e é levada directamente dende Ourense o que supón un grave problema á hora de xestionar e organizar os recursos.
Pouco a pouco imos perdendo calidade asistencial, posto que non se pode dar a mesma atención con menos persoal e menos recursos, entendemos que vivimos tempos difíciles e hai que racionalizar o gasto, pero o que non se pode facer é cargarse a retalladas un servizo tan básico e esencial como é o da saidade pública; polo tanto esta sección sindical pide a dimisión de Eloina Núñez, así como da directora executiva da área de O Barco (mais preocupada por seguir as directrices do seu partido que por ofrecer unha sanidade de calidade, desatendendo as necesidades do centro que xestiona), por levarnos directos a una quebra sanitaria sen precedentes, pedimos ademáis que se revise e cambie o decreto de xestión integrada, para que dende a nosa área se tomen as decisións organizativas que nos afectan.
En O Barco a 10 de abril de 2012
|
|
Tamén nos interesa
|
|
Luns, 09 Abril 2012 09:09 |
|
Dende mañá, Unha opción do FIDES, permite a INTEGRACIÓN do FIDES co CIXTEC para a CONSULTA DO BORRADOR DA RENDA. isto dá a posibilidade de consultar o borrador da renda do último exercicio fiscal. A opción estará dispoñible dende a solapa verde de ‘Consultas’ a partir do día 10 de abril.
|
|
Luns, 02 Abril 2012 11:40 |
|
CIG-SAÚDE congratúlase da participación maioritaria das/os traballadoras/es da Sanidade na folga xeral convocada pola CIG (á que posteriormente se sumaron CCOO e UGT). Segundo os datos facilitados polo Presidente da Xunta a participación no eido sanitario superou o 100% de participación. Se o decreto de servizos mínimos imposto pola Xunta de Galiza decretaba en sanidade una servizos mínimos do 90 ou 100%, e a isto sumamos os datos oficiais do 26% de participación, a folga foi secundada por máis do 100% das traballadoras/es.
A mensaxe que se lle quixo transmitir ao goberno do PP, desde o sector da sanidade foi que as/os traballadoras/es rexeitan a reforma laboral imposta por este goberno, e que esixen a súa retirada por ser o maior atentado contra a clase traballadora, que non vai crear emprego e que só vai servir para beneficiar a aqueles que crearon a crise co obxectivo de beneficiarse dela.
Asemade rexeitan a Lei de Medidas no Emprego Público dirixida a eliminar a sanidade pública facilitando a súa privatización e impoñendo un imposto á enfermidade.
Desde a CIG-SAÚDE queremos facer un chamamento ao goberno do PP para que escoite ao pobo que di representar, ao mesmo tempo que queremos facer unha chamada de atención aos sindicatos corporativos para que non lle sigan a facer o xogo a Administración, posto que tamén son traballadoras/es que van sufrir a perda de dereitos e como profesionais non van poder garantir unha prestación de calidade.
A folga no HCV foi secundada por unha moi boa parte do persoal, según os datos que temos, (non están completos), foi un dos centros de traballo onde a porcentaxe de participación foi mais alta de traballadores e traballadoras do SERGAS, especial mención para os TEL que secundaron ó 100% a folga, acudidon ó posto de traballo solamente os servizos mínimos.
Por desgraza non podemos decir o mesmo da maioria de sectores na nosa comarca, entre as coacciois da patronal por un lado, o traballo da benemérita por outro (que mostrou a súa cara mais franquista, poñendose de lado das empresas da pizarra e facendo de contrapiketes dunha forma descarada) e a postura de sindicato "amarillo" que mantivo a UGT nesta comarca (non aportaron unha sola persoa ós piketes e o seu secretario comarcal encargouse de frenala folga na medida en que foi capaz), e tamén, por qué non decilo, a falla de conciencia de moitos traballadores e traballadoras, xunto co pouco tirón das outras 2 centrais de clase (CIG e CC.OO) non fixo posible que paralizar a actividade na medida que quixéramos. |
|
Actualidade
|
|
Mércores, 28 Marzo 2012 11:17 |
|
Por que debemos ir á Folga Xeral o 29 de Marzo?
 Porque esta reforma, que é un Golpe de Estado, acaba cos poucos dereitos laborais que tiñamos. - ABARATA E FACILITA O DESPEDIMENTO. - REDUCE SALARIOS E EMPEORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO. - NON CREA EMPREGO, SENÓN TODO O CONTRARIO, DESTRÚEO. Éste goberno do Partido Popular quere que todos e todas sexamos precarios. A reforma reducirá os nosos salarios e traballaremos máis horas. Non esquezas que tamén están reducíndonos todos os nosos dereitos na sanidade, no ensino, nas pensións, nas prestacións sociais ... Todo, para que os ricos sexan máis ricos, para a banca, para as grandes empresas multinacionais. EMPECEMOS A PARAR ESTA REFORMA, PARANDO O 29 DE MARZO.
|
|
Novas de Contratacións
|
|
Luns, 26 Marzo 2012 16:11 |
|
RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade
ENLACE A RESOLUCIÓN
RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de Enfermaría para vinculacións temporais no ámbito das institución sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade
ENLACE A RESOLUCIÓN
|
|
HCV
|
|
Mércores, 21 Marzo 2012 21:24 |
|
Medio cento de traballadores e traballadoras, do HCV, acudiron ó chamamento da Xunta de persoal para protestar pola falla de cobertura de diversas prazas de case que tódalas categorias no HCV e en Atención primaria, despois da concentración na entrada do hospital o persoal dirixiuse ó despacho da Xerenta executiva da área de O Barco, onde deron unha rolda de prensa para informar á opinión pública do progresivo deterioro que sufrimos dende que se publicou o decreto de area de xestión integrada.

|
|
Actualidade
|
|
Martes, 20 Marzo 2012 11:32 |
Na web de kaos en la red, afirman que tiveron acceso ó documento borrador de medidas que anunciará Rajoy para a semana que ven, de confirmarse estas medidas, supurá poñer ó límite da miseria a miles de traballadores públicos, fixos e contratados, a eliminación da carreira profesional. a conversión de trienios en quinquenios, os LDs pasarian de 6 a 3, etc, aqui abaixo quédavos o texto do artigo.
.
Las primeras medidas que adoptará el Gobierno, e incluirá en los Presupuestos después de la huelga general del 29M, se han filtrado. No se puede determinar si es un borrador de trabajo o un documento definitivo pero de su lectura se desprende por dónde irán los tiros.
La previsión del Gobierno, según el documento al que ha tenido acceso este redactor, es presentar el proyecto de Ley ante el Congreso el próximo 30 o 31 de marzo. Tras el correspondiente trámite parlamentario la Ley sería aprobada más o menos a finales de mayo de 2012.
Una de las medidas que apunta el documento es “anulación/prohibición total de las ofertas públicas de empleo. Anulación de los “procesos de consolidación” de empleo público en curso”. Actualmente ya está prohibido convocar nuevos procesos de Consolidación permitiéndose actualmente únicamente los que ya estaban incluidos en Ofertas de Empleo Público anteriores.
Otra de las medidas que anunciaría el Gobierno de Rajoy en sede parlamentaria sería la “anulación de la “carrera profesional” en aquellos ámbitos en los que esté implantada”. Esto supondría la pérdida inmediata de las Cuantías que ya estuvieran reconocidas y cobrándose por dicha “carrera profesional”. Actualmente sólo en algunos ámbitos está implantada dicha carrera: AEAT y SERGAS.
El tan temido y esperado “paquetazo” de finales de marzo, después de celebrar las elecciones andaluzas y asturianas, contempla una de las medidas “estrella” del Gobierno Rajoy que hará las delicias del empresariado. “conversión de los trienios en quinquenios”. Por ejemplo. Un trabajador que tenga quince años de antigüedad. Trienios: 5 trienios. Si se reconvierten en quinquenios: 3 quinquenios.
Otra de las medidas que contempla el equipo económico de Rajoy destaca la “limitación del complemento del “complemento específico” a un máximo de 1/3 del “complemento de destino”. Esto supone una grave pérdida económica a todos los funcionarios de todas las administraciones, sobre todo a las Autonómicas y a las Locales, que suelen tener los complementos específicos más altos que la AGE.
También se tiene previsto limitar las cuantías de “productividad” a un máximo de 1/5 del salario. No está claro todavía si será del salario base o de las retribuciones básicas. También anunciarán la limitación del número de personal eventual. Es decir, el personal de “especial confianza y asesoramiento de altos cargos”, comúnmente llamados asesores. Además, tienen previsto suprimir puestos con “duplicidades”. No está claro, todavía, a qué se refiere esta medida, si bien podría ser –como apunta el documento- “que se suprimirán los puestos de todos los trabajadores laborales cuyas funciones coincidan con las atribuidas a Cuerpos de Funcionarios”. En la práctica, esta medida supondría el despido de miles de trabajadores laborales en todas las Administraciones Públicas.
Finalmente, el documento señala que el Gobierno de Rajoy anunciará en el Congreso la reducción de días de asuntos propios a un total de “3 días”.
Todo un paquete de medidas que responderá a las expectativas de la Comisión Europea, de los circuitos financieros y el empresariado.
fonte: kaos en la red
|
|
Actualidade
|
|
Xoves, 15 Marzo 2012 17:10 |
Delegados/as da CIG de Ferrol péchanse no Concello para esixir a retirada da reforma laboral e medidas urxentes para a comarca
Mantiveron un encontro co alcalde da cidade, ao que pediron que condene as políticas de recortes aprobadas polos Gobernos galego e español
Arredor duns 50 delegados e delegadas da CIG de Ferrol iniciaron este mediodía un peche na Casa do Concello en protesta polas medidas contra a clase traballadora aplicadas polos gobernos galego e español –nomeadamente á lesiva reforma laboral-, así como demandar actuacións e medidas urxentes de carácter socioeconómico para reactivar os sectores produtivos da comarca e garantir uns servizos públicos gratuítos e de calidade.
Nunha nova xornada de loita de rexeitamento á batería de medidas contra a maioría social que os Gobernos do PP de Galiza e o estado están a levar a cabo, uns 50 delegados e delegadas da CIG de Ferrol pecháronse no interior do Concello para esixir un cambio de rumbo nas políticas económicas e sociais. Segundo explicaba durante o peche un dos voceiros da Unión Comarcal, Xesús Anxo López Pintos, unha representación sindical xa mantivo un encontro co alcalde da cidade, Xosé Manuel Rei, a quen tamén entregaron un escrito coas principais demandas da central.
Así, indicou Pintos, esixíronlle ao alcalde que condene as políticas que están a facer os gobernos do PP en Madrid e na Xunta e que supoñen un ataque sen precedentes contra a maioría social. Especialmente no caso da reforma laboral, que rouba todos os dereitos á clase obreira e “nos ameaza con meternos na pobreza e a emigración”. Por iso mesmo, durante o peche, os delegados/as da CIG fixeron un chamamento á participar na folga xeral do 29 de Marzo en defensa dos intereses da clase traballadora.
Do mesmo xeito, a CIG de Ferrol reclamou ao rexedor local que esixa tanto do estado como da Xunta medidas para salvar o sector naval da comarca, actuacións para o saneamento e rexeneración da ría –que continúa a ser a máis contaminada de Galiza-, que se poña freo á privatización dos servizos públicos (como no caso da privatización da xestión do centro de educación especial Souto de Leixa) e se garanta o acceso e a calidade de servizos básicos como a sanidade. A este respecto, Pintos criticou o peche do consultorio da Graña, que o Sergas, aproveitando unha sentenza xudicial, decidiu clausurar a pesar de dar servizo a máis de 800 usuarios/as, a maioría persoas con máis de 65 anos.
Ademais, a CIG de Ferrol tamén demandou ao alcalde que deixe sen aplicación a recentemente aprobada Lei de Medidas Urxentes do Emprego Público e que, na súa calidade de Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, inste a todos os concellos do País a non adoptar ningunha desas lesivas medidas.
fonte: avantar
|
|
Novas de Contratacións
|
|
Luns, 12 Marzo 2012 21:14 |
|
Poñemos outro modelo de reclamación para a xente que resultou excluida nestas últimas listas, para descargalo, clikade aquí
|
|