LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS
Publícanse hoxe en DOG as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a puntuación provisional das categorías de Técnicos (1º proceso de inscrición).
Podedes consultalas aquí:
-
- RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF da Resolución.

O SERGAS remite esta información ao respecto:
Como xa vos adiantamos na comisión central, no DOG publicarase a Resolución pola que se da publicidade ás listas definitivas de admitidos e excluídos e tamén as listas provisionais con puntuación e número de orde.
As listas definitivas de admitidos se publican coa puntuación asociada e as listas de excluídos se publican sen puntuación, figurando no expedient-e a causa de exclusión.
As listas completas estarán dispoñibles no espazo de emprego público da web do SERGAS, en listas de contratación, así como no mesmo espazo en Recursos Humanos da intranet.
Así tamén, os/as aspirantes admitidos poderán consultar no seu expedient-e a súa puntuación con mais detalle, dentro do apartado de procesos.
As listas abren a posibilidade de reclamación de 10 días naturais sobre a baremación realizada.

O Partido Popular impón, vía decreto, non só o copago farmacéutico senón tamén sanitario