PECHE DE CAMAS NO HOSPITAL DO SALNÉS
E tamén, como non, seguimos "cerrando por vacacións" camas no Hospital do Salnés.
Pica nos enlaces para ver a nova nos seguintes diarios: A VOZ DE GALICIA, FARO DE VIGO e DIARIO DE AROUSA.
O CHOP FÓRA DE SERVIZO
Aproximadamente o 20% das camas (113) do CHOP estarán fora de servizo do 1 de xuño ao 31 de outubro.
Hospital Montecelo:
- Cirurxía (impar), 28 camas do 15 de xullo ao 15 de setembro.
- Neumoloxía, 10 camas do 15 de xullo ao 30 de setembro.
- Lactantes, 15 camas do 1 de xuño ao 31 de outubro.
- Dermo-Oncoloxía, 9 camas do 1 de xuño ao 31 de outubro.
- Medicina Interna III, 33 camas, durante tres meses desde o 1 de xullo ao 30 de setembro.
- Xinecoloxía, 18 camas desde o 1 de xullo ao 15 de setembro.
Se en anos pasados esta medida afectaba aos dous meses do verán, coincidindo co período vacacional, agora xa afecta a cinco meses, a este paso teremos un Hospital de temporada.
O argumento de racionalización do gasto non nos convence pois hai outras partes onde se pode reducir o gasto: cargos directivos, asesores, gabinetes de prensa e outros chiringuitos. Esta medida de recortes, nas prestacións sanitarias, imposta pola Consellaría coa compracencia da Xerencia ten consecuencias moi negativas por un lado, para os usuarios da Área Sanitaria de Pontevedra pois hai que ter en conta que neste período aumenta a poboación de xeito considerable, e por outro a perda de postos de traballo ao reducirse a contratación. Esta medida condena o persoal das listas de contratación ao paro permanente, xa de por si gravemente prexudicado polos recortes en permisos, vacacións, baixas, etc. do persoal fixo. Tamén ten consecuencias para os mais dos 120 traballadores dos servizos afectados por este peche, xa que supón un trastorno importante no desempeño da súa labor, moitos/as teñen que desprazase a outras unidades.
Estamos claramente diante dunha decisión mais, deste goberno, para reducir a sanidade pública a unha prestación de beneficencia.
Enlace á noticia na VOZ DE GALICIA.
CURSOS FORMACIÓN 2013
CIG-Saúde Pontevedra organiza os seguintes cursos de formación GRATUÍTOS nas vindeiras datas:
1.- INFORMÁTICA AVANZADA (Plan Interadministrativo 2013).
- Destinatarios: todas as categorías.
- Datas: 20, 21, 22, 27 e 28 de maio.
- Horario: de 16:30 a 20:30 h.
- Lugar: FORGA (Pontecaldelas).
- Prazas: 15 alumnos.
- Duración: 20 horas.
- Requisitos: ter contrato de traballo o día de inicio do curso ou ter traballado o mes anterior (abril) completo.
- Inscrición: directamente a través de internet na nova aplicación de formación subvencionada. Pincha AQUÍ, busca o curso de Informática Avanzada en Pontevedra e solicita a túa praza.
2.- AVALIACIÓN E PREVENCIÓN DE RISCOS DE TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS (Gabinete de Saúde Laboral da CIG).
- Destinatarios: celadores e TCAES.
- Datas: 21 e 23 de maio.
- Horario: de 16:00 a 21:00 h.
- Lugar: FORGA (Pontecaldelas).
- Prazas: 20 alumnos.
- Duración: 10 horas.
- Requisitos: dirixido tanto a traballadores en activo como en situación de desemprego.
- Inscrición: cubre a seguinte FOLLA DE INSCRICIÓN e fáinola chegar o máis axiña posíbel.
MOBILIDADE INTERNA CHOP
Informe sobre as vacacións adicionais
Dende hai meses, a Asesoría Xurídica da CIG vén informando de que desaconsella ao persoal funcionario e estatutario a presentación masiva de reclamacións individuais da paga extra de decembro, os días adicionais de vacacións ou outros dereitos suprimidos por decreto-lei do Goberno español.
Unha vez que se inicia unha reclamación individual, é necesario mantela viva. Isto implica que, unha vez a administración responda, habería que presentar o recurso administrativo que corresponda (alzada ou reposición) e a continuación o recurso contencioso-administrativo no Xulgado, até obter sentenza. De non facelo así, a presentación da reclamación individual daría lugar a un acto administrativo firme e consentido e decaería o dereito en caso de que as outras vías que están abertas (cuestións de constitucionalidade presentadas pola Audiencia Nacional ou demandas-testemuña presentadas nos xulgados do contencioso-administrativo polos sindicatos que facemos parte da Plataforma) teñan un resultado favorábel.
Hai que ter en conta, ademais, que en caso de perder o recurso contencioso-administrativo, a persoa que o presente será condenada en custas, por un importe que pode variar entre 600 e 1.000 euros, segundo o Xulgado.
En resumo, esta Asesoría Xurídica entende que a presentación de reclamacións individuais, utilizando algún dos modelos que circulan no ámbito da función pública, é un erro que só beneficia a Administración.
Sanidade apoia ao Xerente do CHOP
Segundo esta nota de prensa parece ser que uns teñen máis "dereitos" ca outros. Encima pensan que denunciar o que cren é unha "situación irregular" faise con intención de "facer dano persoal".
Nota de prensa na VOZ DE GALICIA
Asemblea Informativa sobre as privatizacións do persoal de xestión e servizos

Descarga e difunde esta información Cartel_Asemblea_PNS.pdf
É A LEI IGUAL PARA TODOS?
CIG-Saude EMPRAZA Á CONSELLEIRA DE SANIDADE A RESOLVER, CANTO ANTES , A SITUACIÓN DO XERENTE DA AREA DE XESTION INTEGRADA PONTEVEDRA-SALNÉS.
A situación do actual Xerente da Área de Xestión Integrada Pontevedra-Salnés é cando menos delicada toda vez que se atopa nunha ilegalidade segundo se desprende das denuncias presentadas na Fiscalía de Pontevedra e dunha pregunta do Grupo Parlamentario do BNG no Parlamento Galego. A Lei de Incompatibilidades e a Lei de Saúde de Galicia non permite a concorrencia do posto de Xerente no Sistema Sanitario Público coa de Apoderado nunha empresa privada. A máxima de que a Lei é para todos iguais parece non aplicarse neste caso. A falta de información e de transparencia minan a credibilidade desta Conselleira. Neste momento no que se está a pedir un grande esforzo a todos os traballadores e traballadoras non se poden permitir privilexios e moito menos amparar irregularidades.
CIG-Saúde demanda da Conselleira explicacións, canto antes, de non facelo estaría amparando unha irregularidade e polo tanto cometendo un delito de prevaricación.
Enlace á noticia na VOZ DE GALICIA.
Manifestación do 21 de marzo.
A defensa da sanidade pública e o Hospital Único sacan á rúa a unhas 4.000 persoas
O médico Fernando Filgueira alerta de que os recortes sanitarios vanse cebar en maiores, crónicos e persoas sen recursos - Sostén que ampliar Montecelo e "factible"
FARO DE VIGO 22.03.2013 | 09:39

A choiva, intensa por momentos, fixo que os manifestantes buscasen refuxio baixo das cornixas. // Rafa Vázquez
B.M. - PONTEVEDRA "Podemos dicilo máis alto pero non máis claro que estamos en contra dos recortes na sanidade pública e a favor dun Hospital único para Pontevedra". O médico xubilado José Fernando Filgueira resumía con estas palabras o sentir das case 4.000 persoas que obviando a choiva se manifestaron onte polas rúas da cidade baixo o lema "A sanidade pública non se vende, deféndese".
A marcha partiu da praza da Ferrería e tras recorrer o centro da cidade, e rodear simbolicamente o Hospital Provincial, dirixiuse cara a Subdelegación. Consignas como "A Xunta de Galicia recorta e privatiza", "Queremos sanidade, non caridade" ou "Manda carallo sen saúde e sen traballo" escoitáronse ao longo de todo o percorrido, a pesar de que por momentos a intensa choiva provocou conatos de desbandada da xente que se refuxiaba baio dos aleiros das casas.
Convocados pola Plataforma SOS Sanidade, la mobilización foi un berro de alarma e unha chamada de atención á Xunta de Galiza porque "está acelerando a súa estratexia de desmantelamento e recorte da sanidade pública para deixar espazo libre aos grandes grupos financeiros, empresariais ou multinacionais sanitarios, que queren facer negocio cos recursos destinados a garantir el dereito á saúde en Galiza e en Pontevedra".
A experiencia de años como profesional no Hospital Provincial y despois no CHOP permiten ao alergólogo José Fernando Filgueira detectar as consecuencias para a saúde das persoas das restricións de recursos, a introdución de copagos e a exclusión de colectivos de até agora a sanidade universal. "Esta política incrementará a desigualdade, a dor, a marxinación e a inseguridade das persoas cando son máis vulnerables, que é cando están enfermas" admite este médico de vocación que non dubida en enumerar aos grandes prexudicados: os maiores, enfermos crónicos e persoas con menos ingresos.
"A saúde é un dereito" subliñan os manifestantes que fixeron una defensa do longamente demandado Hospital Único (ampliación de Montecelo). O propio Fernando Filgueira na súa intervención aludiu a esta reivindicación, pondo en tea de xuizo a "quimera" do novo hospital de Monte Carrasco.
"Non é lóxico, coherente nin decente, tirar os máis de 67 millóns de euros empregados en renovar Montecelo" sinalou o encargado de ler o manifesto final, para engadir "Non nos deixamos enganar: ampliar Montecelo é factible, economicamente razoábel e de solución rápida", fronte a isto "Monte Carrasco é unha quimera con un financiamento complicado e caro para os poderes públicos, que deixarían o Hospital de Pontevedra en mans de empresas privadas en busca de beneficio".

21 de marzo: Manifestación cidadá contra os recortes e polo hospital único. A Plataforma Contra a Privatización e Polo Hospital Único de Pontevedra, convoca a toda a cidadanía da área sanitaria a rexeitar as políticas de recortes, e de desmantelamento e privatización da sanidade pública que promove o PP:
|





