MEDIDAS DA CONSELLEIRA DE FACENDA PARA OS EMPREGADOS PÚBLICOS
Estas medidas concrétanse en:
- Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual.
- Redución obrigatoria dun terzo de xornada para o persoal actualmente contratado con vínculos temporais e interinos, coa correspondente redución retributiva. Como medida benefactora, o persoal fixo tamén poderá optar voluntariamente por solicitar unha redución de xornada dun terzo, coa correspondente redución retributiva.
- Consolidación de contratos inferiores á xornada legalmente establecida.
- Xubilación forzosa aos 65 anos, aplicando a taxa de reposición, podéndose dar excepcións individuais.
- Perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal durante os primeiros 21 días (remítese á lexilación xeral da Seguridade Social: os 3 primeiros días non haberá retribución, do 4º ao 15º percibirase o 60%, que pagará a empresa, e do 16º ao 21º percibirase o 75%, que pagará a Seguridade Social).
- Regularase en Mesa Sectorial do SERGAS a xornada non inferior a 37,5 horas semanais.
- Eliminación da Acción Social (desaparece a axuda por gardería, mellora por fillo/a...).
NON O PODEMOS PERMITIR. MOBILÍZATE!!!
PECHE DELEGADOS NO PAC SANTIAGO
Os delegados de Cig-saúde, despois da concentración diante da xerencia de At. primaria na que reclamamos o cumprimento dos acordos asinados, continuamos coa nosa labor de denuncia cun peche no PAC DE SANTIAGO dende as 15 horas.
Con estas concentracións CIG-Saúde segue a reclamar:
1.- Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.
2.- Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.
3.- Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.
4.- Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.
Deixamos un ligazón a revista AVANTAR para seguir as mobilizacións en todas as Xerencias de At. Primaria de Galicia ( clica aquí )

MOBILIZACIÓN PERSOAL PACs DIANTE DAS XERENCIAS DE AT. PRIMARIA
Nota de prensa da concentración do persoal de PAC (descarga aquí)

CURSOS FEGAS 2012
RESOLUCIÓN conxunta do 10 de xaneiro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde. (descarga aquí )
Prazos de inscrición.
Para as edicións das accións formativas do primeiro semestre, o prazo comezará o día 1 de febreiro de 2012 e rematará o día 20 de febreiro de 2012.
Para as edicións das accións formativas do segundo semestre, o prazo comezará o día 1 de xuño de 2012 e rematará o día 20 de xuño de 2012.
Oferta de Cursos para o ano 2012: descarga aquí
Oferta de Cursos a celebrar en Santiago: descarga aquí
Oferta de Cursos a celebrar en Ribeira: descarga aquí
INFORMACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS
Descarga aquí Cig-Informa
Comisión de seguimento do pacto de Contratacións do 25/01/2012.
1. Expedient-e.
Están rematadas as validacións dos 3200 aspirantes inscritos nas categorías de Técnicos Superiores. Estas categorías, no apartado de Procesos do Expedient-e, poderán visualizar cada un dos/das aspirantes a súa baremación desglosada. Por exemplo, no apartado de Formación Continuada virán relacionados todos os cursos baremados coa súa puntuación, e os cursos non baremados coas causas de exclusión.
2. Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.
A mediados de febreiro teñen previsto sacar a primeira publicación de listaxes provisionais de Técnicos Superiores. A semán que vén previsiblemente poderán dar unhas datas de publicación.
A Administración infórmanos de que se farán as seguintes publicacións de listas:
1º Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as sen puntuación. Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos requisitos (titulación errónea, pago erróneo de taxas, cumprimentación incompleta da inscrición...).
2º Listaxes provisionais de admitidos/as con puntuación desglosada (OPE, Formación Continuada, Experiencia Profesional...). Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos méritos.
3º Listaxes definitivas de admitidos/as con puntuación.
As seguintes categorías que están a validar son as de PSX, Auxiliar Administrativo e celador. Hai 17000 inscricións.
En febreiro teñen intención de abrir as inscricións das seguintes categorías:
- DUE
- Traballador/a Social
- Psicólogo/a Clínico/a
- Técnico/a en Prevención de Riscos Laborais
- Logopeda
Do resto de categorías non fan ningunha previsión.
3. Incidencias en Promoción Interna.
O expedient-e permite a inscrición en áreas diferentes, mentres que o pacto só permite a promoción interna na mesma área. No caso dos aspirantes de P.I. que se inscribiron nunha área distinta á área onde teñen a praza, sairán nas listaxes como excluídos, e poderán subsanalo no prazo correspondente.
Acordouse unha única excepción. A petición individual dirixida á Comisión Central de seguimento do pacto, un aspirante xa inscrito en P.I. na área sanitaria onde ten a praza, alegando e xustificando razóns de conciliación da vida laboral e familiar, poderáselle permitir a inscrición en listas de P.I. nunha área sanitaria distinta á que ten a praza.
A Administración expón un caso dunha traballadora, que actualmente está en Comisión de Servizos por conciliación da vida familiar e laboral noutra área, que solicita activarse nas lista de Promoción Interna na área na que está en Comisión de Servizos alegando as mesmas razóns de conciliación da vida laboral e familiar (previamente xa estaba inscrita nas listaxes de Promoción Interna na área de orixe). Acéptase que entre nas listas vixentes de Promoción Interna da área na que está en Comisión de Servizos.
4. Outros.
- Formación práctica específica. Teñen elaborado un procedemento xeral amplo para que cada centro o poida adaptar ás súas características. Unha vez o teñan rematado remitiránnolo para a nosa valoración, e así poder aprobalo nunha reunión posterior.
- Clarexamento dos criterios aplicados pola Dirección Provincial de A Coruña no referente ás contratacións de substitución encadeadas por diferentes ausencias do mesmo titular sen incorporación efectiva do mesmo. Como criterio xeral, se non hai incorporación efectiva e física do titular mantense o mesmo substituto. No caso de que a substitución se considere de longa duración, aplicaríase a norma do pacto de contratación, ofertándose ao primeiro da lista. Exemplo: baixa seguida de maternal e posteriormente de excedencia. A excedencia ofertarase con criterio de primeiro de lista. A Administración quedou en que lle remitirá aos centros estos criterios clarexando estos puntos.
- Áreas limítrofes. Detectamos que houbo un erro ao non considerar a Zona de Cee como limítrofe con outras áreas que non fosen A Coruña. Modificarano para as seguintes convocatorias.
NOVA DIRECCIÓN NA ÁREA DE SANTIAGO
Noticia extraída do DIARIO DE FERROL ( clica para velo ) na súa edición dixital: "El traslado de Luis Verde a la gerencia del CHUS de Santiago podría traer consigo modificaciones en el equipo directivo. Así, como ha podido saber este periódico, dejan sus respectivos puestos el director de Recursos Humanos y Relaciones Laborales, Javier Fernández Nistal, y el director de Enfermería, Enrique González Rodríguez. NOVAS SOBRE PACTO CONTRATACIÓNS, EXPEDIENT-E
Aparte de isto, preguntóuselle cando pensaban abrir as listas para as outras categorías e cando pensaban publicar e etc,etc, e a resposta e que van convocar Comisión Central de Seguimento do Pacto para o Mércores 25 de Xaneiro ás 12 horas e que alí nos darán máis información. Así que teremos que esperar ata o próximo mércores para solventar todas as dúbidas, que listas van publicar, si van abrir máis categorías, cando bareman, etc,,...... |









Despois de confirmar o cese do director de RRHH Francisco Martinez Otero, parece ser que xa se perfilan membros para o novo equipo directivo:

