PECHE DE 16 CAMAS MÁIS EN PREESCOLARES
Onte, e como COMISIÓN DE CENTRO, mandouse unha nota á prensa, informando dun novo peche de camas na unidade de preescolares. En concreto estamos a falar de 16 camas máis que se engaden ás 192 que xa están pechadas. O problema é, que as outras tiñan xa unha planificación, por dicilo dalgunha maneira, e estas pechanse a última hora, para facer unha reestructuración dos nenos ingresados, din.
Aquí, neste complexo, a improvisación campa as súas anchas e o deixamento de funcións por parte desta xerencia parécenos xa dunhas dimensións impresionantes. ¿ cara onde imos ? ¿ qué rumbo leva esta nave ?
Recollida nos distintos medios de comunicación da comarca.
peche preescolares en cig- avantar
Peche preescolares en El correo gallego ![]()

