eu-galego
gripe
congreso-cig-saude
Mobilización H. Xeral contra privatización Imprimir Correo-e
Inicio
Martes, 09 Febreiro 2010 14:35

Mani-xeral-vigo-09-02-10

 

As 11 horas do martes 9 de febreiro partiu a manifestación multitudinaria, superando a participación da semana pasada,  das traballadoras e traballadores do Hospital Xeral en protesta pola privatización do novo hospital de Vigo. No percorrido proferíronse distintas consignas e cánticos en contra das pretensión do goberno da Xunta  do PP de privatizar a sanidade pública en Vigo.

 

A próxima concentración terá lugar o xoves 11 de febreiro ás 11h no Hospital do Meixoeiro.

 

O luns 8 de febreiro a Comisión de Centro foi recibida polo alcalde de Vigo, logo de que esta convocara unha concentración no concello para o mércores 10 de febreiro ás 12 da mañá. Nesta xuntanza a o alcalde manifestou o seu apoio á un hospital público 100% tanto na xestión como no financiamento. Logo deste pronunciamento esperamos contar coa súa presenza nas mobilizacións cidadáns en defensa da sanidade pública en Vigo.

 

Polo tanto, logrado o obxectivo, queda desconvocada a concentración prevista para o mércores 10 de febreiro diante do Concello.

 

A continuación expomos o calendario de actos a desenvolver  nas próximas datas:

 

  • Xoves 11 de febreiro as 11h concentración no Hospital do Meixoeiro.
  • Venres 12 de febreiro as 11h asemblea no H. Xeral, ás 14h no H. Meixoeiro.
  • Mércores 17 febreiro comparsa do enterro da sardiña, ás 18h na Praza da Constitución (Porta do Sol) onde iremos acompañando á comparsa Os Tarteiras, vestidos con uniforme de hospital e lazos e brazaletes negros.
  • Mércores 24 folga e manifestación as 20h dende H. Xeral ata o edificio da Xunta (Praza da Estrela).
  • Sábado 20 de marzo acto lúdico festivo na finca de San Roque de mañá e tarde, (concretaranse os actos mais adiante)
  • Xoves 25 de marzo folga e gran manifestación cidadá as 20h dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz.

 

Esperamos ter a máxima participación reivindicativa para conseguir o obxectivo marcado, que non e outro, que paralizar as intencións do PP de privatizar a sanidade pública en Vigo.

SE VIGO SE MOBILIZA A SANIDADE NON SE PRIVATIZA

 
AGolfo Domínguez e a escravitude Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 08 Febreiro 2010 14:30

 

Unha reflexión e opinión de alguén indignado.

 

La arruga es bella...

 

 

Agolfo-Dominguez

 

... sempre e cando non estea nos balances. Aí sempre se prefire unha liña recta e ascendente, ata o infinito e máis aló. Logo de tanto optimismo antropolóxico e tanto farrapo de gaita, agora o que é "in" é o que sempre estivo de moda, ou sexa: trincar, caia quen caia e pese quen pese.


AGolfo Domínguez fixo unhas declaracións en Santiago bastante explosivas nas que criticaba abertamente o estado social de dereito (mal chamado de benestar), que é como este reino defínese no artigo 1 do título preliminar da Constitución. Evidentemente este señor que en tempos foi de progre, xa alcanzou o seu particular estado de benestar, o demais e os demais, impórtanlle un rábano.


O catálogo de ocorrencias é bastante impresionante: "Pido o despedimento libre, sen trabas administrativas ou xudiciais, ao xeito anglosaxón", Non creo nun sistema que permite que alguén se colla un ano por depresión, a maioría das veces fraudulenta, reincorpórese e teña 30 días de vacacións", criticou que os que din que abaratar o despedimento non serviría para reducir o paro "adoitan ser individuos sen experiencia en xestión, profesores, funcionarios e políticos que nunca pagaron unha nómina", etc...


Vaiamos por partes. Aquí o sastrecillo valente apúntase ao neoliberalismo. Eu pregúntome: ¿para todo?.¿ Non sería de lei que quen avoga polo despedimento libre, renunciase ás cuantiosas subvencións que do estado percibe a actividade á que el se dedica?. ¿Cantas pasarelas saen do peto deses aos que o señor Domínguez quere despedir sen trabas?. A hipocrisía é gratis, talvez por iso nunca pasa de moda, arrugada, planchada ou con vainicas.


Eu son o afortunado propietario dunha parte importante dunha pequena empresa, e asino nóminas. Non é menos certo que non teño un chalé como o seu, nin un coche como o seu, nin unha conta corrente como a súa; que a miña experiencia na xestión non é moita, que non son unha celebridade nin polo que digo nin polo que fago, que non levantei ningún imperio que se derrube e que non tiven beneficios exorbitantes dos que esquecerme nas vacas fracas. Pero algo si que teño claro, que estou en contra do despedimento "á anglosaxona".


E estareino mentres que, como un día lin nun foro, a maior aspiración dos empresarios deste país sexa "correr en zigzag cara ao paraíso fiscal máis próximo cos beneficios", mentres o presidente da CEOE mande as súas empresas á quebra, mentres se paguen medias xornadas a persoas que traballan a xornada completa, mentres que o Estatuto dos Traballadores úsese como pisapapeis, mentres as mulleres cobren menos que os homes polo mesmo traballo, mentres haxa empresarios que "esquezan" a seguridade social dos seus traballadores, mentres os nosos bancos dean miles de millóns de beneficios no medio da peor crise que se recorda e, sobre todo, mentres un ser humano poida ir a un foro público a reivindicar o seu dereito a explotar aos seus iguais.

 

 
Cursos de galego CELGA Imprimir Correo-e
Formación
Luns, 08 Febreiro 2010 12:24

celgaResolución que se publica o luns 8 de febreiro de 2010 no DOG, que abre convocatorias para realizar cursos CELGA de galego. boton

 
Peche da Cruz Vermella Imprimir Correo-e
Privada
Venres, 05 Febreiro 2010 23:48

Concentracion-cruz-vermella-Feijoo

 

O persoal da Cruz Vermella concentrouse o venres 5 de febreiro diante dun hotel da cidade de Vigo onde o Presidente da Xunta Alberto Núñez  Feijoo participaba nun acto sobre a fusión das caixas, para protestar polo peche do centro sanitario e a retirada de axudas por parte do goberno privatizador do PP.

 

Na concentración participou un número importande de delegados e delegadas da CIG-Saúde en apoio das traballadoras e traballadores.

 

As traballadoras e traballadores do hospital da Cruz Vermella de Vigo aseguran que a institución vai pechar este centro sanitario en Vigo, deixando a 70 persoas na rúa, primando os resultados económicos sobre a atención ao cidadán.


O ano pasado enviáronse a Madrid 154.000 euros destinados a un fondo de cooperación, cantidade que axudaría a sufragar as perdas económicas que alegan.

 

De momento xa trasladaron a 14 enfermos a outros centros, quedando 56 que en canto sexas trasladados se porá o candado definitivo ao centro.

 

A dirección do centro ten a intención de trasladar aos enfermos a centros de Oviedo, Lugo, Marín ou Pontevedra co conseguinte trastorno para familiares e empeoramento da saúde para os enfermos.

 

O próximo luns día 8 de febreiro o persoal manifestarase diante do centro a partir da 14:30h en protesta polo peche. Pola tarde o comité sindical reunirase cos representantes da institución para saber os plans do futuro mais inmediato e os puntos da negociación sobre o conflito.

 

A CIG-Saúde desconfía coas contas, todos os anos Cruz Vermella enviou a Madrid parte dos fondos obtidos en Vigo, onde a vía de ingresos principal é o concerto co Sergas.

 

 

Solidarízate co persoal da Cruz Vermella e participa nas mobilizacións de protesta polo peche.

 
OPE FEAS Imprimir Correo-e
Inicio
Venres, 05 Febreiro 2010 15:58

ope-2009

 

Estas son as previsións que manexa o Servizo Galego de Saúde sobre as publicacións provisionais da fase concurso da OPE 2009 de FEAS.

 

DOG 12 de febreiro:
*facultativo/a especialista de área de análises clínicas
*facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo
*facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria
*facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación
*facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía
*odontólogo/a de Atención Primaria



DOG 19 de febreiro:
*facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo
*facultativo/a especialista de área de nefroloxía
*facultativo/a especialista de área de psiquiatría
*facultativo/a especialista de área de uroloxía

Finais de marzo: Médico de familia

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 42