|
Inicio
|
|
Venres, 04 Xuño 2010 12:35 |
|
Aplicación do Real Decreto 8/2010. Roubo salarial.

Nos próximos días, en breve, a Administración vai convocar a Mesa Xeral de Función Pública e con posterioridade convocarán a Mesa Sectorial do SERGAS para informarnos o negociar os descontos do 5% nas retribucións complementarias.
Neste momento sindicatos corporativos están a publicar presentacións, coas nosas táboas, dos seus descontos con relación a outros profesionais. Non falan nada das diferenzas salariais en situación normal.
Combateremos as propostas dalgunha organización sindical corporativa para que a cantidade a descontar sexa a mesma para a pinche, celador , auxiliar que para o médico .
En base á xustiza social, que pague mais quen máis cobra.
Martes 8 de xuño FOLGA
Manifestación ás 11:30h dende o cruce da Doblada |
|
CHUVI
|
|
Venres, 04 Xuño 2010 10:57 |
|
CIG-SAÚDE denuncia o peche de camas no CHUVI no verán do 2010.

Con respecto ao 2009 prodúcese un incremento considerable de peche de camas.
No 2010 péchanse:
- H. Meixoeiro: 136 camas durante 75 días.
- Policlínico Cíes: peche de 75 días, do 1 de xullo ao 15 de setembro.
- Nicolás Peña: 30 camas durante 90 días, do 15 de xullo ao 15 de setembro.
Total de camas pechadas: 166
Isto supón unha redución de 7800 estancias hospitalarias en dito período.
No 2009 pecháronse:
- H. Meixoeiro: 102 camas durante 75 días entre xullo e setembro.
- Policlínico Cíes: peche de 15 días, do 1 ao 15 de setembro.
- Nicolás Peña: 30 camas durante 75 días.
Total de camas pechadas: 132
Increméntase polo tanto o número de días de peche como o número de camas.
Isto demostra o deterioro da asistencia sanitaria pública dende que o goberno do PP se fixo cargo da política sanitaria galega. |
|
POVISA
|
|
Xoves, 03 Xuño 2010 13:03 |
|

Centos de persoas participaron o xoves 3 de xuño ás 11h nunha manifestación contra a represión sindical en POVISA e o despedimento da sindicalista da CIG Consuelo Martínez. A manifestación partiu da praza dos cabalos e tras dar un par de voltas ao redor do hospital de POVISA continuou ata a Praza da Independencia onde se leo un comunicado por parte do Secretario Xeral da CIG Suso Seixo.
Berros contra a represión sindical e pola readmisión de Consuelo Martínez, delegada da CIG en POVISA e portavoz do Comité de folga durante a mobilización que tivo lugar en maio do 2009 pola negociación do convenio colectivo.
A delegada da CIG fora portavoz do Comité de folga, protagonista dun novo caso claro de represión sindical en Vigo por parte de POVISA. |
|
Inicio
|
|
Martes, 01 Xuño 2010 20:43 |
|

O xoves 3 de xuño ás 17h.saíran autobuses dende o hospital Xeral (rúa Pizarro) para participar na manifestación no Barco de Valdeorras en defensa da Sanidade Pública e contra o desmantelamento de servizos no hospital comarcal.
Facemos un chamamento á participación e ir provistos coas camisetas contra a privatización do novo hospital de Vigo.
Lembrar que as compañeiras e compañeiros do Barco participaron activamente nas importantes manifestacións en Vigo contra a privatización do novo hospital.
Para anotarse nos autobuses, comunicalo aos representantes sindicais dos centros CIG-Saúde e CCOO.ata o xoves día 3 a medio día.
NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA |
|
|
Inicio
|
|
Martes, 01 Xuño 2010 11:40 |
|

O martes 1 de xuño reiniciáronse as mobilizacións contra a privatización da sanidade pública, esta vez tocou no hospital Xeral dende onde partiu ás 11h a manifestación ata a praza dos cabalos e regreso ao H. Xeral.
Estas concentracións están previstas se repitan os primeiros martes de cada mes no H. Xeral e o segundo martes de mes no H. Meixoeiro. |
|
Inicio
|
|
Luns, 31 Maio 2010 10:13 |
|

Resumo recortes salariais e sociais: 
Outro resumo:  |
|
Inicio
|
|
Venres, 28 Maio 2010 16:34 |
|

O xoves 27 de maio ás 18h celebrouse o acto en defensa da sanidade pública na rúa Príncipe consistente en reparto de información , toma de tensión arterial, masaxes e control de azucre no sangue. Este acto foi organizado pola Comisión de Centro do CHUVI e tivo unha moi boa acollida entre a cidadanía.
A concentración diante do MARCO tivo como intención sensibilizar á cidadanía na defensa da Sanidade Pública e contra a privatización do novo hospital de Vigo

|
|
Inicio
|
|
Venres, 28 Maio 2010 08:10 |
|

Podedes descargar da ligazón de abaixo un cadro cos cálculos do que suporá en euros o recorte salarial que se aplicará por decreto desde o próximo mes de xuño, desglosado por categorías e conceptos. Inclúe os descontos en complementos e pagas extra.
→ cadro recortes salariais |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 7 de 45 |