|
XOVES 20 DE MAIO ÁS 19H CONCENTRACIÓN DIANTE DO MARCO (rúa Principe)
CIG-SAÚDE INFORMA A TODAS AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES
"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS, SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS"
Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español, Sr. Zapatero, de rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos ,unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio dos servizos públicos, é a xustificación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral.
Ante a gravidade destes feitos, desde a CIG, convocamos a todas as organizacións sindicais para que en pé de igualdade elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas impulsadas polo goberno español. As organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF non responderon á convocatoria de reunión que a CIG lles fixera chegar, pero a pesares disto a CIG sí acudiu á convocatoria que estas organizacións sindicais nos fixeron chegar.
O día 18 de maio, ás 16,30 hs, iniciase a reunión das organizacións sindicais, desde a CIG, e sendo respectuosas/os co calendario de mobilizacións que eles tiñan convocadas en todo o Estado Español, propoñémoslles ampliar este calendario, dando participación nas mobilizacións as/os traballadoras/es , e que o calendario de mobilizacións non se convertera, unha vez máis, en medidas cara a galería para lavar a súa imaxe.
Despois de transcorridas 3 horas de reunión acadamos un acordo de calendario, onde a CIG en aras á unidade sindical deixamos para unha posterior reunión o resto de mobilizacións, que cremos debemos levar a cabo para parar a medidas do goberno.
O calendario pactado contiña as seguintes medidas:
- Concentracións o día 20 de maio nas sete cidades galegas chamando á participación das/os traballadoras.
- Anuncio da convocatoria de folga o día 8 de xuño.
-Comunicado conxunto das organizacións sindicais convocantes anunciando as mobilizacións acordadas.
-Manter unha próxima reunión o día 24 de maio, ás 16 hs, xa que o día 20 de maio está convocada a Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Este día coñeceremos o alcance das medidas.
Como CIG insistimos perante as organizacións sindicais que se o día 20 o goberno mantén as medidas anunciadas deberíamos recrudecer as mobilizacións, facendo un calendario conxunto.
Ás 9 da noite, e transcorridas máis de 4,30 hs de reunión, as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT, comunícannos que non queren manter a unidade sindical coa CIG, que se desdín do calendario pactado entre todas as organizacións e que eles van seguir co seu calendario.
A valoración que facemos disto e:
A CIG é una organización sindical incomoda para CCOO, UGT e CSIF. xa que o único que pretenden é dar una imaxe cara as/os traballadoras/es de que van a convocar mobilizacións para parar as medidas do goberno, mentres os seu dirixentes pactan en Madrid co goberno as devanditas medidas.
Neste momento as/os traballadoras/es públicos somos a moeda de cambio de CCOO, UGT e CSIF para conseguir do goberno medidas que non sabemos a quén van beneficiar.
A CIG seguirá adiante co seu calendario de mobilizacións, informando puntualmente a toas/os das medidas que pretende adoptar o goberno, así mesmo informaremos do que acontece na Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Para que todo o persoal coa información suficiente poida tomar as súas decisións.
Non te deixes enganar por quen, unha vez máis, antepón o seu interese aos intereses das traballadoras e traballadores.
Que estraños intereses teñen para que a presenza da CIG lles moleste tanto?
Infórmate e Participa. |